Iª Doble Milla San Bartolo

Hoxe pola mañá, tivo lugar no Pavillón de Deportes do Concello de Xove a presentación da I DOBLE MILLA SAN BARTOLO, na cal estivo presente o Sr. Alcalde de Xove, D. Demetrio Salgueiro, a Concelleira de Deportes Dª Cristina Iglesias o xerente de CC NORTE, representación do Progreso e representantes das asociación colaboradoras Pau da Vella, ACD Xove e Clube Ciclista Komando Xoviético.

Enviamos información sobre a I Doble Milla San Bartolo 2018 que se vai desenrolar en Xove o vindeiro día 29 de xullo durante a maña. É a primeira vez que se celebra en Xove unha carreira pertencente ó TOURMARIÑA 2018, a cal é puntuable en dito Tour. Animamos a tódolos veciños da Mariña, e tamén de fora, a que se apunten a unha carreira que nos parece unha das máis atractivas para participar, xa que o seu percorrido vaise celebrar integramente no casco urbán de Xove, centralizando a saída e chegada no Centro Cívico de Xove, enfrente do edificio do Concello.

Agardamos sexa un éxito en participación e que se poida repetir nos vindeiros anos              

O evento contará con seis actividades, catro competicións e máis dúas que non serán competitivas (carreira de pitufos e Andaina Solidaria). Hai que destacar que a recaudación de a Andaina solidaria irá destinada íntegramente a ASPANAME

ISCRICIÓNS, PRAZOS E PREZOS...

A organización recomenda inscribirse on-line para garantizar a participación. O día da carreira se admitirán iscricións presenciales ata esgotar os dorsais.

HORARIOS, DISTANCIAS Y CATEGORÍAS.

TROFEOS E AGASALLOS

SERVICIOS AO CORREDOR