* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
10/Maio/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Óliver Escobar (Xove, 1979) acaba de publicar un capítulo sobre comunicación política no libro internacional Política e Emocións: O fenómeno Obama (Enlace: http://bit.ly/f0wdxG). O libro, que saíu á venda neste mes de Abril será presentado en diversas universidades en Escocia, Inglaterra, Alemaña, Estados Unidos e España. Óliver segue a traballar na Universidade de Edimburgo (Reino Unido). Podes ver máis información sobre o seu traballo no blog http://bit.ly/gBEQ3I (en inglés).
Campionato Provincial de Patinaxe Artístico
03/Maio/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
A Concellería de Servizos Sociais organizou unha viaxe para as persoas maiores de 60 anos e xubiladas do Concello de Xove con destino á COSTA DO SOL cunha duración de 8 días. O pasado martes, 26 de abril, 78 persoas do noso concello partiron con destino a Torremolinos, acompañadas por tres técnicas municipais.
Durante a viaxe fixeron escala en Cáceres, onde disfrutaron dunha visita guiada á cidade extremeña. Unha vez instalados en Torremolinos, puideron realizar varias excursións a Málaga, Ronda, Marbella, Puerto Banús e Granada. As entradas á Catedral e Casa Picasso en Málaga e a Alhambra en Granada estaban incluidas no coste da viaxe. As diferentes visitas contaron co servizo de dous guías locais.
As persoas, que participan nesta viaxe, regresarán mañá martes, día 3 de maio, despois de facer noite en Salamanca e visita á cidade.
Festas de San Isidoro de Monte
25/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada porTonio, Enrique, Pepito, Fino, Antonio e Felipe, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 1, 2 e 3 de ABRIL de 2011, con arranxo ao seguinte programa:
VENRES, 1 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: "ABANICO".
SÁBADO, 3 DE ABRIL:
-12:00 Horas.- MisaSolemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.-Sesión Vermú con "MASTER".
-15:00 horas.-Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.
-17:00 horas.-Verbena con: "MASTER" e "DÚO DE GALICIA". Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 4 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo "Penasagudas á Cruz do Pao da Vella", organizada pola Comisión de Festas".
-Despois do Xantar, Verbena co: "DÚO GALICIA".
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.
A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións,empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coas nosas Festas Patronais.
Programa de cursos de idiomas no extranxeiro
21/Marzo/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.
Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.
Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.
Nos pdfs que hay a continuación, detállanse as características de cada curso e descripcións das localidades onde se desenvolven, para que os xóvenes interesados poidan adquirir unha primeira información que lles permita desenvolverse en un ambiente internacional multicultural.
Para mais información na OMIX do Concello ou na páxina de Xuventude.net
Rematou a temporada de bolos de Xove
21/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
O pasado sábado 19 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas a ViIIª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2010-2011 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.
15/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
O Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Cultura Dolores Meitín recibiron hoxe no Salón de Plenos a un grupo de alumnos/as, acompañados dunha profesora, procedentes da zona de Orleans en Francia.
celebrado o Dia Internacional Da Muller Traballadora
14/Marzo/2011
Departamento de Servizos Sociais
adicado este ano ás “emigrantes retornadas”
A homenaxe que se ven celebrando no Concello con motivo do Día Internacional da Muller traballadora tivo lugar este ano onte domingo 13 de marzo ás 17:30 no Salón de Actos do Centro Cívico. No mesmo participaron orredor das duascentas mulleres.
Comezou o acto coa videoproxección do documental “Emigrantes Retornadas” elaborado pola Delegación da Muller e o Departamento de Servizos Sociais do Concello. A continuación, e despois dunhas verbas do Alcalde Demetrio Salgueiro, procedeuse a realizar unha homenaxe a tres mulleres emigradas. Das moitas mulleres emigradas e que retornaron a Xove, escolléronse as máis lonxevas das que emigraron fora de España a tres continentes distintos, concretamente a Europa, América e África.
Estas tres mulleres homenaxeadas foron:
Dna. Nélida Fernández Quelle, que marchou no ano 1957 cara Arxentina cando contaba só con 23 anos de idade. Fixo a viaxe na compaña da súa irmá, e unha vez en Bos Aires gañouse a vida traballando como parte do servizo de casas da alta sociedade porteña, e tamén no taller do costura do Hospital Británico. Voltou a Xove no ano 1987.
Dna. Mª Isabel Dosinda Rey Álvarez, que partiu cara Suiza no ano 1962, cando tiña 29 anos, na compaña do seu marido. Con formación en peritaxe mercantil, pronto pasou de traballar na planta dunha empresa de lavandería ás súas oficinas, onde desempeñou o seu posto con éxito durante sete anos, ata que atopou outro traballo máis preto do seu domicilio nunha empresa de material de oficina. Voltou a Xove no ano 1977, trala morte da súa nai.
Dna. Antonia Rey Casariego, que se foi no ano 1967 cara Liberia, no continente africano, acompañando ao seu marido. Ela nun principio ocupouse das tarefas domésticas, pero pronto voltou a exercer o seu oficio de costureira, a través da confección e o arranxo de roupa para clientes particulares. Voltou a Xove no ano 1975, principalmente para que os seus fillos recibisen unha educación de mellor calidade.
Elas son tan só unha mostra do carácter emprendedor das mulleres do municipio. Dende o Concello de Xove queremos renderlles a nosa admiración e afecto a todas elas.
Como remate deste Día, tódalas participantes puideron disfrutar dunha chocolatada.
