Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Axudas da Xunta de Galicia a personas con discapacidade

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal

Normativa: Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. (DOG nº 53 do 17/03/2016)

Obxecto:Convocar axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016.

Serán financiables só as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

SOLICITUDES e Documentación na  SEDE XUNTA DE GALICIA

Lugar de presentación: Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Consellería de Política Social .- Nos servizos sociais DO CONCELLO DE XOVE. En calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG. Ata o 18 de maio de 2016 (por ser o día 17 inhábil).

Adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, sempre que teña recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do SAAD.

Adquisición do servizo de acompañamento e intérpretes, sempre que se acredite a súa necesidade para a cobertura dunha necesidade diferente das que se lle dá cobertura a través do SAAD ou do Sistema galego de servizos sociais

Incompatibles coa percepción doutras prestacións a través de entidades, organismos, asociacións, etc., que reciban financiamento das administracións públicas a través de ordes de subvencións, convenios, relacións contractuais, etc., cando delas derive a gratuidade da prestación/servizo para a persoa usuaria.

Subsidiarias e, se é o caso, complementarias da carteira de servizos comúns de análoga natureza e finalidade do Servizo Galego de Saúde.

Poderán ser complementarias, ata o 100 % do custo subvencionado, doutras liñas de actuación similares doutras administracións/organismos.

Só se poderá conceder unha axuda por persoa solicitante vinculada a un só servizo de promoción da autonomía persoal, dos enumerados no anexo I, ou a un servizo complementario de asistencia persoal. Excepcións:

Servizo de transporte adaptado ou asistido, permitirase a súa compatibilidade coa subvención para a adquisición dun servizo de promoción da autonomía persoal cando o transporte adaptado sexa necesario para o desfrute do outro servizo.

Servizo de acompañamento e intérpretes:  poderá ser beneficiaria dunha subvención para a adquisición dun servizo de promoción da autonomía persoal con cargo a estas axudas e dunha subvención para a adquisición dun servizo de acompañamento e intérpretes, cando este último sexa necesario para o desfrute do outro servizo.

Requisitos das persoas beneficiarias: Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Poderán solicitar estas axudas as persoas que solicitasen o recoñecemento do grao de discapacidade con anterioridade á data de publicación desta convocatoria. A percepción da axuda quedará condicionada a que lles sexa recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, dentro do prazo máximo establecido para a resolución.

A persoas solicitantes de servizos complementarios de asistencia persoal, ademais de cumprir co requisito do punto anterior, deberán ter recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do SAAD.

 Para os efectos de recoñecer a necesidade da axuda individual solicitada en relación coa adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, e de acordo co servizo de promoción a que se vincula, será requisito necesario que sexa determinada a súa idoneidade de acordo coa situación de saúde e social da persoa solicitante. A idoneidade valorarase de acordo coas dificultades ou carencias importantes na atención das necesidades da persoa solicitante ou na súa integración social, entendendo o concepto de necesidades nun sentido amplo: de subsistencia, de saúde, de carácter social, de desenvolvemento persoal, de autonomía, etc., cun certo grao de intensidade. Emitirase un informe de oficio pola unidade de coordinación da dependencia da Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da Discapacidade, onde se valore este aspecto, con base na documentación existente no expediente de recoñecemento do grao de discapacidade da persoa solicitante e que, se é o caso, poderá solicitar aqueles informes complementarios ou documentos que se consideren necesarios para tal fin.

Ademais, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que a necesidade da axuda solicitada derive da tipoloxía de discapacidade recoñecida.
  • Que as consecuencias derivadas da tipoloxía de discapacidade recoñecida que sirvan de base para valorar a idoneidade da subvención concedida manteñan a súa vixencia no período de referencia concretado no proxecto de intervención obxecto de subvención.
  • Que a capacidade económica da persoa solicitante, calculada conforme o previsto no artigo 13, non supere o 400 % do IPREM para o ano 2016.
  • Non percibir durante o ano 2016 outras axudas para o mesmo fin salvo que a axuda individual solicitada sexa complementaria da anteriormente concedida e, neste caso, ata o límite do 100 % do gasto subvencionado.
  • Os establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Actuacións subvencionables

  • Adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal: Teñen por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible. Son subvencionables os enumerados no anexo I. Para poder ser subvencionable o servizo de promoción da autonomía persoal de transporte adaptado ou asistido, deberá de xustificarse a vinculación deste servizo para o goce doutro servizo/prestación social, ou como medio de asistencia ao traballo ou a unha actividade formativa non obrigatoria do sistema público educativo cando non se enmarque dentro do ámbito das competencias propias do sistema educativo.
  • Adquisición de servizos complementarios de asistencial persoal:
    • Asistencia nas necesidades de carácter doméstico e da vivenda.
    • Asistencia nas actividades básicas da vida diaria.
    • Asistencia en xestións administrativas ou doutra natureza fóra do domicilio.
    • Asistencia en actividades de participación social, educativa, laboral ou de lecer.

Importe das subvencións:

  • Subvencións para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal: ver táboa.
  • Subvencións para a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal: 11,94 €/hora, ata un máximo subvencionable de 2.005,90 €.

 

 

 

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo