Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2025
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2025 (San Antón)
---> 1 de setembro de 2025 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XIV ENCONTRO DE PALILLEIRAS 2025
10/Setembro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO VINDEIRO XIV ENCONTRO DE PALILLEIRAS DO CONCELLO DE XOVE.
O Concello de Xove xa está a organizar o XIV Encontro de Palilleiras para o 4 de outubro no pavillón municipal. Co ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións e vendedores artesanais a que nos acompañen neste día.

 As asociacións de palilleiras poden confirmar a súa asistencia ao Encontro coas seguintes persoas: Lucía ou Tamara (tfno Concello 982 59 20 01) ou enviando a súa solicitude ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. As persoas interesadas en vender os seus produtos poden facer a inscrición e a reserva do seu posto de venda (máximo 5 metros) enviando a debidamente cumprimentada a solicitude para postos de venda ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Pódese dispor de postos formados por taboleiros de 2,50 x 0,80 m. Se así o desexa, no momento de efectuar a súa inscrición deben informar da reserva de un ou dous taboleiros. O coste será de balde. O prazo de inscrición ao Encontro estará aberto do 1 ao 30 de setembro de 2025.
SOLICITUDE ASOCIACIÓNS (PDF). SOLICITUDE POSTOS DE VENDA (PDF).
Curso de Pádel e Liga de Verán 2025
03/Setembro/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
Desde o 23 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 30 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 6 e os 19 anos, participaron dous días á semana nun curso de pádel que se levou a cabo dentro da programación de verán ofertada polo noso Concello.
Por outra banda, durante os meses de verán, tamén se organizou por un grupo de xóvenes do noso Concello unha liga de pádel.
Estas actividades están organizadas polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.


Presentación do XI Concurso de Fotografía Medioambiental: “Xove, a súa costa e o seu mar”.
02/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-


Bases
Ficha de Inscripción
Festas de Portocelo 2025
01/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A parroquia de Portocelo preparase para celebrar as suas festas dende o 5 ao 7 de setembro, organizada pola Asociación de Festexos A Medorra, cuxa dirección está formada por Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña. Nesta ocasión Jordi e Borja, acompañados pola concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, fixeron a presentación do cartaz das festas.
O venres día 5 arrancan a sua programación coa festa do langostino e do churrasco, amenizando pola noite a verbena o Duo Epo-k e o grupo Da Silva. O sábado terán sesión vermú, campionato de bolos pola tarde e festa rachada pola noite co grupo D Kris, El Combo Dominicano e a Disco Móbil Conxuro, con servizo de autobusés dende Viveiro, San Ciprián, Burela e Foz. E xa remataran as festas o domingo coa sesión vermú prolongada amenizada polo Trio Karma. A comisión invita á veciñanza e a aos visitantes a achegarse este fin de semana a Portocelo, a celebrar estas festas parroquiais nun ambiente festivo e acolledor. As inmediacións desta praia de Portocelo de areas finas e augas cristalinas será un entorno natural perfecto que invita a vir pasar unhas xornadas de confraternidade e diversión garantizadas. ***O CAMPO DA FESTA ESTARÁ CUBERTO CON CARPA***


Matrícula na Escola Municipal de Música de Xove para 2025-26
01/Setembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Dende o día 2 de setembro ata o 30 estará aberto o prazo para cubrir a solicitude de matrícula na Escola Municipal de Música de Xove para o vindeiro curso 2025-26.
A ficha poderase recoller no Rexistro do Concello ou descargala ó final deste anuncio, e entregala cuberta no mesmo Rexistro ou ben mediante Sede Electrónica do Concello de Xove como instancia xeral e adxuntando o impreso de solicitude cuberto.
O 6 de outubro facerase público o listado de admitidos/as para o próximo curso.
Actividades Mañás Activas e entrega de diplomas 2025
29/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Desde o 1 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 55 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, participaron de luns a venres dunha variada axenda de actividades de lecer dentro do proxecto de voluntariado xuvenil “Mañás Activas”.
Durante estes dous meses de verán a rapazada gozou de obradoiros temáticos de manualidades, xogos de grupo, xogos multideporte, dun taller de robótica educativa, do campamento dixital da Fundación Cibervoluntarios e ata dunha excursión ao Urban Planet de Oleiros con parada na Praia do Lago de As Pontes onde o grupo gozou dun día inolvidable. Este programa completouse coas actividades deportivas ao aire libre monitorizadas por “Roq Sport” e alguna que outra visita á praia.
A programación das “Mañás Activas” foi coordinada polo persoal técnico da OMIX e as monitoras Samara Martínez Cordido e Alba Rodríguez Tapia xunto co grupo de voluntariado formado nesta edición por Carla Míguez Méndez, Eva Dean Durán, Daniel Felipe Garnica Díaz, Ángela Cristina Blanco Laza e Eduardo Flores Escobar.

O día 29 de agosto, o Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa xunto coa Concelleira de Deportes e Xuventude Cristina Iglesias Guerreiro, acompañaron ás nenas e nenos na festa de remate, poñendo en valor a participación da mocidade neste proxecto fixeron entrega dun agasallo ao equipo voluntario e ás monitoras como recoñecemento a súa colaboración e bo traballo.
Estas actividades están organizadas pola Concellerías de Xuventude, Deportes e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa de voluntariado xuvenil como oferta de conciliación e lecer no verán.
Pregón das Festas de Xove
29/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Onte, xoves, houbo un cheo total no salón de actos do Centro Cívico de Xove arroupando a Ana María Boñar, farmacéutica titular en Xove, que foi a encargada de dar o pregón das festas como pistoletazo de saída a estes días de celebración. No pregón fixo un repaso pola sua traxectoria laboral e profesional durante todos estes anos en Xove.
Comezan as festas patronais:Ler Conta Moito
29/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
sta mañá arrancaron as festas patronais de Xove 2025 con unha actividade cultural enmarcada dentro do programa Ler Conta Moito. Ás 12 da mañá tivo lugar o espectáculo de narración oral “Cabicivai” de Pablísimo, que por razóns meteorolóxicas se cambiou ao Salón de Actos do Centro Cívico. Case unha centena de rapaces e rapazas do Concilia e Mañás Activas desfrutaron dos contos de Pablísimo e pasaron un anaquiño divertido. Pola tarde está previsto o pregón das festas a cargo de Dª Ana María Boñar Rey, farmacéutica titular en Xove, ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro do Cívico de Xove. Tanto o Concello de Xove como a Asociación de Festexos Montevelle, como organizadores destas festas patronais, invitan a veciños e visitantes a achergarse este fin de semana a Xove a pasar unhas xornadas de lecer e confraternidade e ante a previsión do tempo informan que se instalou unha carpa cubrindo a praza do concello para que a choiva non sexa un impedimento para vir desfrutar das festas.

Festas de Xove 2025
22/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SAN BARTOLO E A VIRXE DO CARME.

Xove preparase para celebrar as festas patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme o 28, 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. Estas festas son un dos eventos máis destacados do ano en Xove e o pobo prepárase para festexalas con unha variedade de actividades para tódolos gustos e para tódolos públicos. As festas arrancan co pregón a cargo da farmacéutica titular de Xove Dª Ana Mª Boñar Rey o xoves 28 de agosto e pechan o 1 de setembro co día da infancia, onde os menores poderán gozar dos inchables na praza do Concello. No programa das festas destacan principalmente as actuacións infantís polas mañáns para deleite dos máis pequenos, a sardiñada popular para desfrutar na compaña de familiares e amigos e o tradicional festival folclórico da Asociación Cultural Saíñas, que descubrirá novamente a riqueza cultural a través da música e danza tradicional e tendo como grupo invitado a Agrupación Folklórica S´estol Porrenc de Mallorca. Na verbena van contar cos grupos Nuevo Plan e América, o musical de La Ocaband “Camiñantes e cantantes” con Pili Pampín, M. Manquiña e Pepo Suevos, as orquestras Pontevedra, Os Satélites, Trébol e Gran Parada e a Disco Móbil Conxuro para amenizar estas noites de festa en Xove. Como actividades deportivas o martes 26 de agosto terá lugar o II Torneo San Bartolo de Fútbol Sala onde se enfrontaran o Xove FS e o Burela FS no pavellón municipal de deportes e o domingo 31 de agosto no campo de fútbol anexo ao municipal vaise levar a cabo o Torneo Concello de Xove de fútbol onde se enfrontaran a UD Xove Lago e a UD Folgueiro. O cartaz foi presentado por membros da Asociación de Festejos Montevelle (Benigno Canoura, Carlos Cociña, Dalmacio Riveira, Borja Basanta, José Luis Pico e David Galdo) que organizan xunto co Concello de Xove estas festas patronais. En representación do Concello estaban presentes o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, a concelleira de turismo Cecilia Duarte e a concelleira de deportes Cristina Iglesias, que agradecen a gran laboura destes compañeiros ao longo de todo o ano para sacar adiante tanto estas festas patronais como a celebración da festa das Fillas de María. O Concello de Xove e a comisión invitan a todos/as os/as veciños/as e visitantes a que se acheguen a desfrutar de un moi bo ambiente de festa.





