Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte 
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
 |
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)
---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS

* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|

|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
 |
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
3ª Charla para familias e docentes, celebrada o 8 de abril
16/Abril/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
3ª Charla para familias e docentes, celebrada o 8 de abril: Corresponsabilidade na Educación sobre o Uso das Tecnoloxías.
Sesión en diferido da terceira charla en corresponsabilidade da programación do Concello de Xove para o 8M. Unha sesión dinámica onde compartimos e aprendimos ferramentas para mellorar a convivencia e a corresponsabilidade na educación.
Reencontro´s Fest 2026
10/Abril/2026
CONCELLO DE XOVE
-
A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro celebra o seu 20 aniversario cunha cea-baile.
A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro conmemora o seu 20 aniversario coa organización dunha cea-baile que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, a partir das 22:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Centro Cívico de Xove. Co obxectivo de revivir vivencias e anécdotas, así como lembrar momentos inesquecibles, a entidade promove este encontro para conectar diferentes xeracións, unindo familias e amizades nun ambiente de alegría e nostalxia. O menú será elaborado pola Pulpería Mario de Viveiro e estará composto por empanada, polbo á feira, carrilleiras de porco ibérico ao mencía, carrot cake, café e chupito, cun prezo de 40 euros por persoa e pódense anotar ata o 20 de abril.

A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro, garantindo música e diversión durante toda a noite. Os membros da asociación, que tamén integran a comisión de festas encargada da tradicional Festa dos Callos no Alto do Cruceiro, queren facer partícipes deste evento, en primeiro lugar, a todos os veciños e veciñas da parroquia de Xuances, así como á veciñanza de Xove en xeral e a todas aquelas persoas que manteñan algún vínculo coa zona ou que desexen gozar dunha noite especial de boa compañía, recordos e emocións compartidas.

Novo programa de colonias felinas
08/Abril/2026
Concellería de Medio Ambiente
-
O Concello de Xove convoca unha reunión informativa sobre o novo programa de colonias felinas.
Dende o Concello convócase a todas as persoas que habitualmente alimentan gatos na rúa, en Xove Pobo e Palmeiro, a unha reunión informativa, coa finalidade de dar a coñecer a nova ordenanza municipal en materia de xestión de colonias felinas.
Esta normativa foi elaborada conforme a Lei, 4/2017 de Protección e Benestar dos animais de Galicia, e ten como obxectivo garantir unha convivencia adecuada, así como o benestar dos animais e a correcta xestión das colonias felinas no municipìo. Durante a reunión explicaranse os principais aspectos do programa, así como os requisitos e procedementos para a obtención do carnet de coidador/a de colonias felinas.
Así mesmo, infórmase de que unha vez celebrada esta reunión non estará permitido alimentar gatos na vía pública as persoas que non dispoñan do devandito carnet.
Dende o concello faise un chamamento a colaboración cidadá, destacando a importancia da implicación das persoas alimentadoras para unha xestión responsable, coordinada e respetuosa das colonias felinas. Para máis información: Cecilia Duarte, Concelleira de Medio Ambiente, teléfono 647472051

As festas de san Isidoro de Monte abren a primavera en Xove
07/Abril/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove continúa a amosar o seu compromiso co tecido asociativo local colaborando coas distintas comisións de festas do municipio. Un ano máis, e con moita ilusión, a Asociación Cruz de Loureiro organiza a tradicional Festa de San Isidoro de Monte 2026, que terá lugar en Penas Agudas os vindeiros días 11 e 12 de abril.

O sábado 11 celebrarase unha misa solemne, seguida dun xantar popular que estará amenizado polo Dúo Belinda e o Grupo Fénix. Ao longo da tarde desenvolverase un concurso de pasodobre e bachata. Para anotarse a este xantar está aberto o prazo de inscrición ata o día 8 de abril.
O domingo 12, a xornada comezará ás 10:00 horas cunha ruta de sendeirismo aberta a todas as persoas participantes, que poderá realizarse a pé, a cabalo ou en bicicleta, tal e como sinala a organización. Ao remate, haberá sesión vermú e un xantar acompañado de música, creando un ambiente ideal para gozar dunha tarde de lecer e descanso tras a andaina.
Cómpre destacar que, durante ambos días, a festa contará cunha carpa acondicionada para garantir o seu desenvolvemento ante posibles inclemencias meteorolóxicas.
A organización convida a veciños e visitantes a achegarse a Penas Agudas para desfrutar dunhas xornadas cheas de festa, convivencia e moi bo ambiente.
Na presentación do cartaz Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, e Dolores Meitín, concelleira de cultura, acompañaban a unha parte dos membros da comisión de festas: Antonio Paleo, Miguel Otero, Lorena Pérez e Antonio Liborio.

