Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Rutas Guiadas Verán 2025
01/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
XOVE PRESENTA A SEGUNDA EDICIÓN DAS RUTAS GUIADAS PARA ESTE VERÁN 2025
O Alcalde, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Turismo, Cecilia Duarte presentaron esta tarde o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio.
O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respeto polo entorno e o coñecemento do territorio.
Queremos destacar a importancia de fomentar un turismo sostible que poña en valor os recursos naturais e culturais do noso municipio, ao tempo que ofrecemos aos nosos veciños, a oportunidade de redescubrir o seu entorno máis cercano.
As rutas serán os seguintes días:
-
- VENRES 18 DE XULLO – RUTA DOS MUIÑOS DA RIGUEIRA, etnografía e crenzas dos habitantes do río.
- XOVES 24 DE XULLO – ACANTILADOS DE PAPEL, COSTA CON NARRATIVA, caza de baleas e a fascinante Ansarón.
- XOVES 7 DE AGOSTO – SAN TIRSO DE PORTOCELO, UN ENCLAVE ÚNICO, arqueoloxía e pareidolias en Roncadoira.
- XOVES 21 DE AGOSTO – ESTEIRO DE XOVE, XEOLOXÍA SINGULAR, a paisaxe de Muiñelo a Punta da Mansa.
A inscripción será gratuita e pódese facer dende xa a través do e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Con esta iniciativa, o Concello de Xove busca reforzar a identidade local, promover hábitos de vida saudables e dinamizar o turismo de natureza de forma sostible e respetuosa.

Copa de Galicia Pumptrack 2025 ´Xove
01/Xullo/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Este sábado, 5 de xullo: II G.P Concello de Xove. Copa de Galicia Pumptrack 2025 Este ano o Concello de Xove xunto con Sportskids, volven organizar unha das probas da Copa de Galicia Pumptrack 2025 a cal este ano e puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo e non deixarán indiferente a ninguén, denominada COPA DE GALICIA PUMPTRACK 2025 - II G.P CONCELLO DE XOVE O Pumptrack de Xove e dos mais punteiros de Galicia e actualmente está entre os 3 favoritos de todos os riders galegos. O Concello de Xove un ano máis aposta por esta modalidade de ciclismo e por traer xente de toda España e Portugal. Desde o Concello e desde a Organización esperan que todos os ciclistas que se desprazarán para a proba, vindos de toda a xeografía española e portuguesa, gocen dun gran evento. A proba poderá ser seguida en vivo a través de Youtube, asi que non vos perdades unha das mellores probas do panorama galego.

Curso de Apicultura en Xove
30/Xuño/2025
Delegación de Agricultura
-
Ven de rematar no Concello de Xove un intenso curso de 30 horas de duración acerca da Selección e cría de raíñas.
A través da Consellería de Medio Rural, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do FEADER, a CASA DO Mel de Goente (As Pontes) impartiu un curso de Selección e cría de raíñas na aula de formación do Concello de Xove en horario de 9 a 14 h e durante 6 intensos días durante os cales, ademáis da parte práctica nun colmenar en Villalpol, na parroquia de Portocelo, trataron o seguinte temario:
- 1. Ciclo de vida das abellas
- 2. Identificación dos distintos estados larvarios
- 3. Selección
- 4. Cría de Abázcaros
- 5. Métodos de división de colmeas
- 6. Métodos de cría de raíñas
- 7. Taslarve
- 8. Formación de colmea criadora (método Cloake)
- 9. Formación de núcleos e paquetes de abellas
- 10. Marcaxe de raíñas
- 11. Métodos de introdución de raíñas
O alumnado quedou encantado e á espera de máis cursos debido á gran afección pola apicultura que hai pola zona.

FOTOGRAFÍA DOS ASISTENTES Ó CURSO

Comeza o Programa Concilia Verán 2025
30/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O pasado luns deu comezo no Concello de Xove o programa Xove Concilia Verán, para un total de 90 nenos/as anotadas durante os meses de verán, ata a primeira semana de setembro. O programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, dentro do Plan Corresponsables.
O Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, e do seu servizo de conciliación denominado, Xove Concilia, ofrece un servizo de conciliación familiar para nenas e nenos de 3 a 10 anos, de luns a venres, de 8:45 a 14:00 h. O servizo, levado a cabo por monitoras e monitores profesionais, conta con actividades lúdicas e educativas de calidade, que promoven valores saudables na ocupación do tempo libre durante o período das vacacións escolares de verán.
A Conciliación e a Corresponsabilidade nos usos do tempo son eixes principais e transversais nas políticas sociais do Municipio, desde onde se trata de avanzar cara unha organización social favorable a que mulleres e homes compaxinen en igualdade a esfera privada e a profesional. Deste xeito, desde o Concello de Xove póñense en marcha servizos públicos como o Xove Concilia, que trata de favorecer a conciliación nos períodos anuais de vacacións escolares, prestando apoio á xestión dos tempos familiares e laborais dos proxenitores.
Entregados os premios do concurso do Día das Letras Galegas
17/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
A Concelleira de Cultura entregou hoxe no CEIP Pedro Caselles Rollán os premios do concurso organizado pola Biblioteca Pública Municipal para o alumnado dos dous centros educativos de Xove, o CEIP mencionado con anterioridade e o IES Illa de Sarón, con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas. A relación de premiados/as é a seguinte:
EDUCACIÓN INFANTIL:
1º PREMIO: (Nº 7) María García Val
2º PREMIO: (Nº 15) Elsa Baño Bouza
3º PREMIO: (Nº 14) Brais Pereira Castro
1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: (Nº 13) Jimena Paleo Enríquez
2º PREMIO: (Nº 19) Anaïs Romero Suárez
3º PREMIO: (Nº 21) María Moreira Rego
3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: (Nº 11) Jesús López Franco
2º PREMIO: (Nº 17) Martina Mariño Ferrería
3º PREMIO: (Nº 6) Pablo García Val
5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º PREMIO: (Nº 12) Alba Maseda Franco
2º PREMIO: (Nº 9) Aya El Omari
3º PREMIO: (Nº 16) Eva Cancela Trastoy
E.S.O.:
1º PREMIO: (Nº 18) Marcos Mariño Ferrería
2º PREMIO: (Nº 22) Carla Casabella Puñal
3º PREMIO: (Nº ) DESERTO
Parabéns a todos/as!
Imaxes do San Antonio 2025
16/Xuño/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Proba de sirenas no Depósito de Lodos Vermellos...
16/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O MARTES, día 17 de xuño de 2025, ás 10 da mañá, vaise a realizar unha proba das sirenas do Depósito de Lodos Vermellos de Alcoa Europe que, no caso de producirse un incidente grave, actuaría como elemento de aviso á poboación.
Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns.
Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños non se verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais.
A información é seguridade. Grazas pola súa colaboración.
Teatro para toda a familia
11/Xuño/2025
Departamento de Cultura e Comunicación
-

Documental: Xove, democracia nuclear
04/Xuño/2025
CONCELLO DE XOVE
-

--> O Concello de Xove veu de organizar, coa colaboración do IES Illa de Sarón, a proxección do documental de Pedro Lechuga “Xove, democracia nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio xovense nos anos setenta.
Na proxección que tivo lugar onte, luns 10 de xaneiro, ás 16:45 h.no Salón de Actos, aparte do alumnado do IES de Xove e profesorado do centro, tamén asistiu máis público interesado na temática.

Fogueiras de San Xoan e San Pedro 2025
29/Maio/2025
Delegación de Agricultura
-

Romaría ó San Antonio Ventureiro da Rigueira 2025
27/Maio/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xa podes inscribirte para facer a romaría ó San Antonio Ventureiro o próximo 13 de xuño e recibir a Ventura e o lirio branco cando chegues á igrexa da Rigueira. O prazo de inscrición remata o mércores 11 de xuño, ás 13:00 h (para que nos dea tempo a encargar as flores).

