Concello Dixital

Sede Electrónica

mayo 2012
lmmjvsd
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031 

Idioma

English French Spanish Galician

Acceso



Contador Visitas

 

Conectados ahora

Tenemos 13 invitados conectado

Imaxes...

Videoteca

Emprego

Encontros

ACD'Xove

Club Natación Xove

A Mariña lucense

LEMBRAR...............

icono_coche_gran

IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
O pago en período voluntario deste imposto,  será  dende o  16 de ABRIL ata  o 18 de xuño de  2012, ambos días inclusive.
O abono de dito imposto, os que non estén domiciliados realizarase en calqueira  oficina de Caixa Galicia.
Pódese domiciliar tamén nas oficinas xerais do Concello, cubrindo a orde de domiciliación. 

 

May

15

2012

Entrega de diplomas do Curso de Informática
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es

 

Hoxe pola mañá, ás 12:00 horas na Aula de Informática da OMIX de Xove,  tivo lugar a entrega de Diplomas do CURSO DE INFORMÁTICA  PARA MAIORES DE 18 ANOS, acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Ana Abad e o profesor Daniel López.
O Curso, organizado pola Delegación Municipal de Xuventude,  desenvolveuse durante os tres últimos meses,  sendo impartido por Daniel López Pena, técnico informático da OMIX.
Nesta edición, participaron un total de 25 persoas con idades comprendidas entre os 26 e 69 anos. Os contidos tratados foron: Microsoft PowerPoint 2007, Windows Movie Maker, programas de fotos narradas 3 e Hofmann.

PULSA PARA AGRANDAR 
 

May

15

2012

Programas e axudas para mozas e Mozos – Programa “Activa”
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove,  organizouse para o próximo día 20 de abril, en horario de 17:00 a 19:00 horas, o obradoiro “Programas e axudas para mozas e mozos”, que forma parte do Programa “ACTIVA”  da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Esta xornada vai destinada a mozos e mozas menores de 30 anos, persoal técnico  local de emprego, animadoras e animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.

Entre os contidos desta xornada destacan a información sobre a estrutura da rede galega de información e documentación xuvenil, instalacións da Xunta de Galicia a disposición da xuventude, espazos xove (casas da xuventude), participación e asociacionismo, emprego, vivenda, ensino e bolsas.

Este obradoiro pode ser de interese para a poboación xuvenil da Mariña Lucense e  para todas aquelas persoas que están en contacto coa xuventude, dahí que dende a Concellería de Xuventude se realice un chamamento a todas aquelas persoas interesada da Mariña (mozos/as menores de 30 anos, técnicos de emprego, animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, etc.), para que participen neste obradoiro.

Leer más...
 

May

15

2012

Actuación da contacontos Marisa Irimia na Biblioteca de Xove
Departamento de Cultura e Comunicación

A Concellería de Cultura do Concello de Xove programou para hoxe, como un dos actos programados dentro das actividades de celebración das Letras Galegas 2012, a actuación da contacontos MARISA IRIMIA co espectáculo “HISTORIAS DENDE O PLANETA JIJO”, que se desenvolveu de 11:00 a 12:00 horas na Aula Infantil da Biblioteca Municipal de Xove.

Esta actuación englobouse dentro do Programa “Letras Vivas Animación 2012” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, contando tamén co patrocinioo  do noso Concello. A organización correo a cargo da Biblioteca Pública  Municipal de Xove.

contacontis 

A actuación de Marisa Irimia estivo adicada aos nenos/as de Infantil do CEIP Pedro Caselles Rollán, concretamente aos de 4º, 5º e 6º de Infantil (4, 5 e 6 anos). Un total de 54 nenos disfrutaron gratuitamente desta actuación.

 

May

15

2012

Seminario de ideas empresariais
Departamento de Emprego

SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS: “Para crear unha empresa necesítase unha idea e non todas as ideas son boas”.

Está aberto o prazo para inscribirse no SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS” que terá lugar os días 11, 18 e 25 de XUÑO na Aula de Formación do Concello de Xove, das 9 ás 14 horas.
Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Obxectivos: Xerar ideas de empresa.Madurar ideas de empresa para transformalas en ideas empresariais, ideas de negocio.Avaliar unha idea de negocio e ver as súas posibilidades coma proxecto de empresa. 

Leer más...
 

May

10

2012

Ximnastas de Xove no Campionato Provincial de Rítmica de Rábade
Concellería de Deporte e Turismo

O pasado domingo 6 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Guitiriz a FASE PROVINCIAL ESCOLAR DE XIMNASIA RÍTMICA DE LUGO, na cal a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove presentou tres equipos, nas categorías benxamín, alevín e cadetes. Os resultados obtidos foron excelentes, quedando moi ben clasificados todos eles:

  • -Equipo Benxamín:  clasificado 4º entre 7 equipos.
  • -Equipo Alevín: clasificado 1º entre 9 equipos.
  • -Equipo Cadete: clasificado 2º entre  6 equipos.

 Polo tanto, os equipos Alevín e Cadete clasifícanse para o CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO  DE RÍTMICA que se vai celebrar en Ourense o vindeiro sábado 2 de xuño. Foi unha mágoa que o equipo benxamín non se puidera clasificar, xa que unhas poucas décimas o separaron desa clasificación;  en cada categoría, os tres primeiros equipos clasificados conseguían o acceso ao Campionato Galego.

