Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Programa de Termalismo no Camiño da Deputación de Lugo 2015
21/Outubro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Con esta nova convocatoria do programa TERMALISMO NO CAMIÑO 2015, a institución provincial lucense pon a disposición dos lucenses maiores de 50 anos un total de 1.200 prazas para acceder, entre os meses de maio e decembro, aos tratamentos ofrecidos en tres balnearios da provincia: Augas Santas, Río Pambre e Lugo.Ás persoas beneficiarias deste programa facilítaselles o acceso aos tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ao tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais. Requisitos: Ter máis de 50 anos e estar empadroado/a na provincia de Lugo.
Servizos: Termalismo no Camiño 2015 ofrece descontos de ata 60 euros en balnearios lucenses dos seguintes paquetes de prestacións: 6 días con 5 noites de estancia.- 5 pensións completas Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento .- Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida.- 8 técnicas de balneario.- 1 recoñecemento médico á chegada.- De luns a xoves: programa de animación sociocultural
Cada beneficiario poderá acudir cun acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os requisitos de ter máis de 50 anos e estar empadroado na provincia. Prazo de inscrición e documentación: Aberto o prazo de inscrición.
Máis información Tel. 982 260 075 | Información Termalismo no Camiño 2015 Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e na --- web da Diputación de Lugo ---
Aberto o prazo para solicitar árbores autóctonos e frutais 2015
20/Outubro/2015
Delegación de Agricultura
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, acaba de ABRIR O PRAZO para SOLICITAR ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN. Este prazo abreuse onte, luns 26 de outubro e rematará o vindeiro 28 de decembro do presente ano.Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, o poden facer no Departamento de Agricultura en horario normal de oficina.
PREZOS .....
Leer más:Aberto o prazo para solicitar árbores autóctonos e frutais 2015
campaña para fomentar o emprego do galego no comercio e na industria do municipio
19/Outubro/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local ven de deseñar unha campaña para fomentar o emprego do galego no comercio e na industria do municipio. Subvencionada pola Xunta de Galiicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e en colaboración coa ACIAM.
‘Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego’ é o nome da primeira das accións deseñadas para esta campaña que ademais pretende incentivar o consumo nas empresas locais, desenvolvendo un concurso no que poderán participar todas as persoas que así o desexen.
Só é necesario realizar unha autofoto, popularmente selfie, na que se mostre o eslogan da campaña #EuMercoEnXove,EuMercoEnGalego e enviala á dirección de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. antes do 8 de novembro. As imaxes serán publicadas no Facebook do Concello e sometidas a votación popular, as tres imaxes con máis ‘Me Gusta’ gañarán, cada unha, un vale de desconto para mercar nas empresas do Concello.
O luns 9 de Novembro serán publicadas as fotografías que participarán no sorteo, así coma as outras accións da campaña que inclúen a edición de cartaces publicitarios e dun video promocional da campaña Eu Merco en Xove, Eu Merco en Galego.
O deseño desta campaña foi elaborado pola Iniciativa Local de Emprego de Xove: Fabián Ben Conde Digital Marketing & Community Manager.
Remataron as obras de remodelación da Escola Infantil de Xove
16/Outubro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
A Escola Infantil Municipal de Xove foi obxecto durante dos meses de agosto e setembro dunha importante reforma. Coa mesma, a gardería gana en funcionalidade ao contar con tres unidades diferenciadas (0-1, 1-2, 2-3), unha sala de usos múltiples máis ampla, modificación e ampliación de baños e equipamento do office. Ademais, procedeuse a reformar a instalación eléctrica, cambio de chan e carpintería, illamento do edificio,…etc. As novas cores coa que se pintou e unha nova iluminación fan que os espazos sexan moito máis luminosos, o que sen dúbida vai facer moito máis agradable a estadía dos nenos/as na gardería, e como non, tamén a das súas coidadoras.Unha vez rematadas as obras, por parte do Concello procedeuse a decorar e amoblar os distintos espazos, polo que a Escola xa está totalmente operativa. Antes de comezar a súa actividade normal, e co fin de que os papás viran como quedou a gardería tras estas importantes reformas, o Concello organizou para hoxe unha xornada de portas abertas dende as 9.00 ata as 14:00 horas. O investimento nestas obras de reforma foi de 59.929, 61€, financiado integramente con fondos municipais. Por último, decir que a Escola vai comezar o seu funcionamento normal o vindeiro luns 19 de outubro.-
Novas medidas SOCIAIS anunciadas pola Xunta de Galicia
16/Outubro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
No marco do debate sobre o estado da Autonomía o presidente da Xunta anunciou novas medidas no eido social, entre as que cabe destacar as seguintes:
-
- Con efectos a partir do 1 de novembro vaise poñer en marcha un programa para evitar os cortes de luz por impagamento ás familias galegas máis vulnerables, asumindo o custo de dúas mensualidades da tarifa.
- En 2016 a Xunta reducirá o IRPF autonómico á gran maioría dos contribuíntes. Asimesmo, o 99% das galegas e galegos que reciban herdanzas como pais, fillos, netos, avós e cónxuxes non pagarán o Imposto de sucesións e doazóns, e que o 1% restante pagará menos, xa que, tipo de herdanzas, quedarán exentos de tributación os primeiros 400.000 euros e só se tributará a partir desa cifra.
- Ampliación do bono- gardaría para que as familias que queiran levar aos seus fillos a unha escola infantil, e non teñan praza nunha gardería da Xunta, reciban unha axuda.
- Creación dun bono-coidador para o rural, naquelas zonas nas que non exista opción a gardaría.
- Os nenos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2016 recibirán unha axuda directa de 100 euros ao mes para gastos básicos como alimentación ou hixiene.
Antes de que remate este 2015 entrará en vigor a Historia Social única, que integrará toda a información social dos galegos, e que supón o paso previo e imprescindible para a implantación da futura Historia SocioSanitaria.
II Concurso de Fotografía Medioambiental de Xove
15/Outubro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o II Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. Dentro do concurso tivemos dúas categorías: -Xuvenil, para menores de 18 anos. -Adultos, que teñan 18 anos ou máis.- En canto aos premios, o Concello dispuxo tres por categoría, un primeiro de 100 €, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €. Os gañadores/as van recibir un cheque-regalo que poderán gastar en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
concurso fotografico 2015
O Xurado do Concurso estivo formado polo fotógrafo de El Progreso-A Mariña José María Alves Marciel e polo fotógrafo xovense Javier Arca Uría, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo Barro. Reunido o Xurado, e despois de avaliar tódolos traballos presentados, decideu otorgar os seguintes premios:
- Categoría xuvenil (menores de 18 anos): Primeiro premio de 100 €: TATIANA FRAGA FERNÁNDEZ coa obra “Atención que ven oleaxe”. Concursante nº 15 – Rexistro nº: 3306. .- Segundo premio de 75 €: Deserto..- Terceiro premio de 50 €: Deserto.
- Categoría adultos (18 anos ou máis): Primeiro premio de 100 €: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ coa obra “Contaminación lumínica”. Concursante nº 11 – Rexistro nº: 3289. Segundo premio de 75 €: ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “Cabo de Morás” . Concursante nº 3 – Rexistro nº: 3238. Terceiro premio de 50 €: FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ coa obra “Á beira da Illa de Ansarón”. Concursante nº 17 – Rexistro nº: 3327.
VI encontro de Palilleiras en Xove 2015
15/Outubro/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
Convocatoria de BECAS e AXUDAS ao ESTUDO curso 2015/2016
15/Outubro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2015/2016 abarcará DO 15 DE OUTUBRO AO 19 DE NOVEMBRO DE 2015.
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo segundo as bases vixentes:
-
- Solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa (facilitaranse os modelos normalizados no Departamento de Servizos Sociais).
- Fotocopia do DNI do solicitante.
- Fotocopia do Libro de Familia.
- Certificado de empadroamento colectivo.
- Fotocopia da matrícula en curso.