Mañás Activas 2025
26/Maio/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Aberto o prazo de inscrición para o programa Mañás Activas ata o 14 de xuño.
A inscrición para este programa pode facerse de forma telemática pola sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial na OMIX.

Xove Concilia Verán 2025
20/Maio/2025
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Aberto o prazo de inscrición no programa Xove Concilia Verán ata o 7 de xuño na OMIX.
Video Infantil do San Antonio Rigueira
19/Maio/2025
CONCELLO DE XOVE
-
VÍDEO INFANTIL DA ROMARÍA DO SAN ANTONIO VENTUREIRO DA RIGUEIRA
O Concello de Xove vén de colaborar co CEIP Pedro Caselles Rollán nun proxecto educativo relacionado coas festas tradicionais, que titularon “DE FESTA EN FESTA PORQUE ME PRESTA”. Cada curso elixiu unha festa tradicional da contorna, na cal traballaron ao longo de todo o ano escolar 2024/25. As festas tradicionais elixidas foron:
-
- 4⁰ EI: San Antonio (A Rigueira).
- 5⁰ EI: Maruxaina (San Ciprián).
- 6⁰ EI: Queimada popular (Cervo).
- 1⁰ EP: San Xoán.
- 2⁰ EP: Feira do bonito (Burela).
- 3⁰ EP: San Lucas (Mondoñedo).
- 4⁰ EP (A-B): Festa do Carme.
- 5⁰ EP: Arde Lucus.
- 6⁰ EP: Mercado Medieval (Alfoz).
Neste punto, o Concello de Xove respondeu á solicitude de colaboración de 4º de Educación Infantil, que elixiu a romaría do San Antonio Ventureiro da Rigueira, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2023. A titora do curso solicitou documentación ó departamento de Investigación Social, que lle proporcionou a publicación editada polo Concello de Xove e a Xunta de Galicia: A festa no aire. Tradición e lecer no Xove de antes. Ademais de entregarlles dípticos informativos do proxecto de recuperación da romaría e das 8 rutas de romaxe. Completaron o traballo desde a clase cun intercambio interxeracional, solicitando a colaboración de catro avós e familiares maiores do alumnado, persoas veciñas da parroquia de A Rigueira, que compartiron con nenas e nenos os seus recordos e contestaron preguntas da festa do San Antonio Ventureiro.
Para rematar, solicitaron ó Concello de Xove colaboración para comprender a importancia social que tiña o San Antonio da Rigueira, e por que esta festa gozaba antigamente de tanta fama en todo o municipio e fóra del. A encomenda non foi doada, pois houbo que adaptar unha das posibles explicacións sociolóxicas de participación na festa a un público de moi curta idade. Así, a Socióloga do Concello creou un conto infantil narrado e apoiado con debuxos, que foi proxectado a todo o alumnado de Educación Infantil do CEIP Pedro Caselles, titulado: A Historia da miñoca Icía e Roi, o caracol. Antes da proxección do conto agasallóuselles aos nenos/as con cadanseu pano do San Antonio da Rigueira, aqueles panos cos que se identifica á romaxe o día 13 de xuño.
Presentación da Festa das Flores 2025
15/Maio/2025
CONCELLO DE XOVE
-
Onte tivo lugar a presentación do cartaz da Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, que se vai celebrar este sábado 17 de maio no concello de Xove, coincidindo tamén coa festividade do día das Letras Galegas. Na presentación do cartaz estivo Demetrio Salgueiro acompañado das concelleiras Dolores, Cristina e Tamara e dos membros da Comisión de festas Benigno, Carlos, Borja e Dalmacio. Dende aqui invitamos a veciños/as e visitantes a disfrutar deste día de alegría e todos/as vestidos de branco.


|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|