Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Axudas á xuventude para a obtención do permiso de condución clase B
07/Xuño/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Pola Xunta de Galicia fáise a convocatoria na Orde do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 90 do 13/05/2013)
Contía da axuda: O importe da axuda será de 250 € por beneficiario/a, sempre e cando este importe non supere o custo derivado da obtención do permiso de condución obxecto destas axudas.
Requisitos dos/das solicitantes: Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e ademais:Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude. Estean en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de seis meses, no momento de presentar a solicitude. Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude. Teñan a súa residencia en Galicia. Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir. Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.- Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o IPREM establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican.- N.º de membros da unidade familiar:1 Ingresos máximos: 18.637,85 €.- 2 membros: Ingresos máximos: 20.707,72 €.- 3+ Ingresos máximos: 23.297,31 €
Leer más:Axudas á xuventude para a obtención do permiso de condución clase B
Éxito do club de bolos xove. Campións Provinciais
07/Xuño/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este pasado fin de semana o Club de Bolos Xove proclamouse CAMPIÓN DA LIGA PROVINCIAL DE BOLOS, a cal foi disputada por 7 clubs da nosa Provincia. Por detrais quedaron, e nesta orde, o Club de Bolos Cruceiro de Meilán e o Club de Bolos Ribatra. A victoria do noso Club foi incontestable, xa que nos impuxemos en todas e cada unha das tiradas disputadas, sendo a primeira vez na historia desta Liga que un club gaña en tódolos campos.
No Campionato Provincial non se xoga a unha modalidade de bolos, senón que en cada sede de cada un dos 7 clubs participantes xógase a modalidade desa zona, dahí a complicación desta Liga, onde os xogadores/as teñen que dominar tódalas modalidades practicadas na Provincia. En cada modalidade os bolos, as bolas e as normas son diferentes, dahí que os xogadores/as teñañ que coñecelas e dominalas todas.
O deporte dos bolos, nos que Xove e pioneiro xa que disfruta dunha liga que vai cumprir o seu vixésimoquinto aniversario, está tendo un gran auxe na nosa Provincia, onde cada vez son máis os clubs participantes, e tamén as modalidades recuperadas deste deporte popular. A Liga Provincial está a xogar un importante papel nesta recuperación, e esperamos que en anos vindeiros sexan máis os clubs que se sumen a esta competición.
Ademáis deste importantísimo éxito, que coroa ao noso Club coma o mellor da Provincia, tamén tivemos importantes éxitos a nivel individual. En categoría absoluta, o noso xogador Arturo Vigo quedou subcampión da categoría por detrais de Moisés Salgado do Club Cruceiro de Meilán. En categoría feminina a nosa representante Belén Meitín tamén acabou segunda, por detrais de María Belén Gavín do Cruceiro de Meilán. E xa en categoría de veteranos, tamén acadamos o subcampionato con José Baño, por detrais de Cándido Rodríguez do Ribatra.
Para rematar, decir que a victoria na Liga Provincial clasifica ao noso Club para disputar o Campeonato de España que se vai disputar a finais de xuño e do cal informaremos máis adiante.
FOGUEIRAS DE SAN XOAN 2013
05/Xuño/2013
Delegación de Agricultura
-
Con motivo da proximidade do día de SAN XOAN, informase a todos os veciños e veciñas que está aberto o prazo para solicitar a autorización do Concello para facer a tradicional FOGUEIRA, xa que NON é valido un permiso de queima agrícola.
A solicitude pode facerse no Departamento de Agricultura, Gandería e Montes do Concello de Xove.
O prazo para facer a solicitude rematará o Mércores 19 de Xuño.
IIº Campus de Fútbol-Sala da S.D. Xove
31/Maio/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
IIª Campus de Fútbol Sala Misto e Iº Campus de Porteiros "Stop Goles".-Hoxe tivo lugar a presentación nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, no que participou o Sr. Alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado polo Directivo da S.D. Xove Fútbol Sala Antonio Rey.
o Campus de Fútbol Sala Mixto celebraráse do 8 ó 12 de xullo (ambos incluídos) e está dirixido a nenos/nenas que queiran disfrutar de 5 días de fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas que estarán supervisadas e dirixidas por profesores titulados no ámbito deportivo e da educación. (prezo: 80 €)
o Campus de porteiros "Stop Goles" desenvolveráse a continuación do anterior, dende o 15 ó 18 de xullo.(prezo: 45 €)
Os interesados en inscribirse e obtener máis información poden facelo dende hoxe mesmo chamando ó 672 09 66 09 , e tamén ó correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou seguindo as instruccións que se indican na web www.xovefs.es.
