Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Os bolos en Xove

03 bolaguaddyacan

O Concello de Xove, a través da Concellería de Deporte e Turismo, organiza dende hai 20 anos TIRADAS DE BOLOS TRADICIONAIS nun intento de recuperar este xogo autóctono. Loxicamente existen moitas modalidades distintas deste xogo, e a que nos practicamos é propia, cunhas características que só se dan en Xove.

Historia
Regulamento

Historia


As tiradas de bolos  celebránse en tódalas parroquias, polo que como mínimo cada parroquia conta cunha bolera, e nalgún caso dúas. Todas son municipais, algunhas ubicadas en terrenos de propiedade municipal e outras en terreos cedidos pola igrexa. Ao principio non foi así, dado que as boleras tiñan outras ubicacións, especialmente "adros" das igrexas ou "tabernas" das parroquias; isto o podemos ver máis a fondo no traballo que acompaña á presente memoria.

Unha das principais características do Xogo de Bolos é o espectro de idades que nel participan, dado que contamos con xogadores de 10 a cáseque 80 anos. Outra particularidade é que este xogo sirve para interrelacionar a varias xeneracións e pon en contacto a persoas de distintas parroquias, algo fundamental nun concello rural coma o noso.

Sobre este xogo, incluimos o final desta páxina web un  video "El Juego de los Bolos en Xove" realizado por Mario Eijo, o cal foi presentado no Instituto Cervantes de Munich  e no que se recolle en profundidade a esencia deste xogo.

 A poboación á que diriximos este xogo e moi variada: nenos/as, rapaces/as e homes e mulleres dende 10 anos en diante; temos incluso un xogador de 80 anos que participa asiduamente nas tiradas. - O número de participantes depende de cada tirada; xeralmente estamos entre 25 e 35 persoas en cada tirada. En canto á coordinación das mesmas realízaa Mario Eijo Barro, Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello.

----->  como se xoga ós bolos..... 

 AS BOLERAS

    • BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE LAGO (Parroquia de Lago).- Historicamente, neste lugar sábese da existencia unha bolera dende hai moitísimo tempo, dado que a un lado había un salón de baile, ao que os veciños de Lago chamaban e inda chaman o "Salón", e ao outro estaba a antiga Escola Nacional de Lago. Nesa antiga bolera, e hai moitos anos, os veciños de Lago entretíñanse con este xogo cando os bolos eran cáseque o único divertimento que había na época.  Unha vez desaparecido o salón de baile, deixouse de xogar alí  aos bolos ata o ano 2.002; neste ano, o Concello rehabilitou a antiga Escola Nacional  de Lago, convertíndoa no Centro Social de Lago, o que trouxo aparellado a posta en marcha da antiga bolera, para o cal se lle pediu permiso ao propietario do terreo aledaño, lugar onde estaba ubicada a bolera. O 12 de outubro de 2.002 comeza as actividades esta bolera, a cal ven funcionando ininterrumpidamente ata a actualidade. No 2.007 o Concello de Xove adquírelle os terreos da bolera e o antigo salón, en total uns 5.000 metros cadrados, dándolle unha nova dimensión ao entorno do Centro Social, aproveitando para reubicar a posición da bolera.
  
