Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Campaña de árbores autóctonas, froiteiras e plantas de xardín
06/Novembro/2026
Delegación de Agricultura
-
A Concelleria de Agricultura de Xove pon en marcha unha nova campaña de árbores autóctonas, froiteiras e plantas de xardín.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, pon en marcha un ano máis a campaña de solicitude de árbores autóctonas, froiteiras e plantas de xardín, unha iniciativa que busca achegar estas especies á veciñanza e facilitar a súa adquisición sen necesidade de desprazarse aos viveiros.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 9 de novembro ao 30 de decembro de 2026, ambos os dous incluídos.
A campaña contempla a posibilidade de solicitar distintas variedades de árbores, entre as que se inclúen árbores froiteiras, autóctonas e ornamentais, así como plantas de xardín, ofrecendo á veciñanza a oportunidade de acceder a estas especies para os seus fogares, fincas e espazos verdes.
As persoas interesadas deberán realizar a súa solicitude de maneira presencial no Departamento de Agricultura do Concello de Xove, dentro do prazo establecido.
Con esta iniciativa, a Concellería de Agricultura continúa facilitando o acceso da veciñanza a árbores e plantas a un prezo accesible, ao tempo que promove o coidado das zonas verdes e o interese pola natureza e o medio ambiente.

Festa do Samaín (2026)
04/Novembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
XOVE RETOMA ESTE SÁBADO A FESTA INFANTIL DE SAMAÍN TRAS O SEU APRAZAMENTO
A Concellería de Cultura do Concello de Xove informa de que a Festa Infantil de Samaín, prevista inicialmente para o pasado sábado 31 de outubro e que foi aprazada, celebrarase finalmente este próximo sábado ás 17:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove.

O aprazamento da actividade estivo motivado polo loito e como mostra de respecto e lembranza ás vítimas do accidente ferroviario acontecido en Toledo.
Neste momento retomamos esta celebración pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa, e desde a Concellería de Cultura queremos convidar a toda a infancia de Xove a achegarse e gozar dunha tarde chea de diversión, xogos, música e ambiente de Samaín.
Animamos a todos os nenos e nenas a vir disfrazados e con moitas ganas de pasalo ben, para compartir unha tarde especial na que non faltarán a diversión, as sorpresas e o espírito máis arrepiante desta festa.
Acondicionamento da senda que conecta Vilachá co Miradoiro de punta da Mansa.
29/Outubro/2026
Departamento de Obras
-
O Concello de Xove levou a cabo os traballos de acondicionamento e mellora da senda que conecta o núcleo rural de Vilachá, na parroquia de Portocelo, co miradoiro de Punta da Mansa, recentemente executado. A intervención responde á demanda da veciñanza de dispoñer dunha vía en mellores condicións para acceder tanto a pé como en vehículo a este espazo natural da costa xovense.

A actuación permitirá mellorar a seguridade e a accesibilidade deste percorrido, situado nun punto estratéxico da Ruta da Costa.
A actuación abrangue un trazado de aproximadamente 1.980 metros de lonxitude e ten como obxectivo recuperar un camiño que presentaba un importante deterioro, mellorando as condicións de circulación e garantindo un acceso máis seguro a un lugar de especial interese paisaxístico e turístico.
Os traballos centráronse na limpeza das cunetas, na retirada de sedimentos e vexetación acumulados nas marxes do camiño e na mellora do firme nos tramos máis deteriorados
A obra foi adxudicada á empresa CARFERLO, S.L., por un importe total de 21.525,78 euros. A actuación conta cunha subvención do 80 % do custo total, equivalente a 17.220,62 euros, con cargo ás axudas para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos, así como para o desenvolvemento de actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade.
Con esta intervención, o Concello de Xove continúa traballando na mellora das infraestruturas municipais e na posta en valor dos seus espazos naturais. A recuperación deste percorrido contribúe a favorecer a conexión dos núcleos rurais co litoral, fomentar as actividades saudables ao aire libre e reforzar o atractivo turístico do miradoiro de Punta da Mansa.
Renovación da Area Recreativa de Vilachá
28/Outubro/2026
Departamento de Obras
-
A área recreativa de Vilachá vén de ser obxecto de traballos de remodelación e renovación do seu equipamento, co obxectivo de mellorar as condicións de uso e conservación deste espazo de lecer, situado xusto na entrada polo vial de acceso ao faro Roncadoiro.

