Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Campeonato de Bolos Xove ' 2017
01/Febreiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CAMPO FÚTBOL DE XOVE – Sábado, 28 DE XANEIRO 2017.- INCIDENCIAS DA 14ª TIRADA.- Salientar que, antes de comezar as tiradas, o secretario da Federación Galega de Bolos Ginés Rodríguez fíxolle entrega ao alcalde de Xove Demetrio Salgueiro dun agasallo (unha base con bolos e bolas de madeira) en recoñecemento á laboura que desenvolve o noso Concello dende hai moitos anos na preservación e na promoción deste deporte popular, que tanto arraigo ten en Xove. Pola súa parte, o alcalde agradeceu o agasallo, resaltando o compromiso do Concello de Xove con este deporte e cos moitos practicantes de Xove que disfrutan todo o ano deste ancestral xogo.
Leer más:Campeonato de Bolos Xove ' 2017
Escola Infantil: Día da Paz
31/Xaneiro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Na escola infantil este ano para celebrar o día da paz fixemos un puzzle con forma de corazón. Cada neno levou unha peza para a súa casa e decorouna e despois xuntamos as pezas e formamos este corazón.
Presentación da última novela de Rita Morrigan
25/Xaneiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A comezos de novembro pasado recibíamos con gran satisfacción no Concello a noticia da concesión do PREMIO VERGARA a Rita Morrigan pola súa novela CORAZONES EN EL CAFÉ. Aclaro, para quen inda non o saiba, que Rita Morrigan é o seudónimo da nosa compañeira Lucía Meitín. Pois ben, esta novela vai ser presentada este vindeiro sábado, 28 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico. A esta presentación, que comezará a partires das 18:30 horas, están invitados tódolos veciños do noso Concello e tódolos amantes da boa literatura, xa que se trata dunha cita aberta ao público en xeral. A presentación vai correr a cargo do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.
Presentacion rita morrigan 2017 Presentacion rita morrigan 2017
Durante esta presentación, como noutras anteriores, Lucía vai manter unha charla cos asistentes, respostando ás preguntas dos seus lectores. Para aquelas persoas que queiran o libro e inda non tiveran a oportunidade de mercalo, vai haber un posto de venda na entrada do Salón. Ademáis, ao final, Lucía vai firmar e adicar o seu libro a tódalas persoas que llo pidan.
Exame para Plaza de Limpadora
24/Xaneiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Por Resolución de Alcaldía de data 9 de xaneiro de 2017, aprobouse a lista de admitidos no concurso oposición convocado para a provisión de unha praza de limpadora; designaronse os membros do tribunal calificador e fixouse o lugar, data e hora as 16:30 H. do día 23 de xaneiro (luns) de celebración do exame teórico previsto nas bases.
Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta
18/Xaneiro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Dende o Departamento de Servizos Sociais, comunicase que xa pode solicitarse o Bono de Alugueiro Social da Xunta (tamén se tramita no Departamento de Servizos Sociais do Concello), destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
-
- Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
- As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
- Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
- Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugueiro social.
- Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
- Aquelas que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
Leer más:Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta
Feira Empresarial Multisectorial "Agora Xove"
17/Xaneiro/2017
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Os próximos días 11 e 12 de febreiro terá lugar a feira empresarial AGORA XOVE que organiza a ACIAM en colaboración co Concello de Xove, co obxectivo principal de fomentar o consumo no tecido empresarial xovense, máis de 50 negocios exporán os seus produtos e servizos nunha carpa situada na Praza do Concello. Haberá ademais demostracións, obradoiros, degustacións gastronómicas, desfiles, charlas, … O evento rematará o domingo “cun gran desfile da man da empresa de moda máis importante da comarca: Catycris”.
O Concello de Xove, ademais de aportar axuda técnica e económica ao evento, tamén participará cun stand no que amosará o seu papel á hora de apoiar a creación e mantemento de iniciativas empresariais no municipio.-
Aberto o prazo para solicitar o Tícket Eléctrico Social de Galicia
17/Xaneiro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Dende hoxe, no Departamento de Servizos Sociais do Concello xa se poderán tramitar as axudas da Xunta de Galicia para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.
