Secretaría
Luís María Fernández del Olmo
A secretaría xeral é un órgano de funcionamento principalmente interno que ten como funcións principais a de asesoramento legal preceptivo, e a de fe pública, é dicir, ten que ser testigo de todo aquelo que afecte á corporación municipal e deixar constancia fehaciente das decisións e resolucións que se tomen.
Funcións:
- Preparación dos asuntos que teñan que ser incluídos na orde do día das sesións que celebre o pleno, a Xunta de Goberno Local ou a Corporación Municipal en que se adopten acordos que vinculen á mesma.
- Levantamento de acta das sesións antes referidas, certificación de todolos actos ou resolucións e anotación dos mesmos nos expedientes afectados.
- Comunicación á Administración do Estado e da Comunidade Autónoma dos actos e acordos tomados.
- Autorización das actas de tódalas licitacións, contratos e documentos administrativos en que interveña a Entidade.
- Emisión de informes previos cando así se solicite, cando o asunto necesite unha maioría especial para aprobarse ou cando un precepto legal así o estableza.
- Informar nas sesións ás que asiste dos aspectos legais do asunto que se discuta.
- Acompañar ó Presidente ou membros da Corporación nos actos de firma de escritura.