A actuación centrouse na substitución do mobiliario existente, que presentaba un avanzado estado de deterioración, e na instalación dun novo peche perimetral, apostando por materiais resistentes e duradeiros, adaptados ao uso ao aire libre.
Nestas obras de renovación levouse a cabo a retirada do valado de madeira antigo e das mesas tipo cámping que se atopaban en mal estado e no seu lugar colocouse valado novo de madeira plástica reciclada, mesas novas e papeleiras, permitindo ás persoas usuarias gozar deste espazo en mellores condicións e coas vantaxes dun mobiliario que favorece a durabilidade material deste equipamento e reduce as necesidades de mantemento.
As obras foron levadas a cabo pola empresa Saiju Instalaciones S.L. e foron sufragadas integramente mediante unha subvención de Turismo de Galicia, que financia o 100 % do importe final da actuación, cun custo total de 18.062,88 euros.
Con esta actuación, a área recreativa de Vilachá conta agora cun equipamento renovado que contribúe á mellora deste espazo de convivencia e descanso, situado nun punto clave de acceso ao faro Roncadoiro e frecuentado por persoas que buscan gozar da contorna, das impresionantes vistas ao mar e do tempo de lecer ao aire libre.
Renovación da Rúa de Acceso ó Campo de Fútbol
27/Outubro/2026
Departamento de Obras
-
O Concello de Xove vén de rematar, durante este mes de outubro, as obras de mellora da rúa Acceso Campo de Fútbol, unha actuación de especial importancia para o municipio que contou cun investimento total de 89.341,11 euros.

Os traballos, executados pola empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa, tiveron como obxectivo principal renovar a rede de saneamento e recollida de augas pluviais, corrixir as deficiencias da infraestrutura existente, contribuíndo así á modernización dos servizos públicos e á mellora das condicións de seguridade e salubridade na contorna.
A actuación respondeu á necesidade de correxir os problemas que presentaba o antigo colector de saneamento, cuxas deficiencias estruturais provocaban filtracións e verteduras ás parcelas lindeiras, ademais de malos olores e condicións de insalubridade naquela zona. Deste xeito, mellórase a capacidade hidráulica da rede e redúcese o risco de acumulación de sedimentos.
O investimento total da actuación ascendeu a 89.341,11 euros. Desta cantidade, 32.000 euros foron achegados polo Fondo de Compensación Ambiental, mentres que o importe restante se financiou a través dun convenio coa Consellería de Industria.
A combinación destas dúas vías de financiamento, xunto coa xestión realizada polo Concello, permitiu executar unha obra necesaria para o municipio sen ter que destinar fondos propios municipais ao seu financiamento.
Deste xeito, o Concello de Xove conseguiu levar a cabo unha intervención cun importante investimento económico, resolvendo problemas estruturais e ambientais da antiga rede de saneamento, mellorando a evacuación das augas pluviais da rúa Acceso Campo de Fútbol.
A actuación supón, ademais, un importante aforro para as arcas municipais e pon de manifesto a importancia da colaboración entre administracións e da procura de financiamento externo para desenvolver infraestruturas necesarias para a veciñanza
Axudas para a Xestión de Residuos do FEDER
27/Outubro/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
O Concello de Xove recibe 11.973,83 € da Xunta de Galicia e do FEDER para mellorar a xestión dos residuos municipais
Xove, 27 de outubro de 2026. O Concello de Xove resultou beneficiario de unha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, convocada pola Orde do 15 de xaneiro de 2026 para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal (procedemento MT975X) e cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027. O importe concedido ascende a 11.973,83 euros.
A actuación subvencionada é a seguinte:
Liña 1 · Recollida separada de biorresiduos (exp. EELL-0204-2026-RES): 11.973,83 €. Implantación e mellora da recollida separada dos biorresiduos (contedor marrón): subministración de contedores, caldeiros e bolsas compostables e campañas de sensibilización dirixidas ás familias e aos grandes xeradores (hostalaría, comercio e centros públicos), para que os restos de comida e de horta deixen de ir á fracción resto e se valoricen como compost.
O obxectivo principal destas axudas é ampliar a capacidade de xestión de residuos municipais e o resultado que se pretende acadar é aumentar a cantidade de residuos que se recollen de xeito selectivo, en liña cos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2030 e da Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
As actuacións executaranse ao longo de 2026. O Concello de Xove pide a colaboración da veciñanza para facer un bo uso dos novos servizos, dos que se irá informando a medida que entren en funcionamento.
Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027 (taxa de cofinanciamento do 60 %) e pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Premios do Concurso de elaboración de Postais de Nadal 2026-2027
23/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Os premios do concurso de confección de postais de Nadal organizado polo Concello de Xove teñen por obxecto incentivar a participación cidadá, en particular dos escolares de Xove, na programación prevista para o Nadal 2026-2027. Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)

