Programa de actividades de verán 2013

De igual xeito que en anos anteriores  e organizadas dende a Concellería de Sanidade,  Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade   están  programadas  as seguintes actividades para os meses de verán:

Romaría de San Antonio de Rigueira: O 13 de xuño de 2013 celébrase a Romaría máis famosa do municipio de Xove: o San Antonio da Rigueira. Este ano, para gañar a Ventura (insignia de romeira/o), póñense a disposición das/os camiñantes ata 8 rutas, que parten de diferentes parroquias e que conducen á igrexa da Rigueira.Segundo a parroquia que cadaquén elixa para iniciar a Romaría, haberá un horario de saída. Para facer un control da romaxe, cada romeira/o disporá dun carné de romaxe, que o identifica, e onde se sinala a Ruta que segue. Este carné haberá entregarse selado para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio.O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida, pois haberá distintos puntos de selado en cada ruta situados en casetas ao longo do camiño.Aqueles que o desexen poden anotarse previamente no Concello de Xove antes do 12 de xuño.- Máis información: Laboratorio de Investigación Social. Concello de Xove: 982 592001  e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 recordos da romaría
  • empezando a festa
  • camiñando en familia
  • foto de todos antes de empezar
  • camiño de San Antón
  • entre todos millor

 

 Encontros para a Saúde: Taller de Memoria.-Departamento de Educación Familiar: Duración: Mes de xullo .- Inscrición: ata o 28 de xuño .- Dirixido a persoas maiores de 60 anos .- (Na oficina de Servicios Sociais ou na OMIX).-

VERÁN XUVENTUDE 2013.-

sexito

A SEXUALIDADE PARA ADOLESCENTES” días 18,20,25 e 27 de xuño .- Horario de 17:00 a 19:00 h. - Obradoiros para xóvenes de 12 a 16 anos..- Inscrición: na OMIX antes do 15 de xuño.  

 

 

II TORNEO DE WII.- sábado 22 de xuño:A partir de 12 anos. Inscrición ata o 20 de Xuño.