Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.018
01/Xuño/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, venres 1 de xuño, ás 12:20 horas no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de material didáctico e Diploma Acreditativo cada premio) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2018, que un ano máis organizou a Biblioteca Municipal de Xove da Concellería de Cultura para tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial para os do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.
Dentro da Convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso puideron optar libremente por:
-Realizar poesía: poemas de medida e tema libres.
-Escribir un relato ou conto: de tema libre.
-Facer unha redacción: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Carlos Casares.
No Concurso Literario puideron participar nenos/as a partires de 1º de Primaria ata 4º de ESO, ambos incluidos. Lóxicamente, os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil están excluidos deste Concurso por razóns obvias.
CONCURSO DE ARTES PLÁSTICAS: Neste caso, os participantes poderán optar libremente por:
-Realizar un debuxo: de tema e composición libres.
-Realización dun cómic: obligatoriamente sobre a vida e/ou obra de Dª María Victoria Moreno.
Os/as premiados/as nas distintas categorías, foron:
Leer más:Entregados os premios co Concurso Letras Galegas 2.018
Intercambios culturais ......
31/Maio/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, a última hora da mañá, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira de cultura Dolores Meitín, recibiron no Salón de Plenos do Concello á estudiante checa, natural de Praga, DENISA KANOKOVA´. Denisa está estudiando castellano no IES Monte Castelo de Burela, e realiza o intercambio coa estudiante xovense Lara Míguez, quen primeiro foi a Praga; agora Denisa devólvelle a visita.
Actas probas selectivas Coidadora infantil e Peóns Forestais
30/Maio/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Resolución das probas selectivas realizadas no día de hoxe nas dependencias municipais. Os aprobados en cada unha delas deberán presentarse o próximo venres as 10 horas no Departamento de Recursos Humanos (3ª planta da Casa do Concello).
Romaría do San Antonio da Rigueira 2018
28/Maio/2018
Turismo, Investigación Social e Muller
-
O vindeiro 13 de xuño terá lugar a Romaría do San Antonio da Rigueira. que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira e recibiren alí a Ventura (Insignia de ter completado o camiño) e a azucena (flor de San Antonio), deben anotarse previamente no Concello antes do 8 de xuño. Poden facelo por Telefono 982-592001 ou por mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Fai nove anos que dende o Departamento de Turismo, Investigación Social e Muller do Concello de Xove se traballa na recuperación da antiga romaría, acadando un maior número de romeiras e romeiros en cada edición, ata o punto de dar xa por consolidada a súa recuperación.
Especial ---> Rutas San Antonio (PDF)
Poderán completarase calquera das OITO Rutas habilitadas ao longo de todo o concello de Xove a tal efecto. A maioría dos romeiros/as escollen sair xuntos de Xove e ir ata o San Antonio pola Ruta dos Muiños. Unha vez completada a ruta escollida e debidamente selados os seus carnés terá lugar:
-
- Recepción dos romeiros/as na carpa do Concello.
- Entrega da Ventura 2018 e da flor de San Antonio.
ANÓTATE!
Oferta de Emprego: 1 Coidador-a Infantil na Escola Infantil
24/Maio/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
Selección urxente de persoal laboral temporal de 1 Coidador-a Infantil a xornada completa para o servizo ofrecido na Escola Infantil Municipal.
Pola alcaldía-presidencia de este concello, VISTA a existencia dunha necesidade efectiva de novo persoal para a prestación da obra ou servizo de ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL durante o ano 2018 (dende o 01 de xuño hasta o 31 de xullo de 2018) que non pode ser atendida polo persoal existente posto que ante as diversas reducións de xornada por garda legal así como a recente situación de baixa por risco durante o embarazo dunha das educadoras infantís, e con motivo de manter o bo funcionamento dos servizos e infraestruturas básicas municipais correspondentes .....
