Turismo Xove
|
Administración Local
|
Deporte 
|
Urbanismo
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove durante o ano 2021 son as seguintes:
---> 16 de febreiro de 2021 (Martes de Entroido)
---> 30 de agosto de 2021 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS 2020

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

|
- Imposto Municipal de Vehículos : DENDE O 15 DE XUÑO DE 2020 Ó 15 DE SETEMBRO DE 2020.-
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de decembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Visita de Papá Nöel á Escola Infantil
26/Decembro/2018
Departamento de Servizos Sociais
-

VIII Concurso de Karaoke de Xove
24/Decembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrado este pasado sábado 22 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, decir que constituiu todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, coma de público. Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Fausto Caballero pola Asociación Saiñas de Xove e Dº Daniel Fernández Caxete Director e membro do grupo musical Sons de Celeiro. A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:

Categoría “PEQUES” (ata 12 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Cora e Enma Buján Rouco, coa canción “ROMEO Y JULIETA” de Karina. Premio de 60 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Iago Rivas Balsa coa canción “EL REY” de Vicente Fernández. Premio de 60 €.
- Premio a “Mellor Caracterización”: Mara Arca Moliner, coa canción “LAS HADAS EXISTEN” DE Rozalen. Premio de 60 €.
Categoría “IUNIOR” (DE 12 ata 18 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Alba Canoura Frá coa canción “CITY OF STARS” de Ryan Goslin ¬ Enma Stone. Premio de 90 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Alejandro Parapar Fernández coa canción “MI HÉROE” de Antonio Orozco. Premio de 90 €.
- Premio a “Mellor Caracterización”: Xenxo Salgueiro Franco con “SÓLO TE PIDO” de Manolo Escobar. Premio de 90 €.
Categoría “VETERANOS” (maiores de 18 anos):
- 1º Premio “Mellor Voz”: Laura Míguez Ramos coa canción “LA TORMENTA” de Pastora Soler. Premio de 150 €.
- 2º Premio “Mellor Voz”: Marta Suárez Díaz coa canción “UN AÑO DE AMOR” de Luz Casal. Premio de 150 €.
- Premio a “Mellor Caracterización”: Cesáreo Vidal Fernández coa canción “Waka Waka esto es África” de Shakira. Premio de 150 €.
Decir que a participación foi excelente, a mellor das oito edicións do festival, con 26 inscritos: 7 en categoría “peques”, 3 en categoría “iunior” e 16 en categoría “veteranos”. A gala foi presentada por Vanesa Míguez e Rubén Pico, os cales conduciron magníficamente este espectáculo por sétimo ano consecutivo. Decir tamén que o grupo de música Sons de Celeiro fixeron unha pequena actuación como anticipo do concerto que celebraron hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico.
A entrega de premios foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polas Concelleiras: Dolores Meitín (Cultura) e Ana Abad (Servizos Sociais).
Presentación do Calendario 2019
19/Decembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de cultura Dolores Meitín e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do CALENDARIO 2019.O calendario está conformado por fotos de todo o Concello. En cada foto de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos) pertencentes a distintos membros da Asociación.
A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña, a quens, dende o Concello de Xove, se lles quere agradecer a súa colaboración.

Termalismo Social IMSERSO 2019
13/Decembro/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
Aberto o prazo para participar no Programa de Termalismo do Imserso, que se desenvolverá en balnearios con distintos tratamentos termais.-
Prazo de presentación:
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2019
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 17 de maio de 2019.
Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
- Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 16 de maio de 2019.
- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 31 de outubro de 2019.
Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2018, os seus expedientes estén completos.
mais info en...... http://www.imserso.es
Leer más:Termalismo Social IMSERSO 2019
VIII Concurso de Karaoke de Xove. Xa está aberta a inscrición
11/Decembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa VIII edición o SÁBADO, 22 DE DECEMBRO. Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 21 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (sábado 22) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 14 de decembro ás 14:30 horas.
En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS: ---->Peques. Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros ----> Iunior.- Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros -----> Veteranos.- Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros.- Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
En total son 900 € en premios en metálico. E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
Listado de cancións <<<>> Ficha de inscripción (menores 18 anos) <<<>>< Ficha de Inscripción (maiores de 18 anos)
Torneo de Badminton en Xove
04/Decembro/2018
Concellería de Deporte e Turismo
-

PRESENTACIÓN DO TORNEO

Campeonato de bolos: Contra a Violencia de Xénero
27/Novembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-

Actividades do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
24/Novembro/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE XOVE
Onte, día 23 de novembro, o Concello de Xove conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa organización de dúas actividades. As 20:00 tivo lugar un partido de fútbol sala mixto no pavillón de deportes no que participaron 30 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 12 e 16 anos. A continuación gardouse un minuto de silencio na praza do Concello como mostra de repulsa contra a violencia.
Estas actividades foron organizadas pola Oficina de Información Xuvenil e as Concellerías de Xuventude e Igualdade. O Concello de Xove quere agradecer un ano máis a participación de veciños e veciñas nestes actos a favor da igualdade.

