Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Próximas actividades en Xove...

UNHA NOVA EDICIÓN DE XOVE 360º

    O sábado 11 de agosto vaise abrir na Sala de Exposicións do Centro Cívico unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra, que o Concello organiza cada ano xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola undécima edición. O título escollido para edición deste ano foi “FERVENZAS”, sección na cal se presentan 13 fotografías. Decir que esta sección é escollida cada ano polos fotógrafos participantes, elixindo un tema específico sobre o que cada un deles presenta unha ou dous propostas fotográficas.

O resto da exposición, con 34 das 47 fotografías totais que a conforman, é de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc.As fotografías teñen un tamaño de 50x40 cm, maquetadas sobre un fondo negro. Os participantes na edición deste ano, son: Alberto Rapa, Andrés García, Diego Fanego, Javier Sánchez, Javier Villares, José Emilio Gómez, José Manuel Blanco, Mateo Guerreiro, Pedro Antonio Vecente, Rubén Pico, Santos Cordovilla e Carolina Moreira.

   A exposición, que como dixemos ábrese o sábado 11 de agosto ao público en xeral, vai estar aberta ininterrumpidamente ata o vindeiro 2 de setembro en horario de 18:00 a 22:00 horas.A exposición, como ven sendo habitual nos últimos anos, está dentro do amplo Programa Festivo que o Concello preparou para o San Bartolo 2018.

 OCIO ALTERNATIVO

   Dentro do amplo abanico incluído neste programa veraniego municipal, temos as seguintes actividades:

   - Este domingo, 12 de agosto, realizaranse paseos turísticos en bicis eléctricas. Van ser en horario de mañá a determinar en función do número de inscritos. Grupos de 10 persoas. Inscrición previa na Oficina de Turismo. Máis información: 982592632.- Recordar que todas estas actividades son gratuitas.

 

FESTAS DE XUANCES

   Organizada pola Asociación de Veciños e Consumidores de Xuances, este fin de semana van celebrarse as FESTAS EN HONRA A SAN PEDRO FIZ, que se van a desenvolver na PRAIA DE ESTEIRO o DOMINGO 12 DE AGOSTO, con arranxo ao seguinte programa:

   -13:00 h. Misa Solemne e Procesión, seguido da Sesión Vermú coa orquestra Escaparate.

   -Ás 22:00 h (10 da noite) vai haber INVITACIÓN GRATUITA a racións de empanada e bolos preñados.

   -Ás 24:00 H (12 da noite) vai haber INVITACIÓN GRATUITA a queimada.

   Durante a noite vai celebrarse tamén unha GRAN VERBENA coa ORUESTRA ESCAPARATE e o GRUPO FUSIÓN. Esta Festa conta coa colaboración do Concello de Xove, a Panadería a Vara e Veciños e Comerciantes de Xove.

CARNÉ BUS CONCELLO DE XOVE

 Todas aquelas persoas, empadroadas no Concello de Xove, que precisen autobús para desprazarse aos institutos de Burela, Viveiro e San Cibrao no presente curso deberán solicitar o Carné de Bus.

Trátase dun servizo de transporte aos centros educativos de Viveiro, Burela e San Cibrao, dirixido básicamente a todos os rapaces e rapazas empadroadas no Concello de Xove que cursen ciclos formativos ou outros estudos que non se impartan nos centros do noso municipio. De querer usar este servizo persoas que aínda tendo eses estudos no Instituto de Xove decidan facelo nos centros referidos, teranse que adaptar aos horarios dos primeiros e tamén de estar ocupadas todas as prazas do bus quedarían excluidos do dereito ao transporte.A Solicitude do CARNÉ BUS hai que facela durante este mes de agosto do 2018, na OMIX (Centro Xuvenil) en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde. Para a solicitude hai que presentar unha foto de carné e o DNI.Este carné é imprescindible presentalo para poder facer uso do transporte.-  O día da presentación do novo curso non haberá servizo de bus; ata o día seguinte que xa facerán o percorrido con normalidade.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo