Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Comezan as festas patronais:Ler Conta Moito
29/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
sta mañá arrancaron as festas patronais de Xove 2025 con unha actividade cultural enmarcada dentro do programa Ler Conta Moito. Ás 12 da mañá tivo lugar o espectáculo de narración oral “Cabicivai” de Pablísimo, que por razóns meteorolóxicas se cambiou ao Salón de Actos do Centro Cívico. Case unha centena de rapaces e rapazas do Concilia e Mañás Activas desfrutaron dos contos de Pablísimo e pasaron un anaquiño divertido. Pola tarde está previsto o pregón das festas a cargo de Dª Ana María Boñar Rey, farmacéutica titular en Xove, ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro do Cívico de Xove. Tanto o Concello de Xove como a Asociación de Festexos Montevelle, como organizadores destas festas patronais, invitan a veciños e visitantes a achergarse este fin de semana a Xove a pasar unhas xornadas de lecer e confraternidade e ante a previsión do tempo informan que se instalou unha carpa cubrindo a praza do concello para que a choiva non sexa un impedimento para vir desfrutar das festas.

Festas de Xove 2025
22/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SAN BARTOLO E A VIRXE DO CARME.

Xove preparase para celebrar as festas patronais na honra a San Bartolo e a Virxe do Carme o 28, 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. Estas festas son un dos eventos máis destacados do ano en Xove e o pobo prepárase para festexalas con unha variedade de actividades para tódolos gustos e para tódolos públicos. As festas arrancan co pregón a cargo da farmacéutica titular de Xove Dª Ana Mª Boñar Rey o xoves 28 de agosto e pechan o 1 de setembro co día da infancia, onde os menores poderán gozar dos inchables na praza do Concello. No programa das festas destacan principalmente as actuacións infantís polas mañáns para deleite dos máis pequenos, a sardiñada popular para desfrutar na compaña de familiares e amigos e o tradicional festival folclórico da Asociación Cultural Saíñas, que descubrirá novamente a riqueza cultural a través da música e danza tradicional e tendo como grupo invitado a Agrupación Folklórica S´estol Porrenc de Mallorca. Na verbena van contar cos grupos Nuevo Plan e América, o musical de La Ocaband “Camiñantes e cantantes” con Pili Pampín, M. Manquiña e Pepo Suevos, as orquestras Pontevedra, Os Satélites, Trébol e Gran Parada e a Disco Móbil Conxuro para amenizar estas noites de festa en Xove. Como actividades deportivas o martes 26 de agosto terá lugar o II Torneo San Bartolo de Fútbol Sala onde se enfrontaran o Xove FS e o Burela FS no pavellón municipal de deportes e o domingo 31 de agosto no campo de fútbol anexo ao municipal vaise levar a cabo o Torneo Concello de Xove de fútbol onde se enfrontaran a UD Xove Lago e a UD Folgueiro. O cartaz foi presentado por membros da Asociación de Festejos Montevelle (Benigno Canoura, Carlos Cociña, Dalmacio Riveira, Borja Basanta, José Luis Pico e David Galdo) que organizan xunto co Concello de Xove estas festas patronais. En representación do Concello estaban presentes o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, a concelleira de turismo Cecilia Duarte e a concelleira de deportes Cristina Iglesias, que agradecen a gran laboura destes compañeiros ao longo de todo o ano para sacar adiante tanto estas festas patronais como a celebración da festa das Fillas de María. O Concello de Xove e a comisión invitan a todos/as os/as veciños/as e visitantes a que se acheguen a desfrutar de un moi bo ambiente de festa.





Visita ao Urban Planet de Oleiros
14/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O mércores, día 13 de agosto, ás 9:30 horas, 60 mozas e mozos de Xove de entre 9 e 16 anos, desprazáronse as instalacións do Urban Planet de Oleiros acompañados polo persoal voluntario e monitoras de Mañás Activas xunto coas dúas técnicas de xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde pararon a xantar no Lago das Pontes para coñecer a historia da súa creación e darse un baño na praia. Esta viaxe está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025” .

