Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Unha novelista de sona internacional nacida en Xove
14/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Descubrimos unha nova faceta de Lucía Sánchez Meitín, veciña de Vilachá e traballadora do Concello de Xove, coñecida por ser coautora de dous estudos etnográficos acerca de Xove e das súas parroquias: "A Festa no Aire", e "De Sol a Sol". Desta vez, a autora sorpréndenos cunha novela de xénero histórico-romántico, publicada baixo o pseudónimo de Rita Morrigan, e titulada "Dulce Camino Espinoso", pola editorial arxentina Vestales. O libro, que saíu á venta o pasado mes de decembro, está batendo records de visitas na Internet, e está resultando un éxito de ventas en Sudamérica e Estados Unidos.
Leer más:Unha novelista de sona internacional nacida en Xove
Campionato de Bolos (Lago)
12/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO ( 8 XANEIRO 2011)
39 INSCRITOS: 25 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION
|
NOME
|
TANTOS
|
PUNTOS
|
LIGA SENIOR
|
PRIMEIRO
|
OMAR CABRERA MACIAS
|
144
|
12
|
SEGUNDO
|
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
|
135
|
10
|
TERCEIRO
|
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS
|
132
|
8
|
CUARTO
|
JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA
|
131
|
7
|
QUINTO
|
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ
|
126
|
6
|
SEXTO
|
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA
|
123
|
5
|
SÉTIMO
|
AUGUSTO ALBO OCAMPO
|
119
|
4
|
OITAVO
|
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ
|
112
|
3
|
NOVENO
|
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ
|
112
|
2
|
DÉCIMO
|
ARTURO VIGO CASABELLA
|
108
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
OMAR CABRERA MACÍAS
|
63
|
1
|
LIGA SUB 18
|
PRMEIRO
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
|
55
|
6
|
SEGUNDO
|
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ
|
46
|
4
|
TERCEIRO
|
AITOR BOUSO GAVIN
|
36
|
3
|
CUARTO
|
RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO
|
18
|
2
|
QUINTO
|
SAMUEL REY ÁLVAREZ
|
18
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ
|
28
|
1
|
LIGA FEMININA
|
PRMEIRO
|
DOLORES BAÑO FRAGA
|
55
|
6
|
SEGUNDO
|
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ
|
55
|
4
|
TERCEIRO
|
MARÍA TERESA RAMOS FERNÁNDEZ
|
54
|
3
|
CUARTO
|
MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ
|
37
|
2
|
QUINTO
|
BELÉN MEITÍN ROUCO
|
31
|
1
|
MELLOR BOLADA
|
DOLORES BAÑO FRAGA
|
24
|
1
|
Os Reis Magos en Xove
07/Xaneiro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Chegaron os Reis a Xove sobor das 17:30 horas, para realizar a súa primeira actividade no noso Concello, que foi unha visita, como ven sendo tradicional nos últimos anos, á Residencia San Rosendo, onde acompañaron e levaron ilusión e agasallos aos nosos velliños.
A continuación tomaron novamente as súas carrozas, e saindo das inmediacións do Campo Municipal de Fútbol de Xove, realizaron o seguinte percorrido: Rúa Agramonte, pasando por diante do CEIP Pedro Caselles ata chegar á Avenida Deputación, onde percorreron unha boa parte da mesma, cortando por Doutor Baamonde Illade e continuado polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico, onde se dirixiron ao Belén Xigante que está instalado no Parque Municipal de Xove, aproveitando para facer as tradicionais ofrendas ao Neno Xesús. Temos que decir que o tempo, que en principio parecía que ía chover, respetou totalmente a Cabalgata, e non caiu nin unha gota, o que fixo que as rúas de Xove estiveran ateigadas de xente, sendo esta, con moito, a Cabalgata máis multitudinaria dos últimos anos. Como remate da súa presencia, e antes de volver para traer agasallos a tódolos nenos pola noite, realizaron a entrega dos premios do Concurso de Postais de Nadal no Salón de Actos do Centro Cívico.
Día do NENO na Piscina de Xove
05/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Unha das actividades do DIA DO NENO organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove durante o dia de hoxe, mércores 5 de xaneiro, está sendo os XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL, os cales desenvólvense de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas. A entrada a actividade é totalmente gratuita, iso sí, cada turno organízase por idades, separando aos nenos/as máis pequenos dos outros para evitar accidentes
.
Entregados os premios Extraordinarios e as Bolsas ao Estudio.
04/Xaneiro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe martes 4 de xaneiro, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizou a entrega de PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDIOS CURSO 2009-2010 e as BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2010-2011. (pódense consultar na acta da Xunta de Goberno de 29 de decembro de 2010. sección:Concello dixital)
En total o noso Concello invisteu 39.285´79 €uros nestes premios e bolsas, unha cantidade certamente importante, tal como suliñaba o Alcalde, tendo en conta os difíciles tempos de crise que estamos a padecer.
