Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Brigada de Incendios 2021
06/Xullo/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DE 1 PRAZA DE PEÓN CONDUTOR PARA A BRIGADA DE INCENDIOS, 3 PLAZAS DE PEON FORESTAL E 1 PRAZA DE XEFE DE BRIGADA POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE.-
- XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa
- DURACIÓN DO CONTRATO: Dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2021. En calquera caso, de non empezar o día 1 de xullo, a duración do contrato será de tres meses.
- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
PUBLICADO NO BOP O 28 DE XUÑO DE 2021.- PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: : TRÉS DÍAS HÁBILES DENDE A PUBLICACIÓN ATA O 1 DE XULLO DE 2021, INCLUÍDO.
- XEFE DE BRIGADA DE INCENDIOS - LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
- PEÓN CONDUCTOR- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
- 3 PEÓNS FORESTAIS.- LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Convocatorias prazas Persoal Laboral Temporal 2021
21/Xuño/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de PRAZAS para a tempada de verán que se xustifica na acumulación de tarefas existente nos meses de xullo e agosto polo que as tarefas que corresponden á convocatoria das prazas non poden ser realizadas por persoal propio do Concello.
Prazo de presentación: Será de TRES DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no B.O.P. (A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ ENTRE OS DÍAS 21 E 23 DE XUÑO DE 2021, AMBOS INCLUSIVE)
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO---DÍA 18-6-2021---- http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/75761
ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS CONVOCATORIAS
Concurso Oposición 2 prazas Coiador/a (consolidación emprego)
10/Xuño/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
Fánse públicas as Bases e o modelo de instancia para participar no concurso oposición convocado para a provisión con caracter de PERSONAL LABORAL FIJO de 2 prazas de COIDADOR/RA ESCOLA INFANTIL ( PROCESO ENTRAORDINARIO DE CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL ).
O prazo para a presentación de instancias remata el 24 de maio de 2021 a las 24 horas.
CELEBRACIÓN DAS PROBAS SELECTIVAS
Resolución por la que se aprueba la lista definitiva de admitidos/excluídos, se nombra tribunal y se fija el 7 de julio de 2021 a las 9´30 en el Pavillon de Deportes Municipal como fecha, hora y lugar de celebración de las pruebas del concurso-oposición convocado para la provision de dos plazas de Cuidado/ra Escuela Infantil ( Personal Laboral Fijo – DT 4ª del EBEP ).
Limpadora 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
09/Xuño/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Limpador/a como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Resolución por la que se aprueba la lista definitiva de admitidos/excluídos, se nombra tribunal y se fija el 30 de junio de 2021 a las 9´30 en el Aula de Formación como fecha, hora y lugar de celebración de las pruebas del concurso-oposición convocado para la provision de una plaza de Limpiador/ra de Instalaciones municipales ( Personal Laboral Fijo – DT 4ª del EBEP ).
09/06/2021 -->Listado admitidos-excluídos Limpadora
01/07/2021 ---> ACTA TRIBUNAL
Lista provisional de admitidos Escola Infantil
07/Xuño/2021
Departamento de Servizos Sociais
-
O prazo para a confirmación da matrícula, vai dende o 8 de xuño o 16 de xuño, e terán que presentar xunto coa solicitude de matrícula a Declaración da Renta relativa o ano 2020.
A partir do día 17, ábrese o prazo extraordinario para novas solicitudes.
Concurso Oposición 1 plaza Coidadora Infantil
03/Xuño/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
Polo presente, fánse públicos as Bases e o Modelo de Instancia para participar no concurso oposición convocado para cubrir UNhA PLAZA DE COIDADORA Da ESCOLA INFANTIL como PERSOAL LABORAL INTERINO coas seguintes caracteristicas:
- ADSCRICIÓN: A adscrición efectuarase á Escola Infantil de Xove ( Servizos Sociais )
- FUNCIÓNS DA PRAZA: As descritas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Xove que corresponden ao posto Nº: 44
- DURACION . Ata a data da incorporación de Dª. María Carmen Mariño Maseda., actualmente de baixa por enfermidade.
