Alcalde do Concello
José Demetrio Salgueiro Rapa
Despois das últimas eleccións municipais de 27 de maio de 2007, Demetrio Salgueiro, Licenciado en Ciencias Económicas, foi elexido como Alcalde do Concello, e foron designados os seguintes Tenentes de Alcalde:
1º Tenente de Alcalde: D. José Manuel González Álvarez
2º Tenente de Alcalde: Dª Ana Maria Abad López
3º Tenente de Alcalde: Dª María Dolores Meitin Guerreiro
O Alcalde consonte ó disposto no art.21.1, 2 e 3 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, é o Presidente da Corporación e ostenta, en todo caso, as seguintes atribucións:
- Representar o Concello.
- Dirixir o goberno e a administración municipais.
- Convocar e presidir as sesións do Pleno, da Comisión de Goberno e de calquera outro órgano municipal.
- Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e as obras municipais.
- Publicar, executar e facer cumprir os acordos municipais.
- Ditar bandos e velar polo seu cumprimento.
- Autorizar e dispoñer os gastos dentro dos límites da súa competencia, ordenar os pagamentos e render as contas.
- Exercer a dirección superior de todo o persoal da Corporación.
- Exercer a xefatura superior da Policía municipal, así como nomear e sancionar os funcionarios que usen armas.
- Exercitar accións xudiciais e administrativas en caso de urxencia.
- Adoptar persoalmente e baixo a súa responsabilidade, en caso de catástrofe ou infortunios públicos, ou de grave perigo de que estes se produzan, as medidas precisas e axeitadas, dándolle inmediata conta delas ao Pleno da Corporación.
- Sancionar as faltas de desobediencia á súa autoridade ou as infraccións das ordenanzas municipais, agás nos casos nos que a facultade se lles atribúa a outros órganos.
- Contratar obras, servizos e abastecementos sempre que a súa contía non exceda do cinco por cento dos recursos ordinarios do seu orzamento nin do cincuenta por cento do límite xeral aplicable ao procedemento negociado.
- A contratación e a concesión de obras, servizos e abastecemento que excedendo da contía sinalada no punto anterior teñan unha duración non superior a un ano ou non esixan créditos superiores ao consignado no orzamento anual.
- Decidir os empates con voto de calidade.
- Outorgar as licenzas, agás no caso de que as ordenanzas ou as leis sectoriais llo atribúan expresamente ao Pleno ou á Comisión de Goberno.
- O desenvolvemento e a xestión económica conforme o orzamento aprobado.
- Presidir as poxas e os concursos para vendas, arrendamentos, abastecementos e toda clase de adxudicacións, de servizos e obras municipais.
- Solicitar a delegación de competencias para a contratación e a execución de obras e servizos con outras administracións.
- Exercer as demais que de xeito expreso lle atribúan as leis e as que a lexislación lle asigne ao Concello e non llelas atribúa a outros órganos municipais.
- Corresponderalle tamén ao alcalde o nomeamento dos tenentes de alcalde.
- O alcalde poderá delegar o exercicio das súas atribucións nos membros da Comisión de Goberno e, no caso de que esta non existise, nos tenentes de alcalde, agás as de convocar e presidir as sesións do Pleno e da Comisión de Goberno e as mencionadas nas letras b), f), h), j) e k) do apartado 1 deste artigo.
- O alcalde poderá, así mesmo, conferir as delegacións especiais para encargos específicos, a prol de calquera concelleiro, aínda que non pertenza á Comisión de Goberno.
- O acordo de delegación determinará os asuntos que esta comprenda, as potestades que se deleguen e as condicións concretas do seu exercicio.
<<<<<<<<<<<<<<<<<<
