Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Axudas do Fondo Europeo para aforro enerxético
18/Xaneiro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
Concurso Caretas 2023
17/Xaneiro/2023
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, pon en marcha unha nova edición do Concurso de CARETAS DE ENTROIDO. Poderá participar no concurso e ser beneficiario destes premios calquer neno ou rapaz empadroado no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO).
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto que deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar, na Biblioteca Municipal, con data límite 10 de febreiro de 2023.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concederanse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro. Os premios deste concurso consisten en material escolar por valor de 35 € cada premio. Os gañadores deste Concurso daranse a coñecer o sábado 18 de febreiro durante o baile de disfraces posterior ao Gran Desfile de Entroido.
Anuncio Selección (1) Praza Educador/a Infantil por substitución
10/Xaneiro/2023
Departamento de Recursos Humanos
-
O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal por circunstancias da producción mediante o concurso-oposición dunha praza de educadora de escola infantil como persoal laboral.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: A2 NIVEL C.D.: 18
DENOMINACIÓN: EDUCADOR ESCOLA INFANTIL
XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa (37.5 horas semanais)
DURACIÓN DO CONTRATO: O contrato estará vixente polo tempo que dure a ausencia do traballador titular, Sonia Peloche Vilar, en estado de baixa por IT, con dereito a reserva do seu posto de traballo, polo que o cese do traballador por substitución terá lugar cando se produza a efectiva incorporación do titular substituído, cando venza o prazo para a súa reincorporación, ou cando se extinga a causa que da lugar á reserva do seu posto.
RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove
O Prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de xaneiro de 2023
PROCESO EXTRAORDINARIO DE ESTABILIZACIÓN EMPREGO
05/Xaneiro/2023
CONCELLO DE XOVE
-
En cumprimento do disposto no artigo 91 da Lei 7/1985, de 2 de abril, e no artigo 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro; faise público que por Resolución de Alcaldía de data 4 de maio de 2022 aprobouse a Oferta Pública de Emprego a través da que se articulará o proceso extraordinario de estabilización previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro e que a seguir se relacionan, POR CONCURSO DE MÉRITOS :
A).- PERSOAL FUNCIONARIO:
1.) Auxiliar administrativo. categoría: C2.Nº DE PRAZAS: 3.
2.) Sociologo/a. categoría: A1.Nº DE PRAZAS: 1
3.) Educadora Social. categoría: A2. Nº DE PRAZAS: 1
B) PERSOAL LABORAL
1.) Persoal Pintura. categoría: C2.Nº DE PRAZAS: 1
2.) Coidaor/a Escola Infantil . categoría: AP.Nº DE PRAZAS: 1
3.) Educadora Escola Infantil . categoría: A2.Nº DE PRAZAS: 1.-
4.) Persoal xardineria . categoría: C2.Nº DE PRAZAS: 1.-
5.) Limpeza Viaria. Categoría: AP.Nº DE PRAZAS: 1
6.) Operario/a limpeza instalacións . Categoría: AP. Nº DE PRAZAS: 6
9.) Soldador .Categoría: C2. Nº DE PRAZAS: 1
10.) Auxiliar Servizos SocIais . Categoría: C2. Nº DE PRAZAS: 1
O prazo de presentación de solicitude para participar nos procesos selectivos da Disposición Adicional Sexta da Lei 20/2021, de 28 de decembro,
remata ás 24:00 do día 25 de xaneiro de 2023
Bases e solicitudes na Sede Electrónica de Xove (sedelectronica.gal)
Convocatoria praza de administrativo interino
28/Decembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Persoal Funcionario Interino- 1 Administrativo por Programa
- OBXECTO DA CONVOCATORIA.obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter de interinidade dunha praza de Administrativo, polo sistema de Concurso-Oposición Libre, para a execución de programas de carácter temporal que abarcan dende o 9 de xaneiro de 2023 ata o 5 de setembro de 2023.
- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: C SUBGRUPO, ESCALA A E SUBESCALA (art. 76 RDL 5/2015, de 30 de outubro): Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa (art. 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril).
- COMETIDO FUNCIONAL: xestión administrativa das axudas acadadas para o desenvolvemento de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas:
• Programa AFDP0209 Socorrismo en espazos acuáticos naturais (comenzó o 9 de xaneiro e remate o 16 de maio)
• Programa SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes eninstitucións sociais (comezo o 22 e maio e remate o 25 de setembro)
- DURACIÓN: desde o 9 de xaneiro de 2023 ata o 30 de setembro de 2023 -ámbalas dúas datas incluidas-, de xeito que a persoa ocupante da praza dispoña do tempo suficiente desde o remate do segundo programa para a carga dos datos relativos á xustificación das axudas.