- O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS REMATA o 3 DE MAYO DE 2021
* BASES REGULADORAS
* SOLICITUDE COIDADORA INFANTIL
*****************************************************************************
LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS ---> lista
RESULTADOS DO EXAME
ACTA COIDADOR/A
PLANTILLA CORRECTORA COS RESULTADOS DAS PREGUNTAS
2º ACTA COIDADOR/A
Educadora Infantil 2021- Consolidación emprego temporal
18/Maio/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Educadora Infantil como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
Oficial de Mantenimiento 2021.- Consolidación de Emprego Temporal
18/Maio/2021
CONCELLO DE XOVE
-
Fánse públicas as bases e solicitude de Oficial de Mantenimiento 2021 como Consolidación do Emprego Temporal .- O prazo para presentar as solicitudes comenza o 19 de abril de 2021 y remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021.
XUSTIFICACIÓN REACTIVA XOVE 2020
28/Abril/2021
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Informamos que aquelas empresas que percibiron a a axuda REACTIVA XOVE 2020 e que xa fai 6 meses que así llelo notificaron, deben presentar a súa XUSTIFICACIÓN
Que debo presentar?
A persoa beneficiaria deberá presentar no mes sétimo a contar a partir do día seguinte da notificación da axuda
-
- Certificado actualizado de situación censal
- Resolución/certificación de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou Mutua profesional correspondente á persoa física ou da persoa administradora actualizado á data de presentación da xustificación
- Informe de Vida Laboral da empresa expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social que abarque os 6 meses posteriores á concesión da axuda.
- Declaración das axudas de mínimis que lle foron concedidas por calquera proxecto durante os tres últimos exercicios fiscais, con indicación do organismo concedente, importe, data de concesión e réxime de axudas en que se ampara ou, no seu caso, declaración de non percibir ningunha. (ANEXO VII)
- No caso de que no momento da solicitude da axuda se beneficiase dun aprazamento ou fraccionamento de débedas da AEAT, ATRIGA ou Seguridade Social, deberase presentar certificado acreditativo de non existencia das mesmas.
Onde e como debo facelo?
- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 o Anexo VII, en: ENLACES DE INTERESE – SUBVENCIÓNS COVID 19 REACTIVA XOVE
- No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar o ANEXO VII cuberto e asinado , así como a documentación descrita no punto anterior (Punto 1 desta publicación)
CONCURSO LETRAS GALEGAS 2021
27/Abril/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
As Letras Galegas deste ano están adicadas á poetisa Xela Arias. Como ven sendo tradicional o Concello de Xove organiza para celebrar o Día das nosas letras un Concurso destinado a nenos e xoves.
Dentro da Convocatoria temos dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a todos os nenos e rapaces do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poden optar libremente por:
- -Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
- -Escribir un relato ou conto: de tema libre.
- -Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.
No Concurso Literario poden participar nenos e xoves a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
- -Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
- -Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Xela Arias.
A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto co/s traballo/s a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 10 de maio de 2021; se por cuestións de Covid a Biblioteca pechase ou estivese pechada, a inscrición realizaríase no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de luns a venres, dende as 7.45 ás 15:15 horas), tamén con data límite de 10 de maio de 2021.
-----> BASES REGULADORAS
Muinheira de Interior de Xaime Miranda
16/Abril/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O videoclip Muinheira de Interior, de Boyanka Kostova, dirixido por Xaime Miranda levou o PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR VIDEOCLIP, premios que este ano celebraban a súa XIX edición. A gala 2021 celebrouse o pasado sábado 10 de abril no Teatro Colón da Coruña.
Recordamos que o videoclip foi rodado na súa maior parte no noso Concello, concretamente no entorno do Portiño de Morás, nas zoas dos dolos, que son omnipresentes no espazo onde se desenvolve o videoclip.
Ademáis disto, tamén foi importante a aportación xovense a este videoclip xa que nel colaborou o noso Concello, a Asociación Saiñas e Ganados Bigotes.
Polo tanto, só nós queda por felicitar aos gañadores deste premio, que é un pouco noso tamén. Por parte do Concello, é tamén un recoñecemento á politica de apoio a distintos proxectos audiovisuais que se desenvolveron aquí nos últimos anos, en parte gravados no noso término municipal e que contaron co patrocinio e a colaboración do Concello de Xove.
