BIBLIOTECA MUNICIPAL
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE XOVE .- NOVAS NORMAS DO SERVIZO DE PRÉSTAMO
Para que me vale o carné da biblioteca? Para levar libros, películas, cds de música, mapas... para casa. Lémbrate que é preciso traer o carné para levar un préstamo. En canto te inscribas nunha biblioteca da Rede xa che daremos acceso a Galicia Le, a plataforma do libro electrónico de Galicia. Desde a páxina do catálogo da Rede podes solicitar unha sesión personalizada, que valerache para consultar o historial de buscas, crear listas privadas con seleccións de documentos do catálogo ou consultar as listas públicas creadas polas bibliotecas, propoñer a compr a de obras para incorporalas á colección, solicitar que modifiquen os teus datos persoais, cambiar o contrasinal de acceso, colaborar no catálogo enriquecéndoo por medio de comentarios ou etiquetas relativos aos documentos e unha vez que che deamos o carné da biblioteca poderás consultar os teus préstamos vixentes ou anteriores, renovalos ereservalos.
Como fago o carné? Cumprimenta a solicitude que che damos en calquera biblioteca da Rede ou a que temos na web do catálogo. Facémosche unha foto nabiblioteca. Amósanos un documento oficial identificador : DNI, carné de conducir, pasaporte, NIE... para comprobar os datos cando veñas facelo e cando veñas recollelo. O carné faise de balde e é persoal e intransferible.
Máis sobre o carné... O carné vale para as bibliotecas integradas no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia :https://rbgalicia.xunta.gal/gl/bibliotecas-integradas-no-catalogo-da-rede-de-bibliotecas-de-galicia.- Tés que comunicarnos os cambios nos datos persoais. En calquera caso, estes datos deben renovarse cada 5 anos no caso dos adultos, cada 3 nos nenos e cada 10 no caso dasentidades. A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda, neste último caso hai que cumprimentar unha nova solicitude. A perda reiterada do carné conleva sanción : 7 días sen poder levar préstamos a 2ª vez que se perda, 14 días a 3ª vez, 21 días a 4ª e así sucesivamente .- Os menores de 14 anos teñen que ter unha persoa adulta (pais, titores) que se responsabilice da súa solicitude.. Os pais ou titores poden facer uso do carné dos menores. Cando fagan xa os consideramos adultos para o préstamo.
Autorizacións : Se non podes vir pola biblioteca podes pedirlle a alguén que che recolla os préstamos, só tés que cumplimentar un impreso autorizando a outra persoa, pero ti seguirás a ser o responsable docarné.
Como atopo un documento? Búscao no catálogo : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal, é moi sinxelo. Pide que che aprendan a usalo. Tamén podes buscar polos andeis a ver queaparece.
Cantas cousas podo levar á casa? O total nesta biblioteca (ou nesta rede municipal) son 10 préstamos por persoa. O total en toda a Rede de Galicia son 20.O total por tipo de material cóntase por biblioteca do seguinte xeito:
Tipo Lector |
Tipo Documento |
Máximo docs/tempo |
Renovacións |
Adulto
|
Libros |
5 durante 21 días |
1 de 21 dias |
Audiovisuais |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Sonoros |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Arquivos de ordenador |
1 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Revistas |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Lector libro electrónico |
1 durante 21 días |
1 de 21 dias |
Infantil
|
Libros |
5 durante 21 días |
1 de 21 dias |
Audiovisuais |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Sonoros |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Arquivos de ordenador |
1 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Revistas |
2 durante 7 días |
1 de 7 dias |
Podes facer combinacións:
*5 libros + 2 DVD + 2 CD + 1 CD-ROM = 10
*5 libros + 2 revistas + 2 DVD + 1 CD-ROM = 10
*2 libros + 2 DVD + 2 CD + 1 CD-ROM + 1 lector de libros electrónicos + 2 revistas = 10
Se preciso máis tempo de consulta? Podes renovar o préstamo transcorridos 5 días da realización do préstamo ata o día da súa caducidade, tanto por teléfono coma na biblioteca ou por internet desde atúa sesión do catálogo. Non se permitirá a renovación de documentos reservados, nin se renova a usuarios sancionados ou con préstamos fóra de prazo.
Renovar por internet, como se fai? Tés que entrar na túa conta persoal do catálogo da Rede : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal, nos recadros da dereita metes o teu nº de lector e un contrasinal. Se non recibiches o contrasinal por correo, podes solicitalo de novo desde aquí no apartado “Esqueceu o seu contrasinal?” ou preguntar na Biblioteca. En canto entres na túaconta, marca os préstamos que queres renovar e dálle ao botón de Renovar.
Se o que quero está prestado? Podes facer unha reserva desde a túa conta do catálogo, desde calquera biblioteca ou por teléfono. As reservas deben recollerse na biblioteca propietaria do documento. Só se reservan exemplares prestados. O máximo de reservas por lector é de 6 (3 para libros e revistas, 2 para outros materiais especiais e 1 para lectores de libros electrónicos)
- O prazo para recoller as reservas é de 3 días dende que é avisado o usuario. De non recoller as reservas serán canceladas. Tamén se cancelarán as reservas dos usuarios sancionados ou con préstamos fóra deprazo. Os documentos reservados non se poden renovar.
Se entrego fóra de prazo os documentos que me pasa? Quedarías días sen poder usar o préstamo a domicilio. Cóntase 1 día por cada documento atrasado e día, ata un máximo de 90.
Se finalmente non devolves os documentos, o teu carné quedará bloqueado permanentemente e non poderás levar ningún material en préstamo das Bibliotecas Integradas no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas deGalicia.
Que horario ten a Biblioteca Pública Municipal de Xove?
- Luns a venres : 10:00 a 13:00 h pola mañá e de 16:00 a 20:00 polo serán.
- Sábados : 11:00 a 13:00 h.
- Xullo e agosto .- Luns a venres: 9:00 a 14:00h .- Sábados: 11:00 a 13:00h.
Se deterioro ou perdo o documento que me levei en préstamo? En caso de deterioro, o persoal da Biblioteca valorará se é posible a súa reparación cos medios de que dispón. De non ser así, terás que repoñelo por outro igual. Se non o atopas no mercado, deberás comunicalo á Biblioteca para que che digan por que título alternativo podes substituílo. En caso de que o perderas, tamén terás que repoñelo. Ata que non o fagas, non poderás levar ningún material enpréstamo.
O que buscaba non o tedes, pero penso que deberiades telo Fainos unha suxestión de compra, valorarémola e se é aceptada serás o primeiro en usar ese documento.
Devolucións... Os documentos debes devolvelos na biblioteca onde che fixeron o préstamo.