* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Xovenses en Benidorm...
07/Maio/2010
Departamento de Servizos Sociais
Viaxe organizada dende o Concello a través da Concellería de Servizos Sociais,: 114 xovenses están disfrutando dende o pasado 2 de maio na cidade de Benidorm. Dentro do amplo programa de actividades que leva o grupo, hoxe van visitar as fermosas vilas de Altea e Calpe.
30/Abril/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Hoxe, venres 30 de abril, ás 16:45 horas, vai ter lugar na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Xove a ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE OFIMÁTICA realizado na Aula de Informática da Omix. Na entrega de Diplomas vai participar o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. Este Curso de Ofimática comezou o 1 de marzo e rematou o 14 de abril, tendo unha duración total de 30 horas. En total inscribíronse 18 persoas, divididas en dous grupos, con clases 3 dias á semana en horario de tarde, de 1 hora e 15 minutos de duración. O Temario impartido no Curso foi o seguinte: • Microsoft Word: elaborar documentos cunha certa calidade; tablas, sangrías formatos, bordes de páxina, etc. • Microsoft Excel: utilizar as follas de cálculo; formato de texto, imaxes e funcións. • Microsoft Access: crear bases de datos; xetionar unha base de datos e facer tablas, informes e consultas.
2ª Actividade do "PROXECTO ENCONTROS"
30/Abril/2010
Departamento de Servizos Sociais
A primeira, da que xa informamos, foi “tarefas do rural”, onde as/os rapaces aprenderon a facer cousas tradionais da aldea. Esta segunda actividade, denominada “normas de boa educación, civismo e urbanidade”, desenvolveuse onte, 28 de abril, dende ás 16:30 ás 18:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, contando coa asistencia de 9 rapaces/as do IES Illa de Sarón e 3 persoas maiores, xunto con persoal técnico do Concello e a Concelleira Ana Abad.A actividade consisteu no seguinte:
Os rapaces/as recibiron información sobre o que “é o civismo”, “normas de urbanidade”, “normas de educación básica”, “hábitos alimenticios e hixiénicos”, “colocación de cubertos na mesa”, “comportamento na mesa á hora de comer”, etc.
A organización desta actividade corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e oDepartamento de Igualdade do Concello, ambos pertencentes aos Servizos Sociais Municipais. Cóntase tamén, o mesmo que en anteriores “encontros”, coa colaboración do IES Illa de Sarón.
EXPOSICIÓN “A PAZ, CUESTIÓN DE FONDO”
26/Abril/2010
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
O vindeiro martes, 27 de abril, na pasarela de exposicións do Centro Cívico do Xove, vai ter lugar o comezo da exposición “A Paz Cuestión de Fondo”, presente no Concello ata o 21 de maio de luns a domingo en horario de 18:00 a 21:00 e pertencente ao Fondo Galego de Cooperación. A exposición está formada por varias viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia. Concretamente consta de 16 láminas de 120x80 cm., a toda cor e en lona de 3 mm. de espesor. As láminas, que presentan dous debuxos en cada un dos paneis, son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes.
O obxectivo das caricaturas consiste en amosarnos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea son a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.
Rosa Lage, axente de emprego e desenvolvento local do noso Concello, como técnica responsable do Fondo Galego de Cooperación no noso municipio, coordina esta actividade. Dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, agardase a colaboración dos veciños nesta actividade.
Verán´2010.-Campos de traballo
22/Abril/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Dentro da Campaña de Verán 2010 a Consellería de Traballo e Benestar a través da D.X. de Xuventude e Voluntariado oferta prazas en campos de traballopara mozos e mozas de Galicia con actividades de voluntariado e de lecer vinculadas á arqueoloxía, ao medio ambiente, a reconstrución, a restauración ou a animación sociocultural. En Galicia, como novidade este ano e co gallo do Xacobeo podedes participar en campos de traballo de animación sociocultural no Camiño de Santiago. Estes campos de traballo estan en Fisterra, Palas de Rei e O Pino. Se vos interesa a colaboración social podedes participar no campo de traballo de Ourense e se o voso é o medio ambiente non vos esquezades do campo de traballo nas Illas Cies. Nos campos de traballo no estranxeiro podedes acudir a países coma Xapón, Francia, Islandia, Austria, México, Corea do Sur, Italia, Taiwan... Este ano tamén podedes participar nos campos de traballo que se organizan no norte de Portugal en colaboración co Instituto Português da Juventude (en Porto, Braga, Bragança ou Viana do Castelo). Non esquezades a ampla oferta de prazas nos campos de traballos nas Comunidades Autónomas.
