Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Festa do Ramo no Alto Do Cruceiro- Xuances
29/Setembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta Festa está organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL E DE FESTEXOS "ALTO DO CRUCEIRO", da cal formamos parte e, organizamos por undécimo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal terá lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no CAMPO DA FESTA "ONOFRE LOUZAO", un recinto inaugurado hai un par de anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 3 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos DUNHA GRAN CARPA. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.-
En canto ó amplo programa de actividades, destaca a celebración da FESTA DOS CALLOS, no seu DÉCIMO ANIVERSARIO, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos é a seguinte: os participantes, polo módico prezo de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e viño. En total contaremos con máis de 1000 racións, as cales esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa contamos cun posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bo programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra COSTA OESTE e L.BAN DJ
En canto ó programa de actividades previsto para o sábado 1 de outubro temos: Ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, Ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do GRUPO PEKADOS, Ás 18:00 horas: Partido solteiros contra casados, no campo anexo ó da Festa, Ás 22:30 horas: Verbena co GRUPO PEKADOS e a ORQUESTRA TELEVISIÓN.- Para rematar, a Comisión quere darlle as grazas a todas a s persoas, institucións, empresas, etc. que, de forma desinteresada, colaboran coas nosas Festas: Concello de Xove, comercios da zona e un especial agradecemento para os nosos veciños.
Clausura da X Semana de Seguridad de Alcoa na Mariña
22/Setembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 13:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polo alcalde de Cervo e membros de Alcoa, clausurou a X SEMANA DE SEGURIDAD DE ALCOA EN A MARIÑA. Como acto final, Alcoa donoulle a cada concello un desfibrilador.
Concertos de promoción da Escola Municipal de Música
21/Setembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe pola mañá, ás 10:45 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 150 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 100 alumnos/as, catro profesores da Escola Municipal de Música de Xove (cuarteto composto por dous violíns, unha viola e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.
Con estes dous concertos abreuse o Curso 2016-2017 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha doble finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal inda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música para o Curso 2016-2017. Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
ITV de vehiculos agrícolas 2016
15/Setembro/2016
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro 6 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil (Xove)
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas
* Pode solicitar cita previa Por teléfono: 902.30.90.00 ou a través da páxina web:www.sycitv.com - Cita previa
Resultados do VII Campeonato de España de Bolo Celta
13/Setembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Os pasados días sábado 10 e domingo 11 de setembro celebrouse no Campo Municipal de Bolos de Sumoas o VII CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍA FEMENINA.No mesmo participaron unhas 30 xogadoras.Na xornada inaugural, ousexa, o sábado 10, celebrouse o CAMPEONATO INDIVIDUAL.
Leer más:Resultados do VII Campeonato de España de Bolo Celta
Viaxe ó Kartodromo de Tapia 2016
11/Setembro/2016
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, Sábado 10 de setembro, ás 14:30 horas, os rapaces e rapazas de Xove, desprazáronse a Tapia, para pasar unha tarde no Kartódromo. Este ano, participaron un total de 15 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 16 e 35 anos.Con esta viaxe, organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove, poñemos punto e final as actividades programadas para o verán.
Por outra banda, recordar que xa está aberto o prazo para apuntarse nos obradoiros de longa duración asi como ás actividades de outono-inverno.
Todas as persoas que precisen información sobre este e outros temas de interese poden achegarse a nosa oficina ou chamar ao teléfono da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Xove): 982571816.
VII Campionato de España do Bolo Celta- Cat. Feminina
07/Setembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Os vindeiros días sábado 10 e domingo 11 de setembro vaise celebrar na Campo Municipal de Bolos de Sumoas o VII CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍA FEMENINA.No mesmo van participar unhas 30 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, que son as Comunidades onde se practica este xogo tradicional. Por parte da organización estase en conversacións con xogadoras de Bolo a Cachete do País Vasco co fin de que poidan estar tamén presentes neste evento e ampliar así a participación.
O Club de Bolos Xove é un club pioneiro en España no tocante á participación de mulleres nesta modalidade deportiva, que tradicionalmente estaba reservada aos homes. Cando se fundou o Club prácticamente as únicas mulleres que competían na Liga eran as do Club de Bolos Xove e o Club de Bolos O Cadaval. Pouco a pouco fóronse dando os pasos para que noutros clubs se fosen federando mulleres. Esta integración da muller a este deporte fixo que fose posible a celebración de campionatos Galegos e de España.