Normativa: Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A). Extracto (DOG nº 10 do 16/01/2017)
Obxecto:Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).
Contía :Será unha cantidade fixa de 180 € ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 300 € ao ano para as que acrediten ser ademais familia numerosa.
Gastos subvencionables: Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2016 e o 30 de xuño do 2017. No caso de que unha factura abranga un período que saia en parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo rateado dos días incluídos nel.
----> MÁIS INFORMACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA E NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO <---------
Prazo de presentación: Do 17 de xaneiro ao 15 de xullo de 2017.
Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
16/Xaneiro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
Posta en servizo da "vía de altas prestacións" ó seu paso por Xove
13/Xaneiro/2017
Departamento de Obras
-
O presidente da Xunta fixo a inauguración do primeiro tramo do corredor do norte de Lugo co compromiso de avanzar na variante de Viveiro. lembrou que esta "esperada" infraestrutura supón "un paso importante na conectividade do norte da provincia de Lugo co resto da Comunidade".
Feijóo garantiu o compromiso da Xunta coa Mariña Lucense e de continuar as obras "cara á Coruña". Para iso, recoñeceu, a gran dificultade agora desta vía é Viveiro", cuxa variante aínda non conta cun trazado de consenso. "A Variante de Viveiro ten que ser o próximo obxectivo da Xunta", dixo o presidente, que se comprometeu a presentar un novo trazado "que represente para todos unha solución" e que permita "chegar a acordo".
Durante o acto de inauguración, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, lembrou que esta infraestrutura para a Mariña é unha "demanda histórica" e unha "necesidade" para "unha das comarcas con máis potencial económico da provincia".
Aprobadas as Becas e Axudas ao Estudo 2016/2017
12/Xaneiro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
No pasado mes de outubro de 2016 foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove, rematando o prazo de presentación das solicitudes o día 16 de decembro do mesmo ano.
As modalidades das axudas, como ven sendo habitual, son as seguintes:
-
- Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
- Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
- Modalidade 3.- Axudas para alumnos/as discapacitados/as físicos ou psíquicos
- Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar.
- Modalidade 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
- Modalidade 6.- Axudas para máster.
O día 9 de xaneiro de 2017 celebrouse a sesión da Xunta de Goberno Local, logo da Xunta Municipal de Portavoces, na que se adoptou a aprobación da concesión dun total de 74 axudas das 88 solicitudes presentadas. As axudas concedidas, foron:
-
- 20 para estudos universitarios: 27.025,81 €.
- 4 para ciclos formativos que non existen na comarca: 1.657,98 €.
- 8 para alumnos/as con discapacidade: 7.500 €.
- 40 para compra de material escolar: 4.185 €.
- 2 para máster: 1.000 €.
Dende a Concellería de Servizos Sociais quérese destacar o esforzo orzamental que o Concello fai cada ano co fin de potenciar a educación no noso Concello, nunha aposta clara polo futuro dos nosos xoves; recordamos que estas axudas abranguen a tódolos estractos educativos, dende os estudios infantís ata os estudios universitarios, doutoramentos e masters.
Significativo é tamén o incremento no investimento, como podemos apreciar nos datos que mostramos a continuación, que mostran as cantidades investidas polo Concello nos tres últimos anos, cun incremento do 7% no 2016 con respecto ao 2015 e cun 5 % no 2017 respecto do 2016: ANO 2015 (CURSO 2014/2015): 36.810,67 €; ANO 2016 (CURSO 2015/2016): 39.372,64 € (+ 7%) e ANO 2017 (CURSO 2016/2017): 41.368,79 € (+ 5%)
A diferenza de convocatorias anteriores, neste curso o pago das axudas realizarase por TRANSFERENCIA BANCARIA (ultima semana de Xaneiro).