CURSO DE RECICLAXE PARA SOCORRISTAS
15/Abril/2021
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Mañá remata o prazo para inscribirte neste curso que é necesario para renovar o CARNÉ DE SOCORRISTA .- Aínda que non che caduque o teu carné este ano, aproveita esta ocasión, así poderás renovalo cando chegue o momento, sen estar pendente de buscar un curso de reciclaxe. Non se realizan moitos pola zona .- O Concello de Xove organiza un curso de reciclaxe para socorristas acuáticos en espazos naturais
-
- PARA QUEN?: Para socorristas con certificado de profesionalidade de SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS
- CANDO? O sábado 12 e domingo 13 de xuño deste ano
- QUE HORARIO TERÁ?: Das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 20:00 h. (16 horas de duración total)
- CANTO CUSTA?: 45 euros
- QUE TEÑO QUE FACER PARA ANOTARME? Cubrir a ficha de inscrición e facer o pago, logo rexistrala no Concello de Xove
- CANDO TEÑO QUE INSCRIBIRME? Ata o 16 de abril.
FICHA DE INSCRICIÓN
CERTIFICADO BASES CURSO RECICLAXE SOCORRISMO
PARA SABER MÁIS INFORMACIÓN DA INSCRICIÓN: 982592001 (Carolina Louzao)
VELENO, ÚLTIMO VIDEOCLIP DE BAIUCA, RODADO EN XOVE
30/Marzo/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Xa se estrenou “Veleno”, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas. O vídeo foi dirixido polo xovense Adrián Canoura. O vídeo rodouse durante o mes de xaneiro en Xove, especialmente nas ruinas de San Tirso, na Parroquia de Portocelo. Entre as colaboracións, por parte xovense temos o grupo Saiñas de Xove, un de cuxos componentes, Uxío Dayán, aparece como bailarín. Tamén participou a xovense Nuria Lestegás como meiga 2. Por outra banda, o Concello de Xove contribueu ao patrocinio deste vídeo cunha aportación de 1.800 euros, xa que se considerou que axuda a promocionar Xove no exterior, dado que se trata dun produto cultural con moita difusión a través das redes: youtube, instagram, Facebook, etc.
Concurso Covid-Disfraces.....
10/Marzo/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
FALLADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE COVIDISFRACES “CovidENTRÓIDATE 2021”.
Hai uns días a Concellería de Cultura anunciou o fallo do Concurso de Caretas de Entroido adicadas aos alumnos do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. Pois ben, outra das actividades que Concellería de Cultura puxo en marcha dentro da Programación do Entroido foi o Concurso “CovidENTRÓIDATE 2021”.
Os disfraces presentados a este concurso tiñan que gardar relación co Covid-19; dende a organización pretendemos abrir un espazo imaxinativo que contribuira, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.
Puideron participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquer particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como “unidade de convivencia” (residencia no mesmo domicilio), aos efectos de respectar a normativa COVID, e con independencia da súa residencia ou non no Concello de Xove. Resumindo, o concurso estivo aberto a toda a xente en xeral, de Xove, da Mariña,….
Pretendimos que a xente se disfrazase, iso sí, respectando todas as normas Covid. Isto, lóxicamente, limitounos moito, polo que consideramos establecer 3 categorías participativas, todas fácilmente realizables no entorno familiar.
Os premiados/as, foron:
1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría INDIVIDUAL INFANTIL (de 0 a 14 anos):
1º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 3) - NO COLEXIO HOGWARTS.
2º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 6) – POLICÍA ANTIVIRUS.
3º Premio: (REX. Nº Ind. Inf. 2) – CONTROLANDO A PANDEMIA
2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría INDIVIDUAL ADULTOS (maiores de 14 anos):
1º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 4) – VACINA PFRAZER, LABORATORIOS PENASAGUDAS.
2º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 5) – VIRUS FORA DA CASA.
3º Premio: (REX. Nº Ind. Adult. 6) – MÉDICO NA CASA.
3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría FAMILIAR:
1º Premio: (REX. Nº Famil. 5) – ANO DO DEMO.
2º Premio: (REX. Nº Famil. 4) – NIN VACUNA, NIN SOLFATO, TEMOS QUE BATEALO.