- Fotocopia das notas acadadas no curso 2014/2015.
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello de Xove.
SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS O ESTUDIO
DECLARACION OUTRAS AXUDAS --<>-- DECLARACION RESPONSABLE
Leer más:Convocatoria de BECAS e AXUDAS ao ESTUDO curso 2015/2016
ITV tractores
09/Outubro/2015
Delegación de Agricultura
-
Onte, xoves 8 de outubro, unha unidade móvil de Inspección Técnica de Vehículos, situada diante do Cuartel da Garda Civil , estivo realizando inspeccións a numerosos vehículos agrícolas de todo o Concello.
A realización destas inspeccións xa son importantes de por sí, pero esa importancia está inda máis que xustificada pola antigüidade dalgúns dos tractores do amplo parque existente. Con isto preténdese mellorar a seguridade dos usuarios destes vehículos e, en definitiva, de tódolos veciños.
Concertos de promoción da Escola Municipal de Música 2015
22/Setembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O pasado venres, 18 de setembro, ás 10:30 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 170 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 90 alumnos/as, tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove (trio composto por dous violíns e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.Con estes dous concertos abreuse o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade, cultural por un lado e, por outro, promocional, no sentido de que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música.
Estes dous concertos organizaronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Curso de Socorrismo Acuático
22/Setembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o 27 de xullo estase a celebrar no noso Concello un CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS, organizado polo Concello e patrocinado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.- Trátase dun curso para desempregados no que participan 15 persoas, de Xove e doutros lugares da Mariña.- O curso, que se vai desenvolver ata o vindeiro 23 de outubro, dura un total de 438 horas, das cales 358 son lectivas e 80 prácticas. As clases desenvólvense en varios espazos: as teóricas na Piscina, Ximnasio, Aula de Formación e Aula Informática Municipais, tendo lugar a parte práctica nas Praias de Lago e Esteiro. O investimento total deste Curso é de 30.2061 €uros.
Resultado das probas de selección do alumnado para o curso de Dinamización de actividades...
18/Setembro/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL
Os criterios seguidos para a selección do alumnado, tal e como se indicaba xa na proba realizada o día 17 de setembro, foron os seguintes:A puntuación máxima pola proba foi de 5 puntos (1 por pregunta); o cumprimento do nivel mínimo de estudos requiridos implica 1 punto; a posesión de experiencia ou formación en actividades afines valorouse con 1 punto; e a motivación, que se valorouse nunha entrevista persoal, implicou 3 puntos máis.
A selección das persoas alumnas realizouse por orde de maior puntuación. O alumnado seleccionado ten que presentarse o luns día 21 de setembro as 10:00 horas na Aula de Formación do Concello.
listado do persoal seleccionado
Leer más:Resultado das probas de selección do alumnado para o curso de Dinamización de actividades...
Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.
18/Setembro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Obxecto: Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia.
Tipo de axuda: As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.
Persoas beneficiarias e requisitos: Poderán ser beneficiarias as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:
Leer más:Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.
Éxito do Campeonato de España Femenino de Bolos Celtas en Xove
17/Setembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este pasado fin de semana celebrouse, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, o VI CAMPEONATO DE ESPAÑA FEMENINO 2015. Este campionato comezou ás 12:00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde. O Campeonato o disputaron 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, Comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 vai desenvolveuse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.