Nestes intres o nivel nesta categoría femenina é fantástico. Actualmente en Galicia hai club con representación feminina nas 4 provincias, e en Asturias creouse unha potentísima Liga Feminina que nada ten que envexar á Liga Masculina.
Dentro das xogadoras do Club de Bolos Xove, Carmen Roca tentará defender o título de Campeona de España por parellas que acadou na última edición deste campeonato, e tentará tamén o asalto ao título individual xa que está dentro das principais favoritas. Asimesmo esperamos que a xove Julia López, de 13 anos, confirme o sorprendente 3º posto individual obtido tamén na pasada edición.
Na xornada inaugural, ousexa, o sábado 10, vaise celebrar o CAMPEONATO INDIVIDUAL, deixando para o domingo 11 o CAMPEONATO POR PARELLAS. A organización deste campeonato corre a cargo do Club de Bolos Xove, e conta coa total colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Xove.
ORGANIZACION - ALOJAMIENTOS, COMIDAS ETC.
Clausura de XOVE CONCILIA
31/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, 31 de agosto, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Xove, cunha merendola-festa, a clausura do Programa XOVE CONCILIA, na cal participaron nenos-as xunto cos seus pais.
XOVE CONCILIA é, básicamente, un programa de conciliación da vida familiar e laboral destinado ás familias de Xove durante os meses de xullo e agosto.O Programa, dirixido dende as Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, destinouse a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria. 36 menores participaron nas diferentes actividades, desenvolvidas en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Coa finalidade de que a maior parte das familias se puideran beneficiar deste proxecto de conciliación, durante o mes de xullo puidéronse anotar tamén os nenos e nenas nacidos no ano 2013, para participar durante o mes de agosto, co cal, ao final, tivemos un total de 45 nenos/as que pasaron este verán polo Programa. En canto ás actividades desenvolvidas, tivemos xogos de todo tipo, talleres, bailes, etc.
Aberta a preinscrición para a Escola de Música
31/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Escola Municipal de Música de Xove – curso 2016/2017.-Dende o xoves 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2016-2017 na Escola Municipal de Música de Xove.
Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.016/17. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO de 2016. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2015/2016 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.
Sorteo Membros Mesas Electorais Eleccións Autonómicas 2016
27/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
En cumprimento do disposto no Art. 26 da L.O.R.E.G. procedeuse a realiza-lo sorteo para designación dos membros da mesas electorais para as Eleccións ó Parlamento Autonómico de 25 de setembro de 2016 , co resultado que a seguir se transcribe:
CENTRO SOCIAL DE TOIMIL-XUANCES*DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
- Presidenta: SANDRA LOUZAO SALGUEIRO con D.N.I.:34637081R
- 1º Vocal: ANGEL MANUEL MASEDA SALGUEIRO con D.N.I.:33992862N
- 2º Vocal: TOMAS CES PEREZ con D.N.I.:32804640Q
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: MARIA DOLORES BEN BALSEIRO con D.N.I.:33831768X
- 2º Suplente de Presidente/a: LUIS JESUS IGLESIAS GONZALEZ con D.N.I.:10886636T
- 1º Suplente de 1º Vocal: JOSE ANTONIO BOUZA PIÑON con D.N.I.:33861227Y
- 2º Suplente de 1º Vocal: ROSA MARIA SAN ISIDRO LOUZAO con D.N.I.:76569448X
- 1º Suplente de 2º Vocal: DOLORES REGO ALBO con D.N.I.:33997121Q