 

Abr

30

2012

Reserva de praza na Escola Infantil para o próximo curso 2012/2013
Departamento de Servizos Sociais

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2012/2013 abarcará de 2 DE MAIO A 1 DE XUÑO DE 2012
Documentación a presentar para solicitar Reserva de Praza na E.I.:

  • Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais)
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Certificado de empadroamento colectivo
  • Fotocopia da Cartilla da Seguridade Social do/a neno/a
  • Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros  maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
  • Informe médico do/a neno/a
  • Carné de vacinación actualizado
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
 ordenanza_fiscal_escola_infantil_xove_2012
 regulamento_escola_infantil_xove_2012

 

Abr

24

2012

Actuación de ContaContos na Biblioteca
Departamento de Cultura e Comunicación

A Concellería de Cultura do Concello de Xove programou para hoxe, e conmemorando o Día Internacional do Libro, a actuación do contacontos FRAN ÍNSUA co espectáculo “A MIÑA MAMÁ CONTOUME”, que se desenvolveu de 11:00 a 12:00 horas na Aula Infantil da Biblioteca Municipal de Xove.
Esta actuación englobouse dentro do Programa “Letras Vivas Animación 2012” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, contando tamén co patrocinioo  do noso Concello. A organización correo a cargo da Biblioteca Pública  Municipal de Xove.
A actuación de Fran Ínsua estivo adicada aos nenos/as de Infantil do CEIP Pedro Caselles Rollán, concretamente aos de 4º, 5º e 6º de Infantil (4, 5 e 6 anos). Un total de 54 nenos disfrutaron gratuitamente desta actuación.

contacont3434 

 

Abr

23

2012

Aberto o prazo de Benestar en balnearios
Departamento de Servizos Sociais

Dende a Xunta de Galicia: Convócanse un total de 720 prazas para participar no Programa “ Benestar en Balnearios” 2012, a desenvolver nas quendas e nos balnearios  COA SOLICITUDE SEGUINTE :  SOLICITUDE

         

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  6. Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.
  7. Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.

Asi mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reunan as condicións dos apartados b), c), d), e),  f) e g).

Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.


Leer más...
 

Abr

13

2012

concurso Letras Galegas 2012
Departamento de Cultura e Comunicación

O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2012. pazandrade

Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a VALENTÍN PAZ ANDRADE, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda,  un apoio á língua galega, e por  outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos....

 

Leer más...
 

Abr

10

2012

…para mozas e mozos – Programa “ACTIVA”
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es

Dende a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove,  organizouse para o próximo día 20 de abril, en horario de 17:00 a 19:00 horas, o obradoiro “Programas e axudas para mozas e mozos”, que forma parte do Programa “ACTIVA”  da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

/>Esta xornada vai destinada a mozos e mozas menores de 30 anos, persoal técnico  local de emprego, animadoras e animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude.LOGO_REDE_GALEGA

Entre os contidos desta xornada destacan a información sobre a estrutura da rede galega de información e documentación xuvenil, instalacións da Xunta de Galicia a disposición da xuventude, espazos xove (casas da xuventude), participación e asociacionismo, emprego, vivenda, ensino e bolsas.

Este obradoiro pode ser de interese para a poboación xuvenil da Mariña Lucense e  para todas aquelas persoas que están en contacto coa xuventude, dahí que dende a Concellería de Xuventude se realice un chamamento a todas aquelas persoas interesada da Mariña (mozos/as menores de 30 anos, técnicos de emprego, animadores xuvenís, responsables municipais de xuventude, asociacións, etc.), para que participen neste obradoiro.

O obradoiro vaise desenvolver na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Para participar basta con acudir o día 20 de abril ás 17:00 horas a esta Oficina; por parte da organización do obradoiro, e co fin de facilitar unha mellor organización e control, pídeselle aos participantes que, se poden, chamen antes do día 18 de abril ao teléfono  da OMIX de Xove (982571816) para confirmar a súa asistencia.

 

Abr

09

2012

FESTAS DE SAN ISIDORO EN PENASAGUDAS-MONTE
Departamento de Cultura e Comunicación
FESTAS DE SAN ISIDORO EN PENASAGUDAS-MONTE
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 13, 14 E 15 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 13  DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: “ABANICO”.
SÁBADO,  14  DE ABRIL:
-13:30 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “DIAMANTES”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 15 DE ABRIL:
-10:00 horas.-  Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro.
-Despois do Xantar,  a partires das 16:00 horas, baile e verbena con JUAN Y SU GUITARRA.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 13, 14 E 15 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
  • VENRES, 13  DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: “ABANICO”.
  • SÁBADO,  14  DE ABRIL:   -13:30 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.   -14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.   -17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “DIAMANTES”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
  • DOMINGO, 15 DE ABRIL:   -10:00 horas.-  Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro.   -Despois do Xantar,  a partires das 16:00 horas, baile e verbena con JUAN Y SU GUITARRA.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
 

Mar

30

2012

Saiñas organiza o IVº festival infantil de Semana Santa
Departamento de Cultura e Comunicación

MAÑÁ sábado, 31 DE MARZO, ás 8 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o IVº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.

No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións:

  • “AIRIÑOS DO XUNCO” DE CERVO.
  • “GAMELAS E ANDURIÑAS” DE ESPASANTE.
  • “ÑÁÑARAS” E “CACHARELAS” de Saiñas de Xove.

Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.Cool
En total van a participar  orredor de 100 nenos/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente. En canto á particpación dos distintos grupos, débese a intercambios realizados ou por realizar cos diferentes grupos da nosa Asociación.
Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.

 

Mar

29

2012

Copa de Bolos. rematando xa a tempada
Departamento de Cultura e Comunicación

O pasado sábado 24 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas    a IXª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Deportes do Concello puxo punto final a temporada 2011-2012 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.

A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual. Segundo isto, a vindeira Copa (na súa Xª edición) deberá celebrarse no Centro Social de Lago.

 

Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada,  dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional.
En total disputaron a copa 24 xogadores na categoría masculina e 10 xogadoras na categoría feminina.

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Página 1 de 28