Programa de actividades de verán 2013
29/Maio/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
De igual xeito que en anos anteriores e organizadas dende a Concellería de Sanidade, Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade están programadas as seguintes actividades para os meses de verán:
Romaría de San Antonio de Rigueira: O 13 de xuño de 2013 celébrase a Romaría máis famosa do municipio de Xove: o San Antonio da Rigueira. Este ano, para gañar a Ventura (insignia de romeira/o), póñense a disposición das/os camiñantes ata 8 rutas, que parten de diferentes parroquias e que conducen á igrexa da Rigueira.Segundo a parroquia que cadaquén elixa para iniciar a Romaría, haberá un horario de saída. Para facer un control da romaxe, cada romeira/o disporá dun carné de romaxe, que o identifica, e onde se sinala a Ruta que segue. Este carné haberá entregarse selado para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio.O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida, pois haberá distintos puntos de selado en cada ruta situados en casetas ao longo do camiño.Aqueles que o desexen poden anotarse previamente no Concello de Xove antes do 12 de xuño.- Máis información: Laboratorio de Investigación Social. Concello de Xove: 982 592001 e-mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Encontros para a Saúde: Taller de Memoria.-Departamento de Educación Familiar: Duración: Mes de xullo .- Inscrición: ata o 28 de xuño .- Dirixido a persoas maiores de 60 anos .- (Na oficina de Servicios Sociais ou na OMIX).-
VERÁN XUVENTUDE 2013.-
“A SEXUALIDADE PARA ADOLESCENTES” días 18,20,25 e 27 de xuño .- Horario de 17:00 a 19:00 h. - Obradoiros para xóvenes de 12 a 16 anos..- Inscrición: na OMIX antes do 15 de xuño.
II TORNEO DE WII.- sábado 22 de xuño:A partir de 12 anos. Inscrición ata o 20 de Xuño.
- MAÑÁNS ACTIVAS DE VERÁN.- Meses de Xullo e Agosto .-De martes a xoves en horario de 10:00 a 14:00 horas.-Dirixidas a xóvenes de entre 10 e 16 anos. Actividades:Mnemotecnia: a arte de memorizar.-Informática e fotografía.- Actividades na natureza.- Deportes alternativos.- Habilidades manuais.- Igualdade e corresponsabilidade.- Para anotarse ou mais información, na Omix ou no teléfono 982571816
- Días 2--27 xullo.- Cursos De Informática.- Idades de 6 a 12 anos.(2006-2001)
- Día 10 xullo: Paintball (de 12 a 18 anos)
- Día 20 xullo: Viaxe A Cerceda (de 13 a 35 anos)
- Día 27 xullo: Paintball (+ 18 anos)
- O prazo para inscribirse remata 7 días antes do día no que se realiza cada actividade.
- Días 2 e 3 agosto : Campamento.- Idades entre 10 e 16 anos.- Anotarse antes do día 27 de xullo
- Día 31 de agosto : Día Da Xuventude.- Durante o día, actividades na OMIX.- A partires das 22:00, Festa rachada para despedir o verán. Esperámoste !!
-
- Previsto para setembro : Viaxe Ao Kartodromo De Tapia (datas por confirmar) mínimo 20 persoas.- Inscrición ata o 26 de agosto.- Idades entre 16 e 35
- AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR
- (DOG nº 90, luns 13 de maio de 2013).- Requisitos: Ter entre 18 e 30 anos de idade. Ser titular do Carné Xove. Ter residencia en Galicia. Estar matriculado nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia. Acreditar uns ingresos segundo a táboa establecida na orde. Para máis información, dirixirse á OMIX.
-
- BONO-BUS UNIVERSITARIO.-Lembramos a toda a mocidade universitaria do Concello de Xove, que a partir do mes de setembro de 2013, xa podedes solicitar na Oficina de Información Xuvenil os bonos de autobus para viaxar a Lugo, Coruña e Santiago.
