Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Final do Campeonato de Bolos 2014-2015

Última tirada desta vixésimosexta tempada. Campo en perfectas  condicións e unha temperatura veraniega. Excelente participación con 40 inscritos. Como conclusión a esta temporada, destacaríamos dous aspectos, por un lado a alta participación cunha media duns 35 inscritos por tirada, e por outra a consolidación dun núcleo infantil/xuvenil de xogadores/as que durante os anos vindeiros deberán tomar o relevo e renovar o espectro social deste xogo. Estes dous feitos demóstranos que o xogo de bolos está consolidado no noso Concello e que este xogo ten futuro.  

Lóxicamente, e tal como sinalou o alcalde Demetrio Salgueiro na clausura desta tempada, o traballo que se está a facer dende o Concello na organización deste campionato, así como o apoio do Concello ao Club de Bolos Xove, fai que Xove sexa unha referencia a nivel galego neste tan querido deporte noso.Rematada a competición, o alcalde, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias, fixeron entrega dos trofeos e premios aos vencedores.

RESULTADOS FINALES

Liga Senior Masculina.- Nesta Liga, onde ata o último momento podía haber un cambio no liderato, ao final quedou o podium como estaba. Rafael González non puido remontar e tivo que conformarse co subcampionato. Nesta Liga teñen premio final os 12 primeiros clasificados; neste sentido, esta última tirada só sirveu para modificar algunhas posicións dentro dos postos 4º ao 12º.  Salientar tamén, porque cremos que van pasar moitos anos antes de que sexa batido, o extraordinario récord de 111 tantos nunha tirada, agora en poder de Rafael González.

CAMPIÓN ARTURO VIGO CASABELLA TROFEO E 200 €UROS
SUBCAMPIÓN J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ TROFeO E 150 €UROS
TERCEIRO ALEX MEITÍN SERANTES TROFEO E 100 €UROS
MELLOR BOLADA J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ con 111 tantos TROFEO E 50 €UROS

Dentro da Liga Senior Masculina temos un apartado adicado aos xogadores maiores de 60 anos (LIGA DE MAIORES), dado que os tres xogadores maiores da citada idade que conseguiran máis puntos durante a liga regular teñen dereito a tres premios.

Liga de Maiores de 60 anos

CAMPIÓN ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ TROFEO E 75 €UROS
SUBCAMPIÓN MODESTO ALBO VIDAL TROFeO E 50 €UROS
TERCEIRO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ TROFEO E 25 €UROS
TROFEO AO XOGADOR DE MAIOR IDADE: MODESTO ALBO VIDAL DE 85 ANOS

Liga Senior Feminina.- Emoción ata o final nesta Liga. Belén Meitín, que quedou segunda nesta tirada, afianzou o seu segundo campionato nesta categoría. Onde realmente tivemos emoción foi para o subcampeonato, xa que Salomé Cardoso consiguelle empatar a puntos na clasificación a Carmen Roca, polo cal tiveron que realizar un desempate a tres tiradas para dirimir o subcampionato, que finalmente caeu do lado de Carmen. Inda así, excelente a temporada de Salomé Cardoso na súa primeira presencia nesta categoría.

CAMPIÓN BELÉN MEITÍN ROUCO TROFEO E 90 €UROS
SUBCAMPIÓN CARMEN ROCA CORRAL TROFeO E 75 €UROS
TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ TROFEO E 50 €UROS
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL con 83 tantos TROFEO E 50 €UROS

Liga Sub 16.- Nesta categoría, cos dous primeiros postos xa decididos, quedaba por dirimir quen se facía coa terceira posición do podium final. Temos que decir que Hugo Pérez estivo sencillamente espectacular, realizando dúas tiradas iniciales impresionantes que xa non lle deron ningunha opción a Julia López.

CAMPIÓN DANIEL ALONSO LÓPEZ TROFEO E 90 €UROS
SUBCAMPIÓN MIGUEL LÓPEZ FORMOSO TROFeO E 75 €UROS
TERCEIRO HUGO PÉREZ MEITÍN TROFEO E 50 €UROS
MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO con 74 tantos TROFEO E 50 €UROS

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo