Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
13/Xaneiro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no Salón de Plenos do Concello, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os/as premiados/as no Concurso, foron:
Leer más:Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal
Colaboradoras no Diververán 2017
04/Xaneiro/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, na OMIX, tivo lugar ás 12:30 un acto de recoñecemento ao labor realizado polas voluntarias que participaron no proxecto de voluntariado "Diververán Xove". No pasado 2017 colaboraron 5 mozas do municipio, que recibiron do alcalde e das concelleiras de Xuventude e Servizos Sociais un detalle de agradecemento. Desta forma, desde o Concello de Xove preténdese fomentar o voluntariado xuvenil.
Cabalgata de Reis 2017
04/Xaneiro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O nóso Concello continúa coas actividades programadas cara recta final deste Nadal.
HOXE, XOVES, 4 DE XANEIRO.- Día dos Nenos.- Tradicional día adicado a tódolos nenos/as polo Concello durante o Nadal. Estase desenvolvendo hoxe na Piscina Municipal e no Pavillón Municipal de Deportes con arranxo ao seguinte programa: Xogos Acuáticos na Piscina Municipal de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h. e Inchables no Pavillón Municipal de Deportes de 16:00 a 20:00 h.
MAÑÁ, VENRES, 5 DE XANEIRO.- Cabalgata de Reis.- A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón coa DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.
Con respecto á celebración da Cabalgata, dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade), onde está o Bar A Esquina de Memphis, coñecido antes como A Esquina. Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade. Temos que decir que a estrada xeral non se vai a cortar, xa que só se vai utilizar un carril da mesma (o carril dereito en dirección Viveiro), quedando o outro para o tráfico, o cal estará regulado por personal do Servizo Municipal de Vixiancia.
PLAN B por se se suspende a Cabalgata.- Pode suceder que por cuestións metereolóxicas non poida realizarse a Cabalga. Pois ben, se se suspendese a Cabalgata iríamos todos para o Pavillón de Deportes, lugar onde os Reis estarían con tódolos nenos/as, e despois disfrutaríamos da Festa Infantil coa Discoteca Decibelios.
Resultados do Concurso Karaoke 2017
28/Decembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Celebrouse este pasado venres 22 de decembro, nun Pavillón Municipal de Deportes ateigado de xente, sendo todo un éxito, tanto de participación e calidade musical, como de público. O Xurado desta VII edición estivo formado por Dº Xacobe Pedre Otero, profesor da Escola Municipal de Música de Xove, Dº Francisco Javier Pena Louzao pola Asociación Saiñas de Xove e Dº Eduardo Rodríguez Basanta membro do grupo musical Escolma de Meus.
A relación de gañadores, segundo categorías, foi a seguinte:
Leer más:Resultados do Concurso Karaoke 2017
Programación Nadal do Concello de Xove 2017
26/Decembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CONCERTO DE ESCOLMA DE MEUS
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar, mañá mércores, 27 de decembro, un Concerto de ESCOLMA DE MEUS, a partires das 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Civico. Este grupo músico-vocal, de cáseque unha ducia de componentes de toda a Mariña, vannos interpretar clásicos como La Bella Lola, Cantinero de Cuba, etc., e tamén música popular galega como Adiós Ríos Adiós Fontes ou Catro Vellos Mariñeiros,…
Presentación do Calendario do Concello 2018
22/Decembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello editou un novo calendario este ano no que se recollen lugares significativos de Xove. A base do calendario son fotografías que recorren todo o término municipal: costa, interior, monte…Para elaboración do calendario contouse cunha serie de fotografías realizadas por fotógrafos de Xove e de fóra de Xove.
Por iso, dende o Concello, queremos darlles as grazas a todos eles por todas estas aportacións. Pois ben, a presentación deste calendario realizouse coa presenza do Alcalde Demetrio Salgueiro, a Concelleira de cultura Dolores Meitín e a encargada da elaboración do calendario Lucía Sánchez.
Como ven sendo tradicional, o Concello realiza unha distribución do mesmo polas casas de tódolos veciños.
Inauguración do Nadal 2017-2018 en Xove
20/Decembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Como acto previo ao Nadal en sí, o Concello comezou as súas actividades coa celebración dun Obradoiro de Colocación de Belén, actividade desenvolvida o pasado 14 de decembro, de 17:00 a 20:00 h. na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na cal participaron rapaces/as de 10 a 18 anos. Esta actividade foi organizada pola OMIX de Xove.