  • jugando-bolos2
  • BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (Parroquia de Sumoas).- Nesta  Parroquia de Sumoas antigamente xogábase no adro da Igrexa Parroquial, que era ao mesmo tempo o Campo da Festa.   Tal como se pode ver na fotografía nº 6, o campo non reunía precisamente as mellores condicións, dado que se xogaba "costa arriba", o que dificultaba máis inda o xogo, e estaba cruzado por unha pista asfaltada. No ano 1.993 púxose en marcha o novo Centro Social de Sumoas nunha parcela de propiedade municipal, aproveitándose o terreo anexo ao Centro para instalar unha nova bolera, co cal o xogo pasou da antiga bolera do "adro da igrexa" a esta nova ubicación. As actividades nesta nova bolera comezaron cunha tirada o 27 de marzo de 1.993 pertencente a IVª Tirada de Bolos Concello de Xove 92/93. Xeograficamente esta nova bolera está situada ao borde dunha pista local que une Sumoas con Tuimil e a Vara na Parroquia de Xuances.
    • BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE A VARA (Parroquia de Xuances).- Esta bolera, o mesmo que a anterior de Sumoas e a seguinte de O Cruceiro, é unha bolera de nova construción, sendo a súa posta en marcha parella á posta en marcha do Centro Social correspondente; isto non quer decir que nesta Parroquia non houbese boleras antigas, que si as houbo, concretamente podemos citar dúas, unha na Praia de Esteiro e outra no Bar Os Faroles, as cales xa non existen. Situada, como dixemos, ao carón do Centro Social de A Vara, funciona como bolera dende o 20 de novembro de 1.993, dentro da Vª Tirada de Bolos Concello de Xove 1993/1994.
  • BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (Parroquia de Xuances).- O mesmo que as xa citadas, ocupa un espacio aledaño ao Centro Social de O Cruceiro, ao carón da estrada Provincial que une as parroquias marítimas do Concello, dende O Cruceiro a Lago. A súa posta de largo foi o 14 de novembro de 1998 cunha xornada pertencente á IX Tirada de Bolos Concello de Xove 1998/1999.

 

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organiza dende hai 20
anos TIRADAS DE BOLOS TRADICIONAIS nun intento de recuperar este xogo
autóctono. Loxicamente existen moitas modalidades distintas deste xogo, e a que
nos practicamos é propia, cunhas características que só se dan en Xove. Sobre este
xogo, ao final desta memoria incluimos o traballo "El Juego de los Bolos en Xove"
realizado por Mario Eijo, o cal foi presentado no Instituto Cervantes de Munich o 3
de maio de 2006, e no que se recolle en profundidade a esencia deste xogo.
As tiradas de bolos as celebramos en tódalas parroquias, polo que, como mínimo,
cada parroquia conta cunha bolera, e nalgún caso dúas. Todas son municipais,
algunhas ubicadas en terrenos de propiedade municipal e outras en terreos cedidos
pola igrexa. Ao principio non foi así, dado que as boleras tiñan outras ubicacións,
especialmente "adros" das igrexas ou "tabernas" das parroquias; isto o podemos ver
máis a fondo no traballo que acompaña á presente memoria.
Na actualidade as boleras que están en funcionamento no Concello de Xove son:
-Parroquia de Lago: Bolera do Centro Social de Lago.
-Parroquia de A Rigueira: Bolera do Centro Social de Palmeiro.
-Parroquia de San Isidoro de Monte: Bolera do Centro Social de Penasagudas.
-Parroquia de Xove: Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xovel.
-Parroquia de Xuances: -Bolera do Centro Social de O Cruceiro.
-Bolera do Centro Social de A Vara.
-Parroquia de Portocelo: Bolera do Centro Social de Vilachá.
-Parroquia de Morás: Bolera do Centro Social de Morás.
-Parroquia de Sumoas: Bolera do Centro Social de Sumoas.
De todas esta boleras, ímonos referir a catro de propiedade municipal, obxecto do
presente proxecto de solicitude á Dirección Xeral para o Deporte: boelra do Centro
Social de Lago, bolera do Centro Social de Sumoas, bolera do Centro Social de A
Vara e bolera do Centro Social de Xuances. Estas catro boleras son de herba,
estando COMPLETAMENTE DESCUBERTAS, dahí os problemas para xogar de
inverno. Cubrir as boleras significaría mellorar a calidade de práctica deste xogo no
noso Concello, e ao mesmo tempo aumentar o tempo de práctica, dado que ao estar
cubertas poderíamos xogar con calquer tipo de continxencia metereolóxica

Regulamento

BASES REGULADORAS DA TIRADA DE BOLOS ANUAL “CONCELLO DE XOVE”

O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá na Tirada de Bolos anual do Concello de Xove, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO.- Constitúe  o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios da Tirada de Bolos anual “Concello de Xove”, que inclúe a XXIV Liga Senior masculina, XIII Liga Sub18 e IV Liga Senior Feminina.

SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTE: Tanto na Liga Senior Masculina coma na Feminina poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Na Liga Sub 18, que terá carácter mixto, poderán participar tanto rapaces coma rapazas menores de 18 anos. Caso de cumplir os 18 anos durante o campionato, deberá seguir na Liga Sub 18 ata a finalización do mesmo. Non obstante, os rapaces ou rapazas menores de 18 anos que opten por parti

cipar en calquera das dúas ligas senior, deberán declinar a súa participación na Liga Sub 18.A documentación a presentar será exclusivamente o N.I.F. En cada tirada, polo representante municipal elaborarase un listado dos participantes na mesma e da puntuación obtida.

TERCEIRA.- TIRADAS E NORMAS.As normas que regulan a competición serán establecidas con carácter previo ao comenzo da mesma e expostas para xeral coñecemento dos participantes.Nas distintas convocatorias anuais se determinarán os lugares e días das tiradas así como as datas de inicio e fin do campionato.

CUARTA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E TRAMITACIÓN ANTICIPADA DO GASTO A contía máxima destinada aos presentes premios é de 4.965,00 euros € (partida 341.481 do Estado de Gastos do Municipal).Os premios serán concedidos parte no presente exercicio, correspondentes ás tiradas de outubro a decembro, por importe de 1.800,00 euros, e parte no exercicio seguinte ao da convocatoria, correspondentes ás tiradas de xaneiro a marzo e premios finais, por importe de 3.165,00 euros. Será polo tanto de aplicación o previsto no artigo 56 da Lei Xeral de Subvencións sobre tramitación anticipada de gasto. A concesión queda así condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

QUINTA.- PREMIOS.-Haberá dous tipos de premios: premios por tirada e premios finais. 

A)      Premios por tirada.

                                           LIGA SENIOR M.                LIGA SUB 18            LIGA SENIOR F.

1º Premio..................               25 EUROS..........................15 EUROS………………….…15 EUROS

2º Premio...................              20 EUROS..........................10 EUROS…...………………10 EUROS

3º Premio...................              20 EUROS............................5 EUROS……………………..5 EUROS

4º Premio...................              20 EUROS

5º Premio..................               20 EUROS

PREMIO Á MELLOR BOLADA...........5  EUROS…………........…….……..5 EUROS…………………….5 EUROS

B) Premios finais

 

                                            LIGA SENIOR M.              LIGA SUB 18             LIGA SENIOR F.

1º Premio..................            200 EUROS..........................90 EUROS……………………90 EUROS

2º Premio...................           150 EUROS..........................75 EUROS…...………………75 EUROS

3º Premio...................           100 EUROS..........................50 EUROS…………..……….50 EUROS

4º Premio...................             75 EUROS……………........……. 30 EUROS………………….. 30 EUROS

5º Premio..................              75 EUROS……………........……  30 EUROS………………….  30 EUROS

6º Premio…………….........….        50 EUROS

7º Premio………….......…….          50 EUROS

8º Premio………….........…….          50 EUROS

9º Premio………........………           50 EUROS

10º Premio……….........……….        25 EUROS

11º Premio………..........………         25 EUROS

12º Premio…………........…..           25 EUROS

 

PREMIO Á MELLOR BOLADA......     50  EUROS…………..….….50 EUROS…………….…….50 EUROS

A maiores, e compatibles con calquera dos doce premios finais, tamén se concederán tres premios finais dentro da liga senior masculina para as mellores puntuacións daqueles que cando realicen a súa primeira tirada teñan cumpridos os 60 anos de idade. Estes premios serán de 75 euros, 50 euros e 25 euros.A contía dos premios anteriores é líquida. De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS.-Unha vez rematada cada tirada, o técnico municipal de cultura, ou no seu caso, o representante municipal ao efecto, emitirá informe coa relación de gañadores segundo as normas a que se refire a Base Terceira. Os premios das tiradas serán entregados en efectivo debendo asinarse polo perceptor no momento da súa recepción. Para os premios finais, elaborarase polo técnico municipal de cultura un informe final a xeito de proposta detallando a relación de beneficiarios segundo a puntuación obtida, indicando o seu nome e dirección, D.N.I. e número de conta bancaria así como representante legal para o caso de menores de idade. Sobre dito informe-proposta resolverá a concesión dos premios a Xunta de Goberno Local.

