Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Xacio Baño: Director de Cine
26/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe é o día máis importante a nivel profesional para este xovense que presentará no festival de San Sebastián a súa primeira longametraxe. 'Trote' conta a historia de Carme, unha muller que vive nunha aldea do interior de Galicia xunto a súa nai enfermae o seu pai, co cal apenas se fála. A película é unha produción española lituana cón gran carga visual.
Con que sensacións chega á presentación do filme hoxe no Festival de Cine de San Sebastián? o de entre quedar nun lugar a coidar de alguén e ter que marchar para buscar outras inquedanzas. A paisaxe é parte importante da película.
Chegou a gravar algo na súa terra natal? Gravouse en Galicia, en concreto en Amil, en Pontevedra, e en Ames, preto de Santiago. Non gravamos nada en Xove nin na Mariña. Queda para a próxima pelicula. Chama a atención que este filme conte coa presenza dunha produtora lituana. Como se deron as circunstancias para que iso fose posible? Pois foi porque eu coincidira coa produtora lituana, que se chama Ciobreliai Films, en varios festivais nos que participei.
Para un concello pequeno como Xove, é moi resefiable a cantidade de xente que se dedica ás artes audiovisuais, como é o caso de Xacio Baño ou o tamén director cinematográfico Lázaro Louzao. A qué cree que se debe que Xove, con apenas 2.000 habitantes, teña tanta xente dedicada ao cine? A verdade é que é moi curioso porque Xove é un concello pequeno. Debe ser que o temos metido no ADN (risas). Penso que son coincidencias que ás veces ocorren. En Meira pasa algo parecido, hai varios cineastas. Igual ten que ver coa personalidade de ser dun concello pequeno en medio de concellos tamén pequenos, pero en calquer caso máis grandes que Xove. Penso que igual buscamos a nosa identidade e o cine é un sitio estupendo onde expresala.
CONGRESO DE XOVES PERSOAS EMPRESARIAS EN XOVE
25/Setembro/2018
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
CONGRESO DE XOVES PERSOAS EMPRESARIAS EN XOVE
QUEN O ORGANIZA?
AJE Lugo organiza este mes en Xove (Lugo) o Congreso de Jóvenes Empresarios de A Mariña para a promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial e a creación de emprego
CAL É O OBXECTIVO?
O obxectivo deste Congreso é presentar exemplos de emprendemento da zona de A Mariña, as súas ideas, como se levaron a cabo, a motivación e a superación ante as adversidades, podendo servir como exemplo, en moitos casos, á hora de incentivar e animar a potenciais emprendedores a materializar posibles ideas de negocio.
CANDO É?
Este acto que terá lugar o vindeiro día 27 de setembro de 2018 no Salón de Actos do Concello de Xove de 20:00 a 21:30 horas.
QUE DEBO FACER PARA ASISTIR?
Pregamos a confirmación da asistencia a través do teléfono 982 224 699 ou na seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Presentada a II Concentración de Clásicos de Xove
21/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de Xove a II CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias. A CONCENTRACIÓN vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día. A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca. Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo. O Programa de actividades vai ser o seguinte:
- De 9:00 a 11:00 horas.- RECEPCIÓN de vehículos (coches e motos) na Praza do Centro Cívico. Durante este período, todo o público asistente poderá admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios.
- Sobre as 11:30 horas:- Realización dun CIRCUITO polo Concello, duns 10 km: saída do Centro Cívico cara a Vila, na parroquia de A Rigueira, continuando cara a Igrexa de San Miguel, en cuxa explanada se van ubicar os vehículos. Os participantes van aproveitar que é a Festa do San Miguel na Rigueira, co cal van poder participar na Misa e na Procesión, e visitar o fermoso entorno, coa área recreativa e a Ruta dos Muiños. Por parte da organización está previsto ofrecerlles un pequeño refrixerio na Área Recreativa.
