O Alcalde felicita ás subcampionas galegas de Tenis de Mesa
 Este venres o Alcalde, Demetrio Salgueiro recibiu as xogadoras Rocio Duarte e Salomé Rodríguez da ACD Xove Tenis de Mesa, para felicitalas polo seu recente subcampionato galego de tenis de mesa, na categoría de cadete femenino.
Na recepción estivo tamén presente o entrenador de tenis de mesa da ACDXove, Eugenio Alonso, e que o pasado sábado desplazouse a Vilalba cos dous equipos cadetes, clasificados para o Galego.
Destacar que as xogadoras de Xove, enfrontaronse ó potente equipo do Cidade de Narón, equipo que ten nas súas filas á  Subcampiona de España. No podium quedou de medalla de Ouro o Cidade de Narón, de prata o ACDXOVE e a medalla de bronce foi para o equipo Serra de Outes.
 tenismesa