Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Nova convocatoria de Axudas para Vaciado de Fosas Sépticas no Concello de Xove.
21/Novembro/2025
Delegación de Agricultura
-
Este martes ven de publicarse no BOP do 18 de novembro o extracto da resolución de alcaldía pola que se aproba a convocatoria en rexime de concurrencia non competitiva das axudas para o vaciado de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais no Concello de Xove.
As presentes axudas irán destinadas a potenciar a debida xestión dos residuos xerados nas fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais sitos en contornas sen rede de sumidoiros municipal.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas maiores de idade titulares de inmobles residenciais ou de establecementos de aloxamento turístico e de restauración suxeitos á normativa galega de turismo en vigor sitos no termo municipal do Concello de Xove en entornos sen rede de sumidoiros municipal que estea provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais.
A cuantía máxima de cada persoa beneficiaria será de 200 euros e a contía máxima destinada ás presentes axudas é de 5.000 €.
O prazo establecido para a presentación de solicitudes abarcará dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 10 de decembro de 2026 pero incluirán os vaciados realizados xa dende o 1 de outubro deste ano.
Para máis información pódense dirixir ao Departamento de agricultura e gandeiría do concello e a documentación a presentar será o impreso oficial acompañado da documentación esixida na convocatoria e pódese presentar a través da Sede electrónica do Concello de Xove Sede Electrónica de Xove ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.
25N. Novembro: mes pola eliminación da violencia contra a muller en Xove.
19/Novembro/2025
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Xove continúa cos eventos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Actos reivindicativos, educativos, conmemorativos e de recordo polas vitimas da violencia contra as mulleres, forman parte da axenda para todo o mes de novembro no noso concello.

Novo vehículo para o Servizo de Vixiancia do Concello
18/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove formalizou a compra dun novo vehículo Dacia Duster destinado ao Servizo de Vixiancia municipal. Este pasado xoves o/a concesionario/empresa Aplicaciones Tecnológicas Juma SL fixo entrega no Concello de Xove do novo automóbil adquirido, de forma que este Dacia Duster pasa a formar parte do parque automobilístico municipal.
Este vehículo costou 39.909 € e foi financiado en parte a través dunha subvención da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia dentro dunha liña de subvencións en concurrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental cuns 29.947 € e o restante con aportación das arcas municipais.
O novo Duster, equipado con motor de gasolina e transmisión manual ofrece maior autonomía, mellor consumo de combustible e a robustez necesaria para os percorridos polas rutas rurais e urbanas do concello. Trátase dun vehículo híbrido con etiqueta medioambiental eco e cero emisións tipo todocamiño.
A decisión tomouse tras constatar o elevado kilometraxe do coche anterior, que xa contaba con 400.000 km e presentaba frecuentes averías. Este servizo recala tódolos días nas distintas parroquias do concello sumando así ao final de ano moitos viaxes e deste xeito vaise poder constatar unha inversión en eficiencia e seguridade deste servizo podendo tamén reducir os tempos de intervención e redundando na maior tranquilidade da veciñanza.

Cambio de caldeira de astilla na Casa Consistorial
18/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-

Andaina contra a violencia de xénero - Imaxes
15/Novembro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe sábado 15 de novembro tivo lugar unha andaina contra a violencia de xénero, denominada “Ruta dos bancos violetas”, organizada pola asociación Bumei coa colaboración do Concello de Xove, iniciando así os actos que se celebrarán co motivo do 25N.
Ás 10:30 hs xuntáronse, na praza do Concello, unhas 100 persoas dispostas a recorrer os 10 Km da ruta circular elexida para esta andaina, que finalizou no banco violeta sito na antiga casa do director, ao lado do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, onde a Presidenta da Asociación Bumei, Dna. Jasone Lorenzo fixo entrega do testigo contra a violencia de xénero, ao Alcade de Xove, D. Demetrio Salgueiro Rapa. Este testigo quedará neste Concello ata a vindeira edición da ruta dos bancos violetas.
Como broche da xornada, unha vez rematada a andaina, os e as camiñantes desfrutaron duns pinchos no Salón de Actos Municipal.
Dende o Concello agradecemos este tipo de iniciativas, así como a asistencia das persoas participantes.



