Festa Infantil Fin de Ano 2021
01/Xaneiro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Concello de Xove continúa coa súa programación de Nadal. Hoxe, as 11:00 h. no Pavillón Municipal de Deportes de Xove tivemos unha FESTA INFANTIL FIN DE ANO para que todos os nenos reciban o novo ano; ás 12:00 h. os nenos, sentados na Praza do Centro Cívico, tomaron as uvas para celebrar o cambio de ano. (ADXUNTO FOTOGRAFÍAS DO CONCERTO) Organizado pola Concellería de Cultura.
A vindeira actividade dentro do Programa de Nadal, e primeira do ano 2022:
- DOMINGO, 2 DE XANEIRO:
-Ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, actuación do grupo de teatro PICO DO CASTRO que porá en escea a comedia "O TERAPEUTA" . Organizado pola Concellería de Cultura.
Acta do Xurado do Concurso de Postais 2021-2022
23/Decembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
En Xove, a 23 de decembro de 2021, sendo as 11:00 horas, reúnese o Xurado do Concurso de Postais de Nadal 2021-2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, Xurado formado por Dº Antonio Rey Pardiño en representación da S.D. Fútbol Sala Xove, Dª Luz María Rego Araújo, en representación da ANPA Xove e Dª Élida Álvarez Rodríguez en representación do Concello de Xove, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Dº Mario Eijo Barro, acordando o seguinte:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 37) ALMA RODRÍGUEZ FRA.
2º : (Nº 8) RAÚL FERNÁNDEZ DUARTE.
3º : (Nº 1) ANAIS ROMERO SUÁREZ.
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 9) FELIPE BASANTA DOMÍNGUEZ.
2º : (Nº 31) ADRIÁN REGO GARCÍA.
3º : (Nº 51) GABRIEL MIRAMONTES ATANES.
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 27) ÓSCAR BERTOLO CASABELLA.
2º : (Nº 11) PAULA PÉREZ TEIJEIRA.
3º : (Nº 10) LUKA PURRIÑOS GARCÍA.
4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 29) INÉS RODRÍGUEZ BERMEJO.
2º : (Nº 57) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º : (Nº 12) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.
5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 52) ALICIA FERNÁNDEZ VICENTE.
2º : (Nº 18) CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º : (Nº 41) UXÍA GRADAILLE DURÁN
E para que conste aos efectos oportunos, unha vez rematado o traballo de selección dos premios, asinamos a presente Acta en Xove, sendo as 12:00 horas do vintetrés de decembro de dous mil vinteún.
Curso de Socorrismo: prazas libres
21/Decembro/2021
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Gala musical "un Conto de Nadal"
18/Decembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Para velo EN DIRECTO simplemente pulsar no enlace
A gala musical un Conto de Nadal chega a Xove o vindeiro 18 de decembro, patrocinada polo Concello de Xove.
A banda do musical, La Ocaband, a mesma do programa da TVG 100 anos de verbena galega, estará acompañada de 6 artistas convidados, que actuarán este nadal noutras 4 localizacions galegas, en Xove estarán con nos Marta Valiño ex de Costa Oeste e Olympus entre outras, e Noelia Solleiro que participou en varias orquestras galegas e ven de gañar o premio cancion do veran da TVG, Enzo Fernando ex- Charleston Big Band, David Balboa, Paris de Noia entre outras, Carlos Mariano de suavecito, Ruth Nuñez que ven de ser finalista no pgm a liga dos extraordinarios,..
A gala de duas horas de duración navegará por distintos ritmos e cancions de nadal. sen esquecer o rock e temas de toda a vida, e será a partir das 19:30 h.
Serán dous os momentos claves, cando o musical fara as delicias do público. no momento alxido co tema tamborilero , gaiteiros de Xove participarán en directo coa banda., e cara o final do musical co tema pero a tu lado serán nenos de Xove os que formarán o coro que actuará coa banda.-
Orquesta La Ocaband | Facebook
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS EN XOVE
17/Decembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Un ano máis, e xa coa XXXIII Tirada de Bolos Concello de Xove en marcha, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos/as do colexio.
Polas Xornadas deste ano pasaron 16 alumnos/as de 5º de Primaria o martes 14 de decembro e 18 alumnos/as de 3º de Primaria e 23 de 4º o mércores 15. Quedan por participar os alumnos/as de 6º curso, que o farán nunha xornada por determinar en xaneiro do 2022.
As xornadas teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 21 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.
Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles.
Estas Xornadas, que como dixemos, véñense celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Varela, a quen lle damos as grazas pola colaboración prestada para organización destas actividades.
III GALA DO EMPRENDEMENTO LOCAL
13/Decembro/2021
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Este venres 17 de decembro celébrase a III GALA DO EMPRENDEMENTO LOCAL no Concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no Salón de Actos municipal ás 20:30 o Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa presentará a GALA na que intervirán Lucía Canoura de O LUGAR DAS MARÍAS e Alberto García de SIGNO GRUPO FUTURES.
Acompañaranos a cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción TRISTRÁS, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum de
spois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento Cantábrico e é unha oda aos pobos, ou ás casas que a acollen nestes anos atrás: A Mariña, Asturias, Eskadi e a Bretagne (Francia)
Para asistir á a este evento, poderase facer a reserva no 982592001, tamén se reservará un mínimo do 10% das prazas para asignar no momento do evento por orde de entrada.
Programa de Nadal 2021-2021
09/Decembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Parque Eólico Fonte Barreiros: Información pública
30/Novembro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Anuncio del Área de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia, por el que se somete a información pública el Estudio de Impacto Ambiental y la solicitud de Autorización Administrativa Previa del Parque Eólico Fonte Barreiros de 96 MW y su infraestructura de evacuación, en la provincia de Lugo.
ANUNCIO PARQUE EÓLICO FONTE BARREIROS
El proyecto de las instalaciones y el estudio de impacto ambiental también podrán ser consultados a través del siguiente enlace:
FONTE BARREIROS 96 MW
También se puede consultar en la sede electrónica de la Delegación del Gobierno en Galicia en “Procedimientos de información pública” dentro del apartado “Proyectos, Campañas e Información”.
TRÁMITES DE INFORMACIÓN PÚBLICA
La documentación anterior también ha sido puesta a disposición de cada uno de los Ayuntamientos afectados.