Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
PROGRAMACIÓN NADAL
23/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos:
-
- Xoves, 24 de decembro à Teremos un Ciclo de Cine Ambiental e Solidario a partires das 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, coa proxección das películas “LA DEUDA OCULTA” – “BLOOD COLTAN” E “ALMA”, ciclo que conta coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
- Venres, 25 de decembro – DÍA DE NADALà A partires das 17:00 horas (5 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter o ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN INFANTIL “ESPECIAL NADAL, con músicas e bailes en especial para nenos/as, que inclúe tamén un obradoiro de xogos xigantes e un Papá Noel. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. A entrada a este espectáculo “Especial Nadal” é totalmente LIBRE E GRATUITA.
Actividades de Nadal no Concello de Xove
18/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Durante a mañá de hoxe tivemos unha serie de actividades englobadas no Programa de Nadal do Concello:
-
- Ás 11:00 h. Festival de Nadal da Escola Infantil de Xove (Gardería Municipal) celebrado nun local da Oficina Municipal de Turismo.
- Ás 12:15 h. Presentación no Salón de Plenos do Concello do Calendario Municipal 2016, na que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e a coordinadora do mesmo Lucía Sánchez, do Laboratorio de Investigación Social do Concello.
- Ás 12:30 h. Presentación no Salón de Plenos do Concello o Gran Concerto de Nadal para celebrar os 25 anos da creación da Orquestra Clásica de Xove, na que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e o director da Orquestra Xan Carballal.
Aberta a inscripción o Concurso de Karaoke 2015
15/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa quinta edición, o sábado 26 de decembro. Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; JUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos.
ABERTA A INSCRICIÓN .........> Inscribete xa!
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición está aberta dende a semana pasada. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade, e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
***---- CONVOCATORIA E BASES --***-FICHA DE INSCRIPCIÓN ---***-- LISTADO DE CANCIÓNS ------**
A inscrición vai estar aberta tamén o día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse. Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o vindeiro luns, 21 de decembro ás 14:30 horas.
ENTREGA DE DIPLOMAS AOS VOLUNTARIOS XUVENÍS
05/Decembro/2015
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe 5 de Decembro, Día Internacional do Voluntariado, as Concelleiras de Xuventude Cristina Iglesias e Ana Abad, fixeron entrega dos diplomas de participación as cinco voluntarias participantes no proxecto “Xuventude Activa Mañás Activas 2015” que se enmarca dentro do Programa de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.-Este ano participaron con nos Alejandra, Katia, María Carolina, María Raquel e Alba.
Presentación do Programa de Nadal 2015-2016
04/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 13:00 horas, tivo lugar a presentación da PROGRAMACIÓN DO NADAL 2015-2016 en Xove, na que participaron o Alcalde e as concelleiras de Cultura e Turismo.
PROGRAMACIÓN
Ciclo de Cine Ambiental e Solidario no IES Illa de Sarón
04/Decembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón, con arranxo aos seguintes horarios:
- Xoves, 10 de decembro: -Ás 09:40 h: “GREEN” para os alumnos de 2º de ESO. -Ás 12:50 h.: “GREEN” para os alumnos de 1º de ESO. -Ás 13:40 h.: “AMAZONÍA CARBONIZADA” para os alumnos de 4º de ESO.
- Martes, 15 de decembro: -Ás 13:40 h. : “MARCHA ATRÁS” para os alumnos de 3º de ESO.
A intención de realizar este ciclo, tanto por parte do IES Illa de Sarón como por parte do Concello, é a de concienciar aos nosos xoves no cuidado e protección do noso medioambiente, e isto a través de medios audiovisuais tan interesantes coma os documentais.