O total das axudas para este curso 2016/2017 é de 41.368,79 €.
“Nadal de Vila en Vila" en Xove....
04/Xaneiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Mañá, Xoves 5 de xaneiro, no Salón de Actos do Centro Cívico, ás 12:00 horas. Entrada Libre. Dirixido a familias con nenos/as a partires dos 4 anos. Dende a Rede de Dinamización Lingüística estase a traballar para poñer en marcha unha nova edición do programa Nadal en Rede, destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal (cartas aos Reis Magos, Cabalgatas, felicitacións etc.). Como vén sendo habitual nos últimos anos, o programa incluíra tanto actividades de dinamización lingüística coma recursos dixitais que estarán accesibles proximamente desde o Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.
O Concello de Xove está incluido na relación dos que acollen actividades deste tipo, neste caso 'Nadal de vila en vila', un obradoiro de música de Nadal en galego destinado a achegarlles aos participantes as tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis, aginaldos etc da man dos coñecidos músicos Uxía e Santi Cribeiro. Nel, a participación dos asistentes será activa e recibirán con este fin diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas...) cos que acompañar as voces. A partir dun conto de Nadal que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial de letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.
A duración desta actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, vai dirixida a familias con nenos a partir dos 4 anos e está pensada para desenvolver en espazos culturais municipais (casas da cultura, auditorios, centros socioculturais ou similares). Trátase dunha actividade da REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA que conta, neste caso, coa colaboración da CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE XOVE.
Día dos Nenos Na Piscina Municipal
03/Xaneiro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Pasado o ecuador, o nóso Concello continúa coas actividades programadas cara recta final deste Nadal.
Día dos Nenos.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Vaise desenvolver mañá, 4 de xaneiro, na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con arranxo ao seguinte programa:
-
- Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.
- Inchables no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.
Festa Infantil de Fin de Ano 2016
31/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Desenvolveuse hoxe, venres 31 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove. Na mesma, os nenos/as asistentes disfrutaron de xogos no Pavillón, despois, ás 12:00 h. tomaron as uvas coas campanadas do reloxio do Concello, e rematou a festa cun baile infantil no Pavillón ata as 13:00 h.
Actuación do Grupo Musical "Escolma de Meus"
29/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá venres, 30 de decembro, un Concerto de ESCOLMA DE MEUS, a partires das 21:30 horas no Salón de Actos do Centro Civico. Este grupo músico-vocal, de cáseque unha quincena de componentes de toda a Mariña, vannos interpretar clásicos como La Bella Lola, Cantinero de Cuba, etc., e tamén música popular galega como Adiós Ríos Adiós Fontes ou Catro Vellos Mariñeiros,…
Cotas da Piscina Municipal de Xove para o ano 2017.
29/Decembro/2016
Concellería de Deporte e Turismo
-
Estas Cotas foron aprobadas polo Pleno Municipal do Concello de Xove, o día 28 de Outubro de 2016, entraron en vigor o día 23 de Decembro de 2016 despois de ser publicas no BOP, e aplicaranse a partir do día 1 de Xaneiro de 2017.
Presentación do Calendario do Concello...
29/Decembro/2016
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Como ven sendo tradicional nos últimos anos, o Concello edita un calendario que, este ano, vai adicado ás distintas festas de Xove. A base do calendario son fotografías antigas, en branco e negro, das distintas festas que ao longo do ano celebran as nosas parroquias.Para elaboración do calendario contouse, lóxicamente, coa aportación de moitos veciños que facilitaron, desinteresadamente, fotos antigas, as cales van incluídas neste traballo. Por iso, dende o Concello queremos darlles as grazas por todas estas aportacións.
Esta iniciativa ten moito de recuperación etnográfica; por iso, dende o Concello, faise un chamamento á colaboración dos veciños para que sigan aportando fotografías antigas, coas cales poderemos, dende o Concello, seguir con este tipo de iniciativas.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|