* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Estas son as obras realizadas polo Concello dentro do Plan Español de Estímulo da Economía e do Emprego:
URBANIZACIÓN DA PROLONGACIÓN DO CAMIÑO REAL DENDE ACCESO GRUPO ESCOLAR ATA RUA OS CHOZOS
Estamos a falar da nova rúa que vai dende Rúa Acceso a Grupo Escolar ata a Rúa Os Chozos nunha primeira fase, obra que conta cun investimento de 178.739 €uros a cargo do Plan E, e nunha segunda fase vai dende a Rúa dos Chozos a rúa que vai ao IES, parte que conta cun investimento de 50.000 €uros a cargo do Concello.
Trátase dunha obra que na súa 1ª fase, a que contempla o PLAN “E”, está totalmente rematada, tal como se pode apreciar na fotografía que acompaña a esta información. A obra consisteo na construcción dunha nova rúa, con novas aceras con rebaixes para accesos minusválidos, saneamento, novas farolas, así como o soterramento do cableado eléctrico, aproveitándose para incluir pasos de “R” e “Telefónica”.
AMPLIACIÓN DO PASO SUBTERRÁNEO DE FEVE NA CARRETERA DE REGOSANGUENTO
O noso Concello realizou unha importante obra de acceso á Parroquia de A Rigueira. Trátase da abertura dun novo paso subterráneo de acceso ao burgo de Regosanguento na Parroquia de A Rigueira.
Dende hai moitos anos, concretamente dende que se construiu a via de FEVE hai cáseque 50 anos, contábase cun pequeno paso de acceso a Regosanguento, o cal vai por debaixo da vía do tren e polo mesmo só cabe un vehículo, tendo que realizar unha pronunciada curva, o cal presenta un alto nivel de perigosidade.
Esta obra, integrada dentro do Plan E, contou cun presuposto de 227.775´73 €.
Esta obra compleméntouse coa ampliación do ancho do vial dende a estrada xeral ata Regosanguento, obra que está foi realizada tamén pola empresa Puentes e Calzadas, e financiada integramente polo Concello con 187.375´91 €.
MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA URBANIZACIÓN PALMEIRO
Consistiron estas obras en traballos de reposición de aceras e reposición de alumeado e aglomerados nas zoas de aparcamentos e viais da maior parte da Urbanización. Financiada con fondos do Plan E, contou cun presuposto de 230.996´83 €.
Precisamente, nestes intres, estase a rematar a 2ª Fase da obra, cun investimento, neste caso para as arcas municipais de 207.100 €. Polo tanto, estamos a falar dunha inversión total (de máis de catrocentos mil euros) moi importante que supón, en definitiva, unha completa e renovada imaxe de toda a Urbanización Palmeiro, estando a Primeira Fase englobada dentro do Plan “E”, pertencendo a 2ª Fase integramento ao Concello.
Obradoiro sobre o Cambio Climático
04/Decembro/2009
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en colaboración co Concello de Xove organiza un Obradoiro sobre o fenómeno do cambio climático para divulgar e concienciar a cidadanía sobre a problemática medioambiental actual co obxetivo de promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais.
A actividade comeza cunha exposición que estará aberta durante unha semana dende o 21 ao 28 de decembro en horario de 19:00 a 21:00 na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello.
Asimesmo o mércores 23 de 17:00 a 19:00 da tarde no mesmo lugar, realizaráse un obradoiro dirixido aos adultos e outro para os nenos e nenas que terá lugar na Aula de Formación do Concello.
Para a participación no Obradoiro infantil será necesario cubrir unha autorización do pai/nai/titor do neno ou nena que desexe participar nel. As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse antes do 18 de Decembro no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ou nos Centros Educativos C.E.I.P. “Pedro Caselles Rollán” e I.E.S “Illa de Sarón “.
A actividade é totalmente gratuita. Prazas limitadas.
Dende o Concello invítase a tódalas persoas a que participen nesta actividade.
Día contra a Violencia de Xénero
20/Novembro/2009
Departamento de Servizos Sociais
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais e Muller que dirixe Ana Abad, coa colaboración do Servizo Galego de Igualdade e da Asociación de Mulleres Bolboretas en algunhas das actividades, organizou un amplo Programa para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero: Obradoiro “Sostenibilidade e Aforro en Tempos de Crise”.- vai desenvolverse o 23 de novembro, de 16:30 a 20:30 h., na aula da OMIX. Actividade concedida polo Servizo Galego de Igualdade.
19/Novembro/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
8O xovenses, acompañados da Concelleira de Cultura, Mª Dolores Meitín, partiron hoxe ás 5 da tarde da Estación de Xove nun autobús e un minibús para asistir como público a gravación hoxe dun novo programa de “Lan Rober”, o Programa que TVG, invitados polo xovense Roberto Vilar “O Tonecho”.
O Concello de xove organizou esta viaxe a Santiago de Compostela para todas aquelas persoas que quixeron compartir co seu veciño Roberto Vilar esta xornada.
O retorno está previsto sobre as 2 da madrugada.