XORNADA DE TRABALLO: a tempo completo
Actividades Nadal 2022
22/Decembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
X Concurso de Karaoke de Xove
15/Decembro/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
. Xa está aberta a inscrición.-
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa X edición o VENRES, 30 DE DECEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o xoves 29 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (venres 30), en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización
-
-
- PREMIOS:
- Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
- Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
- IUNIOR
- Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
- Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
- VETERANOS
- Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros
- Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
- En total son 900 €uros en premios en metálico.
E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
----BASES REGULADORAS CONCURSO KARAOKE 2022-----
Ficha inscricipción Mayores
Ficha inscripcion Menores
LISTADO CANCIONES KARAOKE 2022-2023
Programación Nadal 2022-2023
07/Decembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Gala de Emprendemento 2022
07/Decembro/2022
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Inscricion para cursos da Piscina Municipal de Xove 2023
02/Decembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
A Escola Municipal de Natación pon en marcha un novo programa de Cursos de Natación para o ano 2023:
Natación de Niveis para Nen@s. (+5 anos)
(Nivel Blanco – Amarelo – Verde – Azul – Vermello )
Duración: Bimensual / Dias: alternos (luns-merc-venres /martes-xoves
Horarios: 16:15 h / 17:30 h / 18.45 h.
.Natacion Adultos: Iniciación, Mantemento, Perfeccionamento, Ximnasia na Auga.
Duración: Mensual ou Bimensual / Dias: 2 a semana. (martes-xoves)
Horarios: 10:30h / 20:15 h
.Natación Peques. (2,3 e 4 anos). Solo Xullo - Agosto
Duración: Mensual / Dias: 2 a semana. (luns-merc / martes-xoves)
Horarios: 10:30h / 11:30 h.
Natación de Verán (Xullo-Agosto) Todolos Niveis.
Duración: Mensual. Intensivo de luns a venres.
Horarios: 19:15h / 20:15 h
Para apuntase nestes Cursos a Escola vai abrir a INSCRICIÓN, primeiro para os censados en Xove e despois para os de fóra:
INSCRICIÓN alumnos/as censados en Xove
DIAS: 12 -13 de Decembro (luns-martes)
HORA: de 9:30h. a 13:30h.
LUGAR: Aula Municipal de Formación (enfrente Residencia 3ª idade)
INSCRICIÓN alumnos/as de fóra de Xove
DIAS: 14 -15 de Decembro. (mercores-xoves)
HORA: de 9:30h. a 13:30h.
LUGAR: Aula Municipal de Formación (enfrente Residencia 3ª idade)
Actuación do gruo de teatro "Croa cos Chairos"
02/Decembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
XXXIV TIRADA DE BOLOS - XXIII SUB 16 - XIV LIGA FEMININA (TEMPORADA 2022/2023)
01/Decembro/2022
CONCELLO DE XOVE
-
Tarde agradable e campo en perfectas condicións.
Liga Senior Masculina.- Importante victoria do líder e vixente campión. Coa súa victoria e os malos resultados dos seus inmediatos perseguidores, Miguel pon xa uunha importante distancia cos seus inmediatos perseguidores, e con 16 puntos sobre Javier Alonso pode afrontar as vindeiras tiradas con tranquilidade. Nas próximas tiradas veremos se Javier Alonso, Arturo López, Francisco Pérez,…poden seguir o ritmo de competición que está impoñendo Miguel, quen, menos na tirada do Cruceiro (5 de novembro) onde non puntuou, no resto quedou 1º ou 2º.
Liga Senior Feminina.- Nesta tirada Julia López volveuse humana, e foi superada por Belén Meitín e por unha gran Paula Campo, na súa mellor participación este ano.
A victoria de Belén aúpaa á segunda posición da táboa con 23 puntos, catro máis que Salomé Bermúdez, que ocupa a terceira posición con 19 puntos. Xa a unha distancia considerable temos a Concepción Piñeiro e Dolores Baño, con 9 puntos as dúas, Paula Campo con 7 e Carmen Roca con 6.
Liga sub 16.- Nesta Liga os Irmáns Cancelos Martínez, Jordi e Naia, siguen mandando na clasificación, xa que a súa regularidade participando en prácticamente todas as tiradas, fai que manteñan unha cómoda ventaxa. Pero bueno, Naia Cancelos está pisándolle os talóns ao seu irmán, a un só punto do liderato, razón polo cal esperamos un importante duelo pola cabeza entre eles nas vindeiras semanas.
Para potenciar a participación nesta categoría a Concellería de Deportes do Concello de Xove, xunto co Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles Rollán, estamos celebrando unhas Xornadas de Promoción do Bolos para todos os alumnos/as do Colexio Pedro Caselles. Das tres xornadas previstas xa se celebraron as dúas primeiras, o martes 29 de novembero (cursos 1º e 2º de Educación Primaria), xoves 1 de decembro (3º e 4º) quedando por celebrar a terceira o vindeiro mércores 7 de decembro (5º e 6º).
