Éxito do XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia rítmica

Celebrado o SÁBADO 7 DE MAIO, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, en sesíons de mañá e tarde, contou cunha gran afluencia de público que encheo as gradas do Pavillón. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, contou coa presencia de 7 equipos de toda provincia:CLUB XIRANDELA, CLUB QUICELA, ESCOLA XIMNASIA PORTA NORTE, CLUB FILIGRANA, CLUB VIOLETA, CLUB XIMNASIA VIVEIRO E ESCOLA MUNICIPAL DE XOVE.

En canto aos resultados deportivos acadados polos deportistas da nosa Escola, salientamos o 1º posto obtido na categoría prebenxamín nivel B e tamén o 1ª posto obtido por Shaila Ares na categoría Individual Escolar. Outros resultados dos nosos equipos foron o 4º posto acadado nas categorías alevín e infantil nivel B.

TORNEO XIMNASIA RÍTIMCA XOVE 1