Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Consellos para a Mellora na Xestión de Residuos
08/Xullo/2016
Departamento de Obras
-
NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE MATERIAIS PARA O SEU TRASLADO AO PUNTO LIMPO
- Comunicar o aviso chamando ao Teléfono do Concello (982.59.20.01) e indicar o material do que se quere desfacer (mobles vellos, electrodomésticos inservibles), e a súa ubicación.
- Cando haxa avisos suficientes procederase dende o concello á súa retirada , empregando o Vehículo Municipal para darlle traslado ao punto limpo. servizo gratuito.
Para os veciños que queiran depositar directamente os materiais no punto limpo (Polígono Industrial de Camba), o horario é o seguinte:
- NO INVERNO: -Luns: de 8:00h. a 14:30h. -Martes a Venres: 8:00h. a 15:00h. -Sábados: 10:00h. a 13:00h.
- NO VERÁN: -Luns: de 9:00h. a 14:00h. - Martes a Venres: 9:00h. a 14:30h. -Sábados: 10:00h. a 13:00h.
Queda totalmente prohibido depositar nos contedores herba cortada, restos de animais mortos, restos de material de obra, neumáticos, de ser así, a empresa encargada da recollida do lixo, deixará sen baleirar ese contedor.
Para unha mellor e mais áxil recollida do lixo, debemos ter en conta:
-
- Contedor Verde: restos orgánicos.
- Contedor Amarelo: plásticos, latas e briks.
- Contedor Azul: papel e cartón.
- Contedor Verde redondo: vidro.
- Contedor Verde cadrado: aceite de cociña usado.
- Contedor Azul claro cadrado: roupa e calzado inservibles.
RECOLLE OS EXCREMENTOS DO TEU CAN E A TUA RESPONSABILIDADE!
Leer más:Consellos para a Mellora na Xestión de Residuos
Concurso de Fotografía Medioambiental 2016
05/Xullo/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o III Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. Dentro do concurso imos ter dúas categorías:Adultos, que teñan 18 anos ou máis. Xuvenil, para menores de 18 anos. En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
Normas do concurso: A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte: -Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto. -Copia do NIF do concursante. -Un CD que conteña as imaxes dixitais. O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ATA O DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2.016, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 16 DE SETEMBRO DE 2016. Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
----> Ficha de Autoría <-----
Cristian Rodríguez: Campión Mundial por Parellas
30/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Despois de celebrada o Campionato Intercontinental, durante os dias 24, 25 e 26 de xuño, tamén nos campos de Nigrán, Bayona e Gondomar, desenvolveuse o Campionato Mundial De Bolos, cita a que acudeu o Club de Bolos Xove cun importante grupo de tiradores. O xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodriguez Baño, que no Intercontinental conseguira proclamarse Campion Individual, volveu a encaramarse ao máis alto do podium neste Camionato Mundial. Formando parella co xogador Alberto González do Club de Bolos Xunqueira, Cristian conseguiu o Campionato Mundial de Bolo Celta na modalidade de Parellas. Ainda que no clasificatorio para elixir as 8 parellas que disputarian a fase final no Campo de Bolos de Baiona estiveron a piques de quedar fora, no ultimo intre Cristian e Alberto conseguiron meterse como a octava parella. Neste clasificatorio a parella formada polos xovenses Ginés Rodriguez e Oscar Perez pasaron no posto 5 a fase final.
Na primeira eliminatoria Gines e Oscar quedaron eliminados tras unhas boas xogadas en tiro pero pesimo xogo en birle. Sen embargo Cristian e Alberto foron mellorando o seo xogo ata facerse co Campeonato Mundial, sen ter moitos apuros en ningunha eliminatoria
Por último, na categoria individual, só Oscar Perez acadou sitio nos 16 mellores, quedando Gines Rodríguez a un so posto de disputar o Campeonato individual. Oscar quedou fora na primeira eliminatorio nun partido moi disputado pero a sorte non estivo do seu lado.
