PRESENTACIÓN DA II EDICION DO XOVE COSTA TRAIL 2021

Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a Presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o Alcalde de Xove D. Demetrio Salgueiro Rapa, a Concelleira de Deportes Dª Cristina Iglesias Guerreiro e os Organizadores do Xove Costa Trail 2021. Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km.

A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m. Os corredores de 25K, sairán da Praia de Portonovo, con chegada ó Centro Cívico de Xove. Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó Centro Cívico de Xove.

A entrega de Trofeos será sobre as 14:00 horas na Praza do Concello de Xove.

Cartel XCT sin publi