NOVA RUTA NATURAL EN XOVE
14/Novembro/2025
CONCELLO DE XOVE
-
O Concello de Xove abre un nov itinerario natural para fomentar o sendeirismo e a conexión coa natureza. O Concello de Xove ven de inagurar unha nova ruta que vai conectar o mesmo centro de Xove co parque multideportivo de Pump Track situado na entrada do pobo accedendo dende o lado de Cervo, e con opción da continuidade hacia a Ruta dos Muíños, ofrecendo así a veciños e visitantes unha oportunidade única para desfrutar do entorno natural e á vez promover a actividade física.
Esta adecuación supuxo unha inversión municipal de 48.346 € e contou coa axuda de 38.677 € da Consellería de Medio Ambiente ao abeiro do programa Galicia Refuxio Climático.
As obras de acondicionamento foron levadas a cabo pola empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa SL e consistiron principalmente nun acondicionamento íntegro dun camiño primitivo empregado en algún tempo polos veciños da Rigueira para acceder ao centro de Xove.
O carreiro era angosto e o seu tránsito foi quedando relegado a apenas os titulares de parcelas próximas ata que finalmente quedou prácticamente en desuso. Pero agora, tralas obras importantes levadas a cabo para o seu arranxo, a veciñanza e os visitantes poderán desfrutar dunha ruta que permitirá aos usuarios aproveitar un entorno natural e de gran beleza paisaxística podendo unir o centro de Xove, co parque multideportivo e seguidamente darlle continuidade ata a Ruta dos Muíños.

Obra de mellora do vial ó Portiño de Morás
11/Novembro/2025
Departamento de Obras
-
Éste luns vense de recepcionar a obra de pavimentación e mellora do vial que vai dende Xove hacia o Portiño de Morás, concretamente a estrada LU-P- 2601 ao seu paso por Sumoas. Esta obra foi realizada ao abeiro do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo de 2024. O importe total da obra ascendeu a 145.628,33 euros e contouse con unha axuda da Deputación de 94.726,89 eur. A cantidade restante correu a cargo das arcas municipais e as obras consistiron en unha capa de aglomerado en quente que fai un firme consistente de reforzo do xa existente e a maiores a ampliación e mellora dunha zona de paso estreito que había en Sumoas, xusto nun tramo moi angosto entre casas concretamente no lugar de Poceiras. A obra levouse a cabo coa empresa- Construcciones y Canalizaciones José Saa S.L.

Este ancheamento do vial complementouse con un muro de contención conseguindo deste xeito liberar un punto negro de tráfico e dándolle máis seguridade ó vial tanto para o abundante tráfico que frecuenta como aos veciños da zona, que a maiores poden disfrutar pola marxe dun sendeiro que facilita a circulación a pé dos usuarios na ruta dende o pobo de Xove ata as inmediacións da igrexa de Sumoas.
Con éste acondicionamento os 2 kilómetros dende Xove a Sumoas da estrada LU-P-2601 quedan nun bon estado, fundamental para a seguridade vial posto que deste xeito redúcese o risco de accidentes e mellora a seguridade de conductores e peóns.
Ademáis deste xeito vaise facilitar a movilidade e o transporte; de aí tamén a importancia que lle da o concello a realizar un mantemento regular das estradas.
Medidas contra a gripe aviaria
10/Novembro/2025
Delegación de Agricultura
-
BANDO
INCLUSIÓN DO CONCELLO DE XOVE NAS ZONAS DE ESPECIAL RISCO ANTE A INFLUENZA AVIARIA (GRIPE AVIARIA)
O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE XOVE FAI SABER
PRIMEIRO.- O Concello de Xove e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a través da modificación da Orde APA/331/2025, de 2 de abril, publicada no BOE nº 84 do 07.04.2025, do Concello de Xove dentro das zonas de especial risco ante a influencia aviaria (ZER).
SEGUNDO.- Con data 10 de novembro de 2025 o concello de Xove, recibiu comunicación da Consellería do Medio Rural, na que se informa que o pasado o pasado 5 de novembro de 2025, o MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN determinou que desde o 10 de novembro (incluído) son aplicables as medidas de prevención polos concellos incluídos nas zonas de especial risco (ZER) e de especial vixilancia (ZEV) establecidos na Orden APA 2442/2006, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria.
A situación epidemiolóxica actual da influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP) e de alto risco en toda a Unión Europea, onde se confirmaron desde o 1 de xullo e ata o 5 de novembro, 139 focos en aves de curral, 708 en aves silvestres e 33 en aves cativas. Destes, en España foron notificados 14 en aves de curral, 68 en aves silvestres e 5 en aves cativas. Na nosa Comunidade Autónoma foron 9 os focos declarados en aves silvestres.
• Queda prohibida a cría de aves de curral ao aire libre. Todos os propietarios de aves deben recluír as súas aves en instalacións pechadas a cuberto. Con todo, cando isto non sexa posible, poderanse manter as aves ao aire libre sempre que se instalen medios como teas paxareiras ou outros dispositivos que impidan a entrada de aves silvestres, e sempre que se alimente e abreve ás aves de curral no interior das instalacións ou nun refuxio que impida a chegada de aves silvestres e evite o contacto destas cos alimentos ou a auga destinados ás aves de curral.
• Queda prohibida a cría de patos, ocas e gansos con outras especies de aves de curral.
• Queda prohibida a utilización de paxaros das ordes Anseriformes (parrulos ou similares) e Charadriiformes (gaivotas e similares) como reclamo en actividades cinexéticas.
• Queda prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres, salvo no caso de que se trate esa auga con métodos que garantan a inactivación do virus da influenza aviaria.
• Os depósitos de auga situados no exterior requiridos por motivos de benestar animal para determinadas aves de curral, deben estar protexidos suficientemente fronte as aves silvestres ou as súas dexeccións.
• Queda prohibida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas (p. ex. aves ornamentais ou similares) nos centros de concentración de animais definidos no artigo 3.7 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, incluíndo os certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, así como calquera concentración de aves de curral ou outro tipo de aves cativas. Con todo, a autoridade competente da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de sanidade animal poderá autorizar ditas concentracións sempre que se efectúe unha avaliación do risco que dea un resultado favorable.
As medidas establecidas na actual situación de risco son de aplicación para calquera tipo de explotación avícola, sexa industrial, artesanal ou de pequena capacidade, así como tamén para os currais familiares de autoconsumo.
TERCEIRO.- Que as ditas medidas adoptadas polo MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN poderán ser revisadas pola dita Administración estatal, en función da situación epidemiolóxica con respecto á dita enfermidade infecciosa das da gripe ou influenza aviar
Asdo. José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde-Presidente do Concello de Xove
Solicitude de árbores ...
07/Novembro/2025
Delegación de Agricultura
-