SÉTIMA.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.-A presentación do DNI e calquera outra documentación da que sexa necesario dispor supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas.A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa pubblicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estructamente á xestión e tramitación do expediente correspondente.

DISPOSICIÓN FINAL

As presentes Bases permanecerán en vigor para os vindeiros exercicios en tanto en canto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresas.

INSCRICIÓNS:

As inscricións, segundo acordo tomado polo conxunto de xogadores/as o 12 de marzo de 2011 na Bolera do Centro Social de Sumoas, quedan da forma seguinte:

 

-LIGA SUB 18..........................................................................2´50 EUROS.

-LIGA SENIOR MASCULINA  (INCLUIDOS OS DE 18)..........................4 EUROS.

-LIGA SENIOR FEMININA: (INCLUIDAS AS DE 18) EN DIANTE.….........4 EUROS.

 

O diñeiro recaudado na inscrición de cada unha das tiradas non ten ningunha vinculación co Concello, xa que é un diñeiro que se recauda por parte de tódolos participantes  para adicalo integramente a unha PINCHADA FINAL, que se realiza ao remate de cada tirada.

 

Tódolos xogadores/as que gañen algún dos premios recollidos nas Bases recibirán, xunto co mesmo, un trofeo. Tamén haberá un trofeo para o xogador/a de máis idade que participe regularmente no campionato.

Para os premios finais da Liga Senior de Maiores de 60 anos teranse en conta as puntuacións da Liga Senior. Poderán participar nesta competición os que cando realicen a súa primeira tirada no campionato teñan cumpridos os 60 anos. Os premios finais nesta categoría    serán para os tres xogadores maiores de 60 anos que teñan maior puntuación ao final, resolvéndose os posibles empates coa mesma fórmula que as restantes categorías. Os premios desta categoría son compatibles cos da Categoría Senior, polo cal tamén poderán optar a un dos doce premios finais desta categoría.

Os premios de cada categoría entregaranse ao final da última tirada. No caso de que ao final do campionato houbera un empate para algún dos tres  primeiros premios de cada categoría, este desfaríase o último dia mediante o sistema de tres tiradas (tirada e desquite) cada xogador/a; se persistise o empate, volveríanse a facer outras tres tiradas e así ata que se desfixera ese empate. A partires do 3º posto, a clasificación farase, loxicamente, en orde ao número de puntos; en caso de empate en algún dos postos a partir do terceiro, farase un desempate mediante unha sola tirada (tirada e desquite) cada xogador/a; se persistise o empate, volveríase a facer outra tirada e así ata que se desfixera ese empate.

Para o premio da mellor bolada de todo o campionato no caso de que houbera empate, este desfaríase mediante unha sola tirada (tirada e desquite) cada xogador; se persistise o empate, volveriase a facer outra tirada, e así ata que se desfixese ese empate.No caso das tiradas normais, calquer empate dilucidaríase cunha sola tirada (tirada e desquite); e se seguira o empate, realizaríase outra tirada, e así ata que se desfixera ese empate. Para os premios non vai contar o número de tiradas en que participou cada xogador, polo cal é importante para tódolos xogadores participar no máximo número de tiradas; en cantas máis se participe, máis serán as posibilidades de obter puntos.

