* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Xove recupera a festa primaveral Fillas de María
31/Maio/2010
La Voz de Galicia [A Mariña]
«Ata finais dá década dúas cincuenta -sinálase no díptico que os establecementos asociados á Aciam reparten sobre a festa- as Fillas de María celebrábase en Xove a finais de maio. As mulleres solteiras acudían á celebración relixiosa de branco (símbolo de pureza e cor da vestimenta co que invitan a acudir á próxima cita festiva), e cunha cinta azul colgaban unha medalla dá Virxe dá Inmaculada Concepción ao colo. Á saída dá misa non bailaban, xa que ou baile estaba reservado para as casadas». A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove (Aciam) organiza a recuperación dunha festa local que se celebraba antigamente a finais do mes de maio asemellándose aos tradicionais «maios» nos que se adoitaba festexar a primavera. Xa no libro A festa non aire. Tradición e lecer non Xove de antes, editado polo Concello, as autoras Nelle Pérez e Lucía Sánchez inclúen esta tradición, coñecida como a Festa dás Fillas de María ou a Festa dás Flores, segundo recorda na publicación un veciño, entre as que se celebraban outrora en Xove. Segundo a organización do festexo e tamén como se sinala en devandito libro, «é unha adaptación cristiá dá festa dos maios. A fecundidade dous campos é representada pola nai de todas as nais dous cristiáns», por iso dedícase á Virxe María, á que rendían homenaxe con poesías as nenas, e en xeral ás mulleres.
Poema:
Xa nos tes aquí, para festexar este día que é un día especial os das fillas de María.
En tempo pasado foi un día moi especial e hoxe o pobo de Xove volveu a recuperar.
Por iso estamos moi ledos e vimoste honrar, ¡María! e pedirche con fervor por todas estas familias.
E como estamos no mes de Maio que é o mes das frores, dende este pobo de Xove, queremos rendirche honores.
Ti eres a nosa nai ¡Oh, María! levantas ó que cae ¡Oh, María! ti calmas a dor, es nai do amor Salve, Salve, Salve María.
Comezan os Circuitos Culturais en Xove
28/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O vindeiro luns 31 de maio dan comezo no Concello de Xove os CIRCUITOS CULTURAIS (“CAMIÑO DA CULTURA 2010”) no noso Concello, actividade organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Para edición deste ano deste importante programa cultural, o noso Concello programou catro espectáculos, tres teatrais e un de maxia.
Como dixemos, a primeira función vai ter lugar o próximo luns 31 de maio ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico coa compañía TEATRO DO MORCEGO, a cal vai por en escea o “LAZARIÑO DE TORMES”; a esta función van acudir tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.
PROGRAMA COMPLETO DOS CIRCUITOS CULTURAIS 2010
LUNS, 31 DE MAIO
Teatro do Morcego con Lazariño de Tormes
SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO – HORA: 16:30 HORAS PARA ALUMNOS/AS DE E.S.O. DO IES ILLA DE SARÓN ...
Entrega dos premios do Concurso Letras Galegas 2010
27/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe, xoves 27 de maio, ás 18:00 horas (6 da tarde) no Salón de Actos do Centro Cívico, tivemos a entrega de Diplomas e Premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2010 organizado pola Concellería de Cultura; a entrega foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro acompañado de varios membros do Xurado, o cal estivo composto por:
-Dº Ovidio Rouco Otero, pola ACD Xove.
-Dª Margarita Gutiérrez Gómez, polo CEIP Pedro Caselles Rollán.
-Dº María Castelo Sobrino, pola APA do Ceip Pedro Caselles Rollán.
-Dª María Arce Rodríguez, polo Instituto de Ensinanza Secundaria Illa de Sarón.
-Dª Lucía González Suárez, pola Asociación de Mulleres Bolboretas.
-Dº Jacobo Díaz Meitín, pola Asociación Cultural Saiñas.
-Dª Élida Álvarez Rodríguez, pola Biblioteca Municipal de Xove.