Eleccións Xerais 2015: Sorteo dos Membros das Mesas Electorais
24/Novembro/2015
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Despois de haberse celebrado o Pleno Municipal de 23/11/2015 para elexir as persoas que formarán parte das distintas mesas electorais do Concello para as próximas Eleccións Xerais de 20 de decembro de 2015, o resultado foi o seguinte:
- CENTRO SOCIAL DE A VARA*DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
Presidenta: ROCIO BERMUDEZ RODRIGUEZ con D.N.I.:34637295P
1º Vocal: ALEJANDRO QUINTAS VILAR con D.N.I.:34638604Y
2º Vocal: ANTONIO ALONSO PITA con D.N.I.:33303317F
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: ABEL VALE LOPEZ con D.N.I.:34637095S
2º Suplente de Presidente/a: JOSE MEITIN BAÑO con D.N.I.:76563981V
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA JOSE BERMUDEZ BERMUDEZ con D.N.I.:33994887J
2º Suplente de 1º Vocal: MARIA ROSARIO REGO PERNAS con D.N.I.:76563968G
1º Suplente de 2º Vocal: FELIX MENDEZ GALDO con D.N.I.:34881352N
2º Suplente de 2º Vocal: MARIA CARMEN ESPESO CASQUETE con D.N.I.:77594690G
- CENTRO CIVICO DE XOVE*DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
Presidenta: MARIA RAQUEL DIAZ ALVAREZ con D.N.I.:33993910W
1º Vocal: MARIA INMACULADA CASARIEGO FERNANDEZ
2º Vocal: RUBEN DAYAN FERNANDEZ con D.N.I.:34638861X
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: ANA ISABEL CODESAL BAAMONDE con D.N.I.:09277944C
2º Suplente de Presidente/a: MARIA CARMEN OLGA CASTRO LOPEZ con D.N.I.:51631432C
1º Suplente de 1º Vocal: DIEGO BERMUDEZ BERMUDEZ con D.N.I.:34637625Q
2º Suplente de 1º Vocal: MARIA MAR GONZALEZ BERMUDEZ con D.N.I.:33998549H
1º Suplente de 2º Vocal: FERNANDO GONZALEZ GARCIA con D.N.I.:33999301B
2º Suplente de 2º Vocal: REBECA BERMUDEZ RAMUDO con D.N.I.:35590107E
- CENTRO CIVICO DE XOVE*DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
Presidenta: ELENA MIRAGAYA PRIETO con D.N.I.:77595896Z
1º Vocal: MARIA DEL CARMEN VILLARES ACEBEDO con D.N.I.:35590879N
2º Vocal: GEORGINA RODRIGUEZ MIGUEZ con D.N.I.:33998582M
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: SONIA PRADO BARRO con D.N.I.:33998114C
2º Suplente de Presidente/a: JESUS ANGEL NOVO MENDEZ con D.N.I.:77595894N
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA BELEN MENENDEZ LOPEZ con D.N.I.:33326829J
2º Suplente de 1º Vocal: PATRICIA MASEDA MIGUEZ con D.N.I.:33553834P
1º Suplente de 2º Vocal: FRANCISCO RAMON PEREZ GONZALEZ con D.N.I.:33992857F
2º Suplente de 2º Vocal: ROSA MARIA MONTERO IGLESIAS con D.N.I.:76566262K
- ANTIGUA ESCUELA VILACHÁ*DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
Presidente: GORKA VILLOTA GUELBENZU con D.N.I.:33997312T
1º Vocal: MARIA RAQUEL LOSADA CASAS con D.N.I.:77593932M
2º Vocal: PABLO FRAGA BEN con D.N.I.:34881341R
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: JUAN MANUEL GOMEZ FERNANDEZ con D.N.I.:33313195H
2º Suplente de Presidente/a: INES RAMOS CASAS con D.N.I.:34637114B
1º Suplente de 1º Vocal: MARIA TERESA RODRIGUEZ ALVAREZ con D.N.I.:77597276Z
2º Suplente de 1º Vocal: ZEUS LOSADA SANCHEZ con D.N.I.:34882006E
1º Suplente de 2º Vocal: ESTEFANIA IGLESIAS PARAPAR con D.N.I.:34881163F
2º Suplente de 2º Vocal: FRANCISCO JOSE SALGUEIRO FERNANDEZ con DNI 77597187V
- AGRUP. ESCOLAR GULPILLEIRAS-RIGUEIRA*DISTRITO: 01 SECCION: 002 MESA:U
Titulares :
Presidenta: MARIA ILIA LAGE CANOURA con D.N.I.:33991971H
1º Vocal: MARIA SOL MIGUEZ RIVAS con D.N.I.:77591920V
2º Vocal: AITOR CAMPO PEDREIRA con D.N.I.:33999805D
Suplentes :
1º Suplente de Presidente/a: MONICA M VILLAR COUTO con D.N.I.:77594311Q
2º Suplente de Presidente/a: ANA BELEN CORRAL MERA con D.N.I.:33998213G
1º Suplente de 1º Vocal: MONICA PARDO PERNAS con D.N.I.:77596445B
2º Suplente de 1º Vocal: SONIA BALSEIRO GOMEZ con D.N.I.:34635586R
1º Suplente de 2º Vocal: JORGE FERNANDEZ LOPEZ con D.N.I.:34638122F
2º Suplente de 2º Vocal: ANDRES DUARTE MIGUEZ con D.N.I.:77591716C
------- MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS --------
Día internacional do neno na Escola infantil de Xove
20/Novembro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
A Escola Infantil de Xove celebrou hoxe, 20 de novembro, o Día Internacional do Neno, adicado a tódolos nenos e nenas do mundo. Dentro das actividades realizadas, elaborouse un mural entre todo o alumnado, colocando tamén globos e gorros que decoraron os nenos coas súas familias. Asimesmo, e coa colaboración de 2 persoas en prácticas do curso “Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil”, pintouselle a cara a moitos dos nenos/as da Escola.