O vindeiro día 26 de abril de 2010 comeza a inscrición en horario de 9h. a 14 h.
Exposición "Xove 360º. un Grado Máis" no Centro Social de Palmeiro
21/Abril/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Esta Exposición fotográfica, que durante o pasado ano primeiro estivo exposta no Centro Cívico e despois xirou polos distintos centros sociais municipais, pasando tamén este ano polo Centro Comarcal da Mariña Occidental en Viveiro, vai poder verse no Centro Social de Palmeiro na parroquia de A Rigueira dende hoxe 21 de abril ata o vindeiro domingo 2 de maio.
En teoría esta exposición xa tería que haber estado o pasado ano no Centro Social de Palmeiro, pero, debido a unha serie de circunstancias, o Centro estivo pechado e non se pudo facer alí a expisición. Hai uns dias o Centro Social abreu de novo as súas portas, dahí que xurdeu a oportunidade de montala alí.
Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.
19/Abril/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
“Reducción de Cotizaciones por Disminución y Prevención de la Siniestralidad Laboral” (R.D. 404/2010 de 31 de marzo)
O vindeiro mércores, 21 de abril de 2010 no Salón de Actos do Concello de Xove, ás 18 horas realizarase unha xornada informativa organizada pola Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermedades Profesionais FREMAP e con colaboración do Concello; para abordar o reciente R.D. 404/2010 de 31 de marzo polo que se adxudican ás REDUCCIÓNS DE COTIZACIÓNS POR DISMINUCIÓN E PREVENCIÓN DA SINIESTRALIDADE LABORAL, que ten unha grande implicación, interese e efecto económico nas empresas, tanto grandes coma pequeñas.
Expertos da Mutua FREMAP analizarán o tema a fondo, a súa tramitación, o seu funcionamento, efectos, etc. así como aclararán tódalas dúbidas que poidan xurdir ós empresarios con respecto a este importante tema.
Tanto a propia Mutua como o Concello de Xove tratan así de dar cabida a tódolos temas e información que teñen un interese para os nosos empresarios, tratando neste caso de acercar unha norma que debe ser explicada con claridade para poder aproveitala do mellor xeito posible.
Poderán acudir a esta xornada tódolos interesados, sexan ou non afiliados á mutua Fremap e pertenzan ou non ó Concello de Xove. Para inscribirse só deberán facelo a través de Lázaro Ruíz Rivero (de 08:00 a 19:00 horas) no teléfono 982-58.59.51 ou ben a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .
Viaxe a Alfoz da Escola de Maiores de Xove
11/Abril/2010
Departamento de Servizos Sociais
O 8 de abril o alumnado da Escola de Maiores visitou o Concello de Alfoz, acompañados pola Educadora Familiar Angélica Casabella e a Traballadora Social Ana de la Barrera, e por Tatiana, a Educadora Familiar de Alfoz; esta viaxe enmarcouse dentro das saídas culturais programadas dentro do curso académico e que aportan un gran coñecemento vivencial e social ás persoas participantes.
Pola mañá acudiron ao parque eólico deste Concello. A visita foi guiada polos técnicos do parque, que explicaron o funcionamento do mesmo. Posteriormente, subiron ao mirador do Pereiro para contemplar unha panorámica de Alfoz, para, a continuación, visitar unha granxa de leite mecanizada, na cal puideron ver a sala de ordeño, sala das crias, proceso de limpeza, etc.; de seguido, todo o grupo se desprazou a Torre do Mariscal Pardo de Cela, onde puideron ver todo o seu interior. Xa pola tarde, despois do xantar, todo o grupo fixo funha ruta de sendeirismo dende a coñecida Sala da Naranxa ata chegar á Finca Galea, bordeando todo rio. Coa visita á Finca Galea, rematou esta viaxe.
Viaxe a Benidorm para a Terceira Idade
08/Abril/2010
Departamento de Servizos Sociais
Un ano máis o Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, organiza unha viaxe dirixida a terceira idade. Nesta ocasión o lugar de destino é BENIDORMincluindo visitas a Toledo e Segovia.
Rematou a temporada de bolos coa celebración da VIIª Copa
27/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe, sábado 27 DE MARZO, tivo lugar na Bolera do Centro Social de Vilachá, na Parroquia de Portocelo a VIIª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2009-2010 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.
A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual, polo que a edición do ano vindeiro tocaralle a bolera do Centro Social de Morás.