Resolución Alcaldía Coidadora Infantil
-------PUNTUACIÓNS FINALES - > Acta Coidadora Infantil <----------------------
II OPEN DE SURF DE ESTEIRO- Xuño 2018
11/Maio/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
XXV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica
06/Maio/2018
Concellería de Deporte e Turismo
-
No pavillón municipal de deportes de Xove celebrouse o XXV torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica (I fase promoción provincial e fase provincial escolar de X. Rítmica), unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, xunto con XOGADE (Secretaría Xeral para o Deporte/Delegación Provincial de Deporte da Xunta) e a Federación Galega de X. Rítmica, comezou ás 10:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 11 equipos e sobre 400 ximnastas en competición: Asociación Deportiva Aixa, Club Filigrana, Club Gimnasia Rítmica Becerreá, Club Garvity, Club Quicela, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro, Club Xirandela, Escola Ximnasia Areoura, Escola De Ximnasia Porta Norte E Escola Municipal De Xove. Unhas 700 persoas encheron o Pavillón e disfrutaron con este xa tradicional campionato de Rítmica. Finalizada a competición desenvolveuse unha exhibición a cargo dunhas 40 nenas (o grupo das máis pequenas) da Escola Municipal de Xove de X. Rítmica.
Para rematar, procedeuse á entrega de medallas, acto no que participaron o alcalde Demetrio Salgueiro, as concelleiras de deporte, cultura servizos sociais Cristina Iglesias, Dolores Meitín e Ana Abad, o Delegado Provincial de Deportes Manolo Cadramón, o Presidente da Federación Galega de X.Rítmica José Manuel Estévez e o Provincial Antonio Álvarez.
Viaxe Cultural da Escola de Maiores a Cangas de Onis
26/Abril/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
Hoxe, 26 de abril, 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove están a facer unha viaxe cultural ao concello asturiano de Cangas de Onis. Pola mañá visitaron o SANTUARIO DE COVADONGA e, xa pola tarde, van visitar o propio pobo de CANGAS DE ONíS. Dentro dos actos previstos, decir que o grupo foi recibido polo Tenente de Alcalde de Cangas de Onís.
Nesta viaxe, o grupo estivo acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.
XXV Torneo de Ximnasia Rítmica
25/Abril/2018
Concellería de Deporte e Turismo
-
Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte 2018
20/Abril/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as Festas Patronais da Parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 28 E 29 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “PECADOS”.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
-17:00 horas.- Verbena con: “PECADOS” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, trofeo para parella máis vella e outro trofeo para máis nova.
-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
*Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “JOSÉ ANIDO”.
-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “JOSÉ ANIDO”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.
A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Benestar en Balnearios 2018
18/Abril/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
MÁIS INFO------------->
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove facilitarase a tramitación destas solicitudes.-
Premiados no Concurso Letras Galegas 2018
17/Abril/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
CONCURSO “LETRAS GALEGAS” 2018
TRABALLOS PREMIADOS NO C.E.I.P. “PEDRO CASELLES ROLLÁN”
4º EDUCACIÓN INFANTIL :
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº ). DESERTO.
2º PREMIO : (Nº ). DESERTO.
3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.
5º EDUCACIÓN INFANTIL :
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº ). DESERTO.
2º PREMIO : (Nº ). DESERTO.
3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.
6º EDUCACIÓN INFANTIL :
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 25). ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.
2º PREMIO : (Nº 20). ÓSCAR BÉRTOLO CASABELLA.
3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 13). PAULA SÁNCHEZ PERNAS
2º PREMIO : (Nº ). DESERTO.
3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 12) PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
2º PREMIO : (Nº 24) OLIVA REGA QUELLE.
3º PREMIO: (Nº ). DESERTO.
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO LITERARIO
1º PREMIO : (Nº 43) JULIA ÁLVAREZ LOZANO.
2º PREMIO : (Nº 14) ELSA GARCÍA LÓPEZ.