Pero bueno, a Inauguración do Nadal, digamos que oficial, vaise desenvolver mañá, xoves 21 de decembro. Esta inauguración estaba prevista realizala no Salón de Actos, polo temor ao mal tempo e ás choivas. Pero dado que a previsión do tempo para mañá é boa, as actividades desta inauguración vanse finalmente desenvolver na Praza do Centro Cívico, a partires das 19:00 horas.Esta inauguración vai estar centrada en Papá Noel, ao cal recibirán tódolos nen@s na Praza do Centro Cívico, onde, ademáis, poderán conversar e sacarse fotos con él.Lóxicamente, o Concello está a traballar para acoller a Papá Noel como se merece, nun marco e cun decorado axeitado.
Melloras na Gardería Municipal de Xove
15/Decembro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Unha das prioridades do Concello de Xove é dar servizos de calidade, pensando sempre no beneficio para os veciños e veciñas. E por isto, estase nunha continua mellora dos servizos municipais. Para o Concello o fomento da natalidade e a conciliación da vida familiar e laboral é un dos seus obxectivos prioritarios. Con este fin, neste exercicio 2017 realizaouse unha importante inversión na Escola Infantil municipal para mellorar o patio exterior de xogo, ampliando tamén a súa dotación coa instalación dunha moderna pantalla dixital e outros materiais didácticos.
O investimento realizado foi dun importe que ascende a 34.558,88 €, financiado polo noso Concello e subvencionada a parte restante pola Consellería de Política Social, dentro da cal se inclúen Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
VII Concurso de Karaoke
01/Decembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha, tendo lugar mañá, venres 22 de decembro, un dos pratos fortes deste amplo programa de actividades coa celebración da SÉTIMA EDICIÓN do CONCURSO DE KARAOKE, que se vai desenvolver a partires das 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, esperando que, coma o pasado ano, o público encha este emblemático recinto municipal.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. A inscrición neste Concurso é totalmente gratuita. A inscrición vai estar aberta mañá, día de celebración do Concurso, pola mañá en horario de oficina no Departamento Municipal de Cultura, e pola tarde en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Nestes intres o persoal do Concello está a traballar arreo para que mañá o Pavillón esté a punto e reluzca coas suas mellores galas.Os participantes das distintas categorías tamén terán mañá, antes do concurso en horario de 17:00 a 19:00 h., a oportunidade de ensaiar a canción que presenten, iso sí, a orde de ensaio vaise facer tendo en conta a orde de inscrición.
Dende o Concello aproveitamos para invitar a todo o mundo, veciño e visitantes, deste magnífico espectáculo músico-vocal. A entrada ao mesmo e TOTALMENTE LIBRE E GRATUITA.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialmente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.
A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do venres 22 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén este mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.
Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o venres 15 de decembro ás 14:30 horas.
En canto aos premios do Concurso, temos:
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Premio á “Mellor voz” (2 premios): 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.
MODELO DE SOLICITUDE, E CONVOCATORIA NA SEDE ELECTRÓNICA
Listado De Cancións Concurso Karaoke Xove 2017
NOTA: TÓDOLOS VIDEOS DENDE 2012 ATA 2016 NA SECCIÓN CORRESPONDIENTE-->
I Marathón de Tute "Onde Sempre Xove FS"
30/Novembro/2017
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A S.D. Xove F.S. xunto coa Cervecería-Pizzería Onde Sempre de Xove están a organizar a I MARATÓN DE TUTE “ONDE SEMPRE XOVE FS”, cita que se vai a desenvolver o vindeiro VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2017, A PARTIRES DAS 11:00 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE XOVE..
A inscrición vai a costar 80 € por parella; a mesma xa está aberta e pódese facer no seguinte contacto: CARLOS (CARRETE): 605 791 777
O LÍMITE PARA INSCRIBIRSE é o mércores 6 de decembro (INCLUÍDO). A inscrición inclúe a comida para tódolos/as participantes, que se vai realizar ás 14:30 horas no propio Pavillón.
A Maratón vai repartir os seguintes premios:
A previsión é que haxa 128 parellas; no caso de que a organización non consiga esas 128 parellas, o premio verase reducido proporcionalmente.
Ademáis dos importantes premios previstos para Maratón, a organización vai a realizar SORTEOS ESPECIAIS durante o evento entre tódolos/as participantes.
Pretendemos facer deste un gran evento. Pensamos que os grandes aficionados ao tute que hai na Mariña e outras comarcas do entorno teñen unha boa ocasión para disfrutar da súa afición. Por isto, queremos aproveitar para invitar a tódolos/as aficionados/as ao tute a participar neste evento. Tamén queremos darlle as grazas ao Concello de Xove pola súa colaboración así como as empresas Establecimientos Rey e Centro Óptico de Xove.
Termalismo Social IMSERSO 2018
29/Novembro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
- Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
- Situación económica dos solicitantes.
- Idade dos solicitantes.
- Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
- Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
- Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas: Convócanse 208.500 prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.
Leer más:Termalismo Social IMSERSO 2018
Violencia de Xénero .....
24/Novembro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
Cortos feitos por alumnos de 4º ESO en TICs IES Marqués de Sargadelos
Actividades en Xove do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
23/Novembro/2017
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través das Concellerías de Igualdade e Xuventude e Deportes, e tamén da OMIX, organizou unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero:
- Do 20 ao 25 de novembro: ÁRBORE DA IGUALDADE. Instalado na OMIX para todas aquelas persoas que desexen deixar colgadas na árbore as súas mensaxes reivindicativas contra a violencia de xénero.
- Venres, 24 de novembro
- De 18:00 a 20:00 h.- OBRADOIRO “SEXUALIDADE EN IGUALDADE”. Dirixido a rapaces/as da ESO, vai ser impartido pola sexóloga-psicóloga Raquel Grañan a OMIX.
- Ás 20:00 h.- 3ª ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA “Xove camiña pola igualdade”. Saída da Praza do Concello, continuando por: Camiño Real, Avenida Deputación, Rúa Tomás Mariño e cegada novamente á Praza do Concello.
Sendeirismo polo Concello...
21/Novembro/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
O próximo Domingo día 26, o Grupo de Senderismo da ACD.XOVE, clausurará o ano de Rutas-2017, con unha Ruta polo Concello de Xove. A "Senda dos Rios Guilán e Rigueira" recentemente acondicionada, foi a elexida para Clausurar este ano de Senderismo,2017. A saída da Ruta será dende o Centro Civico de Xove e regreso o mesmo punto, para a continuación xuntarse todos aqueles que o desexen nunha comida de confraternidade no Restaurante do Centro Social de Palmeiro. Invitamos a todos os amantes do Sendeirismo a disfrutar desta bonita Ruta, chea de elementos etnográficos (muiños, presas, regadíos)...
Datos da Xornada: Domingo 26 de Novembro
-
- Saída: Centro Civico de Xove.
- Hora: 10 da mañan
- Ruta: Senda dos Rios Guilán e Rigueira
- Distancia: 10,5 km.
- Prezo Actividade: GRATUITA. (Federados)
- Seguro de Accidente: 2.-€
- Prezo comida: 11.-€
- ORGANIZA: ACD.XOVE .- COLABORA: CONCELLO DE XOVE.
Plan de Sinalización dos Recursos Turísticos
17/Novembro/2017
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dende o Departamento de Turismo do Concello de Xove rematouse o Plan de Sinalización dos Recursos Turísticos do Concello, mediante a incorporación das seguintes sinais ao territorio municipal:
-
- INSTALACIÓN DE PLANÍMETROS CULTURAL-NATURAL. Instalaronse nos seguintes lugares: Praias de Lago, o Portiño de Morás, Portocelo, Muiñelo e Esteiro.
- PANEIS IDENTIFICATIVOS DE ELEMENTOS CULTURAIS. Instaláronse en: Igrexas de San Isidoro de Monte, San Miguel de A Rigueira, San Bartolo de Xove, San Estevo de Sumoas, Santa Eulalia de Lago, San Clemente de Morás, San Pedro de Xuances, San Tirso de Portocelo, e tamén na Área Recreativa da Rigueira (Fin da Ruta dos Muiños), na Ruta dos Muiños (Aldea Máxica) e Faro de Roncadoiro.
- MIRADORES PANORÁMICOS. Instalouse unha sinal no Monte Medela e 2 no Monte Castelo.
- SINAIS DE ORIENTACIÓN. Instaláronse sinais nos seguintes lugares: FONTE MAIOR esquerda en Vilachá (Portocelo), FONTE DE LAMABOA esquerda en Xove. FERVENZA POZO DA FERIDA esquerda no casco de Xove. FERVENZA POZO DA FERIDA dereita no casco de Xove.
O obxectivo do Plan é o de facilitar aos visitantes que atopen máis facilmente os recursos turísticos do Concello, ademais de aportar informacións, en tres idiomas, das curiosidades acerca de Xove, e de cada un dos seus recursos turísticos; tanto sexan artísticos, naturais ou etnográficos. Preténdese que os visitantes podan dispor, sen a necesidade dun guía, acerca de información, datos, curiosidades e demais detalles, sobre os distintos puntos de interese turística do concello de Xove. Así mesmo, todos os carteis conteñen un código que, ao ser escaneado cos dispositivos móbiles, levan directamente á páxina do Concello de Xove, onde poden obter moita máis información adicional sobre o municipio.
O Plan custou 18.606,17 euros e foi financiado polo Concello de Xove e nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020; así como tamén con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, e da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.
|
|
|
|
OJO:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|