Emprego e desenvolvemento local
Rosa Lage Canoura (Axente de Desenrrolo Local do Concello)
Os cidadáns e empresas locais dispoñen dun Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local no Concello. A súa función é informar, orientar e asesorar sobre aspectos laborais e relacionados co emprego, e colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
Os servizos ofrecidos polo Concello en materia de emprego son:
Servizo a empresas locais:
Servizo a empresas locais:
- Presentación de ofertas de traballo a demandantes inscritos na bolsa de emprego municipal.
- Envío de información sobre liñas de axudas e subvencións existentes.
- Axuda na elaboración de estudos sectoriais de mercado que teñan por finalidade última plans de desenvolvemento xeradores de emprego local.
Servizo a persoas que buscan traballo e/ou emprender proxectos empresariais:
- Presentación de candidaturas a ofertas de traballo de empresas inscritas na bolsa de emprego municipal.
- Envío de información sobre cursos de formación existentes con compromiso de contratación.
- Envío de información sobre cursos e postos de traballo convocados polo Concello.
- Envío de información sobre liñas de axudas e subvencións existentes.
- Axuda na elaboración de estudos de viabilidade de proxectos empresariais.
- Axuda na elaboración de estudos sectoriais de mercado que teñan por finalidade última a súa inserción laboral, por medio de identificación de oportunidades de traballo por conta allea e/ou de oportunidades de desenvolvemento de proxectos empresariais con sede na localidade.
OUTROS SERVIZOS.....
