Servizos Sociais
Ana de la Barrera Vila (Traballadora Social)
Os servizos sociais municipais son un conxunto de programas, prestacións e accións orientados a potenciar o benestar social dos cidadáns. Poden acudir a este servizo todos os veciños do Concello que desexen obter información sobre os recursos sociais ou solicitar algunha prestación.
Áreas de actuación
- Familia, infancia e xuventude.
- Maiores.
- Persoas con discapacidade.
- Muller.
- Drogodependentes.
- Inmigrantes.
- Persoas que presentan marxinación social.
Servizos máis solicitados
- Programa de prestación por fillo (menor de 3 anos) ao cargo.
- Axudas periódicas para a integración do menor.
- Acollemento familiar.
- Axudas para parto múltiple.
- Título de familia numerosa.
- RISGA.
- Emerxencia social.
- Axudas por razóns humanitarias.
- Pensión non contributiva de xubilación e invalidez.
-
Programa de información e orientación
Ofrecemos información aos veciños de Xove sobre os dereitos e recursos sociais existentes, facilitando a realización dos trámites necesarios para acadalos.
Procedemos á valoración e diagnóstico das demandas recibidas, así como á súa derivación aos servizos sociais especializados cando é necesario.
-
Programa de apoio á unidade familiar
Servizo de axuda no fogar
-
Este programa vai dirixido a todos os veciños de Xove que presenten limitacións de autonomía persoal e consiste en prestar unha serie de atencións e coidados ás persoas, co fin de que poidan permanecer no seu fogar o maior tempo posible.
-
Programa de prevención e inserción social
Este programa cont én nunha serie de prestacións destinadas a previr a marxinación e as súas causas. Con este obxectivo desenvolvéronse unha serie de prestacións:- Campañas de prevención do alcohol e outras substancias tóxicas.
- Apoio técnico en campañas que non son propias (programa de prevención do cancro de mama, axuda ao pobo saharauí co programa vacacións en paz, etc.).
-
Programa de emerxencia social – Prestacións económicas
O Concello de Xove conta durante todo o ano cun n úmero considerable de demandas referidas a situacións de emerxencia social. As mais solicitadas son:
- Familias con escasos recursos económicos que pasan por unha situación crítica provocada por enfermidade, falta de emprego, etc.
- Axudas a inmigrantes que non teñen legalizada a súa situación de permiso de residencia e laboral.
- Axuda a transeúntes para comida. Esta axuda non se dá en metálico, senón que se lles ofrece o prato do día nun restaurante da localidade (concerto).
- Axudas a familias con marxinación social.