Os premios e bolsas repártense da seguinte maneira:
Leer más:Entregados os premios Extraordinarios e as Bolsas ao Estudio.
O Concello pide colaboración para Cabalgata de Reis
03/Xaneiro/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, máis concretamente a Concellería de Cultura, pide colaboración veciñal para Cabalgata de Reis do mércores 5 de xaneiro; concretamente solicítaselle á cidadanía QUE DENDE AS 15:00 HORAS E ATA O REMATE DA CABALGATA NON SE ESTACIONE NA MARXE DEREITA DA AVENIDA DEPUTACIÓN (EN DIRECCIÓN A VIVEIRO), DENDE A PIZZERÍA "NEW BURGUER" ATA O "BAR A ESQUINA".
Con esta petición, dende a Concellería de Cultura preténdese mellorar o paso da Cabalgata, dado que as carrozas e o público asistente disporán de máis espazo, uns para desfilar e os outros para presenciar o desfile.
Dende o Concello quérese dar as grazas anticipadas a toda a vecindade e pedir disculpas polas posibles molestias que se puidesen causar.
Entrega de premios extraordinarios e bolsas de estudio
03/Xaneiro/2011
Departamento de Servizos Sociais
-
Esta entrega realizarase mañá MARTES 4 DE XANEIRO ÁS 12:00 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO, nun acto Presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Presentado en xove o libro "De Sol a Sol. Un século de traballo en Xove"
29/Decembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado día 23 de decembro, presentouse en Xove o libro De Sol a Sol. Un século de traballo en Xove, obra que recolle un longo estudo etnográfico do mundo do traballo, realizado no mesmo concello de Xove durante máis dun ano polas súas catro autoras: Susana Fernández Iglesias, Rosa Lage Canoura, Nelle Pérez Franco e Lucía Sánchez Meitín.
No libro, no que participaron máis dun cento de habitantes do municipio, recóllese, dun xeito testemuñal, as diferentes formas de traballo: dende as tarefas do núcleo doméstico da casa, ata o campo, o mar, a industria e o comercio, e máis dunha vintena de oficios que tiveron a súa importancia en Xove durante máis dun século.
A referencia temporal da obra abrangue dende finais do século XIX, ata os anos setenta do século pasado; momento no que se comezou coa construción da factoría de alúmina e aluminio.
A publicación do libro contou coa colaboración do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, e o Concello de Xove reservou uns 1.400 exemplares para que todos os fogares do municipio tivesen un volume de forma totalmente gratuíta.
Torneo de Tenis de Mesa
29/Decembro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, en horario de 16:30 a 19:30 horas, na Oficina Municipal de Información de Xove, desenvolveuse o TORNEO DE TENIS DE MESA, actividade incluida dentro do Programa de Nadal. No mesmo participaron 19 rapaces entre 8 e 20 anos, quedando clasificados nos dous primeiros lugares:
- 1º.- Lander Donoso Redondo de 17 anos gañou un saco de dormir con colchón integrado.
- 2º.- Mateo Meitín López de 13 anos gañou un reloxo dixital.
A entrega de premios foi feita pola Concelleira Ana Abad .
Programa de Nadal en Xove
27/Decembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, domingo 26 de decembro, actuou no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove o grupo de monicreques TEATRO DO MIOLO coa obra "UN NADAL NO POLO NORTE", do cal axuntamos unha fotografía. Pero o Programa de Nadal continúa: -Hoxe, luns 27 de decembro ás 17:00 horas.- Comeza do CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL coa videoproxección de "UP", coa cal ademáis se vai estrenar o novo proxector e a nova pantalla do Centro Cívico. -Mañá, martes 28 de decembro: -TORNEO DE TENIS DE MESA, durante todo o dia na OMIX. -XOGOS DE NADAL, DE 11:00 A 12:30 horas na Aula Multideportiva, para nenos/as de 3 anos ata 5º de Primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán. -Continuación do CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL co proxección de "EL PRÍNCIPE DE PERSIA: LAS ARENAS DEL TIEMPO", no Salón de Actos do Centro Cívico. Tódalas actividades son de carácter gratuito.
XUVENTUR NEVE 2011
23/Decembro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza para principios do ano 2011 o Programa Xuventur neve, destinado a mocidade galega entre 18 e 35 anos, ofréceche diferentes alternativas de participación, entre os meses de xaneiro e marzo de 2011, nas estacións de Leitariegos (fins de semana), Vallnord e Candanchú (entre semana)
O prazo de inscrición comeza o día 7 de xaneiro, as 9:00 h. As inscricións serán en liña a través da páxina www.xuventude.net
O programa de Nadal sigue o seu curso en Xove
23/Decembro/2010
Departamento de Servizos Sociais
-
Para este fin de semana tan navideño, o Concello de Xove ten programadas dúas importantes actividades:
Sábado, 25 de decembro:
Ás 18:00 horas, nunha CARPA ubicada na Praza do Centro Cívico, terá lugar “EL SHOW DE LOS PAYASOS”, un espectáculo netamente familiar, onde os nenos/as van disfrutar a tope coasa músicas, xogos e payasadas destes entrañables artistas. Para rematar, e dado o tempo que estamos a sofrir, nada mellor que unha CHOCOLATADA. Actividade totalmente gratuita e absolutamente recomendable para nenos e pais.