O Concurso constou de 2 modalidades: CONCURSO LITERARIO (narracións, poesías, etc) e CONCURSO ARTES PLÁSTICAS (debuxo, cómic,..), habendo tres premios (un 1º, un 2º e un 3º) por cada curso e modalidade, agás os/as nenos/as máis pequenos ata 5 anos, que lóxicamente, pola súa idade, só participan artes plásticas. Este Concurso dirixiuse a tódolos alumnos/as do Colexio "Pedro Caselles" e do IES "Illa de Sarón".
Cada premio deste Concurso consisteu en: un Diploma Acreditativo e un lote de libros en galego.
CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2010
TRABALLOS PREMIADOS NO C.E.I.P. “PEDRO CASELLES ROLLÁN”
27/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O sábado 29 de maio vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai dar comezo ás 17:30 horas coa presencia de 6 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, cunhas 130 ximnastas de prebenxamín a xuvenil.
O Torneo, como é preceptivo, vai comezar antes da hora citada co quencemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:30 horas vaise abrir coa EXHIBICIÓN “LA GRAN BOLA DE QUESO” a cargo de tódalas alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove. Rematada a exhibición, vai comezar acompetición propiamente dita coa modalidade de conxuntos da categoría pre-benxamín. Continuaremos con conxuntos benxamín, para pasar a continuación ás categorías alevín, infantil, iunior e xuvenil; nestas últimas catro categorías competirase tanto en conxuntos como en individual. Salientamos que na categoría xuvenil imos ter tamén competición en individual masculino, con Jonathan en mazas.
Rematará o Torneo co desfile e a entrega de trofeos e medallas a tódolas participantes, acto que estará presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro.
Entrega de premios do Concurso Letras Galegas 2010
26/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Mañá xoves, 27 de maio, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, vai ter lugar a entrega de Premios e Diplomas do Concurso Letras Galegas 2010, nun acto que vai ser presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, quen vai estar acompañado polos membros do Xurado.
En total vanse entregar 46 premios a alumnos/as do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón. Os premios a cada gañador/a consisten en Diploma Acreditativo e un Lote de Libros en Galego.
En marcha o programa “Verán Xuventude 2010”
25/Maio/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, pertencente á Concellería de Xuventude, ben de por en marcha o Programa “VERÁN XUVENTUDE 2010”, programa básicamente de ámbito estival que se vai desenvolver durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O público ao que vai dirixido é múltiple e variado, dende nenos/as de 5 ou 6 anos, ata rapaces/as de 35 anos, abarcando todo este arco de idades.
Imos agora desglosar as actividades por meses:
XUÑO.-ROMARÍA SAN ANTONIO.-Vaise celebrar o 13 de xuño, tal como é preceptivo. Trátase dunha actividade para tódalas idades, na que se pode inscribir ata o 11 de xuño no teléfono 982592001 (preguntando por Lucía). A saída da ruta cara o San Antonio vai ser ás 10:00 horas dende o Centro Cívico, habendo dous puntos de encontro, seguindo a Ruta dos Muiños:
10:30 h: Casa do Muiño en Vila
11:00 h: Cruce do Tarolo
TORNEO DE PLAY “PRO 2010.- Desenvolverase o 26 de xuño no Centro Xuvenil. Actividade para maiores de 12 anos.
“TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE” .- O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, respostará ás preguntas dos rapaces e rapazas do Concello . Esta actividade vaise celebrar o 30 de xuño ás 16:30 horas, e na mesma cóntase coa presencia de rapaces/as de entre 10 e 18 anos.
XULLO.- CURSOS DE INFORMÁTICA
Vanse desenvolver do 5 ao 29 de xullo. Están programados dous:
“MANEXO DE WINDOWS, WORD E INTERNET, dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, con 2 horas á semana.
“CURSO DE INFORMÁTICA E INTRODUCCIÓN A PHOTOSHOP” . Destinado a rapaces/as de 10 a 12 anos, con 2 horas á semana.