CATEGORIA FEMENINA INDIVIDUAL.- PAULA LOPEZ, do Club de Bolos Boiro, proclamouse campiona de España de Bolo Celta. Este resultado non sorprendeu a ninguén dos que siguen esta competición, acaso existía a dúbida de si Blanca Lago (do Club de Bolos Estivada de Nigrán), varias veces Campeona de España, lle podería facer frente. Pois non, Paula López impúxose sen dificultade facéndose co seu primeiro entorchado nacional. A verdade é que unha delicia vela xogar; a súa potencia e precisión nas tiradas é extraodinaria. Polo tanto, victoria merecidísima da xogadora boirense.Pola parte do Club de Bolos Xove, Mª Carmen López aspiraba, como mínimo, a revalidar o subcampionato acadado o pasado ano, pero non puido ser, xa que non consigueu clasificarse entre as 8 finalistas. Pero a sorpresa deuna unha xove xogadora xovense: JULIA LÓPEZ, de só 12 anos, xogadora habitual da Liga Infantil de Xove, realizou un extraordinario campionato alzándose co 3º POSTO FINAL, sendo superada nas semifinais pola varias veces campiona de España Blanca Lago. Destacado foi tamén o papel doutra xogadora xovense nesta categoría; a vixente campiona da Liga de Xove, Belén Meitín, foi cuarta, sendo superada por Paula López nas semifinais e por Julia López na loita polo 3º e 4º posto.
CATEGORIA FEMININA – PARELLAS .- Esta categoría xogouse cos resultados obtidos na Categoría Individual, e así a 1ª fixo parella co 16ª, a 2º coa 15ª, etc. Nesta categoría todo o público estaba deseoso de ver se Paula López (do Club de Bolos Boiro – A Coruña) era capaz tamén de gañar nesta categoría, xa que lle tocou de parella outra xogadora potentísima, Laura Redondo, tamén do Club de Bolos Boiro; Laura tivera unha mala tarde na clasificación individual, onde posiblemente os nervios do seu primeiro campionato de alto nivel a relegaron ao posto 16. Pois ben, a punto estiveron de conseguilo, pero ao final tiñéronse que contentar co subcampionato.
CARMEN ROCA do Club de Bolos Xove, formando parella coa asturiana PAULA ALONSO do Club de Bolos Villatresmil de Asturias, conseguiron derrotar na final ás boirenses PAULA LÓPEZ E LAURA REDONDO por un claro 4 a 2. Desto xeito Carmen Roca resarcíase dos mal resultados obtidos na categoría individual e obtiña o seu primeiro entorchado nacional, superando así o subcampionato obtido o pasado ano na categoría individual. Para o terceiro posto enfrentábanse BELÉN MEITÍN do Club de Bolos Xove formando parella co LAURA GONZÁLEZ do Club de Bolos de Camos – Nigrán contra VERÓNICA FERNÁNDEZ do Club de Bolos Compastur de Asturias e MONTSE VALVERDE do Club de Bolos a Rega de Nigrán. Pois ben, a xovense Belén Meitín, xunto coa súa compañeira Laura González, lograron importe e acadar o Terceiro Posto na final. Un dos aspectos máis salientables do campionato foi o excelente ambente de compañerismo entre tódalas xogadoras, animándose unhas a outras sen distinguir se a que tiraba era unha compañeira de club ou non.
A organización do Campeonato correu a cargo do Club de Bolos Xove e a Federación Galega de Bolos; o patrocinio foi por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores, tivemos: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.
Na entrega de premios, ademáis dos representantes da Federación Galega de Bolos, participaron o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.
Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove
11/Setembro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
O sábado 3 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VI edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.- A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras, as cales inda poderán anotarse ata o mesmo VENRES 18 DE SETEMBRO. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
Oferta de Emprego do Concello de Xove
09/Setembro/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Convocatoria de persoal Docente para impartir o curso: (SSCB0209) dinamización de actividades de tempo libre educativo Infantil e Xuvenil (RD 1537/2011, de 31 de octubre) Posto de traballo: Profesor/a de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil.- nº de postos: 1 .- experiencia en ocupación relacionada coa materia do curso :1 ano
As persoas aspirantes deberán presentar no Rexistro do Concello de Xove un Curriculum Vitae asinado e unha copia compulsada do DNI e de toda a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e méritos relacionados antes das 14:00 horas do próximo martes 15 de setembro de 2015. As candidaturas que se presenten de forma non presencial no Rexistro do Concello de Xove, deberán adiantarse por fax ao nº 982592154 antes das14:00 horas do próximo martes 15 de setembro de 2015.
----------Máis info e Resolución de Alcaldía coas --->BASES REGULADORAS<------------------------
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|