#
Horario de funcionamento:
De Luns a Venres: de 10:00 a 13:00h e pola tarde de 16:00 a 22:00h
Sábados: de 11:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:30
Domingo e Festivos: Cerrado
HORARIOS DE VERÁN: Consultar tablón anuncios
----------------

Regulamento de funcionamento da Piscina Municipal (no portal transparencia)
Ximnasio Municipal
Ximnasio Municipal :
Dentro do Complexo da Piscina Municipal, na planta baixa está situado o Ximnasio, o cal está reformado completamente, e dotado de novas máquinas de mantemento e mellora física, dende bicicletas estáticas a cintas de camiñar, así como aparatos de musculación de todo tipo.
Os usuarios da Piscina Municipal de Xove, é en concreto aqueles que utilizan asiduamente o Ximnasio Municipal, están de noraboa. Onte instalamos no Ximnasio, unha nova cinta de correr, para uso e disfrute de todos, pois había moitas veces que as tres existentes no chegaban para a demanda dos usuarios.
A cinta instalada e unha cinta de ultima xeneración con unhas prestacions do mais alto nivel. O investimento do Concello de Xove neste equipamento pasou dos 5.500.-€.co IVA engadido. Agora que logo vai a dar comenzo a "operación bikini" xa temos unha disculpa menos, para non acercarse a facer un pouco de deporte nas instalacions da Piscina Municipal de Xove.

O Acceso é libre e gratuito para todo-los usuarios da piscina municipal, esto é, que se pode entrar á piscina e primeiramente facer exercicios no ximnasio, para logo acabar con un relaxante baño na piscina.