- 2º Suplente de 2º Vocal: AMERICA VARELA REGO con D.N.I.:76563971F
CENTRO CIVICO DE XOVE*DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
- Presidenta: PATRICIA DOMINGUEZ LAGE con D.N.I.:34635196W
- 1º Vocal: MARIA MAR GONZALEZ BERMUDEZ con D.N.I.:33998549H
- 2º Vocal: FRANCISCO JOSE CASABELLA LAGE con D.N.I.:77594574A
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: MIRTA ESCUREDO DIEZ con D.N.I.:10077494K
- 2º Suplente de Presidente/a: SILVIA CANOURA LAMELAS con D.N.I.:34880028E
- 1º Suplente de 1º Vocal: MARTA CARBALLIDO RODRIGUEZ con D.N.I.:77596329X
- 2º Suplente de 1º Vocal: ESTEFANIA CORDIDO EIJO con D.N.I.:34880216A
- 1º Suplente de 2º Vocal: VICTOR ALCALDE MARTIN con D.N.I.:77597604C
- 2º Suplente de 2º Vocal: ANDRES GARCIA PIÑEIRO con D.N.I.:33991882K
CENTRO CIVICO DE XOVE*DISTRITO: 01 SECCION: 001 MESA:B
Titulares :
- Presidenta: SONIA RODRIGUEZ NUÑEZ con D.N.I.:33997211Z
- 1º Vocal: ABEL NAYA LEGIDE con D.N.I.:34884103A
- 2º Vocal: MARIA ISOLINA MIGUEZ MON con D.N.I.:34880867X
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: JOSE MODESTO RODRIGUEZ CAMPO con D.N.I.:77596664T
- 2º Suplente de Presidente/a: SONIA PRADO BARRO con D.N.I.:33998114C
- 1º Suplente de 1º Vocal: JOSE ANGEL LOUZAO SERANTES con D.N.I.:33999937A
- 2º Suplente de 1º Vocal: TERESA ROMERO GARCIA con D.N.I.:33993332E
- 1º Suplente de 2º Vocal: ANGEL RODRIGUEZ OTERO con D.N.I.:77597195W
- 2º Suplente de 2º Vocal: WALDO SANTOS GUERREIRO con D.N.I.:77591726F
ANTIGUA ESCUELA VILACHÁ *DISTRITO: 02 SECCION: 001 MESA:A
Titulares :
- Presidente: DIEGO SACIDO LOPEZ con D.N.I.:34638982Q
- 1º Vocal: TOMAS RAMOS DOMINGUEZ con D.N.I.:77596736A
- 2º Vocal: OSCAR RIVAS ABELLA con D.N.I.:34884885A
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: VERONICA CASTRO QUELLE con D.N.I.:34880916J
- 2º Suplente de Presidente/a: RUBEN FERNANDEZ VAZQUEZ con D.N.I.:34881351B
- 1º Suplente de 1º Vocal: ZEUS LOSADA SANCHEZ con D.N.I.:34882006E
- 2º Suplente de 1º Vocal: MARIA BELEN CASAS MARQUEZ con D.N.I.:77594569K
- 1º Suplente de 2º Vocal: CRISTINA VIZOSO YAÑEZ con D.N.I.:34881661E
- 2º Suplente de 2º Vocal: LUIS RAMOS DOMINGUEZ con D.N.I.:33996833G
AGRUPACION ESCOLAR GULPILLEIRAS*DISTRITO: 01 SECCION: 002 MESA:U
Titulares :
- Presidenta: BEATRIZ REY PITA con D.N.I.:34637893P
- 1º Vocal: JOSE MANUEL GARCIA RAMOS con D.N.I.:33994555A
- 2º Vocal: JOSE LUIS GARCIA PIRES con D.N.I.:33994513F
Suplentes :
- 1º Suplente de Presidente/a: PAULA SENTANDREU ROGET con D.N.I.:38129965J
- 2º Suplente de Presidente/a: JORGE VAZQUEZ FRAGA con D.N.I.:34880484H
- 1º Suplente de 1º Vocal: ROCIO JULIETA LOPEZ CHAVEZ con D.N.I.:35623036S
- 2º Suplente de 1º Vocal: MARIA TERESA VALLE QUELLE con D.N.I.:32806494F
- 1º Suplente de 2º Vocal: JOSE MARTINEZ ALVAREZ con D.N.I.:10061124G
- 2º Suplente de 2º Vocal: LANDER DONOSO REDONDO con D.N.I.:35591543D
A Volta Ciclista e España pasa por Xove (13.30 horas)
24/Agosto/2016
La Voz de Galicia [A Mariña]
-
«Foi un gran acerto levar a Vuelta a un enclave singular e máxico como San Andrés de Teixido, que xa é moi popular en Galicia, pero que a partir de hoxe será recoñecido en todo o mundo grazas a La Vuelta», declaraba Valentín González Formoso, el presidente de la Diputación de A Coruña. También destacó «o importante impacto social e económico que a ronda española ten nas diferentes comarcas polas que discorre, xa que se trata dun evento seguido en directo por televisión para 190 países e que ten un importante retorno económico para os municipios polos que pasa».