Andaina contra a violencia de xénero
04/Novembro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-

---> INSCRIPCIÓN <----
XI Concurso de Fotografía de Medio Ambiente: “Xove, a súa costa e o seu mar”
02/Novembro/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Concello de Xove anuncia os gañadores desta nova edición, que contou coa maior participación ata o momento. Grazas a todos e todas por compartir o voso talento e amor pola natureza e o noso mar.
Premiados 2025:
1️⃣ Miguel Ángel Díaz Gallego, coa foto “Luces” – 120€ 2️⃣ Alberto Rapa Martínez, coa foto “Remanso Nocturno” – 100€ 3️⃣ Germán Paleo Navarro, coa foto “Rastro de Luz” – 90€ 4️⃣ David Pablo Salgueiro, coa foto “Mirador” – 75€ 5️⃣ Mónica Vila Ferreirós, coa foto “Papel” – 65€

ENTREGA DE PREMIOS



Noraboa aos gañadores e o noso sincero agradecemento a todos os participantes.
Becas e Axudas o Estudo 2025-2026
08/Outubro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-
Apertura do prazo, ata o 27 de outubro, para solicitar as axudas ao estudo para o curso 2025/2026 do Concello.
** AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA SOLICITAR ATA O 6 DE NOVEMBRO DE 2025
As solicitudes en papel poderán recollerse no rexistro do Concello, onde se facilitarán todos os modelos e a documentación a presentar.