3º PREMIO: (Nº 3 ) YOEL LÓPEZ GONZÁLEZ.
ARTES PLÁSTICAS
1º PREMIO : (Nº 34) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ.
2º PREMIO : (Nº ) DESERTO.
3º PREMIO: (Nº ) DESERTO.
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
Leer más:Premiados no Concurso Letras Galegas 2018
CAMPIONATO COMARCAL DE BADMINTON, XOVE-2018
05/Abril/2018
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Domingo día 8 de Abril, a ACD.XOVE, organiza o Campionato Comarcal de Badminton Escolar 2018 (pola tarde), onde participaran nenos-as de destintas entidades de A Mariña. Ese mesmo día pola mañan organizaremos unha xornada aberta, para ADULTOS, para que proben este deporte. Asi que, queremos animarvos e contamos con todos aqueles interesados.
Saiñas Elexida polo Festival de Lorient
04/Abril/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Asociación Saiñas de Xove está de noraboa, xa que foi elexida polo Festival Intercélticlo de Lorient para representar a Galicia na súa 48 edición. O Festival Intercéltico de Lorient, que anualmente se celebra nesta coñecida cidade da Bretaña francesa, está considerado o festival de música celta máis importante do mundo. A participación de Saiñas vaise desenvolver do 3 ao 12 de agosto, para o cal se vai desprazar un grupo dunhas corenta persoas entre bailadores e músicos.
A presentación desta participación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello; na mesma estivo o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín, o representante do Festival en Galicia Pablo Seoane, o presidente de Saiñas Andrés García e unha nutrida representación da Asociación. Precisamente, foi Pablo Seoane o encargado de darlle a Saiñas a noticia da súa participación, feito que lóxicamente nos encheu a todos de ledicia, xa que este feito podémolo considerar como o feito, senón o máis, un dos máis importantes da historia dos 36 anos da Asociación Saiñas.
Saiñas conta no seu curriculum cun amplo bagaxe de participacións no exterior, tanto en España como no extranxeiro; en España, entre outros lugares, participamos en festivais en Valencia, Zamora, Jumilla (Murcia), Oviedo, etc. Dentro dos paises extranxeiros, Saiñas participou en numerosas Europeades en paises como: Dinamarca, Alemania, Italia, Portugal, Francia, Suiza,… Pero bueno, a presencia no Festival de Lorient é especial, xa que, de principio, non é nada fácil participar debido ao riguroso proceso de selección do Festival, buscando sempre a excelencia, o mellor de cada país.
Podemos decir que, nos últimos anos, Saiñas deu un importante salto cualitativo, xa que xunto coas súas actividades tradicionais de música e baile, a Asociación puxo en escea unha serie de espectáculos que contribuiron ao seu crecemento e a unha maior madurez de todo o grupo; falamos de espectáculos como “Identidade”, “Tradicción”, “a Taberna”, “Muiñeira” ou “o Adro”, todos representados con grande éxito de crítica e público.
Bautizo de Buceo Deportivo 2018
27/Marzo/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este sábado pasado día 24 organizouse na Piscina Municpal de Xove, outro novo Bautizo de Buceo Deportivo, e no cal participaron un total de 43 persoas, as cales disfrutaron do pracer de poder respirar debaixo da auga, e de desprazarse como un peixe polo fonda da Piscina. A experiencia foi espectacular para todos, de feito o tempo de mergullo sobre 40 minutos chegaballes a pouco. O final de cada turno, entregouselle a cada novo buceador un Diploma de participación, asinado polos responsables do CAS. Buceo Viveiro, como impartidor do Bautizo, e da Piscina Municipal de Xove, como organizador.
***** Decirvos que como temos un mónton de fotos, tanto en superficie,como subacuáticas, si algún dos participantes quere algunha foto, que se poña en contacto con nós na Piscina, que llas pasamos via correo electrónico, whatsapp, ou como queira.*****
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|