3º Premio: (REX. Nº Famil 3) – VACINAS COVI
En canto aos premios en cada unha das categorías, temos:
PREMIOS |
CATEGORÍAS |
INDIVIDUAL INFANTIL
de 0 a 14 anos
(nados entre o 2007 e 2021, ámbos anos incluídos)
|
INDIVIDUAL ADULTOS
máis de 14 anos
(nados anteriores da 2007)
|
FAMILIAR
|
1º premio: 100 €
2º premio: 75 €
3º premio: 50 €
|
1º premio: 100 €
2º premio: 75 €
3º premio: 50 €
|
1º premio: 200 €
2º premio: 150 €
3º premio: 100 €
|
Os premios consisten na entrega de un cheque-regalo que poderá gastarse en calquera establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove, tendo como límite o 30 de xuño de 2021 para realizar o gasto.
Máis fotos en ---> https://www.facebook.com/ConcelloDeXove
UrXenTe: Plan de Emprego
09/Marzo/2021
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (PEM).
Aberto o prazo para solicitar o pago correspondente ao ano 2020
Se es unha empresa con persoal de Xove contratado e subvencionado polo PEM ou se es unha persoa autónoma subvencionada polo PEM, debes saber que está aberto o prazo ata o 15 de marzo de 2021 para solicitar o cobro da subvención correspondente ao ano 2020
PROCECEMENTO PARA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA: PROCEDEMENTO PEM – LIBRAMENTO
A.- LIBRAMENTO CONTRATACIÓN:
1.- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en ENLACES DE INTERESE-PLAN EMPLEO 2021- BASES E ANEXOS- CONTRATACIÓN-LIBRAMENTO: ANEXO I, II e III
2.- Ler, cubrir e asinar os anexos descargados
3.- PRESENTAR TELEMÁTICAMENTE: No enlace anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en CATÁLOGO DE TRÁMITES-INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa instancia e presentala, achegando os anexos mencionados, así como a seguinte documentación:
- Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago dos meses polos que se solicita o pago da subvención
- Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballdores) de todos os meses dos que se solicita o pago da subvención
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumplimento das obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA) e coa SeguridadeSocial)
- Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma
B.- LIBRAMENTO AUTOEMPREGO:
1.- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en ENLACES DE INTERESE-PLAN EMPLEO 2021- BASES E ANEXOS-AUTOEMPREGO-LIBRAMENTO: ANEXO I e II
2.- LER, cubrir e asinar os anexos descargados
3.- PRESENTAR TELEMÁTICAMENTE: No enlace anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en CATÁLOGO DE TRÁMITES-INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa instancia e presentala, achegando os anexos mencionados, así como a seguinte documentación:
- Recibos de pago de Seguridade Social de todos os meses dos que se solicita o pago da subvención
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimentodas súas obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA) e coa SeguridadeSocial)
- Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma
Reapertura do Ximnasio e Piscina Municipal
27/Febreiro/2021
Concellería de Deporte e Turismo
-
O próximo luns dia 1 de Marzo de 2021, volven a abrir as instalacions da Piscina Municipal de Xove, ainda que desta vez tamén vai abrir o Ximnasio Municipal.
Para poder acceder as instalacions deberase facer unha reserva con cita previa chamando o teléfono 982 59 22 05. .- Para mais información tamén se pode chamar o teléfono mobil 609 13 43 20. Os horarios da instalación serán de: 9:30h. a 14:00h. en sesion de mañan. e 16:00h. a 22:00h. en sesión de tarde. O número máximo de usuarios en cada turno será de: *12 persoas para a Piscina, * 6 persoas para o Ximnasio.
Recentemente o Concello de Xove, acaba de equipar o Ximnasio Municipal con unha ventilación mecánica, composta de impulsores e extractores de aire, que ademais de renovar a totalidade do aire do ximnasio en poucos minutos, tamén lle poden aportar o local mais calor ou mais frio según as necesidades de confort dos usuarios. Unha autentica climatización por zonas de traballo, xunto con unha reciclaxe total do ambiente.
Tamén o día 3 de Marzo darán comezo os cursos da Escola de Natación. No bimestre de Marzo-Abril, van a participar 72 alumn@s distribuidos en varios grupos de distintos niveis de aprendizaxe.
Na totalidade da instalación seguiranse as mais estrictas medidas, así como protocolos antiCOVID, para garantir unha actividade deportiva o mais segura posible.
Deporte=Saúde.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|