Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

BALNEARIOS XUNTA 2015

máis info no Enlace XUNTA de Galicia

O Departamento de Servizos Sociais informa que dende hoxe ata o próximo 15 de maio de 2015 estará aberto o prazo para anotarse no programa de Benestar e Balnearios da Xunta que nesta edición dispón de 600 prazas repartidas en 13 balnearios  : Acuña (Caldas de Reis); Arnoia (Ourense); Augas Santas (Ferreira de Pantón); Baños da Brea (Vila de Cruces); Baños de Molgas (Ourense); Caldelas de Tui (Pontevedra); O Carballiño; Carballo; Termas de Cuntis; Laias (Cenlle); Lobios (Ourense) Balneario de Río Pambre (Palas de Reis) y Termas Romanas (Lugo).

Os turnos son de 10 días (nueve noites) cada un, e realizaránse en régimen de pensión completa, entre xuño  e  deccembro , e os prezos oscilan entre  316 e 398 euros e incluen ademáis da estancia en habitación doble de uso compartido, tratamientos termales e póliza colectiva de seguro turístico. Os que desexen habitación individual terán  que asumir a diferencia de coste.

 

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  • A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou persoa con análoga relación de convivencia, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a).
  • Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando o poidan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos citados anteriormente, excepto o da letra a). Neste suposto, terán que cubrir os seus datos na epígrafe correspondente da solicitude presentada polas persoas proxenitoras ou titoras.

Servizos incluídos

  • As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
  • O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de xuño e o de decembro de 2015.
  • Nos prezos inclúen os seguintes servizos:
  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo III, que comprenderán:
  • O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
  • O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
  • O seguimento médico do tratamento.
  • Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.
  • As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarase á quenda.
  • A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo, así como o desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal e o de regreso, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que ofertase o balneario, se for o caso.

Documentación

Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto da persoa solicitante como de quen a acompañe (cónxuxe, acompañante, fillo/a, tutelado/a).

Cada solicitude, no caso de  non dar autorización expresa á Consellería de Traballo e Benestar para acceder aos datos persoais que figuran nos ficheiros pertencentes á dita Consellería ou a outras Administracións Públicas, estará acompañada de:

Copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI), ou ben do pasaporte ou do número de identificación do estranxeiro (NIE), segundo proceda.

Certificado de empadroamento, emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude.

Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en que se presente a solicitude, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante e acompañante, se fora o caso, ou declaración xurada de non percibilas.

Certificado do grao de discapacidade do/a fillo/a ou tutelado/a pola persoa solicitante

Prazo presentación de solicitudes O prazo é de 20 días naturais dende o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 14 de maio de 2015.

Lugar de presentación.- Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

En soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Por correo postal mediante envío certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..

Normativa:

Orde do 21 de abril de 2015 pola que se regula a oferta de prazas para estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2015, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 77 do 24/4/2015)

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo