Punto de Información Catastral

 

Fernando Mendaña Rodríguez

 

O Servizo do Punto de Información Catastral, situados nas oficinas xerais do Concello asume o papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán.

 

Entre os servizos que presta o Punto de Información Catastral están os seguintes:

 

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrales non protexidos e de cartografía dixital, no caso do Concello de Xove, de toda a cartografía rústica e mai-la urbana do Casco Urbano de Xove. As certificacións urbanas de vivendas sitas fora do casco urbano deberán solicitarse no Centro de Xestión Catastral sito en Ronda da Muralla, 134 (27004 Lugo). Tel.: 982 265 101

 

  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrales dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

 

  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

 

  • Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.

 

 

  • Este servizo ten un custo de 10 Euros por cada certificación solicitada.