XOVE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO NENO
19/Novembro/2015
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O SABADO, 21 de novembro, a partires das 16:30 horas, na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) vaise celebrar o DÍA INTERNACIONAL NO NENO, coa participación de nenos/as de 6 a 11 anos. O Programa de actividades, que se van desenvoler a partires das 16:30 horas na OMIX, consiste en dous obradoiros, un de CESPÍN e outro de HAMA BEADS. A data para anotarse nesta actividade rematou o pasado 17 deste mes. Para realización desta actividade cóntase coa participación de dúas voluntarias do curso de “Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”.
DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA
17/Novembro/2015
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Mañá, mércores 18 de novembro, a partires das 16:30 horas, na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX) vaise celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA coa gravación Lipdub (vídeo musica), no cal van participar rapaces/as de 12 a 17 anos.
A data para anotarse nesta actividade rematou hoxe. Para realización desta actividade cóntase coa participación de dúas voluntarias do curso de “Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil”.
EXPOSICIÓN "A PAZ CUESTIÓN DE FONDO" EN XOVE
17/Novembro/2015
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
A sala de exposicións do Centro Cívico de Xove acolle a mostra ‘A Paz Cuestión de Fondo’, organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exhibición abriuse o día 5 de novembro e permanecerá na vila ata o 1 de decembro, con entrada de balde. A Exposición está aberta diariamente en horario de 10:00a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. A entrada á mesma realízase pola porta principal do Salón de Actos.
A exposición, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de dignidade, o que aumenta as diferenzas sociais e agudiza o abismo entre ricos e pobres. O Fondo Galego de Cooperación entende que o desenvolvemento sostible non é posible neste contexto, por iso quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores. Os paneis da exposición ‘A Paz Cuestión de Fondo’ pretenden achegar á cidadanía os conceptos básicos necesarios para unha comprensión axeitada da paz nun sentido amplo, os factores que a ameazan e mais os instrumentos e actitudes que contribúen a promovela. Trátase de que nenos e adultos entendan que a paz non é só a ausencia de guerra, pois existen outros tipos de violencia que atentan contra ela. Ao mesmo tempo, inténtase desenvolver nos máis novos un espírito crítico coa realidade.O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 87 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.
XXVII TIRADA DE BOLOS-(TEMPORADA 2015/2016)
12/Novembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
INCIDENCIAS DA 6ª TIRADA .- (CENTRO SOCIAL DE A VARA - SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO 2015)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (7 NOVEMBRO 2015)
35 INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA
|
CLASIFICACION |
NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
LIGA SENIOR |
PRIMEIRO |
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
262 |
12 |
SEGUNDO |
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
260 |
10 |
TERCEIRO |
C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
248 |
8 |
CUARTO |
ARTURO VIGO CASABELLA |
238 |
7 |
QUINTO |
JOSE VIGO LAGE |
219 |
6 |
SEXTO |
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
217 |
5 |
SÉTIMO |
JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
208 |
4 |
OITAVO |
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
174 |
3 |
NOVENO |
MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ |
153 |
2 |
DÉCIMO |
RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
152 |
1 |
MELLOR BOLADA |
C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
85 |
1 |
LIGA SUB 16 |
PRMEIRO |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
147 |
6 |
SEGUNDO |
MIGUEL LÓPEZ BERMÚDEZ |
120 |
4 |
TERCEIRO |
HUGO PEREZ MEITÍN |
89 |
3 |
CUARTO |
JULIA LÓPEZ FORMOSO |
84 |
2 |
QUINTO |
JAVIER ALONSO LÓPEZ |
80 |
1 |
MELLOR BOLADA |
DANIEL ALONSO LÓPEZ |
56 |
1 |
LIGA FEMININA |
PRMEIRO |
BELÉN MEITÍN ROUCO |
105 |
6 |
SEGUNDO |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
95 |
4 |
TERCEIRO |
SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
88 |
3 |
CUARTO |
DOLORES BAÑO FRAGA |
84 |
2 |
QUINTO |
PAULA CAMPO SUÁREZ |
70 |
1 |
MELLOR BOLADA |
SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
50 |
1 |
Liga Senior Masculina.- Aprétase a clasificación na cabeza. A victoria de Sócrates Campo acorta a distancia a só 2 puntos do líder, que nesta ocasión non puido pasar do sétimo posto, rompendo dalgunha maneira a regularidade que viña mantendo. Por detrais, Francisco Pérez (31 puntos) e Moisés Rodríguez (30 pts) mantéñense á expectativa, xunto cun numeroso grupo de perseguidores con máis de 20 puntos. Polo tanto, pasado un tercio da competición, destacar a igualdade na clasificación. Isto cremos que é positivo para o campionato, axudando a manter un alto nivel competitivo no mesmo.