A Biblioteca Municipal convoca o concurso Letras Galegas
25/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ao poeta courelense UXIO NOVONEYRA, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
No CONCURSO LITERARIO os/as participantes poderán presentar poemas de medida e tema libres, escribir un relato ou conto, tamén de tema libre, ou ben facer unha redacción, que obrigatoriamente ten que ser sobre a vida ou obra de Uxío Novoneyra. Neste Concurso poderán participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO; os nenos/as de preescolar (3, 4 e 5 anos), están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
25/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por Tonio, Enrique, Pepito, Fino e Felipe, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 2, 3 e 4 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 2 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coas formacións musicais: “ABANICO” e “LEMBRANZA”.
SÁBADO, 3 DE ABRIL:
-12:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “RIA DE BETANZOS”.
-15:00 horas.- Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.
-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZAS” e “RIA DE BETANZOS”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 4 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola PASADA DAS CABRAS.
-17:00 horas.- Verbena con: “CÉSAR O PÍNDARO”.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Charla informativa PAC'2010
18/Marzo/2010
Delegación de Agricultura
O LUNS, 22 de marzo ás 20:00 h. (8 da tarde), terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, unha charla informativa para informar da tramitación e das novidades da PAC (Política Agraria Común), para este ano 2010.
Remedios Soto Lorenzo, xefa de sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, será a encargada da ponencia.
Mª Dolores Meitín Guerreiro
CONCELLEIRA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES.
Actuación da “banda sinfónica Padre Antonio Soler"
18/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Pasado mañá, sábado 20 de marzo, ás 20:00 horas (8 da tarde), vai actuar no SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE a BANDA SINFÓNICA PADRE ANTONIO SOLER.
A Banda está constituida por uns 60 alumnos/as dos distintos cursos de Grado Profesional e profesores do Centro Integrado de Música Padre Antonio Soler de El Escorial, Madrid, e van ser dirixidos por Miguel Ángel Pastor, profesor de saxofón do Centro.
A organización deste Concerto en Xove corre a cargo da Concellería de Cultura. A entrada ao mesmo é totalmente libre e gratuito. En canto ás músicas que van interpretar, trátase dun programa moi áxil, que inclúe zarzuela (La Gran Vía), bandas sonoras de películas (“Memorias de África” e “Nuovo Cinema Paraiso”), etc. Un programa moi sencillo, axeitado para tódolos públicos, que esperamos sexa do agrado de tódolos asistentes.
SEMINARIO.... “Ti podes crear a túa propia empresa”.
17/Marzo/2010
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA: “Ti podes crear a túa propia empresa”.
Está aberto o prazo para inscribirse no SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA” que terá lugar o 19 de Abril de 2010 na Aula de Formación do Concello de Xove, das 17:00 ás 20:00 horas.
Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Contidos:
¿Qué necesitamos para montar unha empresa? O emprendedor: ¿cales son as motivacións que nos levan a emprender?, ¿qué dificultades atoparemos no camiño?, ¿cales son os mitos arredor da figura do emprendedor?. A idea: ¿cómo podemos xerar unha boa idea empresarial?, ¿cómo podemos efectuar unha primeira avaliación da nosa idea?O Plan de Empresa: ¿Cómo converter a miña idea en empresa? ¿qué necesidades teño e cales son os recursos ao meu alcance?
17/Marzo/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Este domigo día 21 de Marzo,90 peregrinos xovenses, dan comienzo la Ruta Xacobea. La salida en autobus desde Xove a las 7.30h de la mañana, para empezar el Camino de Santiago en O Cebreiro sobre las 10:30h de la mañana. La primera etapa será la de O Cebreiro-Triacastela de 22 Km. Cada 15 días llevarán a cabo una de las 7 etapas, siendo la siguiente, el domingo día 4 de abril, y que les llevará desde Triacastela hasta Sarria de 24 km. Al frente del grupo van a estar 5 delegados de la sección de senderismo de la ACD.XOVE, que son los que coordinarán la actividad. La organizacion corre a cargo de la ACD.XOVE, y cuenta con la colaboración del Concello de Xove. Para esta cita el Concello de Xove, obsequiará a cada peregrino Xovense con una chaqueta "polar" con el anagrama "Xove facendo O Camiño".
Asimismo diversas autoridades municipales se desplazarán en alguna de las etapas con el grupo, entre ellos el alcalde Demetrio Salgueiro y la concejala Ana Abad.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K