Éxitos do Club de Bolos Xove
28/Maio/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Alejandro Meitín, Campión Galego Intermodal: Hai uns dias o xogador do club de Bolos Xove ALEJANDRO MEITIN SERANTES proclamouse gañador do Campionato Galego Intermodal. Este campionato xogouse entre os 20 mellores xogadores da Provincia de Lugo e os 20 mellores do resto de Galicia (básicamente xogadores desprazados dende O Val Miñor e de Ourense), nun torneo celebrado simultaneamente nos Concellos de Pastoriza e Castro de Rey.
Alejandro Meitin, con so 19 anos, xa ten no seu haber un Campionato de España Xuvenil e agora consegue o Campionato Intermodal Galego. Este campionato posiblemente sexa un dos máis complicados de xogar xa que se disputan cinco modalidades distintas de bolos (distintos bolos, distintas bolas e distintas distancias). Alejandro Meitin estivo acompañado no podium por Luis Rancaño 2º (Club de Bolos Cruceiro de Meilan) e de Ginés Rodriguez 3º (Club de Bolos Xove).
As xogadoras do Club de Bolos Xove DOLORES BAÑO e BELEN MEITIN conseguiron a 2º e 3ª plaza na categoria femenina.
Tamén, os xogadores do Club de Bolos Xove Ginés Rodríguez e Andrés Rodriguez, inda que neste caso formando parte da Asociación Furabolos de Sigüeiro e xunto con Ivan, Toño, Cesar e Raquel (todos eles de Sigüeiro), acadaron este fin de semana un gran éxito no deporte popular da billarda ao acadar o titulo de CAMPIÓNS DE GALICIA por equipos do ano 2013.
Esta victoria obtivérona ao gañar por un só punto ao equipo dos Billardeiros Musicais de Ribadeo, no campionato celebrado o pasado fin de semana en Marrozos (Santiago)
Asimesmo, Ginés Rodríguez acadou os titulos de CAMPION de Varados e SUBCAMPIÓN na clasificación absoluta.
Entregados os premios do “Concurso Letras Galegas 2013”
21/Maio/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove entregou hoxe, nun acto celebrado no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 18:30 horas, os premios do concurso letras galegas 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O Concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal de Xove: dentro do concurso tivemos dous apartados, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos. A entrega dos Diplomas e Premios foi presidida pola Concelleira de Cultura Dolores Meitín, acompañada de varios membros do Xurado. A relación de premiados é a seguinte:
PREMIOS ALUMNOS/AS DO CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN
-
- Educación infantil : 5 anos - Artes plásticas: 1º premio: Iago Rivas Balsa e 2º premio: Daniel Bertolo Casabella.
- 2º Educación Primaria - artes plásticas: 1º premio: Alejandro Parapar Fernández.
- 3º Educación Primaria: artes plásticas: 1º premio: Joel González Rodríguez; 2º premio: Luis Rouco Basanta
- 4º Educación Primaria - artes plásticas: 1º premio : Rocío Fernández Silva. concurso literario: 1º premio: Candela Fernández López; 2º premio: Gabriela Dayán Seara.
- 5º Educación Primaria - artes plásticas: 1º premio: Lucía Sánchez Corbelle; 2º premio: Claudia Vázquez Sánchez; 3º premio: Sabela Rodríguez Lage. concurso literario: 1º premio: Lucía Sánchez Corbelle; 2º premio: Claudia Vázquez Sánchez; 3º premio: Sabela Rodríguez Lage.
- 6º Educación Primaria - concurso literario: 1º premio: Adrián Rouco Basanta; 2º premio : Xoel Eijo Díaz; 3º premio : David Paleo Díaz. artes plásticas: 1º premio : Nerea Rivas Balsa/Noel Quelle Martínez; 2º premio: Noel Quelle Martínez/Laura Cuadrado López; 3º premio: David Paleo Díaz/Adrián Rouco Basanta.
- 1º ESO - concurso literario: 1º premio: Isabel Carvalho Machado. - artes plásticas: 1º premio: Isabel Carvalho Machado; 2º premio: Juan Manuel Ferro Santos.
- 2º ESO - artes plásticas: 1º premio: Mari Luz Abad Vázquez.
- 3º ESO - concurso literario: 1º premio: Moisés Folgueiras Rodríguez - artes plásticas: 1º premio: Alba Rodríguez Lage ; 2º premio: Laura Iglesias Mariño.
