RENOVACIÓN DO PARQUE MUNICIPAL
28/Outubro/2021
CONCELLO DE XOVE
-
O CONCELLO DE XOVE ACOMETEU A RENOVACIÓN COMPLETA
DO PARQUE MUNICIPAL DA AVDA. DEPUTACIÓN
Ubicado no cruce da Avda. Deputación coa Rúa Doutor Baamnde Illade, ocupa unha parcela de 752 metros cadrados. Este parque contaba cun equipamento de xogos infantís que apenas eran utilizados polos nenos e familias de Xove, dahí que por parte do Concello se prantexou unha reforma profunda e completa do mesmo. Tres foron as principais intervencións realizadas no parque:
1ª.- Sustitución dos xogos infantís existentes por outros máis actuais e atractivos para os nenos.
2ª.- Cubrición da área dos xogos. Dende o Concello considérase este un factor moi importante xa que vai permitir un uso continuado do parque. Ao estar totalmente cuberta a zona de xogos, vaise poder utilizar ao longo de todo o ano, o que é unha moi boa alternativa para os nenos e as súas familias; que os nenos dispoñan dun espacio de lecer que poidan usar incluso nos días de choiva é moi importante para súa saúde física e mental.
3ª.- Adecuación do chan e de todo o espacio do parque dándolle unha presenza moito máis moderna e actual. O chan da zona de xogos é de pavimento blando, con perfiles redondeados que axudan a seguridade no uso por parte dos nenos.
As tres fases anteriores están rematadas e completadas. Ademáis, como medida de seguridade, vaise dotar ao parque dun burladeiro en aceiro inoxidable para evitar a saída directa dos nenos cara vía pública.
Este proxecto, de iniciativa municipal, contaba inicialmente cun orzamento de 160.567,16 €uros. A licitación desta obra foi gañada pola empresa Instalaciones Bahía Park cun orzamento de 114.671,06 €uros, que foi o custo final da obra. Desta cantidade a Vicepresidencia Primeira da Xunta e Consellería de Presidencia aportou 40.000 €uros a través dunha subvención, correndo os restantes 74.671,06 € a cargo do Concello.
Concurso Oposición 1 Plaza de Fontanero
22/Outubro/2021
Departamento de Recursos Humanos
-
Concurso Oposición 1 Plaza de Fontanero ( Persoal Laboral Interino )
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: C2 NIVEL C.D.: 15
DENOMINACIÓN: OFICIAL DE FONTANERÍA
XORNADA DE TRABALLO: Xornada completa (37.5 horas semanais)
DURACIÓN DO CONTRATO: O contrato estará vixente polo tempo que dure a ausencia do traballador titular, José Antonio Canoura Díaz, con dereito a reserva do seu posto de traballo, polo que o cese do traballador interino por substitución terá lugar cando se produza a efectiva incorporación do titular substituído, cando venza o prazo para a súa reincorporación, ou cando se extinga a causa que da lugar á reserva do seu posto.
RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello
de Xove.
FUNCIÓNS DA PRAZA: As descritas na relación de Postos de Traballo (posto núm. 20)
XXXIII TIRADA "CONCELLO DE XOVE"
15/Outubro/2021
Departamento de Cultura e Comunicación
-
COMEZA A XXXIII TIRADA CONCELLO DE XOVE
Mañá, sábado 16 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXXIII, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XXII e a XIII da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 12 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Vilachá.
Como consecuencia do COVID_19, poderíase suspender algunha ou a maioría das tiradas do campionato. Se este fose o caso, para proceder á entrega de premios e trofeos finais deben terse realizado un número significativo de tiradas, que se establece como mínimo, en dous tercios do campionato, é dicir, ter completadas 12 tiradas das 18 totais. Debidfo ao anterior, o campionato poderá ser prorrogado ampliándose a súa duración por prazo de 1 mes, ata o sábado 16 de abril de 2022. Acadada esta data, de non terse completado as 12 tiradas, eliminaríase a clasificación final e non se entregarían os premios nin trofeos. Pero bueno, dado a boa evolución dos datos de contaxio da Covid-19, esperemos que non teñamos que suspender ninguna tirada e poidamos desenvolver o campionato con normalidade.
Na temporada pasada 20-21, onde a pandemia Covid-19 afectou dunha maneira moi dura, puidemos celebrar e completar o campionato cunha certa normalidade, tomando ás lóxicas medidas de protección, coa total colaboración dos participantes que cumpriron aestrictamente os protocolos impostos pola organización.
O calendario para esta XXXIII edición é o seguinte:
-Sábado 16 de outubro: Centro Social Lago
-Sábado 23 de outubro: Clube Palmeiro en A Rigueira
-Sábado 30 de outubro: Centro Social Penasagudas- Monte
-Sábado 6 de novembro: Campo de fútbol municipal de Xove
-Sábado 13 de novembro: Centro Social O Cruceiro-Xuances
-Sábado 20 de novembro: Centro Social A Vara-Xuances
-Sábado 27 de novembro: Centro Social de Sumoas
-Sábado 4 de decembro: Centro Social Morás
-Sábado 11 de decembro: Centro Social de Vilachá en Portocelo.
-Domingo 12 de decembro: Centro Social de Lago.
-Sábado 15 de xaneiro: Clube Palmeiro en A Rigueira
-Sábado 22 de xaneiro: Centro Social Penasagudas- Monte
-Sábado 29 de xaneiro: Campo de fútbol municipal de Xove
-Sábado 5 de febreiro: Centro Social O Cruceiro-Xuances
-Sábado 12 de febreiro: Centro Social de A Vara-Xuances
-Sábado 19 de febreiro: Centro Social de Sumoas
-Sábado 5 de marzo Centro Social de Morás
-Sábado 12 de marzo: Centro Social de Vilachá
O Covid-19 fíxonos replantearnos moitas cuestións para o desenvolvemento da edición deste ano. Sempre comezábamos a tempada coas xornadas de promoción dos bolos no CEIP Pedro Caselles e no IES Illa de Sarón. Lóxicamente, este ano, por segundo ano consecutivo, foi imposible de celebralas, xa que bastantes problemas co Covid-19 teñen nas institucións educativas como para complicarlles máis as cousas.
Ata esta tempada, en cada campionato os xogadores/as tiñan que pagar unha inscrición (segundo a idade que tiñesen) para poder participar. Co que se recadaba nesa inscrición ao remate de cada tirada fanse uns pinchos para tódolos participantes. Lóxicamente este ano, inicialmente e por seguridade, non se van poñer pinchos ni ningún tipo de comida ao remate de cada tirada. Se a situación mellorase e a normativa permitira as comidas conxuntas dun grupo numeroso de persoas, replantexaríamonos voltar ao sistema anterior de pago por inscricións.