Calabazotes xigantes no noso Concello
12/Novembro/2009
Delegación de Agricultura
Parece que a terra no noso Concello é propicia a este tipo de cultivos, e a natureza sorprendenos co cultivo de CALABAZOTES XIGANTES, neste caso por parte do veciño de Vilariño (parroquia de San Isidoro de Monte) Jesús Rodríguez, coñecido como “O Mestre”.
O calabazote mide de perímetro nada máis e nada menos que 2 metros e 50 centímetros, sendo o seu peso moi difícil de calcular dado que o calabazote non se pode coller ás mans, faría falta algún tipo de grua ou colgadura para movelo.
Tamén o veciño de Vilalpol (Parroquia de Portocelo – Concello de Xove) Carlos Cociña Eijo, cultivou un CALABAZOTE de cáseque 100 kilogramos de peso, que mide de longo, nada máis e nada menos que 1 metro e 4 centímetros, e inda non parou de medrar.
Rematan as actividades do proxecto "Encontros"
04/Novembro/2009
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Este proxecto ten un doble obxectivo, crear espazos nos que os rapaces e rapazas coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.
HOXE, mércores 4 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas da tarde, terá lugar na Aula da OMIX a derradeira actividade do Proxecto Encontros do ano 2009.
Esta actividade ten por nome"AS TAREFAS DO FOGAR"e como obxectivos ensinar aos rapaces e rapazas as diferentes tarefas domésticas (planchar, coser, cambiar cueiros, facer un biberón, etc). Na mesma van a participar, como ponentes, 7 alumnos/as da Escola de Maiores que van aportar as súas experencias a alumnos/as de 1º e 2º de ESO, quens van poder manter un contacto con persoas experimentadas nas distintas tarefas do fogar. Os rapaces/as da ESO van a realizar prácticas nestas tarefas, dado que vai haber 8 rincóns diferentes, en cada un deles vaise realizar unha actividade concreta: cambiar cueiros a bebés, facer biberóns, facer nús de garabatas, parchear e cambiar cámaras de bicis, planchar, coser, facer una cama e cravar puntas e preparar unha lampa.
Este Programa está organizado pola Unidade de Educación Familiar e o Departamento Municipal de Igualdade do Concello de Xove e subvencionado, en parte, pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Xornada de Cooperativismo Agrario
03/Novembro/2009
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
O Concello de Xove a través da Concellería de Agricultura, Gandería e Montes e do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, organiza unha xornada de Difusión e Promoción do Cooperativismo Agrario que terá lugar o venres, 13 de Novembro, no Salón de Actos do Concello de Xove de 16:00 a 20:30 da tarde.
As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Localdo Concello , hasta o día 6. Na xornada vanse tratar algúns dos seguintes temas: vantaxes e axudas dunha cooperativa, requisitos de constitución, estudo de viabilidade dunha cooperativa agraria en Xove, experiencias reais de cooperativas en Galicia…
Esta actividade lévase a cabo a través da subvención aos concellos para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán chamar ao Concello 982592001 ou ben acudir ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo.
Dende o Concello de Xove anímase ós veciños á participación nesta iniciativa.
ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA A LIMPEZA DE MONTES 2009/10 O prazo para solicitar as axudas para a limpeza de montes con arboredo abrirase o vindeiro 2 de novembro de 2009, e rematará o 26 de febreiro de 2010. A data límite para ter rematados os traballos de limpeza dos montes e para ter avisado no Concello será o 2 de abril de 2010. Condicións principias:
Será requisito principal que o solicitante estea censado no Concello de Xove (con un mínimo de 6 meses de antelación á solicitude), e tamén que sexa o propietario do monte polo que solicita a subvención.
O monte deberá estar situado dentro dos termos do Concello de Xove.
Concederase unha axuda por unidade familiar.
Non se poderá solicitar por montes que xa foron obxecto de subvención nos DOUS ANOS ANTERIORES, é dicir, nas campañas 2008 e 2009.
A superficie máxima de subvención son 7250m2 (10 Ferrados).
A plantación deberá ter unha altura mínima de 1,5 m. e o monte non poderá ter a madeira cortada no momento da visita dos técnicos.
Xuntos polo Nadal
02/Novembro/2009
Delegación de Agricultura
Este novo Programa da Xunta de Galicia, destinado a que as persoas maiores -- non pasen sin compañía nas datas de Nadal.
Para eso dispoñen de 120 prazas no albergue de Carballino (Ourense) dende o 23 de decembro ó 1 de xaneiro de 2010.
Se queres facer a solicitude, precisas unha copia do DNI e Certificado de convivencia actualizado.