- 4º ESO - concurso literario: 1º premio: Javiera Duarte Araya; 2º premio: Salomé Cardoso Rodríguez. - artes plásticas: 1º premio: Salomé Cardoso Rodríguez; 2º premio: José Matias Duarte Araya.
Viaxe cultural da escola de maiores a Allariz
10/Maio/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, 9 de maio, 35 membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Allariz, nunha das súas visitas culturais, acompañados/as pola Educadora Familiar, Dna. Angelica Casabella Quelle e a Concelleira de Servizos Sociais, Dna. Ana Abad López.
Á mañá, en compaña de Sonia, a Educadora Social e Pilar, Concelleira de Benestar do Concello de Allariz, visitaron o Fogar dos Maiores e o casco histórico de Allariz, declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1971. Logo do xantar visitaron o Ecoespazo do Rexo, onde hai unha granxa escola, un centro de educación ambiental, fábrica de queixo e unha intervención artística sobre rochas e árbores (Agustín Ibarrola), todo á beira do río Arnoia.
Nova xornada da Escola de Familias en Xove
10/Maio/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte, 9 de maio, continuou nun aula da OMIX de Xove a IIª EDICIÓN DA ESCOLA DE FAMILIA, evento que novamente está organizado pola OMIX de Xove. Concretamente realizouse a 5ª actividade desta escola coa charla “CONVIVENCIA” a cargo do técnico Xosé Mosteiro, do Centro “QUEROTE +” da Xunta de Galicia. Na mesma estudiouse e analizouse a problemática das relacións entre pais e fillos.
Para rematar coas actividades desta Escola quedan duas xornadas:
- -O 14 de maio sobre “Uso responsable das novas tecnologías”.
- -E o 30 de maio sobre “Drogas”.
Exposición de Fotografía: Convocatoria “XOVE 360º”
08/Maio/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis, a Concellería de Cultura do Concello de Xove realiza a convocatoria para realización dunha nova edición da EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “XOVE 360º”, que tódolos anos se organiza polas FESTAS PATRONAIS DO SAN BARTOLO.
Con este motivo, INVITAMOS aos alumnos/as do IES Illa de Sarón que lles guste o mundo da fotografía, a participar coas súas fotos nesta Exposición, xunto con outros fotógrafos/as do noso Concello.
Para participar, podedes apuntarvos no Departamento Municipal de Cultura, en horario de 9:00 a 15:00 horas, 982 59 20 01, preguntando por Mario ou ben no EMAIL marioeijoøxove.es
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.">
Fin de semana plagado de éxitos do deporte Xovense
06/Maio/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Intenso fin de semana deportivo o vivido en Xove, no cal o deporte xovense acadou importantes éxitos, tanto no que atinxe ao deporte municipal coma o dos distintos clubes.
O fin de semana comezou co ASCENSO A 2ª DIVISIÓN DO CLUB NATACIÓN XOVE. Emocionantísima a xornada vivida este pasado sábado 4 de maio na piscina municipal de Xove, onde 6 equipos (USC, C.N. Monforte, C.N. Vilagarcia, C.N. Salnes, C.N. Mos y C.N. Xove) se xogaban o ascenso á 2ª división. Comezou esta intensa xornada ás 10:30 horas en sesión matutina, acabando a mesma cunha puntuación moi axustada, iso sí, xa encabezada polo C.Natación Xove.
A partires das 17:30 horas producirse a hora da verdade, xogándose os equipos o todo polo todo. Chegando ao final, sabíase que as probas de relevos ían ser fundamentais e ahí o Club Natación Xove non fallou, conseguindo manter a primeira posición. Se hai algo que se poida destacar, ademáis da gran actuación de tódolos nadadores/as do Club, foi o apoio dos afeccionados e dos nadadores do Club que non interviron nesta emocionante xornda; incansables dende o inicio da competición, levaron ao equipo á victoria e ao ASCENSO A 2ª DIVISIÓN. Xunto a Club Natación Xove, ascende tamén o C.N. Salnés como segundo clasificado.
CLASIFICACIÓN: 1º C.N. XOVE 666,0 PUNTOS; 2º C.N. SALNES 658,0 ; 3º C.N. MONFORTE 650,0; 4º USC 644,0; 5º C.N. MOS 370,0; 6º C.N. VILAGARCIA 357,0.
Continuamos agora coas competicións desenvolvidas pola ACD Xove, en tenis de mesa e en atletismo.