Lo cierto es que en esta ocasión La Vuelta a España está realizando una gran promoción de Galicia a nivel internacional. Balneario de Laias, Parque de Castrelos, Ourense, Baiona, Marín, Dumbría, Mirador do Ézaro, Betanzos, San Andrés de Teixido, Viveiro, Lugo, Monforte de Lemos o la Ribeira Sacra son algunos de los puntos por los que discurrirá. Muchos de ellos, algunos de los lugares más emblemáticos, paisajes extraordinarios de la comunidad gallega, que la televisión ayudará a dar a conocer y promocionar.
Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove
24/Agosto/2016
Departamento de Servizos Sociais
-
O sábado 1 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS. A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales inda poderán anotarse ata o mesmo VENRES 16 DE SETEMBRO.
A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
Por outra banda, decir que inda continúa aberta a Exposición COAS NOSAS MANS IX, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Mañá, xoves 25 de agosto, será o último día que se poderá visitar esta exposición na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove.
Marica Campo:Pregonera das Festas de Xove
19/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Onte comezaron as actividades das Festas Patronais de Xove. Ademáis do DÍA DOS NENOS, onte tivemos tamén o Pregón a cargo de Dª Marica Campo, escritora que durante bastante anos viveu en Xove, exercendo o seu maxisterio no CEIP Pedror Caselles de Xove.
Día dos Nenos no San Bartolo 2016
19/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2016, HOXE, xoves 18 de agosto, tivemos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DOS NENOS:
-
- 16:00 HORAS: actuación do CHRYSTYAN MAGIC co seu espectáculo “DON QUIJOTE” no Salón de Actos do Centro Cívico. Este espectáculo dirixeuse en especial a nenos/as, estando aberto a familias e a todo tipo de público. Con esta actividade o Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, súmase á conmemoración do centenario de Cervantes.- Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
- 17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos xogos e inchables. Desenvolveuse na Praza do Centro Cívico. Este primeiro gran día das Festas Patronais vai rematar co pregón.
- 21:30 horas: PREGÓN DAS FESTAS a cargo de D. Marica Campo, escritora e que durante bastante anos viveu e exerceu o seu maxisterio no CEIP Pedror Caselles de Xove. No salón de Actos do Centro Cívico.
Inaugurada unha nova edición de Xove 360º
17/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe pola mañá, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura e por fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola novena edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cemiterios”, tema escollido para esta edición e sobre o cal cada autor puido presentar unha fotografía. O resto da exposición foi de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 46 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.. Na edición deste ano tivemos unha importante participación con 16 fotógrafos, catro máis que na pasada edición.
Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Ignacio Garijo, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Javier Villares, José Emilio Gómez e Luis Vivas, Alberto Rapa, Santos Cordovilla, Javier Arca e Lucas Rodríguez. A exposición, que se abreu hoxe, 17 de agosto, vai estar aberta ininterrumpidamente ata o vindeiro 3 de setembro en horario de 11:00 a 13:30 horas pola mañá e de 18:00 a 22:00 horas pola tarde. A entrada á exposición nesta ocasión é pola porta principal do Salón de Actos do Centro Cívico.
Actividade de Educación Medioambiental 2016
16/Agosto/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
“Separemos Ben, Reciclaremos Mellor”. Campaña Medioambiental na Praia de Esteiro
Esta campaña vaise desenvolver mañá 17 de agosto na praia de Esteiro (Xove). Trátase dunha actuación enmarcada na nova edición da campaña institucional "Separemos ben, reciclaremos mellor" que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) de envases lixeiros, envases de vidrio, pilas e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimilec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum. Nesta campaña colabora o Concello de Xove.
Desde a organización da campaña, poñemos a disposición do concello de Xove unha aula móbil de medidas 7,5x3,5 m. onde monitores ambientais se encargarían de explicar á cidadanía as pautas para unha adecuada xestión de residuos, así como solventar todas aquelas dúbidas que puidesen xurdir aos presentes. Tamén se porá a disposición da cidadanía un inchable para os nenos de medidas 6x6m e un servizo de ecopatrulla que informará polo propio areal aos usuarios das actividades a realizar, así como realizará recollidas simbólicas re residuos.
Para aquelas persoas que queiran participar nesta campaña e nas actividades da mesma, decir que se vai desenvolver mañá, mércores 17 de agosto na Praia de Esteiro, en horario de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|