 Durante esta temporada, e tal como se aprobou o 17 de marzo de 2012 en Sumoas, en cada campionato teremos 2 tandas de tiradas, con dúas boladas (bolada + desquite) en cada tanda. Isto é para tódalas categorías.-Durante a temporada non se poderá cambiar, baixo ningún concepto, de categoría, ousexa, non se poderá pasar da Liga Sub 18 ás Ligas Senior Masculina ou Feminina, nin viceversa. O/a que se inscriba por primeira vez nunha categoría, terá que manterse nesa categoría ata final de temporada.

Liga Senior Masculina-Segundo o acordo tomado o 12 de marzo de 2011  no Centro Social de Sumoas, a competición senior masculina volve a retomar a Línea do 20.

Liga  Senior Feminina  -Según o acordo celebrado no Centro Social de Sumoas o 17 de marzo de 2012, nesta Liga poderán participar tódalas rapazas e mulleres que teñan 18 ou máis anos. Poderán participar tamén rapazas de menos de 18 anos se así o deciden, pero non poderán participar nesta mesma temporada na Liga Sub 18. Tamén se aprobou que para temporada 2012-2013 desta Liga exista a Liña do 20. -As normas aplicables a esta Liga son as mesmas que para a Liga Senior Masculina, coa diferencia de que a línea da tirada inicial vai estar situada nesta categoría a 8 metros da finqueira, pero só para “cucada”.

Liga Sub 18-Poderán participar na categoría “Sub 18” rapaces e rapazas que non teñan cumplido 18 anos; a organización poderá pedilo DNI para comprobar a idade dun/unha participante. Se cando comece o campionato un rapaz/a non ten 18 anos  pero os cumple durante o mesmo, considerarase que ata o remate final desa temporada como se non os tivera cumprido. (Aprobado o 17 de marzo de 2012 en Sumoas para Temporada 2012-2013). -As  normas de xogo polas que se rexe a categoría SUB 18 son a mesmas que están vixentes para a Liga Senior Masculina, coas seguintes diferencias:  -A línea da tirada inicial vai estar situada nesta categoría a 8 metros da finqueira, pero só para “cucada”.-Nesta Liga non hai línea do 20. -Nesta categoría os xogadores/as poderán xogar cunha bola máis pequena que as normais (pequena e grande) coas que habitualmente xogamos; con isto tratamos de axudarlle aos competidores/as máis xóvenes. Esta bola máis pequena non poderá ser utilizada por ningún xogador/a das categorías senior masculina e feminina.

 

XORNADA PROMOCIN BOLOS 2


A NORMATIVA para esta XXIVª Tempada,  QUEDA DA SEGUINTE MANEIRA:

LÍNEA DO 8.-Os/as xogadores da Liga Sub 18, as xogadoras da Liga Senior Feminina e os xogadores de 70 ou máis anos da Liga Senior Masculina van xogar coa LÍNEA DO 8 (SITUADA A 8 METROS DA FINQUEIRA), pero só a efectos de “cucada”. Para o valor dos bolos a línea que conta vai ser coma sempre a LÍNEA DO 10. O desquite o terán que facer tódalas categorías dende a LÍNEA DO 10.Dentro desta Norma temos unha excepción que afecta aos xogadores/as da Liga Sub 18 ata 12 anos (os de 12 anos incluidos) e das xogadoras maiores de 70 anos (con 70 anos cumplidos), aos cales non lles vai contar  ningunha liña á hora de tirar, ousexa, se lles permite a “cucada”. No desquite, teñen a mesma norma que o resto dos xogadores.

TIRADA.--É obrigatorio ter un pé pisando na pedra dende a que se fai a tirada.-A bola ten que pasala linea (cordel) -do 8 (8 metros) ou do 10 (10 metros) segundo a categoría-  totalmente para que a tirada sexa válida. Se a bola queda encima do cordel ou se a linea imaxinaria do 8 ou do 10 corta algunha parte da bola, considerarase que esta tirada non é válida e o xogador/a  cucaría.-Os bolos para valer 10 puntos terán que estar máis alá da linea do 10. O bolo que esté encima da linea do 10, ou ben, se a a linea imaxinaria do 10 corta algunha parte do bolo, este bolo valerá 3 puntos respectivamente.