A continuación a comitiva vai seguir cara o Cruceiro, para dirixirse á A Vara, pasando por Os Faroles, Igrexa de Xuances e baixada cara Area, onde tódolos participantes, sobor das 15:00 horas, van disfrutar dun xantar no Restaurante Louzao. Unha vez rematado o xantar, a organización ten prevista a entrega de PREMIOS, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.
Cine ó Aire Libre na PRAZA DO CONCELLO
20/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Proxección de Pérez, o Ratiño dos teus soños
A proxección vaise desenvolver mañá, venres 21 de setembro, a partires das 21:30 horas na Praza do Centro Cívico. Se non valese para realizar a proxección na Praza, por calquer razón climatolóxica, a mesma pasaríase ao interior do Pavillón, polo cal, podemos decir, que a proxección está garantida xa que está organizada pola Rede de Dinamización Lingüística, dentro do Programa Redecinema da Xunta de Galicia. Nesta actividade colabora a Concellería de Cultura do Concello de Xove. A entrada a esta proxección é de carácter totalmente libre e gratuita. Dende o Concello invitamos a tódolos nenos de Xove e de A Mariña a que asistan a esta proxección, actividade coa que o noso Concello pon punto final a unha intensa programación estival.
Pérez, o ratiño dos teus soños é unha coproducción galega de animación, dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax y Patagonik Film Group. Película de calidade que recibeu, entre outros moitos premios, un Goya á mellor película de animación.
ACDXOVE: Presentación da nova tempada 2018/2019
20/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Atentado ecolóxico no Rio da Rigueira – Xove
18/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Na ponte que cruza o rio da Rigueira, en Regosanguento, acaba de producirse un atentado ecolóxico. Acaban de aparecer restos de mobiliario e outros enseres (restos dun equipo de son, entre outros desperdicios) tirados no rio ao carón mesmo da ponte. O lugar, onde está ubicada unha pequena área de esparcimento, pertencente á ruta dos muiños, apareceu hoxe con eses restos tirados no rio. Este feito, incomprensible desde calquer punto de vista, xa que no Concello, o mesmo que en moitos outros da Comarca, hai un punto limpo onde se poden despositar gratuitamente este tipo de refugallos.
Dende o Concello descoñécese quen puido ser o/a responsable deste verdadeiro atentado. Pero bueno, o Concello puxo en marcha unha investigación para dar co/coa responsable/s deste lamentable feito, co fin de que o peso da lei caiga sobor del/es. Tamén o personal do SEPRONA está a investigar este feito, agravado ademáis por ser o río o depositario do lixo. Trátase dun atentado grave, no que ao haber aparellos electrónicos, a sanción por estes feitos está tipificada no código legal con ata 31.000 €. Recordo, outra vez, que Xove dispón dun PUNTO LIMPO, onde se pode depositar gratuitamente o refugallo durante toda a semana nos seguintes horarios:
- Luns, de 8:00 a 14:30.
- Martes a venres: de 8:00 a 15:00 horas.
- Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.
Ademáis, o Concello de Xove ten un servicio gratuito de recollida deste tipo de residuos polas casas; só hai que chamar ao Concello, e personal do mesmo pasará a recoller este material para depositalo no PUNTO LIMPO.
Xove acolle un Campeonato de España de Bolos de Veteranos e Superveteranos
14/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Despois dos éxitos acadados recentemente nos Campeonatos de España de Juveniles e Senior celebrados no Concello de Nigrán, o Club de Bolos Xove acolle o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS (xogadores de 58 a 65 anos) E SUPERVETERANOS (xogadores de máis de 65 anos), cita que se vai desenvolver este fin de semana na Bolera Municipal de Sumoas, no noso Concello, con arranxo ao programa seguinte:
- SÁBADO, 15 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN INDIVIDUAL .-As tiradas comenzarán o sábado, día 15, ás 10 da mañá e continuarán ata que se decidan os campións individuais das dúas categorías (cunha paradiña para xantar a mediodía). Cada xogador fará un total de 15 tiradas e de ahí sairán os 8 mellores Veteranos que se enfrentarán entre sí para decidir o Campeón de España.Tamen desas primeiras 15 tiradas sairán os 4 mellores Superveteranos, quens se xogarán entre eles o campeonato de España desa categoría.
