Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Así é o Plan de Emprego Municipal do Concello de Xove
02/Xuño/2016
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Algunhas das experiencias tanto como empresario, traballadora ou autónomo publicadas no Diario El Progreso no apartado Especial Plan de Emprego do día 17 de maio de 2016 ....
Sorteo Membros Mesas Eleccións Xerais do 26 de Xuño de 2016
30/Maio/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrado hoxe o Pleno Municipal ó obxecto de efectuar o sorteo da composición das 5 mesas electorais existentes neste concello, resultando elexidos como titulares as seguintes persoas:
CENTRO SOCIAL DE A VARA-TOIMIL.--->DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:B
-
- Presidenta: VANESA LABAYEN BEN
- 1º Vocal: JUAN CARLOS RODRIGUEZ FERNANDEZ
- 2º Vocal: EVA LOUZAO BALSA
CENTRO CIVICO DE XOVE.----->DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:A
-
- Presidente: DAVID GARCIA RODRIGUEZ
- 1º Vocal: MIGUEL ANGEL ALVAREZ LOPEZ
- 2º Vocal: PAMELA GONZALEZ LOPEZ
CENTRO CIVICO DE XOVE.---->DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:B
-
- Presidente: ANTONIO PEREZ FRA
- 1º Vocal: MARIA JOSE MASEDA SALGUEIRO
- 2º Vocal: PILAR PRIETO PRIETO
ANTIGUA ESCUELA DE VILACHA.--->DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:A
-
- Presidenta: MARIA DOLORES PRIETO VAZQUEZ
- 1º Vocal: MARIA TERESA RODRIGUEZ ALVAREZ
- 2º Vocal: RUBEN CORRAL BAAMONDE
AGRUPACION ESCOLAR GULPILLEIRAS-RIGUEIRA.--->DISTRITO: 01 SECCION: 002 MESA:U
-
- Presidenta: GEMMA SUAREZ GARCIA
- 1º Vocal: MARIA CARMEN ESPESO CASQUETE
- 2º Vocal: AGUSTIN NIETO PENA
Máis InFo ......... http://www.infoelectoral.mir.es/miembros-de-mesa
LISTADO COMPLETO: CON TODOLOS SUPLENTES........
Leer más:Sorteo Membros Mesas Eleccións Xerais do 26 de Xuño de 2016
Entrega de diplomas curso de verán de informática da OMIX
25/Maio/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 25 de maio, ás 13:00 horas, tivo lugar a entrega de diplomas do curso de Informática de maiores , organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove. Neste curso, de 30 horas de duración, participaron un total de 16 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre 51 e 78 anos de idade, onde aprenderon a manexar programas como Windows XP/07, Internet, impresión en 3D e manexo de telefonía móbil. Os diplomas foron entregados polo Sr. Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleira de Turismo, Deportes e Xuventude, Cristina Iglesias.
Concurso Imaxes con Fondo sobre interculturalidade
24/Maio/2016
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que fai parte o teu concello/deputación, vén de lanzar o III Concurso de Fotografía e Vídeo 'Imaxes con Fondo' que, atendendo ao actual contexto internacional, marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, convida a reflexionar sobre a interculturalidade.
Unha viaxe aos proxectos do Fondo Galego de Cooperación en Mozambique e unha cámara son os principais galardóns nas categorías adulta e xuvenil. FACEBOOK
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.- ÁREA DE COMUNICACIÓN Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. www.fondogalego.org
Resultados do Concurso-Oposición de Auxiliar Administrativo OMIX
23/Maio/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Pola presente fáise pública a convocatoria para a elección e contratación de un (1) empregado laboral interino mediante o sistema de concurso oposición, para ocupar temporalmente unha praza do subgrupo de clasificación profesional C2 que se destinará a desempeñar o posto da RPT municipal con Código Identificativo 48 “ PERSOAL XUVENTUDE”. A referida praza inclúese na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2016 aprobada por resolución de Alcaldía de data 26 de xaneiro de 2016 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 34 , de data 12 de febreiro de 2016. O posto citado reflectido na RPT municipal co código 48, ten encomendadas as seguintes tarefas máis habituais:
- 1.- Abrir e pechar o Centro Xuvenil, encargándose do encedido de ordenadores e luces, así como de verificar o seu apagado e o peche de postas en fiestras ao peche do Centro.
- 2.- Prestar atención e información aos xoves que acudan ó Centro de Información Xuvenil ( becas, formación, vivenda, estudios, emprego, ocio, tempo libre, etc…)
- 3.- Buscar e recabar información de interese para os xoves do Concello, realizando consultas por correo, revisando boletíns e diarios oficiais, buscando información na rede, etc..
- 4.- Por ao dispor dos xoves, mediante a súa exposición nos taboleiros de anuncios ......