A documentación a presentar será a seguinte:-Ficha de inscrición establecida ao efecto. A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 12 de decembro de 2026.
CONVOCATORIA E BASES
FICHA DE INSCRIPCIÓN
XVII Foliada da Mariña
21/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Xove acolle este sábado a XVII Foliada da Mariña, unha cita coa música e o baile tradicional.

A Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, unha cita imprescindible para os amantes da música e do baile tradicional galego. A celebración terá lugar a partir das 17:00 horas na praza do Concello de Xove, onde os asistentes poderán gozar dunha tarde e noite cheas de música, baile e tradición.
A foliada contará con diversas actuacións que amenizarán a xornada e que converterán Xove nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desfrutan do noso folclore e das nosas tradicións.
A maiores da participación dos distintos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C Saíñas a partir das 17:00 h tamén serán participes desta foliada O Arco da Vella, Gamelas e Anduriñas e Pensamento e Sementeira.
Pola noite, a partir das 21:00 h contarán coa actuación de Alana e Os do fondo da barra e e logo a partir das 00:00 h haberá foliada libre.
Desde o Concello de Xove queremos agradecer á Asociación Cultural Saiñas o seu traballo constante na promoción e difusión da cultura tradicional galega, así como o seu compromiso por manter vivas as nosas raíces e levar o nome de Xove máis alá das nosas fronteiras.
Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten a achegarse á praza do Concello para compartir unha xornada festiva, desfrutar das actuacións e vivir de preto a riqueza da música e do baile tradicional.
A XVII Foliada da Mariña promete unha tarde e unha noite de diversión, convivencia e tradición galega. Unha oportunidade perfecta para reunirse, bailar e celebrar a cultura que nos identifica.
Agardámosvos en Xove para gozar dunha nova edición da Foliada da Mariña!

COMPREINO EN XOVE, en galego!
21/Outubro/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Concello de Xove pon en marcha o programa XOVE EMPRENDE EN GALEGO IX, unha iniciativa subvencionada pola Xunta de Galicia para fomentar o uso da lingua galega nas relacións comerciais e apoiar o comercio local.
A campaña contará cunha imaxe conxunta para a presentación dos agasallos, que incluirá papel de envolver e adhesivos coa mensaxe «COMPREINO EN XOVE». Estes materiais repartiranse antes do Nadal entre os establecementos do municipio interesados en sumarse á iniciativa.
Ademais, editaranse dous vídeos protagonizados por persoas emprendedoras de Xove, que compartirán as súas experiencias e reflexionarán sobre a importancia e as vantaxes de empregar o galego no ámbito comercial.
Porque mercar en Xove é apostar polo noso comercio, pola nosa xente e pola nosa lingua.
Este Nadal, compra en Xove e vive en galego!

Concurso de Caretas de Antroido 2027
19/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-

PROPOSTA DE CONVOCATORIA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE ELABORACIÓN DE CARETAS DE ENTROIDO 2027.
PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO.Os premios do concurso de confección de caretas de Entroido organizado polo Concello de Xove teñen por obxecto incentivar a participación cidadá, en particular dos escolares de Xove, na programación prevista para o Entroido 2027.
SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES.Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto
A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta a concursar na Biblioteca Municipal con data límite o 30 de xaneiro de 2027.
TERCEIRA.- NORMAS DE ELABORACIÓN DAS CARETAS.
As caretas deberán estar relacionadas con motivos de entroido.
Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio.
A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc.
Calquera alumno/a poderá participar na súa categoría correspondente, cun ou máis traballos. No entanto, cada participante non poderá recibirmáis dun premio.
A careta non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.
Normativa regulamentadora
Ficha de inscripción
Éxito da I Xornada Micolóxica en Xove.
13/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove levou a cabo este sábado a I Xornada Micolóxica de Xove, unha iniciativa que reuniu 50 participantes procedentes de distintos lugares da Mariña, nunha xornada marcada polo compañeirismo, a aprendizaxe e a paixón polo mundo dos cogomelos.

