VIII TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO DE XOVE

 Hoxe martes 17 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do VIII TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO de XOVE, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto María Gómez Sanmartín representante da empresa IG10 que xestiona o torneo.

O torneo será dende o 23 ao 27 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.

A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de padel.

239448366 2420462094753710 1022027369590130766 n