- DOMINGO, 16 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN POR PARELLAS .- O domingo 16 formaranse 8 parellas cos 16 xogadores mellor clasificados nas 15 tiradas iniciais realizadas o sábado anterior, enfrentándose entre elas desde as 10 da mañá, ata decidir os Campeones de España por parellas (en parellas só hai unha categoria) .-Neste Campeonato de España vaise contar con xogadores chegados desde Madrid, Asturias e Galicia (entre eles hai xogadores con varios títulos de Galicia e de España en categoria individual e que a dia de hoxe continúan competindo na máxima categoria a gran nivel).-
O Club de Bolos Xove sigue colleitando éxitos
12/Setembro/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Club de Bolos Xove sigue sendo unha referencia deste deporte en Galicia e en España. Os seus éxitos abranguen tódalas categorías. Neste caso os trunfos viñeron dos bolos por parellas no caso dos senior e tamén na categoría xuvenil, tanto individual como por parellas.
Campeonato de España de 2ª División
Dous xogadores do Club de Bolos Xove, Javier Rodríguez e Luis Rancaño, lograron proclamarse CAMPEONES DE ESPAÑA de 2ª División na Categoría de Parellas. Este campeonato celebrouse nos Campos da Camoesa en Camos (Concello de Nigran) os pasados días sábado 1 de setembro (categoría de parellas) e domingo 2 de setembro (categoría individual). Javier e Luis lograron imporse a tódalas parellas clasificadas para este campeonato chegadas dende Asturias, Madrid e Galicia. Asimesmo, Javier Rodriguez consigueu o terceiro posto de España na categoría Individual de 2ª Division.
Campeonato de España Juvenil
O pasado fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de setembro, celebrouse o CAMPEONATO DE ESPAÑA JUVENIL nos campos da Camoesa en Nigran e, por segundo ano consecutivo, o Club de Bolos Xove dominou totalmente este campeonato.Na categoria individual Daniel Alonso proclamouse por 2ª vez Campeón de España Juvenil, vencendo na final a Samuel Ferreira do Club de Bolos A Rega. En semifinais, Daniel gañoulle ao seu compañeiro de equipo Miguel López, nun duelo que reeditaba a final do ano pasado e que parecia unha final anticipada. Ao final, Daniel Alonso foi Campeon e Miguel Alonso terceiro.
Leer más:O Club de Bolos Xove sigue colleitando éxitos
------------>Naseiro 2018 --------------->
30/Agosto/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Viaxe ó Kartódromo de Tapia 2018
23/Agosto/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Para o sábado 1 de setembro está prevista unha das últimas actividades programadas polo Concello, dentro da área de xuventude, para este verán. Trátase dunha visita ao KARTÓDROMO DE TAPIA, no cal os inscritos/as poderán participar en distintas carreiras e probas de karts.
A inscrición a esta actividade está aberta a xoves e rapaces/as de idades entre 16 e 35 anos. Para realización desta actividade por parte do Concello, esíxese un mínimo de 20 inscritos para poder levala a cabo.
Feira do San Bartolo en San isidoro de Monte- Xove
22/Agosto/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O VENRES 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DO SAN BARTOLO en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas. A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro. -13:30 horas: Sesión Vermú. -17:30 horas: Verbena co grupo VIVARIUM.