Tradicional Foliada de SAIÑAS 2016
30/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación Saiñas de Xove organiza, un ano máis, a TRADICIONAL FOLIADA que este ano acada a súa duodécima edición. Dentro do Programa de actividades desta Foliada, onde temos que destacar o CONCERTO DE ”RADIO COS”, que se vai desenvolver SABADO 2 DE XULLO a partires das 22:30 horas na Praza do Centro Cívico, con entrada libre e gratuita!
Visita dos nenos da Escola Infantil
30/Xuño/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, aproveitando o bo tempo, tódolos nenos/as da Escola Infantil de Xove disfrutaron dunha xornada no exterior; deste xeito, desprazáronse á Praza do Centro Cívico onde puideron disfrutar do coche do Servizo Municipal de Vixiancia e do coche de bombeiros.
Persoal municipal especializado colaboruou nesta xornada, e os nenos puideron entrar nos coches, ver as sirenas encendidas, como funcionan as mangueiras, etc.
Curso preparatorio das probas para obter o CELGA 2
30/Xuño/2016
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Curso preparatorio das probas para obter o Certificado de Lingua Galega CELGA 2
-
-
- Lugar: IES Illa de Sarón (Xove)
- Datas: do 12/09/2016 ao 02/11/2016
- Horario: das 19:00 ás 21:00 horas
- Días: de luns a venres
- Prazas limitadas.- Gratuíto.-
- prazo para anotarse: ata o 16/07/2016
Forma de anotarse:
- Presencialmente: no departamento de emprego e desenvolvemento local do concello de xove
- Telematicamente: na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Blog Emprego Xove:
Información de interese para persoas desempregadas, emprendedoras e para empresas do municipio de Xove http://empregoxove.wordpress.com
Reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2016/2017
28/Xuño/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2016/2017 abarcará do 29 de xuño a 13 de xullo para alumnos/as de novo ingreso.
Documentación a presentar para solicitar a Reserva de Praza :
-
- Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais).
- Fotocopia do DNI ou pasaporte dos/as pais/nais ou representante legal.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Título de Familia Numerosa, de ser o caso.
- Certificado de Empadroamento Colectivo.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións, certificado do INEM acreditativo das prestacións percibidas, certificado expedido por Facenda que acredite a alta no IAE e os pagos fraccionados do ano correspondente,...)
- Sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno filiais, de ser o caso.
- Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude, con especificación da xornada laboral.
Apertura plazo solicitudes becas Transporte e Comedor 2015-2016
28/Xuño/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Anuncio de convocatoria de Becas para transporte e comedor que se abre hoxe o plazo, hasta o VENRES 15 de xullo de 2016
---> a convocatoria pódese obter no portal transparencia <---------
Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as Bases reguladoras da concesión de bolsas e axudas ao estudo, cursen estudos en ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte; así como aqueles outros estudantes que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus estudos.
Actuación final da Escola de Música 2016
24/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 13.00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, desenvolveuse aberto ao público o CONCERTO FINAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE, que pon remate ás actividades deste Curso 2015-2016. No Concerto participaron tódolos alumn@s da mesma, ben conxuntamente ou con actuacións individuais.
Imaxes:Ximnasio-Piscina Municipal
23/Xuño/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Cristian Rodríguez : Campión Intercontinental de Bolos
22/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Campionato Intercontinental de Bolo Celta desenvolveuse o pasado fin de semana (18 e 19 de xuño) nos campos de bolos dos concellos de Nigrán. Gondomar e Bayona. Neste campeonato participaron xogadores de Argentina, Utruguay, Chile, Portugal e España.Pois ben, o xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodriguez Baño consigueo o título de CAMPION INDIVIDUAL neste campeonato Intercontinental na modalidade de Bolo Celta. Cristian acadou este titulo tras ser o lanzador que consigueo unha mellor puntuacion despois de 12 tiradas e vencendo a un total de 140 xogadores (35 equipos de 4 xogadores cada equipo) .-Cristian fixo un total de 548 puntos, sacándollle a Inocencio Valverde (actual campión galego) un total de 24 puntos. Asimesmo, Cristian consigueo o titulo de CAMPIÓN DE PARELLAS formando parella con Alberto González (Club de Bolos Xunqueira).