Feira do San Bartolo 2025
13/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A feira de gando do San Bartolo é un evento anual que reúne a gandeiros/as, criadores/as e entusiastas do sector para amosar e comerciar animais de alta calidade. Este ano novamente o 24 de agosto celebrase na parroquia de San Isidoro de Monte (Xove) esta tradicional feira que repartirá premios nos concursos gandeiros que se celebraran pola mañá (maior número de reses cabalares e maior número de reses de gando vacún) e no concurso de marcha que terá lugar pola tarde. Na presentación do cartaz desta feira estiveron presentes membros da directiva da Comunidade de Montes Costa de Laxamoura como organizadora da mesma (Antonio Paleo, Miguel Otero e Antonio Liborio), acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de agricultura e gandería Mª Dolores Meitín. A organización convida a todos/as os/as interesados/as no sector gandeiro a unirse a esta feira e ir pasar unha xornada entretida con moito gando e moita música en Penas Agudas (Monte-Xove).


Campamento en Morás 2025
05/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Durante os días 4, 5 e 6 de agosto un grupo de 33 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 16 anos, gozan duns días de campamento en Morás. Esta actividade está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove. Nestes tres días, dende a saída o luns ás 11:00 ata o regreso o mércores ás 20:00 horas, teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante. Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

Festas de San Pedro Fiz en Xuances
05/Agosto/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este fin de semana tócalle o turno á parroquia de Xuances, que este ano recupera a suas festas. O vindeiro sábado 9 de agosto e o domingo día 10 son as festas na honra a San Pedro Fiz e as inmediacións da praia de Esteiro van formar parte do escenario perfecto para estas festas parroquiais. A Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, con Daniel Alonso, José Meitín e Eleodora López como membros da directiva desta comisión organizadora, fixeron a presentación do cartaz acompañados polo Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, invitando aos visitantes e a toda a veciñanza a pasar unhos días de convivencia e diversión garantizadas.


AQUAPARK CERCEDA 2025
04/Agosto/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O sábado, día 2 de agosto, ás 9:30 horas, 34 mozas e mozos de Xove de entre 12 e 18 anos, desprazáronse ó Aquapark de Cerceda acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático. Esta viaxe está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025” .

Festas en Sumoas 2025
31/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A Asociación de Festejos Rodraguel de Sumoas invita a veciños e visitantes a acercarse este fin de semana a gozar das festas patronais da sua parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres día 1 de agosto con unha gran churrascada.
Hoxe tivo lugar a presentación do cartaz onde estivo presente Leandro Quelle e José Manuel Franco como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín.


Festas de Lago 2025
17/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Festas de Lago 2025 na honra á Virxe do Carme e San Antón
Na presentación estivo o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a primeira tenente de alcalde Mª Dolores Meitín, acompañando a Andrés Prieto e Modesto Rodriguez como membros da Asociación de Festexos A Granda que organiza estas festas.
Mañá venres 18 xa arranca a programación con unha gran churrascada a partir das 8 da tarde.


Axudas ó estudo 2025
15/Xullo/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
Aberto o prazo, ata o día 5 de agosto de 2025, para solicitar as axudas ao estudo do Concello de Xove nas seguintes modalidades:
A) Gastos de comedor para: Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove.
B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que o regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.
Mais info: Departamento de Servizos Sociais: 982 592 001
Bases Reguladoras
Visita do Conselleiro de Cultura as Ruinas de San Tirso.
14/Xullo/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
José López, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visitou o noso Concello, estivo nas ruinas de San Tirso, acompañado polo alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, a concelleira de Turismo Cecilia Duarte e o edil Manuel Ángel Meitín, onde se van levar a cabo traballos arqueolóxicos grazas ó convenio de colaboración que firmou co Concello de Xove, cunha aportación de 25.000€, para acometer próximamente unha actuación arqueolóxica de excavación e conservación en San Tirso en Portocelo, un enclave composto polo castro de Mechiluide e a antiga igrexa.
Deste modo, tal e como explicou sobre o terreno o conselleiro, “pretendemos favorecer a súa posta en valor e tamén o coñecemento deste sitio arqueolóxico para avanzar na súa investigación e caracterización”.