DESQUITE.-Para desquitar, en ningún caso se poderá pisar a linea do 10, e inda que non se pise, non se poderá botar o pé diante da linea do 10 mentras a bola de desquite non pase da linea da finqueira onde están colocados os bolos; en ámbolos dous casos o desquite quedará anulado con CERO PUNTOS.

BOLA  ROTA e BOLOS  ROTOS.-Si durante a tirada rompe a bola, haberá que repetir a tirada de novo. Si durante o desquite rompe a bola, haberá que repetir toda a xogada (tirada e desquite), non  valendo os puntos conseguidos previamente na tirada; en ámbolos dous casos anteriores haberá que respetar o principio de que a tirada completa (tirada e desquite) se realice coa mesma bola.-Os mesmos principios que valen para as bolas rotas aplicaranse aos bolos rotos.No caso de que un bolo se perda ou extravie, non haberá que repetir a xogada, senón que bastará con repoñer ese bolo perdido por outro.

BOLOS NA FINQUEIRA.-No caso de bolos caidos aos dous lados dun bolo que esté de pé no seu sitio ou rozando o furado, valerán os bolos do lado onde haia maior número deles-O bolo que quede de pé na finqueira e ocupe total ou parcialmente  unha “base” (furado onde se colocan os bolos) da mesma, contará como se ese bolo estivera asentado totalmente na súa “base”.En todo aquilo que non esté contemplado nos presentes apartados e NORMAS, será a ORGANIZACIÓN quen decida.

 

 

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organiza dende hai 20
anos TIRADAS DE BOLOS TRADICIONAIS nun intento de recuperar este xogo
autóctono. Loxicamente existen moitas modalidades distintas deste xogo, e a que
nos practicamos é propia, cunhas características que só se dan en Xove. Sobre este
xogo, ao final desta memoria incluimos o traballo "El Juego de los Bolos en Xove"
realizado por Mario Eijo, o cal foi presentado no Instituto Cervantes de Munich o 3
de maio de 2006, e no que se recolle en profundidade a esencia deste xogo.
As tiradas de bolos as celebramos en tódalas parroquias, polo que, como mínimo,
cada parroquia conta cunha bolera, e nalgún caso dúas. Todas son municipais,
algunhas ubicadas en terrenos de propiedade municipal e outras en terreos cedidos
pola igrexa. Ao principio non foi así, dado que as boleras tiñan outras ubicacións,
especialmente "adros" das igrexas ou "tabernas" das parroquias; isto o podemos ver
máis a fondo no traballo que acompaña á presente memoria.
Na actualidade as boleras que están en funcionamento no Concello de Xove son:
-Parroquia de Lago: Bolera do Centro Social de Lago.
-Parroquia de A Rigueira: Bolera do Centro Social de Palmeiro.
-Parroquia de San Isidoro de Monte: Bolera do Centro Social de Penasagudas.
-Parroquia de Xove: Bolera do Campo Municipal de Fútbol de Xovel.
-Parroquia de Xuances: -Bolera do Centro Social de O Cruceiro.
-Bolera do Centro Social de A Vara.
-Parroquia de Portocelo: Bolera do Centro Social de Vilachá.
-Parroquia de Morás: Bolera do Centro Social de Morás.
-Parroquia de Sumoas: Bolera do Centro Social de Sumoas.
De todas esta boleras, ímonos referir a catro de propiedade municipal, obxecto do
presente proxecto de solicitude á Dirección Xeral para o Deporte: boelra do Centro
Social de Lago, bolera do Centro Social de Sumoas, bolera do Centro Social de A
Vara e bolera do Centro Social de Xuances. Estas catro boleras son de herba,
estando COMPLETAMENTE DESCUBERTAS, dahí os problemas para xogar de
inverno. Cubrir as boleras significaría mellorar a calidade de práctica deste xogo no
noso Concello, e ao mesmo tempo aumentar o tempo de práctica, dado que ao estar
cubertas poderíamos xogar con calquer tipo de continxencia metereolóxica
Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo