Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
1ª Charla para familias e docentes
18/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Celebrada o 11 de marzo: Comunicación Consciente e Corresponsable.
Sesión en diferido da primeira charla en corresponsabilidade da programación do Concello de Xove para o 8M. Unha sesión dinámica onde compartimos e aprendimos ferramentas para mellorar a convivencia e a corresponsabilidade. As próximas charlas serán: o 25 de marzo (Organización, estudos e responsabilidade compartida), e o 8 de abril (Corresponsabilidade na educación sobre o uso das tecnoloxías). Para participar debe cubrirse a ficha de inscrición dispoñible no Concello de Xove.
XXXV Curso de Formación Orquestral
13/Marzo/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O XXXV Curso de Formación Orquestral aposta polo proxecto “Xente Miúda” na súa edición de Semana Santa en Xove.
A XXXV edición do Curso de Formación Orquestral está organizada pola Asociación Prestoxove e conta co patrocinio do Concello de Xove. Nesta edición participarán como profesorado convidado Carmen Varela, responsable da sección de violíns; Nara Carballal, á fronte das seccións de violas e violonchelos; Daniel Roca, encargado da sección de vento; e Barúk Domínguez, que traballará co alumnado da sección vocal do proxecto.A organización do curso mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores. As mañás, en horario de 10:30 a 14:00 horas, estarán dedicadas aos ensaios seccionais e xerais de orquestra no colexio de Palmeiro. Polas tardes, de 16:00 a 19:00 horas, realizaranse ensaios de música de cámara, así como leccións maxistrais das distintas especialidades.

O Curso de Formación Orquestral está aberto a alumnado de corda, vento e canto, con diferentes niveis instrumentais, que desexe participar nesta experiencia formativa.
Como parte da programación, o martes 31 ás 18:00 horas terá lugar un concerto de música de cámara, no que o alumnado ofrecerá actuacións en diversas formacións. A clausura do curso celebrarase o mércores 1 de abril ás 18:00 horas coa representación do proxecto “Xente Miúda”, interpretado conxuntamente por todos os participantes. Éstes concertos levaranse a cabo no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, con entrada libre e gratuita para tódolos públicos.
A XXXV edición do Curso de Formación Orquestral incorpora este ano unha importante novidade, xa que o eixo central do programa será a preparación do proxecto musical “Xente Miúda”, que se combinará co traballo e a organización de diferentes grupos de música de cámara.
“Xente Miúda” é un proxecto que reúne un total de 15 cantigas da autoría de Nacho Fonseca, incluídas nun disco gravado baixo maqueta instrumental no ano 1988 polo alumnado da Escola Municipal de Música de Xove. Para esta edición do curso, as pezas foron revisadas, reescritas e arranxadas por Xan Carballal, adaptándoas ás características do alumnado actual que participará no curso.

O disco orixinal gravárase sobre unha maqueta instrumental e incluía a tradución ao galego dos textos, xa que a versión inicial estaba en asturiano. Agora, a recuperación deste proxecto supón unha actualización tanto musical como textual, pensada expresamente para o alumnado da escola. Ademais, “Xente Miúda” desenvolverase ao longo do ano en distintos formatos, coincidindo coa celebración do 40 aniversario da creación da Escola Municipal de Música de Xove.
XXVII Ruta Cabalar A Medela
11/Marzo/2026
Delegación de Agricultura
-
A Asociación Equina A Medela organiza un ano máis, e xa van 27 edicións, a XXVII Ruta Cabalar A Medela, que terá lugar este domingo 15 de marzo no concello de Xove.

A saída está programada para as 10:00 horas dende a igrexa de Sumoas, punto de encontro dende o cal os participantes poderán iniciar unha ruta a cabalo por algunhas das paraxes naturais máis fermosas do municipio. Durante a mañá, os xinetes farán unha parada a medio percorrido para gozar duns pinchos e repoñer forzas, continuando despois coa ruta ata regresar ao punto de inicio. Posteriormente ás 14:30 horas, celebrarase un xantar nunha carpa instalada no campo da igrexa de Sumoas, que será servido pola Pulpería Mario de Viveiro.
A xornada continuará cunha sesión musical de tarde e coa celebración dun sorteo de agasallos entre as persoas asistentes, poñendo así o broche final a un día de convivencia arredor do mundo do cabalo.

Na presentación da ruta estiveron presentes o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira Mª Dolores Meitín e Leandro Quelle e Rubiños como membros da Asociación Equina A Medela, que aproveitaron para convidar a todas as persoas afeccionadas aos cabalos e á natureza a participar nesta xornada entrañable e a gozar dun día de convivencia nas fermosas paisaxes do concello.
Gañadores do Concurso de Caretas 2026
11/Marzo/2026
CONCELLO DE XOVE
-
O Concurso de Caretas de Entroido é unha actividade que, como cada ano, organiza este servizo municipal co obxectivo de fomentar a creatividade e manter viva unha das celebracións máis populares do calendario.

