Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Apagón Ambiental
03/Xuño/2024
CONCELLO DE XOVE
-
XXIX Torneo de Ximnasia Rítmica
31/Maio/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Fogueiras 2024
29/Maio/2024
Delegación de Agricultura
-
TAMÉN SE PODE FACER A TRAVÉS DA SEDE ELECTRONICA DO CONCELLO, USANDO A SOLICITUDE XERAL E
ENGADINDO A DECLARACIÓN RESPONSABLE QUE PROCEDA (SAN PEDRO OU SAN XOAN).
FESTA DAS FLORES "FILLAS DE MARÍA" 18 MAIO 2024
14/Maio/2024
Concellería de Medio Ambiente
-
Hoxe tivo lugar a presentación do cartel da Festa das Flores, tamén chamada Fillas de María que terá lugar en Xove este sábado 18 de maio de 2024, e que se desenvolverá na rúa Doutor José Baamonde Illade e na Rúa Xove, máis coñecida como a Rúa da Igrexa; onde se colocarán os postos do Mercado Tradicional e haberá demostración de oficios tradicionais.Sobre as 11:30h as rúas de Xove estarán animadas pola grupo de gaitas da Asociación Cultural de Saiñas e a charanga NBA, as 12:00h terá lugar a Misa solemne con ofrenda floral á Virxe, destacar que o horario da misa modificouse para as 12:00h. Sobre as 14:15h comezará a sesión vermú co GRUPO RUBÍ; a partir das 22:00h verbena co grupo RUBÍ e discomóbil CONXURO, e degustarase QUEIMADA POPULAR.
Ao longo da mañá e da tarde realizaranse distintos obradoiros para nenas e nenos con temática de flores; a partir das 17:00h inchables, Obradoiro de Cerámica de 17:00h a 18:30h, Contacontos con Caxoto ( A taberna dos contos) de 18:00h a 19:00h.
Animamos a todas as veciñas e veciños así como dos pobos dos arredores a vir disfrutar desta bonita festa durante todo o día, para comer contamos co BAR PEPE, A FUGA, A CÍVICA, O REFUGIO, ONDE SEMPRE, BAR COCIÑA E BAR A CANCELA, entre outros.
A caracterización desta festa son vestimentas en cor branco e azul. Quedamos a súa disposicón para calquer duda ou aclaración.
San Antonio da Rigueira ' 2024
13/Maio/2024
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Despois de ter sido Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia, e de ter sido Declarada Festivo Local polo Concello de Xove, o próximo 13 de xuño, celebramos a Romaría do San Antonio Ventureiro da Rigueira. Debido ó gran número de romaxe que agardamos nesta edición, e que cada ano son máis as persoas con diversidades funcionais que acoden á Romaría do San Antonio Ventureiro, decidiuse desde a Organización (co apoio da Comisión de Festas) a NON utilización de BOMBAS DE PALENQUE durante os actos da Romaría (decisión que foi apoiada tamén polo conxunto de romeiras e romeiros que fan a romaxe con animais de compañía).
***ANOTÁDEVOS NO CONCELLO PARA GAÑAR A VENTURA E O LIRIO BRANCO ANTES DO 11 DE XUÑO***
***ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NA ORGANIZACIÓN COMO VOLUNTARIOS/AS VENTUREIROS/AS, E SELAR OS CARNÉS NAS CASETAS DO SAN ANTONIO***
Xornada sobre Facturación Electrónica 2024
07/Maio/2024
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Concurso das Letras Galegas ' 2024
26/Abril/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Curso de Iniciación á Apicultura
13/Abril/2024
Delegación de Agricultura
-
O Concello de Xove ven de iniciar esta mañá o curso de iniciación á apicultura. Este curso levarase a cabo na aula de formación do Concello hoxe sábado 13 de abril e mañá domingo 14 en horario de 9:00 a 14:00 h e o próximo domingo 21 de abril de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h.
0|1|1
O curso de 20 horas de duración contará con un 50 % de formación práctica nun colmear se as condicións climatolóxicas o permiten.
Sobre unha veintena de alumnos e alumnas conforman este curso, que conta co seguinte programa:
-Bioloxía no enxame. O apicultor/ A Apicultora. A colmea.