O equipo de tenis de mesa da ACD participou este sábado 4 no Campionato Provincial celebrado en Vilalba, acadando importantes resultados:
-Equipo Cadete "A", formado por Mateo Meitín E Carlos Cociña: CAMPIONS PROVINCIAIS.
-Equipo Cadete "B" formado por Rodrigo Rouco E Moisés Folgueiras: SUBCAMPIONS PROVINCIAIS.
-Categoría Cadete Feminina, formado por Rocío Duarte E Rosalía Veiga: CAMPIONAS PROVINCIAIS.
No que respecta a atletismo, o equipo da ACD participou no Campionato Provincial de Atletismo en Pista celebrado este domingo en Lugo, acadando os seguintes resultados:
Categoría Alevín Masculino:
-Diego Fernández: 3º en triatlón (Velocidad 60m /Salto de Lonxitude/Lanzamento de Peso)
-Ángel Otero: 4º EN TRIATLON
Categoría Infantil Masculino:
-David Otero: 5º EN 3.000 m. Lisos
-Íker Fernández: 5º EN 1.000 m. Lisos / 5º en Velocidade 80 m.
Xa o domingo 5 de maio, dende as 17:30 horas desenvolveuse nun ateigado Pavillón Municipal de Deportes o CAMPIONATO PROVINCIAL FASE ESCOLAR E PROMOCIÓN de Ximnasia Rítmica, coa participación de 10 equipos de toda a Provincia.
A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, que representaba ao noso Concello neste Campionato, participou no mesmo con 3 equipos, dous na Fase Provincial Escolar (equipos alevín e infantil) e un na Fase Promoción (equipo senior).
Pois ben, dous dos tres equipos conseguiron auparse ao medalleiro final: o equipo Infantil conseguiu proclamarse SUBCAMPIÓN na súa categoría dentro da Fase Escolar; pola súa banda, o equipo Senior acadou a TERCEIRA POSICIÓN na súa categoría dentro da Fase de Promoción.
Reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2013/2014
03/Maio/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas que o prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil para o curso 2013/2014 abarcará de 2 DE MAIO A 1 DE XUÑO DE 2013
Documentación a presentar para solicitar Reserva de Praza na E.I.:
-
- Impreso de solicitude (facilitarase no Departamento de Servizos Sociais)
- Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais
- Fotocopia do Libro de Familia
- Certificado de empadroamento colectivo
- Fotocopia da Cartilla da Seguridade Social do/a neno/a
- Fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares (nóminas, certificacións de empresas, pensións,...)
- Informe médico do/a neno/a
- Carné de vacinación actualizado
Actuación do GRUPO OURIOL hoxe en Xove
29/Abril/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Concellería de Cultura e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente foi o GRUPO OURIOL que puxo en escea “DE NOME ROSALÍA”, unha proposta de dinamización con música, teatro e danza. A esta función, que se desenvolveu a partires das 16:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, asistiron tódolos alumnos/as, xunto con profesores, do IES Illa de Sarón de Xove, estando adicada esta función en exclusiva a eles.
Campionato Provincial Escolar e Promoción de Ximnasia Rítmica
26/Abril/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares
25/Abril/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Pola Xunta de Galicia convócanse prazas para facilitarlles ás mulleres que teñan fillas e/ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.
Será ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.As estadías serán de entre sete e dez días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
Beneficiarias: As mulleres que reúnan os seguintes requisitos:
- a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.
- b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
- c) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
- d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
Requisitos: Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan con idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.
Finalización do prazo: 16 de maio de 2013
Documentos relacionados:
Noé Cabana Alemparte, Campión de España de Fútbol-Sala
25/Abril/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe, a última hora da mañá no Salón de Plenos do Concello, o Alcalde Demetrio Salgueiro acompañado pola Concelleira de Deportes e Turismo Cristina Iglesias, recibiron no Salón de Plenos a Noé Cabanas Alemparte, rapaz de Xove que acaba de proclamarse campión de España de Fútbol Sala de Seleccións Autonómicas Base, na categoría infantil. Noel Cabana é porteiro da Selección Galega, e proclamouse campión de España no torneo celebrado do 5 ao 7 de abril deste ano en Oropesa del Mar.
Pola súa parte, o Alcalde felicitou a esta xove promesa do fútbol sala e animouno a seguir traballando para acadar novas metas.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|