O certame contou cunha destacada participación de nenos e nenas do municipio, que presentaron propostas moi variadas, cheas de imaxinación, cor e orixinalidade. O xurado destacou especialmente o alto nivel dos traballos presentados, así como o esforzo e dedicación das persoas participantes.
Os traballos premiados foron os seguintes:
- EDUCACIÓN INFANTIL:1º PREMIO: Elsa Baño Bouza.- 2º PREMIO: Brais Sánchez Labayén.- 3º PREMIO: Xare González Celaya
- 1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:.-1º PREMIO: María García Val.- 2º PREMIO: Zoe Sierra Escobar.- 3º PREMIO: Isabela del Valle Lozada Salinas
- 3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:.- 1º PREMIO: Anaïs Romero Suárez.- 2º PREMIO: Celia Maseda Peña.- 3º PREMIO: Alejandro Loyola Vidal
- 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:.- 1º PREMIO: Jesús López Franco.- 2º PREMIO: David Burgos Peloche.-3º PREMIO: Ainara Sánchez Lage
- E.S.O.:.-1º PREMIO: Óscar Bértolo Casabella.-2º PREMIO: Marcos Mariño Ferrería.-3º PREMIO: Aya El Omari
Tras a correspondente deliberación, o xurado acordou conceder os premios nas distintas categorías establecidas nas bases do concurso, valorando aspectos como a creatividade, a elaboración e a utilización de materiais.
Dende o Concello de Xove e a Biblioteca Municipal quérese felicitar a todas as persoas participantes polo seu traballo e agradecer tamén a colaboración das familias, que cada ano contribúen a facer desta actividade unha cita xa consolidada dentro da programación cultural do Entroido no municipio.
A entrega de premios terá lugar nos próximos días no centro educativo de Xove, nun acto no que se recoñecerá publicamente o talento e a participación dos máis pequenos e pequenas.
Reserva de Praza na Escola Infantil 2026
10/Marzo/2026
Departamento de Servizos Sociais
-

Emprender para Abrir Camiño 2026
10/Marzo/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Xove Concilia Semana Santa 2026
03/Marzo/2026
CONCELLO DE XOVE
-

Acción formativa en corresponsabilidade para familias e docentes.
02/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

FICHA DE INSCRICIÓN
8M: Marzo é o mes da Muller en Xove
23/Febreiro/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

Plan de Emprego: Aberto o prazo de cobro de subvencións PEM 2025
11/Febreiro/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Aberto o prazo para solicitar o cobro das subvencións concedidas para a contratación ao abeiro do PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL de persoal do municipio e/ou para as persoas veciñas do municipio que se deron de alta no REAT. ATA O 15/03/2026 está aberto o prazo para solicitar o cobro correspondente ao ano 2025. PARA A TRAMITACIÓN PODES ACCEDER DIRECTAMENTE A TRAVÉS DESTE ENLACE: http://bit.ly/4krhEdI
* Se tes algunha dúbida podes contactar:Rosa Lage Canoura.- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.- Concello de Xove.- TLF.: 982592001

Nota Informativa para os establecementos comerciais de Xove
10/Febreiro/2026
Concellería de Medio Ambiente
-

Entrega de Plantas e Árbores 2026
09/Febreiro/2026
Delegación de Agricultura
-
A CONCELLERÍA DE AGRICULTURA TEN TODO PREPARADO PARA MAÑÁ MARTES FACER A ENTREGA DE PLANTAS Á VECIÑANZA.
A Concellería de Agricultura pecha a campaña de árbores autóctonas e plantas de xardín coa entrega dos pedidos.
A Concellería de Agricultura informa de que mañá, martes 10 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, terá lugar a entrega de todos os pedidos de árbores forestais, autóctonas e plantas de xardín correspondentes á campaña 2025/2026.
A campaña desenvolveuse durante os meses de novembro e decembro do ano pasado, período no que estivo aberto o prazo de solicitude para toda a veciñanza. Neste ano rexistráronse menos solicitudes que en edicións anteriores, aínda que de maior volume, predominando os pedidos de árbores froiteiras, o que amosa un cambio de tendencia cara a plantacións máis produtivas.
Con esta xornada de entrega péchase oficialmente a campaña, facendo chegar os exemplares solicitados a todas as persoas participantes. A entrega realizarase no local anexo ao bar A Cívica, situado na praza do Centro Cívico.
Desde a Concellería de Agricultura agradécese a implicación da veciñanza e o seu compromiso coa sustentabilidade, a conservación do medio ambiente e o fomento das especies vexetais de interese local.

Saíñas organiza a XVII Festa do Lacón
29/Xaneiro/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación Cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Laconada, unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes.
O evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada.
Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación.
A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía. Desde a Asociación Cultural Saíñas convídase a todo o mundo a achegarse para gozar deste cocido a prezo popular, compartir momentos cos amigos e botar unhas pezas que axuden a animar o duro inverno que estamos tendo.
A Asociación quere agradecer a colaboración do Concello de Xove, así como a de todos os socios e persoas que arriman o ombro para que esta Festa do Lacón sexa, un ano máis, todo un éxito, acadando xa a súa XVII edición.
PRESENTACIÓN


Antroido 2026.-. Presentación
28/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-

Concurso de CaReTas 2026
21/Xaneiro/2026
CONCELLO DE XOVE
-
Os premios do concurso de confección de caretas de Entroido organizado polo Concello de Xove teñen por obxecto incentivar a participación cidadá, en particular dos escolares de Xove, na programación prevista para o Entroido 2026. PROPOSTA DE CONVOCATORIA E BASES

Poderá participar no concurso e ser beneficiario destas axudas calquer/a neno/a ou rapaz/rapaza empadroado/a no Concello de Xove en idade escolar (desde 4º de Infantil ata 4º de ESO)
A documentación a presentar será a seguinte:
-Ficha de inscrición establecida ao efecto FICHA
A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 14 de febreiro de 2026.
As caretas deberán estar relacionadas con motivos de entroido. Realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio. A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc. A careta non incluirá ningún dato persoal do/a concursante.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|