-Instalación do apiario. Flora melífera. Reprodución do enxame.
-Saúde das abellas: Avespa velutina. Varroa. Loque.
-Produtos das abellas; mel, pole, própole, xelea, cera. Colleita e comercialización.
O Concello de Xove é o que organiza e financia este curso, impartido pola Casa do Mel de Goente-As Pontes (Coruña).
Quedada de Recollida de Impropios
10/Abril/2024
Concellería de Medio Ambiente
-
Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2024
03/Abril/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 6 e 7 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 6 DE ABRIL:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú co “Duo Belinda”.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
-17:00 horas.- Verbena con: “DUO BELINDA” e GRUPO FENIX”. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble, 1 trofeo para mellor parella de bachata.
DOMINGO, 7 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
*Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.
-14:00 horas.- Sesión Vermú cunha ACTUACIÓN ESTELAR
-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena cunha ACTUACIÓN ESTELAR.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.
A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Trampeo antivelutinas no Concello de Xove
26/Marzo/2024
Delegación de Agricultura
-
O CONCELLO CONTINÚA A LOITA CONTRA AS RAIÑAS DE VELUTINAS
O noso Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas.
O Concello de Xove novamente ven de iniciar nesta campaña 2024 o trampeo profesional antivelutinas a través de un contrato coa empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina), a cal xa coas actuacións de anos anteriores conseguirá reducir notablemente os niños de velutina.
Este ano a empresa ven de instalar entre o 16 e o 19 de marzo sobre unhas 400 trampas xeolocalizadas e repartidas por todo o termo municipal para capturar reinas de velutinas que son as que fan agora en primaveira os niños.
É o momento de colocar estas trampas porque así capturándoas podemos evitar uns 3 niños que pode facer cada unha delas e uns 25000 ovos que chegan a poñer na sua vida útil.
As accións de trampeo en Xove prolongaranse ata xullo e levaranse a cabo unhas 6 reposicións de líquido atraente nas mesmas durante estes meses dando lugar a un total de 2400 reposicións que fan que as trampas esteñan funcionando permanentemente.
Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas.
A reducción do número de niños é notable cando se realizan ben os trampeos, podendo ser de un 75% de niños menos si se fai ben esta laboura, polo que se pide colaboración aos veciños.
Preténdese que a xente sepa autoprotexerse ante a aparición de niños no entorno familiar, posto que os niños primarios que salen agora ó principio sempre comezan a colocarse a baixa altura e aconsellase colocar trampas tamén nos xardíns para evitar que as reinas construían eses niños cerca das vivendas.
Con este fin tamén está previsto que personal da empresa SERPA se desprace ao noso Concello esta tempada, seguramente un mércores para facer coincidir con día de mercado en Xove, e instale un posto no cal poida repartir gratuitamente trampas entre os veciños e veciñas que se interesen, á vez que asesoralos en todo o tema relacionado co trampeo para a loita contra a velutina. O xerente da empresa sempre que fai entrega destas botellas-trampas acompañaas dun folleto explicativo, no que inclúe 2 receitas ou mezclas de líquido para a captura das raíñas:
Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.
Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería.
Ademáis todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental:
-Por un lado, a eliminación de raíñas e de velutinas contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.
- Por outro a utilización de botellas-tampa, para cuxa elaboración se poden usar botellas de plástico, contribúe tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este fin, chegando só con renovarlles o líquido.
Por unha espalda sana
21/Marzo/2024
CONCELLO DE XOVE
-
XX Festa do Polbo 2024
19/Marzo/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Curso de Apicultura 2024
18/Marzo/2024
CONCELLO DE XOVE
-
Organiza: Concellería de Agricultura e Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
Solicitudes: No Rexistro Xeral de Entrada e Saída (Oficinas Xerais-planta baixa)
-----> BASES
-----> FICHA DE INSCRIPCIÓN
ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE CARETAS DE ENTROIDO 2024
13/Marzo/2024
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a comezos de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de CARETAS DE ENTROIDO. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.Hoxe pola mañá, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:
Leer más:ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE CARETAS DE ENTROIDO 2024
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|