Curso de Socorrismo 2019
22/Novembro/2018
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Se queres traballar como socorrista no verán, este é o teu curso: Código e denominación do curso: AFDP0209 Socorrismo Acuático en Espazos Naturais . Requisito de acceso: eso ou similar (nivel 2) e ser persoas desempregadas
- Duración: 438 h/ en horario das 16:00 ás 21:00 horas, de luns a venres.
- Inicio: 8 de xaneiro de 2019
- Remate: 16 de maio de 2019
- Curso subvencionado pola xunta de galicia.
- Diploma da Xunta de Galicia
- Certificado de Profesionalidade
- Máis información: Concello de Xove 982592001. Departamento de Emprego
As persoas interesadas en realizar o curso: acudir á oficina pública de emprego a indicalo se coñeces a alguén que pode ter interese en facelo, envíalle esta información.

Leer más:Curso de Socorrismo 2019
A avoa de Xove cumpre 102 anos!
21/Novembro/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
O pasado luns 19 de novembro a avoa de Xove estivo de cumpreanos, concretamente 102 anos. Isto significa que naceu en plena Iª Guerra Mundial. Pois ben, coma nos últimos anos, o Concello, a través do seu alcalde Demetrio Salgueiro, fíxolle unha pequena homenaxe na súa casa, onde Constantina estivo arroupada por unha parte da súa familia.

Incidencias da 4ª Tirada de Bolos
15/Novembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
INCIDENCIAS DA 4ª TIRADA
(Tirada do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE) - Sábado, 10 de novembro 2018)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (10 DE NOVEMBRO DE 2018)
30 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 3 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
JORDI MEITÍN SERANTES |
296 |
12 |
SEGUNDO |
ALEX MEITÍN SERANTES |
291 |
10 |
TERCEIRO |
MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
289 |
8 |
CUARTO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
282 |
7 |
QUINTO |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
274 |
6 |
SEXTO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
273 |
5 |
SÉTIMO |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
266 |
4 |
OITAVO |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
247 |
3 |
NOVENO |
CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO |
242 |
2 |
DÉCIMO |
C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
238 |
1 |
MELLOR BOLADA |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
94 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
203 |
6 |
SEGUNDO |
HUGO PÉREZ MEITÍN |
138 |
4 |
TERCEIRO |
IZAN MARAGOTO BERMÚDEZ |
131 |
3 |
CUARTO |
|
|
2 |
QUINTO |
|
|
1 |
MELLOR BOLADA |
JAIVER ALONSO LÓPEZ |
68 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
CARMEN ROCA CORRAL |
196 |
6 |
SEGUNDO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
161 |
4 |
TERCEIRO |
PAULA CAMPO SUÁREZ |
153 |
3 |
CUARTO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
119 |
2 |
QUINTO |
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
98 |
1 |
MELLOR BOLADA |
CARMEN ROCA CORRAL |
53 |
1 |
Tarde bastante agradable. Excelente participación con 30 inscritos.
Leer más:Incidencias da 4ª Tirada de Bolos
Becas e Axudas ao Estudo Curso 2018/2019
12/Novembro/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2018/2019 abarcará do 10 de novembro ao 29 de novembro de 2018-.
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais ou na Sede Electrónica do Concello).
- Fotocopia do DNI do solicitante.

- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda.
- Notas acadadas no curso 2017/2018, con excepción de educación infantil e primaria.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade de convivencia ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...).
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
Aberto o prazo para solicitar Arbores
06/Novembro/2018
Delegación de Agricultura
-

O prazo para solicitar Árbores Froiteiras, Forestais e Plantas de Xardín,está aberto dende o 29 de outubro ata o 28 de decembro de 2018 (ambos inclusive) no DEPARTAMENTO DE AGRICULTURA DO CONCELLO (Dolores e Belén).
Concurso oposicion Auxiliar-Administrativo (OMIX)
05/Novembro/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Polo presente fáise publico e convocase ós participantes no proceso de selección de referencia, que as probas teóricas da fase de oposición celebraránse o vindeiro venres día 9 de novembro as 8.30 horas da mañá, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
--> NOTIFICACION RESOLUCION ALCALDIA
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|