Obradoiros Nenos e Nenas 2026
31/Marzo/2026
Departamento de Servizos Sociais
-

III Faladoiro de corresponsabilidade 2026
31/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

FICHA DE INSCRIPCIÓN
2ª Charla para familias e docentes, celebrada o 25 de marzo: Organización, Estudos e Responsabilidade Compartida.
27/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-
Sesión en diferido da segunda charla en corresponsabilidade da programación do Concello de Xove para o 8M. Unha sesión dinámica onde compartimos e aprendimos ferramentas para mellorar a convivencia e a corresponsabilidade. As última charla será: o 8 de abril (Corresponsabilidade na educación sobre o uso das tecnoloxías). Para participar debe cubrirse a ficha de inscrición dispoñible no Concello de Xove.
Premios do Concurso de Escaparates de Nadal 2025-2026
26/Marzo/2026
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa entregou unha placa en conmemoración do Concurso de Escaparates de Nadal 2025-2026 organizado polo Concello de Xove ao establecemento gañador Catycris Fashion que recolleu Catia López Soto, que foi a encargada da idea e execución da escena de Nadal reflectida no seu escaparate.

O premio outorgado por un xurado composto por Jesús Atadel (escaparatista), Xoan Guerreiro (artista) e Dolores Mon (presidenta de Mulleres Bolboretas) consistíu nunha placa conmemorativa e 250 € en efectivo.
Desde o Concello damos os nosos parabéns a Catycris Fashion e aos demais establecementos participantes animándoos a seguir participando das actividades que se artellan para promocionar o comercio local.

Saiñas presenta o XV Festival Infantil
24/Marzo/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove informa de que a Asociación Cultural Saiñas vén de organizar o XV Festival Infantil, que terá lugar este vindeiro sábado 28 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove.Nesta nova edición, o festival contará, ademais dos grupos infantís de Saíñas, Xoaniña e Candís coa participación de destacados grupos convidados, a Asociación Folclórica e Cultural Orballo de Pontedeume e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá, que achegarán o mellor do folclore tradicional galego.

A organización convida a veciños, visitantes e a todas as persoas afeccionadas á cultura popular a achegarse a Xove para gozar dunha tarde de baile e música tradicional, nun ambiente festivo e familiar.
Desde o Concello anímase á asistencia a este evento que contribúe á posta en valor das nosas tradicións e ao fomento da cultura galega entre as novas xeracións.
Na presentación do cartaz estaba presente o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Mª Dolores Meitín acompañando a Jairo Miguez e Pepe Casariego, presidente e secretario respectivamente da Asociación Cultural Saíñas
MONTE Clausura a XXIII Edición do Campionato de Tute
23/Marzo/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Centro Social de Monte, coa colaboración do Concello de Xove, vén de clausurar a XXIII edición do seu tradicional campionato de tute, unha cita xa consolidada no calendario social da zona.

Nesta edición participaron un total de 18 parellas nun campionato que deu comezo o pasado mes de novembro e que se desenvolveu ao longo de todos os fins de semana ata este sábado, día no que tivo lugar a súa clausura.
O peche do campionato celebrouse cunha cea de confraternidade na que todos os participantes puideron compartir un agradable momento xuntos, poñendo en valor o bo ambiente que caracterizou a competición ao longo destes meses. Durante a velada tamén se realizou a entrega de trofeos aos gañadores, da man do alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira Mª Dolores Meitín.
Os resultados finais foron os seguintes:
- Primeiros clasificados: Moncho e Ángel
- Segundos clasificados: Eduardo e Suso
- Terceiros clasificados: Ferino e Trevin
Así mesmo, a organización, ademáis de un obsequio para todos os asistentes, tamén quixo ter un detalle especial coas mulleres participantes —Sara, Ana e Isabel—, destacando a súa implicación e animando a que na próxima edición se sumen máis xogadoras.

A xerente do local, Lorena Pérez, agradeceu enormemente a participación nesta XXIII edición do campionato e salientou o fantástico ambiente vivido cada fin de semana, elemento clave para o éxito desta iniciativa.
Club de Lectura na Biblioteca Municipal
23/Marzo/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Departamento de Cultura do Concello de Xove pon en marcha unha nova iniciativa cultural dirixida ás persoas afeccionadas á lectura: a creación dun Club de Lectura na Biblioteca Municipal de Xove. Este proxecto nace co obxectivo de crear un espazo de encontro para todas aquelas persoas que disfrutan dos libros e que desexan compartir a experiencia da lectura con outras persoas.