Visita ao Urban Planet de Oleiros
14/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O mércores, día 13 de agosto, ás 9:30 horas, 60 mozas e mozos de Xove de entre 9 e 16 anos, desprazáronse as instalacións do Urban Planet de Oleiros acompañados polo persoal voluntario e monitoras de Mañás Activas xunto coas dúas técnicas de xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde pararon a xantar no Lago das Pontes para coñecer a historia da súa creación e darse un baño na praia. Esta viaxe está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025” .

Feira do San Bartolo 2025
13/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A feira de gando do San Bartolo é un evento anual que reúne a gandeiros/as, criadores/as e entusiastas do sector para amosar e comerciar animais de alta calidade. Este ano novamente o 24 de agosto celebrase na parroquia de San Isidoro de Monte (Xove) esta tradicional feira que repartirá premios nos concursos gandeiros que se celebraran pola mañá (maior número de reses cabalares e maior número de reses de gando vacún) e no concurso de marcha que terá lugar pola tarde. Na presentación do cartaz desta feira estiveron presentes membros da directiva da Comunidade de Montes Costa de Laxamoura como organizadora da mesma (Antonio Paleo, Miguel Otero e Antonio Liborio), acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de agricultura e gandería Mª Dolores Meitín. A organización convida a todos/as os/as interesados/as no sector gandeiro a unirse a esta feira e ir pasar unha xornada entretida con moito gando e moita música en Penas Agudas (Monte-Xove).


Campamento en Morás 2025
05/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Durante os días 4, 5 e 6 de agosto un grupo de 33 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 16 anos, gozan duns días de campamento en Morás. Esta actividade está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove. Nestes tres días, dende a saída o luns ás 11:00 ata o regreso o mércores ás 20:00 horas, teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante. Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

Festas de San Pedro Fiz en Xuances
05/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este fin de semana tócalle o turno á parroquia de Xuances, que este ano recupera a suas festas. O vindeiro sábado 9 de agosto e o domingo día 10 son as festas na honra a San Pedro Fiz e as inmediacións da praia de Esteiro van formar parte do escenario perfecto para estas festas parroquiais. A Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, con Daniel Alonso, José Meitín e Eleodora López como membros da directiva desta comisión organizadora, fixeron a presentación do cartaz acompañados polo Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, invitando aos visitantes e a toda a veciñanza a pasar unhos días de convivencia e diversión garantizadas.


AQUAPARK CERCEDA 2025
04/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O sábado, día 2 de agosto, ás 9:30 horas, 34 mozas e mozos de Xove de entre 12 e 18 anos, desprazáronse ó Aquapark de Cerceda acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático. Esta viaxe está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025” .

Festas en Sumoas 2025
31/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A Asociación de Festejos Rodraguel de Sumoas invita a veciños e visitantes a acercarse este fin de semana a gozar das festas patronais da sua parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres día 1 de agosto con unha gran churrascada.
Hoxe tivo lugar a presentación do cartaz onde estivo presente Leandro Quelle e José Manuel Franco como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín.


|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|