Ruta Pau da Vella

Esta Ruta, que inda non está totalmente sinalizada, foi proposta pola Asociación de Mulleres "Bolboretas" de Xove en marzo do 2006.  Trátase dun proxecto medoambiental dende o principio, onde se tivo en conta o gusto actual, tanto das Bolboretas coma do público en xeral, pola práctica do sendeirismo, dahí que enfocaran o seu traballo á creación dunha ruta.

 paudavella444

 Antes de decidir o traxecto, adicáronse a percorrer todo o Término Municipal, decantándose ao final por unha das zoas máis bonitas do noso Concello, concretamente a zoa máis meridional, na Parroquia de San Isidoro de Monte, lugar polo que transcurre a totalidade da nova ruta.

Despois dunha intensa exploración de campo, pasaron ao deseño da ruta, que elas denominaron "Sendeiro Circular Monte Pau da Vella", o cal ten o seu inicio diante do Centro Social de Penasagudas, lugar onde hai ubicado un gran panel que describe o sendeiro. A ruta, cun total de 11´25 kilómetros, discurre na súa maior parte polos camiños comunais dos pastizais da Comunidade de Propietarios Costa de Laxamoura, Comunidade que agrupa á práctica totalidade dos veciños de San Isidoro de Monte. Dahí que as Bolboretas recabaran a colaboración de Laxamoura, cuxa Directiva colaborou con todo o que as Bolboretas lles solicitaron. O punto central da ruta é o Monte Pau da Vella, lugar onde conflúen catro Concellos (Xove, Viveiro, Cervo e Ferreira do Valadouro) e que lle dá nome ao sendeiro.

Definido o proxecto, e a ruta perfectamente pergueñada, as Bolboretas dirixíronse ao Concello de Xove e a Alcoa en busca de colaboración e patrocinio; tanto o Concello como Alcoa aceptaron apoiar este proxecto, o Concello financiando  parte da sinalización (un gran panel e 1 sinal) cunha inversión cercana aos 1.500 €uros, e Alcoa cunha aportación de 3.000 dólares.

O pasado 19 de outubro tivo lugar o acto oficial de apertura deste sendeiro, acto no que participaron diversas autoridades: o Alcalde de Xove , Demetrio Salgueiro acompañado de membros da Corporación, o Director de Alcoa D. José Manuel Alvarado, Directivos de Laxamoura, e, loxicamente, a Directiva da Asocicación Bolberatas. Non nos queremos olvidar dos numerosos voluntarios de Alcoa que participaron na limpeza da ruta e sinalización da mesma, sinalización que, por certo, se vai a completar no vindeiro mes de novembro.

Por parte da Asociación Bolboretas, como organizadora e impulsora desta ruta, quéreselle agradecer publicamente o apoio e colaboración a este proxecto ás seguintes institucións e entidades: Concello de Xove, Alcoa España, Comunidade de Propietarios Laxamoura  e voluntarios de Alcoa.