A vindeira tirada do sábado 3 de decembro vaise desenvolver NO CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (26 DE NOVEMBRO DE 2022)
31 INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR, 3 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
308 |
12 |
SEGUNDO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
296 |
10 |
TERCEIRO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
286 |
8 |
CUARTO |
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
262 |
7 |
QUINTO |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
253 |
6 |
SEXTO |
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS |
239 |
5 |
SÉTIMO |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
239 |
4 |
OITAVO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
238 |
3 |
NOVENO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
237 |
2 |
DÉCIMO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
237 |
1 |
MELLOR BOLADA |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
98 |
1 |
LIGA SENIOR – MAIORES DE 60 ANOS |
PRIMEIRO |
JOSÉ LÓPEZ RIVEIRA |
156 |
4 |
SEGUNDO |
ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ |
156 |
2 |
TERCEIRO |
JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ |
123 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
NAIA CANCELOS MARTÍNEZ |
50 |
6 |
SEGUNDO |
DAVID DÍAZ CAMPO |
24 |
4 |
TERCEIRO |
JORDI CANCELOS MARTÍNEZ |
12 |
3 |
CUARTO |
|
|
2 |
QUINTO |
|
|
1 |
MELLOR BOLADA |
NAIA CANCELOS MARTÍNEZ |
25 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
207 |
6 |
SEGUNDO |
PAULA CAMPO SUÁREZ |
187 |
4 |
TERCEIRO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
176 |
3 |
CUARTO |
CARMERN ROCA CORRAL |
170 |
2 |
QUINTO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
124 |
1 |
MELLOR BOLADA |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
64 |
1 |
XORNADAS DE PROMOCIÓN DOS BOLOS EN XOVE 2022
29/Novembro/2022
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, e xa coa XXXIV Tirada de Bolos Concello de Xove en marcha, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos/as do colexio.
As xornadas, que comezaron hoxe, vanse desenvolver do seguinte xeito:
-
- HOXE, MARTES, 29 DE NOVEMBRO DO 2022 (10:45 a 12:30 horas): 1º e 2º de EP.
- XOVES, 1 DE DECEMBRO DO 2022 (12:30 a 14:15 horas): 3º e 4º de EP.
- MÉRCORES, 7 DE DECEMBRO DO 2022 (12:30 a 14:15 horas): 5º e 6º de EP.
Estas Xornadas, que veñen celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Varela e outros profesores, a quen lles damos as grazas pola colaboración prestada para organización destas actividades. As xornadas teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O obxectivo destas Xornadas, amáis da promoción deste deporte en sí, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 22 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles.
Becas e Axudas ó Estudo 2022/2023
10/Novembro/2022
Departamento de Servizos Sociais
-
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2022/2023 será ata o 29 de novembro de 2022.
AS SOLICITUDES TRAMÍTANSE NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO (982 592001 -ANA/MARÍA)
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
-
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2021/2022, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...).
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
DOCUMENTACIÓN
NO CASO DE QUE DESEXE FACER A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE A TRAVES DA SEDE ELECTRONICA (con Certificado Dixital ou CLAVE) UTILICE A INSTANCIA XERAL E ADXUNTE A DOCUMENTACIÓN. -----> ENLACE -->
Melloras na EDAR do Parque Empresarial de Camba
04/Novembro/2022
Departamento de Obras
-
Melloras Ambientais e operacionais na EDAR do Parque Empresarial de Camba
Esta obra de mellora da EDAE do Polígono de Camba tivo unha triple vertente:
1º.- Renovación dos equipos de aireación dos reactores biolóxicos existentes.
2º.- Instalación dun sistema integral de automatización e control.
3º.- Rehabilitación do entorno e dos elementos de peche da EDAR, así como a urbanización do entorno das instalacións.
Esta importante obra, que vai mellorar moito a eficiencia da depuradora existente, foi realizada pola empresa Hicogal Tecnologías S.L..
O investimento final total foi de 94.915,85 €, financiado polo noso Concello (20%) e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia (80%)
Coidados Porta a Porta en Xove
28/Outubro/2022
Departamento de Servizos Sociais
-
Os vindeiros días 3, 4, 7 e 8 de 6 de novembro o Concello de Xove volve a recibir a unidade móbil do programa “COIDADOS PORTA A PORTA” promovido dende a Consellería de Política Social.
Este programa ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, para maiores de 55 anos, que poderán acceder gratuitamente aos diferentes servizos que se ofertan no programa.
- - Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.
- -Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.
- -Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente en realización de probas de valoración cognitiva.
Todas as persoas interesadas en participar neste programa poderán reservar a súa cita no teléfono 62274823 ou 623546992.
A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo, durante os días 3, 4, 7 e 8 de novembro.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|