E para completar un fin de semana impresionante, Cristian Rodríguez (Club de Bolos Xove) xunto a Roberto Paz, Diego Perez e Alberto Gonzalez acadaron a 3ª praza no Campionato por equipos formando parte da SELECCION GALEGA ABSOLUTA. Pois ben, a cita cos bolos non rematou neste Intercontinental xa que, durante os dias 24, 25 e 26 deste mes, tamén nos campos de Nigrán, Bayona e Gondomar, vaise desenvolver o CAMPIONATO MUNDIAL DE BOLOS, cita a que acudirá tamén o Club de Bolos Xove cun importante grupo de tiradores.
Novo premio para a Asociación Cultural Saíñas de Xove
22/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
De noraboa podemos decir que sigue Saiñas. Depois do primeiro premio acadado hai dúas semanas no concurso organizado por Xacarandaina, o grupo de baile da asociación acaba de conseguir o 1º Premio de baile tradicional do I CONCURSO AC NEMETH 2016, desenvolvido este pasado fin de semana no Concello de Carballo, en A Coruña.
Entrega de Diplomas de Manipulador de Productos Fitosanitarios
15/Xuño/2016
Delegación de Agricultura
-
O Departamento de Agricultura do Concello organizou durante o pasado mes de maio varios CURSOS DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS DE NIVEL BÁSICO aos que se apuntaron perto de duascentas persoas de todo o Concello. Pois ben, hoxe, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de agricultura Dolores Meitín, fíxose entrega dos Certificados Aptos destes cursos ás persoas que foron acreedoras dos mesmos.
Esta entrega desenvolveuse a partires das 11:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Proxección de pelicula sobre a fibromialxia
14/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación de Fibromialxia da Mariña realizou o pasado sábado unha proxección en Xove, aberta ao público en xeral, co fin de promover a información e concienciar á sociedade sobre esta enfermidade.- A película proxectada foi SONATA PARA VIOLONCHELO, película española dirixida por Anna Bofarull e que versa sobre a fibromialxia.
Sinopse da película:Tras años de esporádicos dolores, a Julia, una famosa violonchelista que vive entregada a la música, le diagnostican una fibromialgia, una enfermedad crónica sin causa conocida. Con el paso de los días, la lucha de Julia por seguir tocando se convertirá en un combate con su propio cuerpo.
Á proxección asistiron unhas corenta persoas na OMIX de Xove, lugar onde foi proxectada o pasado sábado 11 de xuño. Rematada a proxección, a Asociación sorteou unha sesión de SPA no Hotel As Sirenas.
San Antón da Rigueira 2016
10/Xuño/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O próximo luns 13 de xuño celébrase a VIII edición da Romaría do San Antonio da Rigueira para todos aqueles que quieran gañar a Ventura do San Antonio da Rigueira.
Poderán completarase calquera das OITO Rutas dos Muíños habilitadas ao longo de todo o concello de Xove a tal efecto. Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar:
- Recepción dos romeiros/as na carpa do Concello
- Entrega da Ventura 2016 e da flor de San Antonio (lirio blanco)
Despois de oito anos de ter iniciado esta iniciativa de recuperación da Romaría de San Antonio da Rigueira dende o Concello de Xove, este ano espérase unha grande afluencia de público con case duascentas persoas, a pesares de caer este ano o día do Santo en luns, día laborable.
Lucía Sánchez Meitín. Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. Responsable do proyecto de recuperación do San Antonio da Rigueira.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|