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (12 MARZO 2011 )
14/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
Tarde chuviosa e moi desapacible, o que fixo que dificultara moito o xogo. -44 inscritos, 27 na Liga Senior, 10 na Sub 18 e 7 na Liga Feminina. Última tirada desta XXIIª edición do campionato de bolos do Concello.
Precisamente, ao remate desta temporada, desexamos darlle as grazas á Autoescuela Mundial pola colaboración que nos 10 últimos anos mantivo con este campionato.
11/Marzo/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
Onte, xoves 10 de marzo, ás 15:00 horas na Sala de Ordenadores da OMIX de Xove tivo lugar a entrega de Diplomas do Curso de Informática organizado pola ACIAM de Xove, curso que contou coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais a través da aula de informática da OMIX. No mesmo participaron exclusivamente socios/as da ACIAM Xove. Tratouse dun curso básico de informática, onde se traballou con programas básicos como Word, Excel, etc.
A entrega foi presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Dia internacional da muller traballadora
09/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
A homenaxe que se ven celebrando no Concello con motivo do Día Internacional da Muller traballadora terá lugar este ano o domingo 13 de marzo ás 17:30 no Salón de Actos do Centro Cívico, e realizarase, coma os outros anos, unha chocolatada (que será a cuarta) para todas as mulleres do municipio. Este ano, o acto está adicado as Emigrantes Retornadas do concello de Xove. Dende a Delegación Municipal da Muller e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove invítase a participar a todas aquelas mulleres que queiran aproximarse o domingo a esta pequena reunión. Debido ao grande número de emigrantes retornadas que atopamos no municipio, decidimos que, aínda que este día é para todas elas, as homenaxeadas sexan as máis lonxevas. Así, renderase homenaxe as veciñas:
Dna. Nélida Fernández Quelle, que marchou no ano 1957 cara Arxentina cando contaba só con 23 anos de idade. Fixo a viaxe na compaña da súa irmá, e unha vez en Bos Aires gañouse a vida traballando como parte do servizo de casas da alta sociedade porteña, e tamén no taller do costura do Hospital Británico. Voltou a Xove no ano 1987. Dna. Mª Isabel Dosinda Rey Álvarez, que partiu cara Suiza no ano 1962, cando tiña 29 anos, na compaña do seu marido. Con formación en peritaxe mercantil, pronto pasou de traballar na planta dunha empresa de lavandería ás súas oficinas, onde desempeñou o seu posto con éxito durante sete anos, ata que atopou outro traballo máis preto do seu domicilio nunha empresa de material de oficina. Voltou a Xove no ano 1977, trala morte da súa nai. Dna. Antonia Rey Casariego, que se foi no ano 1967 cara Liberia, no continente africano, acompañando ao seu marido. Ela nun principio ocupouse das tarefas domésticas, pero pronto voltou a exercer o seu oficio de costureira, a través da confección e o arranxo de roupa para clientes particulares. Voltou a Xove no ano 1975, principalmente para que os seus fillos recibisen unha educación de mellor calidade. Elas son tan só unha mostra do carácter emprendedor das mulleres do municipio. Dende o Concello de Xove queremos renderlles a nosa admiración e afecto a todas elas.
Entrega de trofeos Futbolin
09/Marzo/2011
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
O día 7 de marzo, celebrouse na OMIX do Concello de Xove un Torneo de Futbolín, no que participaron 9 parellas de idades comprendidas entre os 12 e os 21 anos. Este torneo, organizado pola Delegación Municipal de Xuventude, vense celebrando dende fai anos e conta con gran participación entre a mocidade de Xove.
Nesta ocasión, a parella formada por Adam Suárez e Lander Donoso, foron os ganadores, que recibiron como premio unha mochila trolley. Os subcampións, Adrián Díaz Bruzos e Youssef Housni, tamén contaron cun agasallo.
Durante a final e para a entrega de premios estiveron presentes Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove, e a Concelleira de Xuventude, Ana Abad.
Acción Verán 2011
09/Marzo/2011
Departamento de Servizos Sociais
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
“Acción Verán” é un programa de actividades que teñen lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprende actividades de ocio para a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e extranxeiros.
CAMPAMENTOS E INTERCAMBIOS BILATERAIS CON OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: para mozos e mozas entre 9 e 17 anos. O prazo de solicitude está aberto dende o 8 ao 22 de marzo.
ACTIVIDADES, dirixidas á mocidade de entre 18 e 35 anos. Reserva a partir do 8 de marzo.
CAMPOS DE TRABALLO, nacionais e extranxeiros.
Para máis información, acudir á Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Charla Informativa sobre a PAC (politica agraria común)
03/Marzo/2011
Delegación de Agricultura
O XOVES, 10 de marzo ás 20:00 h. (8 da tarde), terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, unha charla informativa para informar da tramitación e das novidades da PAC (Política Agraria Común), para este ano 2011. Remedios Soto Lorenzo, xefa de sección da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro, será a encargada da ponencia.
Mañá comeza o programa de actividades do Antroido 2011
03/Marzo/2011
Departamento de Cultura e Comunicación
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura e da Concellería de Servizos Sociais, presenta un amplo Programa de Actividades para este ANTROIDO 2011.
Mañá VENRES 4 DE MARZO, pola mañá, teremos o primeiro acto do Antroido en Xove coa celebración da Festa do Antroido na Escola Infantil de Xove, na que van participar tódolos nenos/as da gardería municipal, e se o tempo o permite, que esperemos que sí, van realizar tamén un Pasarrúas por Xove. Organiza a Concellería de Servizos Sociais.