O club concíbese como un lugar de reunión periódica no que, nun ambiente de respecto, tolerancia, participación e entretemento, os participantes poderán comentar e intercambiar impresións sobre a lectura dun mesmo libro. Trátase dunha actividade pensada para fomentar o gusto pola lectura, o diálogo e a convivencia arredor da literatura.
Con este propósito, a Biblioteca Municipal organiza un primeiro encontro informativo e de toma de contacto para iniciar a posta en marcha do club. A reunión para todas as persoas interesadas terá lugar o venres 27 de marzo ás 19:00 horas nas instalacións da biblioteca.
Este encontro servirá para explicar o funcionamento do club, recoller propostas das persoas asistentes e establecer conxuntamente as directrices desta nova actividade cultural, coa intención de que resulte atractiva e enriquecedora para todas as persoas participantes.
Dende o Concello de Xove anímase a todas as persoas amantes da lectura e usuarias da biblioteca a achegarse a esta primeira reunión e a formar parte deste novo espazo de encontro cultural, no que compartir e disfrutar xuntos da boa lectura.
Faladoiro en corresponsabilidade II
23/Marzo/2026
Turismo, Investigación Social e Muller
-

FICHA DE INSCRIPCIÓN
O Concello de Xove inicia novamente o trampeo antivelutina en todo o termo municipal.
20/Marzo/2026
Delegación de Agricultura
-
Un ano máis, o Concello de Xove vén de iniciar a campaña de trampeo para a prevención da vespa velutina en todo o termo municipal.
Como en anos anteriores, a empresa SERPA é a encargada de levar a cabo tanto o trampeo como a monitorización e detección do avispón oriental ao longo dos 89 quilómetros cadrados que abrangue o municipio, co obxectivo de garantir unha cobertura eficaz en todas as zonas e previr a expansión desta especie invasora. Dende o Concello levase polo menos 6 anos con tratamentos preventivos e de trampeo para controlar e evitar a proliferación da vespa asiática.
A vespa velutina continúa a ser unha das principais ameazas para o sector apícola da zona, xa que ataca directamente ás abellas nos colmeares, provocando unha importante diminución da produción e afectando de maneira directa aos ingresos económicos dos apicultores locais.
Ademais, a empresa SERPA informou da posible chegada a Galicia de novas especies invasoras, detectadas xa no sur do país e que poderían avanzar cara ao norte. Por este motivo, e de maneira complementaria ao labor habitual contra a vespa velutina, desenvolverase no Concello de Xove un programa de monitorización experimental e específico co fin de detectar de forma temperá a presenza destas posibles novas especies e actuar de maneira preventiva; trataríase dun monitoreo preventivo de detección temprana de avispas invasoras (Orientalis e Bicolor).
Dende o Concello de Xove reitérase o compromiso coa protección do medio natural e co apoio ao sector apícola, fundamental para a economía local e a conservación da biodiversidade.

Taller de Yoga para adolescentes
20/Marzo/2026
Departamento de Servizos Sociais
-
¿Tienes entre 12 y 17 años y quieres desconectar del estrés, conocerte mejor y sentirte más en calma?
Te invitamos a un taller de yoga pensado especialmente para ti, donde combinaremos movimiento, respiración y relajación en un ambiente cercano y divertido.
- Beneficios: * Reduce el estrés y la ansiedad* Mejora la concentración* Aumenta la autoestima* Conecta contigo mism@
- Lugar: Casa del director Xove Galicia .- Fecha: 28 de marzo .- Plazas limitadas No necesitas experiencia previa, solo ganas de probar algo nuevo ✨
- Reserva tu plaza por mensaje directo o en 691235185 ¡Te esperamos para compartir este momento contigo!

XXII Festa do Polbo o vindeiro Xoves Santo.
19/Marzo/2026
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove colabora e patrocina un ano máis a celebración da XXII Festa do Polbo, unha cita gastronómica xa consolidada que organizan os hostaleiros da localidade e que ten como obxectivo poñer en valor un dos produtos máis representativos das nosas costas.

Nesta edición participarán oito locais de hostalería de Xove, que ofrecerán aos asistentes diferentes elaboracións de polbo para destacar a versatilidade e calidade deste produto tan apreciado na gastronomía galega. Os locais participantes son: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Cociña, O Cabaliño, A Fuga, A Cívica, O Refugio e Cafetería Antoxo.
A festa terá lugar o vindeiro Xoves Santo, 2 de abril, a partir das 13:00 horas. Durante a xornada, os establecementos participantes servirán cazolas de polbo elaboradas de distintas formas a un prezo de 15 euros, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar deste manxar nun ambiente festivo.
A partir das 19 h. a xornada gastronómica estará tamén amenizada por membros da A.C. Saíñas e polo grupo de percusión da comparsa Habelas Hainas, de Barreiros, que percorrerán os locais participantes levando música e animación para contribuír ao ambiente festivo desta celebración.
Dende a organización, os hostaleiros convidan a veciños e visitantes a achegarse a Xove este Xoves Santo para desfrutar desta xornada gastronómica, que combina tradición, sabor e ambiente festivo nunha das citas culinarias destacadas da Semana Santa na comarca.

Na presentación do cartaz estiveron presente o alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira Mª Dolores Meitín e distintos representantes dos locais de restauración participantes, apostando pola calidade do produto e o bo facer da hostalería local.
|
|
|
|
 |
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|