Liga Senior Feminina.- Belén Meitín conseguiu superar á lider Salomé Cardoso nesta tirada, restándolle un punto na clasificación, que inda mantén cunha cómoda vantaxe de 9 puntos (33 por 24). En terceira posición a veterana Salomé Bermúdez, que con 15 puntos estase a destacar por enriba de Carmen Roca, unha das grandes favoritas que, nestes intres, está arrostrando problemas físicos que lle impiden competir a un nivel normal.
Liga Sub 16.- Poucas novedades nesta categoría, cunha victoria máis, pleno polo momento, de Daniel Alonso. Miguel López sigue instalado cómodo na segunda posición, sen ninguén que o inquiete pero sin inquietar tampouco él ao líder. Onde se presume unha loita nesta categoría é polo terceiro posto, para o cal Javier Alonso parte con vantaxe, seguido de Julia López e Hugo Péres.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO DE 2015.
Interferencias da TV en zonas do Concello
05/Novembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A posta en marcha do servizo 4G por parte dalgunhas compañías telefónicas está dando problemas en algunhas zonas do noso Concello (así nolo están facendo saber algúns veciños), e supoñemos que en moitas do resto de España, dado que a sinal do 4G interacciona coa sinal de TDT da televisión, dando lugar a unha mala recepción da sinal de televisión. Para solucionar isto é necesario colocar un filtro antes do amplificador da antena da TDT, o cal ten que facer lóxicamente un instalador autorizado.
O Estado, para solucionar este problema, ten habilitado unha web informativa (www.llega800.es) e un teléfono ao que se poden dirixir tódolos afectados. Pois ben, a través da páxina web ou do teléfono (900.833.999 – teléfono gratuito, activo de luns a sábado dende as 09:00 ás 22:00 horas) pódese xestionar o envío dun filtro totalmente gratuito ou ben que lle envíen un instalador á casa que lle colocará gratuitamente o filtro. Isto o ten que facer cada usuario individualmente, chamando ao teléfono antes citado.
Concurso de Postais de Nadal 2015
04/Novembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O CONCELLO DE XOVE obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o Nadal, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan neste concurso de Postais.
Contía dos premios .- Haberá cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar valorados en 25 euros. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno. Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.
Requisitos dos participantes.- Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde preescolar ata 4º de ESO) A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto.- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 18 de decembro.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
Samaín na OMIX 2015
30/Outubro/2015
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 30 de novembro, ás 16:00 horas, comezamos as actividades do Samaín co baleirado de cabazas. Este ano participaron 14 nenos, de idades comprendidas entre 6 e 10 anos. Mañá seguimos con xogos e distintas actividades a partir das 16:30 horas.
ACD´XOVE --> SENDA COSTEIRA DE XOVE-2015
29/Outubro/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
Domingo 8 de Novembro de 2015
O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza esta Xuntanza Sendeirista-2015 de forma totalmente GRATUITA, co obxetivo de promocionar entre tódolos afeccionados o Sendeirismo, a Ruta “Senda Costeira de Xove”.Tódolos participantes desprazaranse ata o Portiño de Morás por conta propia. Dende Morás ata o punto de saída da Ruta, que será en Vilachá o desprazamento farase en autobuses (GRATUITO para tódolos participantes). A saída dos autobuses dende Morás será as 9:30horas mañan. En Vilachá (cruce da pista que leva a Igrexa) ,farase a saída da Ruta “Senda Costeira de Xove”, as 10:00h. da mañan. A Ruta ten unha distancia de 12 km. polos paraxes costeiros mais bonitos de Xove. A chegada a Morás (O Portiño) será aproximadamente sobre as 13:30h. da tarde, onde estarán os vehículos particulares, e darase por finalizada esta Xuntanza-2015. As 14:30h. tódolos membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, que fixeran previamente ca Organización a reserva, accederán o Restaurante “A Cancela” para xantar un menú a base de cocido galego. Este xantar será como Clausura da Tempada 2015 de Rutas de Sendeirismo.
O prezo do Cocido Galego, e de 22.-€/persoa
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|