EXTRACTO DA RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 2025-1659 DO 24 DE SETEMBRO DE 2025 POLA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA DAS AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE XOVE PARA O CURSO 2025-2026.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/859793)
Primeira. Beneficiarios.As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva do núcleo familiar no Concello de Xove salvo no caso de independencia da persoa solicitante, que se considerará tal se no momento da solicitude ten contrato de traballo en vigor, e en cuxo caso se requirirá o empadroamento e residencia efectiva persoal.
Segunda. Obxecto .- As bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do material e pago das taxas ou prezos de quen se atope realizando estudos, coas dotacións máximas e demais condicionantes que se fixan nas bases posteriores. Para os efectos das presentes Bases, enténdese por Bolsa ou Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias” As modalidades de bolsas e axudas ao estudo son as seguintes: MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario. MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela. MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación. MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar. MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento. MODALIDADE 6.- Axudas para máster.
Terceira. Bases reguladoras Poden consultarse as Bases Regulamentadoras da presente convocatoria QUE FIGURAN Ó FINAL DESTE ARTIGO.
Cuarta. Contía.- O Concello de Xove aboará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases por alumno ou alumna segundo a renda per cápita familiar (englobando os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia) que consta na declaración do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas presentada no ano da solicitude. As dotacións das bolsas son as seguintes: 1.- Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 € 2.- Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00 € cada unha, cunha contía mínima de 100,00 € 3.- Modalidade 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00 € cada unha 4.- Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación: a.- Preescolar: 65,00 € b.- Primaria e ESO: 60,00 € c.- Bacharelato: 125,00 € d.- Ciclos formativos: 125,00 € 5.- Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00 €. 6.- Modalidade 6.- Axudas para máster, dotada con 500,00 €.
Quinta. Requisitos dos solicitantes- Os interesados na concesión dunha bolsa ou axuda ao estudo deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectivo do núcleo familiar no Concello de Xove e, en caso de independencia do solicitante, que se considerará tal se no momento da solicitude ten contrato de traballo en vigor, requirirase o empadroamento e residencia efectivo persoal. Ademais, no caso das axudas da Modalidade 1 de bolsas e axudas ao estudo universitario, é condición indispensable non ter máis de dúas materias suspensas de cursos anteriores, a condición de que o alumno estea matriculado dun curso completo ou dun número de materias non inferior a cinco. E así proporcionalmente ao número de materias. Así mesmo, para o gozar do total da axuda da modalidade 6 de máster deberá acreditarse documentalmente un gasto superior á cantidade para conceder, entendéndose como gastos a xustificar os derivados da matrícula, gastos de estancia, gastos de desprazamentos, gastos de alimentación e/ou gastos de material, e no caso de non xustificar o total da axuda, esta se prorrateará. Os gastos deberán ser xustificados con facturas, taxas de matrícula, contratos (estancia) ou calquera outro gasto que acredite fidedignamente a realización do gasto sen admitirse simples recibos nin declaracións.
Sexta. Prazo de presentación das solicitudes.- Os interesados en acceder ás bolsas e axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello e acompañar a documentación sinalada na Cláusula Oitava. As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados e poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Xove así como nas dependencias de Servizos Sociais do Concello e dirixiranse ao AlcaldePresidente do Concello de Xove. O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da data de publicación pola Base de datos Nacional de Subvencións do Extracto da Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sen que en ningún caso a duración da devandita prórroga poida exceder de 10 días. Así mesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
BASES BECAS 2025-2026
FORMULARIOS PARA SOLICITAR, SEXA PRESENCIAL NO REXISTRO DO CONCELLO OU TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA
1.-SOLICITUD BECA 2025-2026
2.-DECLARACIÓN RESPONSABLE
3.- DECLARACIÓN DE REQUISITOS
4.-DECLARACION DOUTRAS AXUDAS
* PRESENCIAL: NO REXISTRO DE ENTRADA DAS OFICINAS XERAIS DO CONCELLO, EN HORARIO DE 8:30 A 14:30 HORAS
* ELECTRÓNICA: NA SEDE DO CONCELLO (instancia xeral) Sede Electrónica de Xove
No caso de que se elixa este método, a solicitude e documentación reseñada deberá presentarse na Sede electrónica do Concello usando "instancia xeral" e incluir a Solicitude de Beca (1) así como o resto da documentación esixida.
Obradoiros Yoga 2025
08/Outubro/2025
Departamento de Servizos Sociais
-

Festa do Deporte en Xove 2025
08/Outubro/2025
Concellería de Deporte e Turismo
-
Este venres, día 10 de outubro celebramos en Xove a Festa do deporte a partir das 20:00 no pavillón Municipal.
A esta festa están convidados todos os deportistas do concello que practican algunha modalidade deportiva dentro dalgunha asociación. Será unha xornada de convivencia onde se fará entrega dunha medalla a todos os participantes como símbolo de recompensa ao esforzo, superación, traballo en equipo, respecto,compromiso, constancia... que nos transmite o deporte.
Tamén se fará unha mención especial a aqueles deportistas que lograron acadar un posto entre os tres primeiros clasificados nas diferentes competicións oficiais a nivel provincial,autónomico, nacional e como é o caso intercontinental.

ITV vehículos Agrícolas 2025
07/Outubro/2025
Delegación de Agricultura
-

|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|