Bandeira Azul: Praia de Esteiro ´2025
09/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Comprácenos anunciar que a praia de Esteiro do Concello de Xove, recibiu unha vez máis, o pasado 04 de xuño, de mans do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a prestixiosa Bandeira Azul; un símbolo que destaca o compromiso coa calidade medioambiental, a sostenibilidade e a seguridade nas nosas costas.

A adxudicación da Bandeira Azul impulsa a imaxe de Xove como destino turístico e natural de referencia, atraendo a un público que valora a sostenibilidade na xestión ambiental.
No acto de izado da bandeira, que tivo lugar no día de ontes, estiveron o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte, xunto ao xerente de Esteiro Surfing e Surf Café, Nacho, o monitor de surf Xoel e os socorristas José Ramón e Brais, que cada ano vixían e coidan o benestar da praia e dos milleiros de visitantes que a ela acoden.
Día para celebrar este logro que pon en valor o esforzo colectivo por manter os nosos espazos naturais en perfecto estado. A Bandeira Azul é un distintivo internacional, que recoñece a aquelas praias e portos deportivos que cumpren con rigurosos criterios de calidade en áreas como a limpeza, a accesibilidade e os servizos de conservación do entorno natural.
Este recoñecemento non só é un motivo de orgullo para o municipio de Xove, senon que tamén destaca o esforzo continuo da administración local e a colaboración dos cidadáns na preservación e millora das nosas praias.

Tamén se izou a Bandeira do programa "Praias sen fume", consolidando así o noso compromiso coa saúde pública e a protección do medio ambiente. A iniciativa busca fomentar espazos libres de fume en contornas naturais, especialmente nas zonas costeiras máis frecuentadas durante os meses de verán. A sinalización da praia como espazo sen fume ten carácter voluntario e educativo, e non leva aparellada sancións, preténdese, sobre todo, sensibilizar á cidadanía sobre os efectos nocivos do tabaco e reducir a presenza de cabichas na area, un dos residuos máis contaminantes e difíciles de eliminar.
Dende o Concello de Xove, agradecemos o apoio de todos aqueles que fan posible que a praia de Esteiro siga sendo un referente de calidade e sostenibilidade.
Invitamos a todos a desfrutar deste marabilloso entorno natural e a seguir contribuíndo ao seu coidado.
Festa do Percebe Xove ´2025
08/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Onte pola tarde tivo lugar a presentación do cartaz da décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove, que este ano se vai levar a cabo o sábado 19 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.
Na presentación estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da Primeira Tenente de Alcalde Mª Dolores Meitín.
Ás 12 da mañá dará comezo a festa co pregón a cargo de D. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores e a xornada gastronómica estará amenizada por “Os Charangos de Neda” e polos cantos de taberna de “Espera que vou mexar”.
 
Avispa Velutina ...
07/Xullo/2025
Delegación de Agricultura
-

Campaña de Concienciación MedioAmbiental 2025
07/Xullo/2025
Concellería de Medio Ambiente
-
 

Actividades verán OMIX 2025
03/Xullo/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Xa deron comezo as actividades de verán no Concello de Xove, organizadas polos Departamentos de Deporte, Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil, cun alto grao de participación.
Nesta edición “Mañás Activas” conta con 56 participantes dende o día 1 de xullo ata o vindeiro 29 de agosto para a rapazada a partir de 10 anos.
Dentro da súa programación teñen robótica educativa, campamento dixital, multideporte e saídas a Roq Sport para gozar de actividades ao aire libre. Así como, unha viaxe a Oleiros o día 13 de agosto para gozar dunha mañá nas instalacións de Urban Planet. Tamén visitarán o Karting de Arifran o día 9 de xullo.
O programa de verán conta tamén con actividades deportivas para variado rango de idades como son full body, ximnasia para maiores, pilates, curso de pádel e multideporte.
Dentro da programación de Xuventude hai un campamento de tres días en Morás, unha excursión ao Urban Planet, unha visita ao Karting de Arifran e unha viaxe ao Aquapark de Cerceda. Completan a variada oferta de actividades de xuventude as monitorizadas por Roq Sport: parque de aventura, paintball e sup e big sup.
O Concello de Xove tamén oferta actividades para gozar en familia, os “Domingos a Remollo” na praia de Lago os días 6, 13, 20 de xullo e 3, 10 de agosto.


|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|