As solicitudes tramitaránse a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello. (pulsar sobre a imaxe para ver o folleto completo en pdf)
Solicitudes de árbores e prantas de xardín
30/Outubro/2009
Delegación de Agricultura
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR ÁRBORES E PLANTAS NO CONCELLO DE XOVE O pasado 26 de outubro abreuse o prazo para que tódolos veciños e veciñas de Xove interesados en solicitar árbores, tanto froiteiras, árbores autóctonas e tamén plantas de xardín, poidan facelo pasando polo Departamento de Agricultura do Concello. A data límite para as solicitudes remata o 18 de decembro. Con esta iniciativa, intentamos incentivar ós nosos veciños a que planten árbores e así contribuir á millora do Medio Ambiente. A condición principal para poder facer a solicitude é que o solicitante deberá estar censado no Concello de Xove. Se teñen calquera dúbida, o horario de oficinas é de Luns a venres: 8:30 a 15:00 h.
e os Luns pola tarde: 16:30 a 19:30 h.
XVIIª Edición da Comida da 3ª Idade en Xove
29/Outubro/2009
Departamento de Servizos Sociais
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, acaba de por en marcha a XVIIª EDICIÓN DA COMIDA DA 3ª IDADE, a cal vai ter lugar MAÑÁ VENRES 30 DE OUTUBRO, con arranxo ao seguinte Programa:
-12:30 horas.- Misa no solemne no Salón de Actos do Centro Cívico.
-14:00 horas.- Xantar no Restaurante Louzao de Area.
-Baile cunha orquestra para rematar a Xornada.
O Concello, como en anos anteriores, vai por autobuses por tódalas parroquias para transportar ás persoas que acudan á Comida e non desexen levar o seu coche.
Xove celebra o Samaín
27/Outubro/2009
Departamento de Servizos Sociais
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar por todo o alto o SAMAÍN. Concretamente os dias escollidos para as actividades desta celebración son os dias 30 e 31 de outubro. O Programa, é o seguinte:
- VENRES, 30 DE OUTUBRO.- as actividades este día vanse celebrar o na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a partires das 17:00 horas, e nas cales os rapaces/as poderán elaborar calabazas do Samaín (baciado e decorada) e ademáis, como xa é habitual, participar en xogos de medo. - SÁBADO, 31 DE OUTUBRO.- o Salón de Actos do Centro Cívico vai ser o lugar das actividades que se van celebrar este día, as cales comezarán ás 18:30 horas cun CONTACONTOS DE MEDO, para continuar cunha FESTA que contará cunha DISCOTECA MÓBIL no propio Salón.
As actividades deste Programa son de carácter totalmente gratuito, estando dirixidas a rapaces/as maiores de 9 anos. Dende a Concellería de Servizos Sociais invítase a tódolos rapaces/as a participar neste interesante programa de actividades.
Bolsas e Axudas ao Estudo 2009/2010
21/Outubro/2009
Departamento de Servizos Sociais
Pónse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar as bolsas e axudas ao estudo e premios extraordinarios de fin de estudos do curso 2008/2009 abarcará de 26 DE OUTUBRO A 30 DE NOVEMBRO DE 2009.
Documentación a presentar para solicitar Bolsas e Axudas ao estudo:
Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais)
Fotocopia do DNI do solicitante
Fotocopia do Libro de Familia
Certificado de empadroamento colectivo
Fotocopia da matrícula en curso
Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
Fotocopia das notas acadadas no curso 2008/2009.
Documentación a presentar para solicitar os Premios Extraordinarios:
-Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais)
Fotocopia do DNI do solicitante
Certificado de empadroamento
Dúas fotografías tamaño carné
Certificado orixinal de estudos
Viaxe ao programa “Land Rober” da TVG
20/Outubro/2009
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de xove organiza unha viaxe en autobús a Santiago de Compostela para todas aquelas persoas que queiran asistir como público ao novo programa da TVG “LAND ROBER”, invitados polo xovense Roberto Vilar “O Tonecho”.
A viaxe tería lugar o xoves 19 de novembro, saindo ás 17:00 horas da Marquesina do Centro Cívico, sendo a hora prevista de chegada as 2:00 da madrugada.
Para anotarse, hai que chamar ao Concello ao teléfono 982592001 antes do 10 de novembro.
Obradoiro de nutrición no Centro Social de Morás
20/Outubro/2009
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
O Concello de Xove a través da Aula de Medio ambiente organiza un obradoiro de Nutrición que terá lugar o venres, 30 de Outubro no Centro Social de Morás de 17:00 a 20:00 da tarde.
As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello , hasta o día 29. A actividade lévase a cabo ao abeiro da subvención da educación para a sustentabilidade e consistirá por un lado, nunha breve charla sobre os coñecementos básicos nutricionais (alimentos, dietas, vitaminas e minerais…) e por outro, na elaboración e degustación de productos saudables.
As persoas que queiran participar nesta actividade deberán poñerse en contacto con Pilar ( coordinadora da aula de medio ambiente ) chamando ao Concello 982592001 ou ben acudindo ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo.
Dende a Aula de Medio Ambiente do Concello de Xove anímase á veciñanza á participación nesta iniciativa.
pilihan bermain game online paling banyak digemari masyarakat indonesia dengan permainan game slot online terbaik saat ini adalah mengunjungi link https://fokusparlemen.id/ daftar sekarang juga dan dapatkan kemenangan bermain slot gacor hari ini dengan minimum deposit 10K