Rexistro Xeral de Entrada e Saída de Documentos

 

Mª Teresa Cociña Casabella

 

Nas oficinas xerais do Concello, ubicase o Rexistro Xeral de Entrada e Saída de Documentos, que está aberto no horario normal de oficina, ademais de permanecer dispoñible tamén os sábados en horario de 10 a 14 horas.
O servizo está informatizado, dispoñendo dunha base de datos dixitalizada de tódolos rexistros de entrada.

 

As funcións que se desenvolven dende o mesmo son entre outras, as seguintes:

 

  • Recollida e rexistro de entrada de documentos ou escritos dirixidos ó Concello.
  • Ós que se presentan en ventanilla se procede a selar orixinal e copia, rexístrase e devólvese ó interesado a copia selada co seu correspondente número.
  • Os enviados por outro medio, como fax, correo, mensaxeiro, rexístranse ó longo da xornada.
  • Unha vez rexistrados, uns e outros, envíanse ás diferentes dependencias.

 

  • Rexistro de saída de documentos, que se envíen a tódolos Organismos, persoas particulares.- Rexistro de ofertas económicas para a contratación de obras ou servicios.
  • Compulsa de documentos que vaian ser presentados ante o Concello.
  • Información diversa que soliciten tanto cidadáns como outros servicios ou negociados do Concello.