LIMPEZA
Limpeza
Xove conta cun servizo de limpeza urbana e recollida de residuos e quincalla.
Como depositar os residuos
Deposita: Envases de plástico (de bebidas e alimentos, de produtos de hixiena e limpeza). Envases tipo brick (de leite, zumes, batidos,...). Envases metálicos (latas de refrescos, conservas, papel de aluminio). Tapas e tapóns, films, bolsas de plástico.
Non deposites: Envases de cerámica, barro, nin materiais plásticos ou metálicos que non sexan envases.
Deposita: Todo tipo de papel usado: folios, libretas, envases de papel e cartón, xornais, revistas..., agás os que están manchados de graxa, panos ou outros materiais de papel de uso hixiénico.
Non deposites: Papel plastificado nin de aluminio.
Deposita: Vidro de uso doméstico. Botellas, botes e tarros de vidro baleiros de líquidos.
Non deposites: As tapas e os tapóns, que deben ir ao colector amarelo. Tampouco bombillas, espellos, fiestras, parabrisas ou calquera outro obxecto que non sexa un envase de vidro.
Deposita: Materia orgánica. Restos de alimentos como pan, froita, verduras, espiñas de peixe, ósos, cascas de ovo, etc. Tamén cueiros usados ou alimentos caducados, pero sen os envases.
Servizo de recollida de quincalla
O Concello ofrece un servizo semanal de recollida a domicilio de quincalla (mobles, electrodomésticos, etc.). O camión de recollida pasa os venres logo de solicitalo nas oficinas municipais.Para demandar a recollida de quincalla pode chamar ao número de teléfono 982 592001 ou inscribirse no Concello.