Domingo, 26 de decembro:
Ás 17:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, disfrutarermos da obra de teatro “UN NADAL NO POLO NORTE”, do teatro de monicreques TEATRO DO MIOLO.
“Peza de teatro infantil interactiva con monicreques interpretada por duas actrices e un actor.
Os nenos terán a posibilidade de coñecer o mesmisimo Papa Noel A obra desenrrolase no obradoiro de xoguetes de Papa Noel no polo norte onde o seu axudante “Pechilo” decide organizar unha folga para conseguir que cando se pense no Nadal consideremos sempre a todos aqueles que o fan posible: os traballadores. Papa Noel e os seus axudantes reuniranse para chegar a un acordo pero ….. conseguiran que os agasallos dos nen@s de todo o mundo cheguen a tempo o seu destino?”
A entrada a esta obra é tamén de carácter totalmente libre e gratuito.
Dende o Concello de Xove aproveitamos para invitar a tódolos xovenses e visitantes do noso Concello a participar nestas e nas outras moitas actividades programadas para celebrar o Nadal.
ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE NADAL
22/Decembro/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
OBRADOIRO DE "PINTADO DE FIGURAS" E COLOCACIÓN DO BELÉN NA OMIX
Onte 21 de decembro comezou na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) un OBRADOIRO DE "PINTADO DE FIGURAS E COLOCACIÓN DE BELÉN" no que están a participar numerosos rapaces/as do Concello. Este obradoiro, no que os/as participantes, utilizando distintas técnicas, pintan figuras de belén, pretende ao final do mesmo a realización e montaxe dun BELÉN. O obradoiro vai continuar tamén hoxe de 17:00 a 19:00 horas, para rematar mañá coa montaxe do propio belén. O obxectivo deste obradoiro é múltiple:
-Que os rapaces se divirtan aprendendo.
-Aprendizaxe de técnicas artísticas.
-Recuperación de tradicións tan arraigadas na nosa cultura como é a realización de beléns.
Exposición de Tony Mendaña en Xove
20/Decembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado venres 17 de decembro o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, inauguraba a Exposición de TONY MENDAÑA na Sala de Exposición da Oficina Municipal de Turismo. Como ampliación da información desta exposición decir que o horario de apertura é o seguinte: -A Exposición vai estar aberta dende o 17 ao 30 de decembro. -Horario de apertura: De 11:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 20:00 horas. A exposición vai estar pechada o sábado 25 de decembro e o domingo 26 pola mañá. A exposición está composta por 31 obras, todos óleos, dentro dos cales predominan as paisaxes, sen abandonar outros temas. Para unha maior información, adxunto os programa de man (en formato JPEP) da exposición. Tamén adxunto dúas fotografías do pintor.
O BELÉN VIVENTE, PRATO FORTE DO INICIO DO NADAL
18/Decembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, venres 17 de decembro, comezaron as actividades dentro do PROGRAMA DE NADAL 2010-2011 do Concello de Xove, cunha intensa axenda.
Pola mañá, ás 11:30 horas, Papá Noël visitou a Escola Infantil de Xove onde uns corenta nenos/as, acompañados dos seus país, o esperaban para recibir os seus regalos.
Xa pola tarde, ás 20:00 horas, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Dolores Meitín, inaugurou a Exposición de Pintura de TONY MENDAÑA na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo, que vai estar aberta ata o 29 deste mesmo mes de decembro.
Como remate deste intenso día, INAUGUROUSE E ABREUSE O BELÉN DE XOVE cun espectáculo de luz e son, no cal un grupo da Escola de Maiores do Concello realizou unha serie de escenificacións convertindo o Belén nun belén vivente. Por último, a chegada outra vez de Papá Noël e o acendido do Árbol de Nadal puxeron fin a estes actos.
Conta_Contos para os cursos de infantil no Colexio
18/Decembro/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte, venres 19 de decembro, ás 11:00 horas na Biblioteca do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, os 47 nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil do Colexio disfrutaron dun CONTACONTOS, que durante unha hora os estivo deleitando coas súas historias. O contacontos pertence á empresa de espectáculos Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais.
Esta actividade, que foi patrocinada polo Concello de Xove, foi coordinada pola ANPA de Xove e contou coa colaboración do propio Colexio.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|