II Concentración de Vehículos Históricos
22/Agosto/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
ABERTA A INSCRICIÓN PARA II CONCENTRACIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS E HISTÓRICOS DE XOVE
Hoxe, ás 13:00 h na Praza do Centro Cívico, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada polo Presidente da Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense Javier Fernández e outros membros da directiva, realizaron a presentación desta II Concentración.Despois do éxito acadado pola I Concentración realizada o 23 de setembro do pasado ano, a Asociación aborda con ánimos renovados esta segunda edición co fin de consolidar esta cita no calendario deportivo-cultural de Xove. Para realización deste importante evento a organización leva traballando duro durante os últimos meses. Neste intre van comezar a fase participativa co cal, a partires desta semana, van abrir a INSCRICIÓN a tódolos afeccionados aos vehículos clásicos e históricos de A Mariña e doutros lugares que queiran compartir e mostrar os seus vehículos a tódolos afeccionados ao mundo do motor.
A inscrición poden facela de calqueira destas formas: -Por teléfono, nos números: 652 36 46 10 (Javier Fernández) e 689 74 52 18 (Manuel Cora) -A través de FACEBOOK: Autoclasico da Mariña Lucense. -E tamén persoalmente en contacto directos cos organizadores. A inscrición para esta II Concentración ten un custo de 25 € por persoa.
Entrega de diplomas do Curso de Informática 2018
22/Agosto/2018
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Do 2 de xullo ao 16 de agosto, dentro das actividades programadas este verán polo noso Concello para a xuventude, levouse a cabo un CURSO DE INFORMÁTICA dirixido a nenos/as de 1º de primaria ata 4º de ESO. A impartición do curso foi levada a cabo polo profesor José Manuel Vale, consistindo o mesmona preparación de diferentes ejercicios de ofimática no seu nivel básico (tratamento de texto, folla de cálculo, presentacións,…) e o desenvolvemento de tarefas de uso de Internet con fins lúdicos e didácticos (buscadores, navegadores, plugins,…). Os alumnos dividíronse en dous grupos segundo idades, un de 1 a 10 anos e o outro de 11 a 16. As clases realizáronse na Aula de Informática da OMIX de luns a xoves, con dúas horas lectivas cada día.
IX Encontro de Palilleiras
17/Agosto/2018
Departamento de Servizos Sociais
-
Do 20 de agosto ao 20 de setembro de 2018 estará aberto o prazo para anotarse ao IX Encontro de Palilleiras, que terá lugar o 6 de outubro no Pavillón Municipal de Deportes.
Este ano como novidade, as persoas interesadas en colocar o seu posto de venda, terán que enviar por correo electrónico á dirección de e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. o modelo de solicitude “SOLICITUDE INSCRICIÓN POSTOS DE VENDA” debidamente cuberto.
As asociacións de palilleiras ou particulares poden anotarse directamente chamando aos seguintes teléfonos de contacto: 982 59 20 01 (Concello, preguntar por Lucía ou Ana), 679 89 42 10 (Mercedes Barro, profa. de Bolillos) e 982 59 26 86 (Carmen García, profa. de Bordado). Ou enviando por correo electrónico a solicude “SOLICITUDE INSCRICIÓN PALILLEIRAS E ASOCIACIÓNS” debidamente cuberta.
<----------------------------solicitude inscripción palilleiras ------------Solicitude inscripción postos venta -------------------------------------->
35 nenos/as de xove disfrutaron do paintball
14/Agosto/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hai uns días as nenas e nenos de Xove desprazáronse a Galdo para disfrutar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball. Esta viaxe foi organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Enredar para Aprender” . Este ano participaron un total de 35 nenas e nenos de idades comprendidas entre 10 e 13 anos.
Presentación das Festas Patronais de Xove - 2018.
10/Agosto/2018
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Asistentes: -Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove. -Dolores Meitín, Concelleira de Cultura. -Cristina Iglesias, Concelleira de Deportes. -Carlos Cociña, Benigno Canoura e Luis Pico, membros da Comisión de Festas, e David Naya da Asociación Cultural Technoxove.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|