A actividade comezou cunha introdución no salón de actos, na que os asistentes puideron coñecer os aspectos básicos da xornada e prepararse para a saída ao campo. A continuación, os participantes desprazáronse ata a parroquia de Monte, onde realizaron unha saída micolóxica para localizar e identificar diferentes especies de cogomelos.
Despois do xantar, a actividade continuou cunha posta en común das especies atopadas, que permitiu comentar e analizar os exemplares recollidos, así como resolver todas as dúbidas e cuestións que foron xurdindo entre os participantes.
A xornada converteuse nunha oportunidade para compartir coñecementos, intercambiar experiencias e gozar dunha afección común nun ambiente de convivencia e compañeirismo, achegándose ao mesmo tempo á riqueza natural do municipio de Xove.
Desde o Concello de Xove faise unha valoración moi positiva desta primeira edición, tanto pola participación rexistrada como polo interese e a implicación das persoas asistentes.
O éxito desta I Xornada Micolóxica anima a seguir promovendo actividades que fomenten o coñecemento do medio natural, a divulgación e a convivencia entre a veciñanza e as persoas afeccionadas á micoloxía.
Linea Verde (Avisos de incidencias varias)
09/Outubro/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
CASE 500 INCIENCIAS SOLUCIONADAS A TRAVÉS DO SERVIZO LÍNEA VERDE NO CONCELLO DE XOVE
Grazas a implantación deste servizo, os veciños dispoñen dun canal directo de comunicación co Concello de Xove, para infformar sobre os desperfectos localizados no municipio. Líne Verde favorece o uso das “boas prácticas” medioambientais e, en consecuencia, no desarrollo do municipio sostible.
App Línea Verde Concello de Xove - Avisa da túa incidencia online
OUTUBRO 2026 – O servizo Línea Verde implantouse en Xove no ano 2021. Os veciños desta localidade demostraron moi boa acollida e proba delo, é o uso continuo que fan do mesmo.
O tipo de incidencias que máis se comunicaron son aquelas que fan referencia a “aceras e calzadas” (20%), seguido do “alumbrado” (17%), “parques e xardíns” (11%), “basuras” (10%) e “puntos de auga” (10%). A día de hoxe puxéronse solución a todas as incidencias comunicadas a través deste servizo.
Para poder utilizar este servio é necesario proceder a descargar a APP LÍNEA VERDE. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empleada no seu Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuita. A partir deste momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O precedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova incidencia”. Un despeglabe coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma autómatica, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán, a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móvil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

imaxe da presentación

Peón Forestal para acondicionamiento de espazos municipais
06/Outubro/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Subvención para Entidades Locais que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
O Concello de Xove acaba de formalizar un contrato laboral dun peón forestal polo período de 9 meses cun mozo inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil grazas á subvención recibida pola Xunta de Galicia para esta actuación. A axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración consiste en 16.902,64 euros, o Concello de Xove aportará a diferencia dos custes laborais do peón forestal que prestará os seus servizos no proxecto denominado ACONDICIONAMENTO DE ESPAZOS MUNICIPAIS.
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.

Escola Municipal de Música de Xove presenta o novo curso 2026-27
05/Outubro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Este sábado tivo lugar nas instalacións do antigo colexio de Palmeiro a presentación do novo curso escolar 2026-2027, nun encontro no que as familias tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da escola e as principais novidades de cara ao novo curso.