AQUAPARK CERCEDA.- Destinado a rapaces/as de 13 a 35 anos, vai ter lugar esta visita a Cerceda o 10 de xullo, saíndose de Xove ás 9:30 horas e retornando de Cerceda ás 20:00 horas.
PAINT BALL.- Desta actividade vanse celebrar dúas xornadas, unha o 14 de xullo para rapaces de 12 a 16 anos, con saída de Xove ás 16:00 h. e retorno ás 19:30, e outra para rapaces de 16 a 35 anos, co mesmo horario da anterior.
Bolboretas celebra o seu XXº aniversario cunha exposición
20/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
A Asociación Xovense “ASOCIACIÓN DE MUJERES BOLBORETAS” celebra este ano 2010 o seu vixésimo aniversario, para o cal prepararon, como feito máis relevante, unha exposición XXº ANIVERSARIO – 1.990/2.010.
Na citada exposición pretenden mostrar o traballo feito pola Asociación, e lóxicamente polas socias, ao longo destas dúas décadas, traballos saídos, moitos deles, de cursos, obradoiros, etc. Ao longo deste tempo foi moito o realizado, polo que non foi fácil realizar a montaxe. Entre os numerosos obxectos expostos, temos traballos de: arte floral, cestería, bolillos, patchwork, coiro, tiffany, óleo, cerámica, ….
A Exposición vai desenvolverse na Sala de Exposición da Oficina Municipal de Turismo de Xove dende o 22 ao 29 de maio. A mesma vai estar aberta tódolos días de 17:00 a 20:00 horas, e o mércores 26 e o sábado 29 vai abrir tamén pola mañá de 11:00 a 13:00 horas.
A inauguración da Exposición vai ter lugar o venres 21 de maio ás 20:00 horas (8 da tarde) na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo, estando invitados á mesma numerosas persoas, autoridades municipais e outros.
A organización desta Exposición corre a cargo da Asociación Bolboretas, para o cal contou coa colaboración do Concello de Xove.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica prepara os Campionatos Escolares Galegos
12/Maio/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
O pasado 24 de abril a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove desprazouse a Guitiriz co fin de participar na Fase Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica de Lugo. A esta importante cita deportiva a Escola Municipal presentou dous equipos, o benxamín e o infantil, obtendo un excelente resultado. Os dous equipos clasificáronse para Fase Final, ousexa, para o Campionato Escolar Galego, que con toda probabilidade se vai desenvolver en Ourense, posiblemente o vindeiro 22 de maio. Nesta cita de Guitiriz o equipo benxamín quedou en terceira posición, ocupando o infantil a segunda, practicamente coa mesma puntuación que o equipo gañador de Guitiriz. Para esta trascendental cita a nivel galego, os nosos equipos, dirixidos pola Profesora Ana María Iglesias, acompañado pola súa axudante Vanesa Recio, están traballando duro para que a participación nos galegos sexa o máis satisfactoria posible.
Seguindo con resultados competitivos do noso equipo de rítmica, decir que este pasado fin de semana, concretamente o 8 de maio, participamos no Torneo Terra Cha de Rábade, xunto cos equipos de Vilalba, Outeiro de Rei, Lugo, Gutiriz e Rábade. Os resultados obtidos pola nosa Escola, foron:
Para rematar, o noso conxunto cadete, xunto coa individual infantil Noela Bouza, vai participar o vindeiro sábado 15 de maio no campionato de promoción que se vai celebrar en Ribadeo.
EXPOSICIÓN “A PAZ, CUESTIÓN DE FONDO”
10/Maio/2010
Departamento de Servizos Sociais
Os estudantes de Xove reflexionan sobre a violencia e a pobreza a través da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ - O alumnado traballa arredor da idea de paz con unidades didácticas complementarias á mostra que segue aberta ao público xeral no Centro Cívico - A iniciativa está organizada polo Concello de Xove no marco de actividades do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do cal o municipio é socio.