# Solicitude Aux Admin OMIX
# Bases Reguladoras (publicadas no BOP)
LISTA DE ADMITIDOS, EXCLUIDOS E CONVOCATORIA
ACTA DA CELEBRACIÓN DO PRIMEIRO EXAME
ACTA DE CELEBRACIÓN DO SEGUNDO EXAME
ACTA RESULTADO FINAL
Carreteras do Concello en mal estado....
23/Maio/2016
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Carreteras do Concello en mal estado....
23/Maio/2016
El Progreso [A Mariña]
-
XXIII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica
22/Maio/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, domingo 22 de maio, celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, comezou ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 9 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E. X. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C.X. de Viveiro, o C. Violeta de Baamonde, o C. X. Areoura-Foz e o Colexio Abrente de Pontevedra.
No que atines aos resultados acadados pola Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, Escola organizadora do evento, decir que os tres equipos cos que participamos acadaron o 1º posto na súa categoría. Así, na Categogría Iniciación, os equipos benxamín e infantil conseguiron o 1º posto. En Categoría Escolar o equipo cadete da E. M. de Xove, que hai unha semana se proclamou campión provincial no torneo celebrado en Burela, tamén se impuxo no seu torneo.
Por último, decir que este torneo de Xove serviulles aos equipos infantil e cadete como preparación para súa participación no Campionato Galego que se vai disputar o vindeiro 28 de maio no Pavillón de Riazor, en A Coruña.
Durante o transcurso da competición, ademáis do propia competición, os espectadores que enchían o Pavillón Municipal de Xove tiveron a oportunidade de ver unha serie de exhibicións gimnásticas (fóra de competición) a cargo de distintos grupos e ximnastas da E. M. de Xove, do C. X. Viveiro e o C. Violeta.
A entrega de premios e trofeos estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado por varias concelleiras.
En canto aos postos de honra acadados en tódalas categorías disputadas, temos:
Leer más: XXIII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica
Xove celebra as Letras Galegas
18/Maio/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Escola Infantil celebrou o día das Letras Galegas...
18/Maio/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
Os nenos/as da Escola Infantil de Xove disfrutaron do seu Día das Letras Galegas; neste caso a celebración desenvolveuse o luns 16 e contou coa participación dun grupo de Saiñas, concretamente unha parella de bailaríns e tres cantareiras, que fixeron as delicias dos nenos da EScola cos seus bailes e as súas músicas.
Visita escolar do CEIP Pedro Caselles Rollán
11/Maio/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un grupo de 21 alumnos, acompañados de dúas profesoras, do CEIP Pedro Caselles Rollán fixeron unha visita ao noso Concello, onde foron recibidos polo alcalde Demetrio Salgueiro no Salón de Plenos. Os alumnos, de 3º de Primaria, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do Concello, para o cal viñan provistos dun pequeno cuestionario con preguntas como “Que se sinte ao ser alcalde?”, “Como se organiza o Concello?”, “Como se recadan os impostos municipais?, etc., a tódalas cales lles respostou o alcalde. Lóxicamente, a laboura dos nenos non quedou ahí, xa que tiñan que rematar posteriormente o traballo no cole co material recopilado na entrevista co alcalde.
Presentación do Taller de Iniciación Musical de Xove
10/Maio/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un grupo de profesores e alumnos da Escola Municipal de Música de Xove ofreceron, onte pola mañá, un concerto para presentar o TALLER DE INICIACIÓN MUSICAL que a nosa Escola está a organizar para os alumnos que desexen participar do Colexio Pedro Caselles Rollán. O Concerto, que se desenvolveu no ximnaso do Colexio Pedro Caselles, contou cuns 150 alumnos do mesmo.
O taller vaise desenvolver na sé da Escola M. de Música, no antigo Colexio de Palmeiro, dende o 18 de maio ata o 22 de xuño. (Para unha maior información sobre o taller, porse en contacto con: Xulia Nogueira, Directora da Escola Municipal de Música de Xove. Teléfono de Xulia: 677.83.88.12)
Xornadas de Divulgación da EDLP
09/Maio/2016
Turismo, Investigación Social e Muller
-
CONCERTOS DA FRATERNIDADE - ensaios previo
08/Maio/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados o pasado día 4 en Xove, xa están en marcha e tiveron hoxe unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse hoxe no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituir o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove o vindeiro VENRES 13 DE MAIO, A PARTIRES DAS 20:30 HORAS.
As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.
Ademáis do concerto de Xove, están programados:
-20 de Maio: Auditorio de Mondoñedo.
-18 de Novembro: Auditorio de Burela.
-25 de Novembro: Igrexa de San Francisco de Viveiro.
Recordamos que nesta actividade participan, ademáis das catro agrupacións musicais antes citadas, os Concellos de Xove, Viveiro, Burela e Mondoñedo, así como a Deputación de Lugo a través da Vicepresidencia de Cultura.
Informática no IES de Xove
02/Maio/2016
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
Día Internacional da Danza celebrado en Xove
29/Abril/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|