Durante a xornada, o equipo da escola presentou ás familias os horarios, a organización e o funcionamento do centro, así como os diferentes aspectos relacionados co día a día do alumnado. O encontro permitiu tamén resolver dúbidas e compartir información de interese para afrontar o inicio do curso con claridade e confianza.
A presentación serviu, ademais, como punto de encontro entre as familias e o equipo da escola, reforzando a importancia da comunicación e da colaboración entre a comunidade educativa.
Desde a escola agradecen a participación das familias nesta xornada e a súa disposición para iniciar, xuntos, este novo curso 2026-2027 con ilusión e compromiso.
Recepción da obra de Ancheamento da Curva das Gulpilleiras, na Rigueira.
24/Setembro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove ven de recepcionar as obras de mellora e ancheamento da curva das Gulpilleiras, na parroquia de A Rigueira. Esta actuación, executada pola empresa Carferlo, S.L., permitiu transformar de maneira notable este tramo e mellorar as condicións de seguridade e circulación para os usuarios da LU-P-2604 Xove-Monte-Valcarría neste punto concreto da zona da curva.
Esta mellora foi incluida dentro do Plan Único da Diputación, onde ésta colaborou cunha achega de 206.000 euros e o restantes 165.000 euros foron con fondos das arcas municipais para sumar unha inversión total na obra de máis de 370.000 euros.

Para facer posible esta ampliación os propietarios de parcelas colindantes fixeron unha donación gratuita porque foi necesario executar tamén un reforzo do terreo mediante a construción dun muro de contención, garantindo así a estabilidade da plataforma viaria.
Ademáis da mellora da sección da estrada, a intervención incluíu unha nova sinalización horizontal e vertical, coa finalidade de ordenar a circulación e incrementar a seguridade neste punto da vía. Un dos elementos máis destacados da actuación foi a configuración dun triple carril, que permite organizar de maneira máis eficiente os movementos dos vehículos. Por unha banda, dous carrís facilitan a continuidade da circulación polo vial principal, mentres que o terceiro permite o desvío cara aos lugares de Soutorredondo e Vila.
A maiores aproveitouse esta obra para facer traballos de mellora na rede principal de abastecemento de auga que consistiron en susituir por unha nova a antiga rede procedente do Torrillón e que comunica co depósito de Montevelle.
Desde o concello de Xove salientan a importancia deste tipo de actuacións destinadas á mellora e conservación da rede viaria provincial, especialmente en puntos nos que o incremento da sección da estrada e a reorganización da circulación contribúen a facer máis seguros e funcionais os desprazamentos da veciñanza.
A recepción das obras pon así o punto final a unha actuación que supón unha mellora significativa das condicións deste tramo da vía LU-P-2604, tanto para o tráfico que continúa polo itinerario principal como para os vehículos que se dirixen cara a outros núcleos de población.
Concertos didácticos da Escola de Música
22/Setembro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Escola Municipal de Música de Xove leva a música aos centros educativos do municipio con concertos didácticos
Xove, 22 de setembro de 2026. A Escola Municipal de Música de Xove desenvolveu durante a xornada de hoxe, martes 22 de setembro, unha actividade de divulgación musical nos centros educativos do municipio, desprazándose ata o IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles Rollán para ofrecer unha serie de concertos didácticos dirixidos ao alumnado.
Mestres e alumnos da Escola participaron nestas actuacións, nas que interpretaron diferentes pezas musicais ao tempo que explicaban diversos recursos, elementos e formas musicais. A iniciativa permitiu achegar a música ao alumnado dunha maneira dinámica e participativa, combinando a interpretación en directo coa vertente educativa e formativa.

Esta actividade enmárcase nas accións de promoción e difusión que a Escola Municipal de Música de Xove realiza ao longo do curso para fomentar o interese pola práctica musical entre os máis novos e dar a coñecer a súa oferta educativa.
De cara ao curso 2026-2027, a Escola manterá as súas materias e actividades habituais, incorporando ademais un reforzo especial da educación vocal. Esta nova aposta estará dirixida non só ao alumnado infantil, senón tamén ao público adulto, coa finalidade de favorecer a creación e consolidación dunha actividade coral aberta á participación da veciñanza.
Deste xeito, todas aquelas persoas que gocen do canto e desexen desenvolver esta afección terán a oportunidade de facelo a través da Escola Municipal de Música, participando nun proxecto coral colectivo que pretende converterse nun novo espazo de encontro e convivencia arredor da música.
As clases do novo curso darán comezo o vindeiro 3 de outubro. Como en anos anteriores, as persoas interesadas en matricularse poderán formalizar a súa inscrición ata o 30 de setembro nas oficinas municipais.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|