Alumnos e alumnas dos centros públicos de Xove están a traballar estes días sobre ideas como a pobreza, o racismo ou a violencia a través da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na última semana visitaron a mostra 65 rapazas e rapaces do IES Illa de Sarón pertencentes aos catro cursos de Secundaria e mais ao Programa de Diversificación Curricular. Nos vindeiros días está previsto que se acheguen os escolares de 5º e 6º de Primaria do colexio Pedro Caselles.
A ambos os dous centros facilitáronselles as unidades didácticas elaboradas polo Fondo Galego canda a exposición, nas que se pretende familiarizar ao alumnado cos conceptos básicos necesarios para unha comprensión axeitada da paz nun sentido amplo, os factores que a ameazan e mais os instrumentos, actitudes ou ideas que contribúen a promovela. Trátase de que entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.
Viaxe organizada dende o Concello a través da Concellería de Servizos Sociais,: 114 xovenses están disfrutando dende o pasado 2 de maio na cidade de Benidorm. Dentro do amplo programa de actividades que leva o grupo, hoxe van visitar as fermosas vilas de Altea e Calpe.
30/Abril/2010
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Hoxe, venres 30 de abril, ás 16:45 horas, vai ter lugar na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Xove a ENTREGA DE DIPLOMAS DO CURSO DE OFIMÁTICA realizado na Aula de Informática da Omix. Na entrega de Diplomas vai participar o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. Este Curso de Ofimática comezou o 1 de marzo e rematou o 14 de abril, tendo unha duración total de 30 horas. En total inscribíronse 18 persoas, divididas en dous grupos, con clases 3 dias á semana en horario de tarde, de 1 hora e 15 minutos de duración. O Temario impartido no Curso foi o seguinte: • Microsoft Word: elaborar documentos cunha certa calidade; tablas, sangrías formatos, bordes de páxina, etc. • Microsoft Excel: utilizar as follas de cálculo; formato de texto, imaxes e funcións. • Microsoft Access: crear bases de datos; xetionar unha base de datos e facer tablas, informes e consultas.
2ª Actividade do "PROXECTO ENCONTROS"
30/Abril/2010
Departamento de Servizos Sociais
A primeira, da que xa informamos, foi “tarefas do rural”, onde as/os rapaces aprenderon a facer cousas tradionais da aldea. Esta segunda actividade, denominada “normas de boa educación, civismo e urbanidade”, desenvolveuse onte, 28 de abril, dende ás 16:30 ás 18:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, contando coa asistencia de 9 rapaces/as do IES Illa de Sarón e 3 persoas maiores, xunto con persoal técnico do Concello e a Concelleira Ana Abad.A actividade consisteu no seguinte:
Os rapaces/as recibiron información sobre o que “é o civismo”, “normas de urbanidade”, “normas de educación básica”, “hábitos alimenticios e hixiénicos”, “colocación de cubertos na mesa”, “comportamento na mesa á hora de comer”, etc.
A organización desta actividade corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e oDepartamento de Igualdade do Concello, ambos pertencentes aos Servizos Sociais Municipais. Cóntase tamén, o mesmo que en anteriores “encontros”, coa colaboración do IES Illa de Sarón.
EXPOSICIÓN “A PAZ, CUESTIÓN DE FONDO”
26/Abril/2010
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
O vindeiro martes, 27 de abril, na pasarela de exposicións do Centro Cívico do Xove, vai ter lugar o comezo da exposición “A Paz Cuestión de Fondo”, presente no Concello ata o 21 de maio de luns a domingo en horario de 18:00 a 21:00 e pertencente ao Fondo Galego de Cooperación. A exposición está formada por varias viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia. Concretamente consta de 16 láminas de 120x80 cm., a toda cor e en lona de 3 mm. de espesor. As láminas, que presentan dous debuxos en cada un dos paneis, son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes.
O obxectivo das caricaturas consiste en amosarnos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea son a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.
Rosa Lage, axente de emprego e desenvolvento local do noso Concello, como técnica responsable do Fondo Galego de Cooperación no noso municipio, coordina esta actividade. Dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, agardase a colaboración dos veciños nesta actividade.
Verán´2010.-Campos de traballo
22/Abril/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Dentro da Campaña de Verán 2010 a Consellería de Traballo e Benestar a través da D.X. de Xuventude e Voluntariado oferta prazas en campos de traballopara mozos e mozas de Galicia con actividades de voluntariado e de lecer vinculadas á arqueoloxía, ao medio ambiente, a reconstrución, a restauración ou a animación sociocultural. En Galicia, como novidade este ano e co gallo do Xacobeo podedes participar en campos de traballo de animación sociocultural no Camiño de Santiago. Estes campos de traballo estan en Fisterra, Palas de Rei e O Pino. Se vos interesa a colaboración social podedes participar no campo de traballo de Ourense e se o voso é o medio ambiente non vos esquezades do campo de traballo nas Illas Cies. Nos campos de traballo no estranxeiro podedes acudir a países coma Xapón, Francia, Islandia, Austria, México, Corea do Sur, Italia, Taiwan... Este ano tamén podedes participar nos campos de traballo que se organizan no norte de Portugal en colaboración co Instituto Português da Juventude (en Porto, Braga, Bragança ou Viana do Castelo). Non esquezades a ampla oferta de prazas nos campos de traballos nas Comunidades Autónomas.
O vindeiro día 26 de abril de 2010 comeza a inscrición en horario de 9h. a 14 h.
Exposición "Xove 360º. un Grado Máis" no Centro Social de Palmeiro
21/Abril/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
Esta Exposición fotográfica, que durante o pasado ano primeiro estivo exposta no Centro Cívico e despois xirou polos distintos centros sociais municipais, pasando tamén este ano polo Centro Comarcal da Mariña Occidental en Viveiro, vai poder verse no Centro Social de Palmeiro na parroquia de A Rigueira dende hoxe 21 de abril ata o vindeiro domingo 2 de maio.
En teoría esta exposición xa tería que haber estado o pasado ano no Centro Social de Palmeiro, pero, debido a unha serie de circunstancias, o Centro estivo pechado e non se pudo facer alí a expisición. Hai uns dias o Centro Social abreu de novo as súas portas, dahí que xurdeu a oportunidade de montala alí.
Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.
19/Abril/2010
Departamento de Cultura e Comunicación
“Reducción de Cotizaciones por Disminución y Prevención de la Siniestralidad Laboral” (R.D. 404/2010 de 31 de marzo)
O vindeiro mércores, 21 de abril de 2010 no Salón de Actos do Concello de Xove, ás 18 horas realizarase unha xornada informativa organizada pola Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermedades Profesionais FREMAP e con colaboración do Concello; para abordar o reciente R.D. 404/2010 de 31 de marzo polo que se adxudican ás REDUCCIÓNS DE COTIZACIÓNS POR DISMINUCIÓN E PREVENCIÓN DA SINIESTRALIDADE LABORAL, que ten unha grande implicación, interese e efecto económico nas empresas, tanto grandes coma pequeñas.
Expertos da Mutua FREMAP analizarán o tema a fondo, a súa tramitación, o seu funcionamento, efectos, etc. así como aclararán tódalas dúbidas que poidan xurdir ós empresarios con respecto a este importante tema.
Tanto a propia Mutua como o Concello de Xove tratan así de dar cabida a tódolos temas e información que teñen un interese para os nosos empresarios, tratando neste caso de acercar unha norma que debe ser explicada con claridade para poder aproveitala do mellor xeito posible.
Poderán acudir a esta xornada tódolos interesados, sexan ou non afiliados á mutua Fremap e pertenzan ou non ó Concello de Xove. Para inscribirse só deberán facelo a través de Lázaro Ruíz Rivero (de 08:00 a 19:00 horas) no teléfono 982-58.59.51 ou ben a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .